26/09/17

Documentación solicitada sobre as horas extraordinarias.

Logo de sete meses sen que o Concello entregase a información das horas extraordinarias ao representantes dos traballadores, en contra do indicado na lexislación vixente, no propio convenio colectivo en vigor e mesmo do informado polo asesor xurídico municipal, a presidenta do Comité de Empresa decidiu denunciar a situación ante a Inspección de Traballo municipal. O pasado 7 de setembro, nunha reunión convocada pola propia inspección, o Concello entregou parte da documentación de horas extraordinarias, e logo da devandita reunión a Inspección remitiu a resolución correspondente que vos deixamos aquí:



Con posterioridade, o Comité tivo que volver solicitar a información que non lle entregaron na devandita reunión, así como as aclaracións pertinentes sobre parte da documentación entregada, insistindo, ao igual que meses anteriores, en que o Concello lle entregase documentación á que teñen dereito os representantes dos traballadores.



Logo desta solicitude o Concello entregou a documentación solicitada, logo de máis de dez meses entregoulle a información aos representantes dos traballadores.

Unha vez máis, e como en ocasións anteriores, desde a Sección sindical da CIG consideramos lamentable que os representantes dos traballadores teñamos que acudir á Inspección de Traballo para que o Concello de Betanzos nos entregue a documentación que nos corresponde e máis aínda que debamos acudir a reunións á inspección provincial na Coruña para que o Concello nos entregue alí a documentación no canto de nas propias dependencias municipais, o que está claro é que a vontade de diálogo cos traballadores que tanto se predica queda en evidencia con capítulos coma este.

Ningún comentario:

Publicar un comentario