26/09/17

O Concello aínda non cumpriu varios dos acordos relativos ás retribucións tomados na Comisión de Control e Seguimento do Convenio colectivo do persoal laboral do pasado 18 de xullo

Dous meses despois de se constituír a Comisión mixta de Control e Seguimento do Convenio Colectivo do Persoal Laboral o Concello non levou a cabo varios dos acordos relativos ás retribucións do persoal laboral. Debido a isto o Comité de Empresa solicitoulle que lle facilite toda a información relativa ao estado do cumprimento dos acordos lembrándolle que o propio Convenio colectivo indica no artigo 13.2 di que se deben resolver os asuntos sometidos á Comisión no prazo de 30 días hábiles.

Así mesmo, lembroulle que nesa reunión se acordou que o Comité lle presentaría unha proposta de definición do termo "evento" de cara á aplicacion completa do Anexo III do Convenio colectivo e que con posterioridade se reuniría de novo a Comisión Paritaria de cara a resolver esta cuestión. Esta proposta foi presentadas a finais do pasado mes de xullo e aínda non foi convocada a Comisión Paritaria para resolvela, nin houbo novas da postura do Concello con respecto á proposta conxunta presentada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario