PSICOSOCIOLOXÍA
A
utilización tendenciosa de falsas crenzas e argumentos, moitas veces
propiciados pola propia empresa ou organización, tenden a perpetuar
as situacións de violencia, dificultando que a sociedade protexa
axeitadamente ás vítimas de acoso moral no traballo, a pesares de
que estas/es non se correspondan coa realidade e polo tanto sexan
falsos/as e rebatibles. Asumir consciente ou inconcientemente este
tipo de falsas crenzas e argumentos, en moitos casos vinculados a
estrutura xerárquica da empresa ou organización, implica favorecer
a quenes practican o acoso.
Identificación das crenzas e argumentos elaborados para ocultar ou dificultar as situación de violencia psicolóxica no traballo ou mobbing.
A
utilización tendenciosa de falsas crenzas e argumentos, moitas veces
propiciados pola propia empresa ou organización, tenden a perpetuar
as situacións de violencia, dificultando que a sociedade protexa
axeitadamente ás vítimas de acoso moral no traballo, a pesares de
que estas/es non se correspondan coa realidade e polo tanto sexan
falsos/as e rebatibles. Asumir consciente ou inconcientemente
este tipo de falsas crenzas e argumentos, en moitos casos vinculados
a estrutura xerárquica da empresa ou organización, implica
favorecer a quenes practican o acoso.
Falsas
crenzas, argumentos e o seu rebatemento:
É
a vítima a que xera e provoca a situación de acoso.
Alimenta
a crenza de que o/a traballador/a acosado/a debido ás súas supostas
actitudes e características persoais é responsable e merece o que
lle está a acontecer, sendo nocivo/a e prexudicial para a empresa na
que traballa.
O
argumento empregado de facer responsable á vítima das agresións
que recibe, en psicoloxía social denomínase “erro de atribución”;
unha forma de mecanismo defensivo inconsciente para sentirnos “a
salvo” destas inxustificadas agresións, pensando que o que lle
está a acontecer á vítima é porque fixo algo para merecelo, algo
que en cambio non nos pasará a nós.
O
certo é que o acoso e a agresión non son provocados por unha vítima
que nunca desexa ser o obxectivo da violencia psicolóxica no seu
traballo.
A
situación de acoso no é realmente un problema grave.
Negación
que procura evitar que se perciba a gravidade real e as repercusións
do acoso sobre a saúde da vítima e sobre o clima laboral e o
funcionamentop da unidade de traballo.
Nestes
casos a crenza habitual pasa por argumentar que vítima esaxera a súa
situación ou é unha persoa hipersensible e excesivamente
vulnerable.
Pola
contra, a realidade cientificamente contrastada é que o acoso é una
práctica con graves consecuencias físicas, emocionais e sociais
para a vítima, que ademáis remata afectando ao conxunto da empresa
ou organización en termos de clima laboral e rendemento.
Os
acosadores son persoas con problemas mentais.
Arguméntase
a enfermidade mental do acosador como eximente de responsabilidade,
cando a realidade é que son moi poucas as enfermidades mentais (as
que non distinguen o ben do mal) que eximen de responsabilidade penal
polos actos realizados.
Até
agora os múltiples estudos realizados sobre esta forma de violencia,
indícannos que os/as acosadores/as non teñen por que presentar unha
patoloxía psicolóxica. O que si, en cambio, quedou probado é que
os/as acosadores/as tenden a ver á vítima como un obxecto para a
súa satisfacción persoal, estando en moitos casos dispostos a
realizar actos violentos para conseguilo. Asemade,
os/as acosadores/as
tenden a manter relacións abusivas de poder coas demais persoas:
eles saben e mandan e os outros non saben e deben obedecer.
Podemos
afirmar que os/as acosadores/as son responsables dos seus actos e
saben perfectamente o que está ben ou está mal. Tal é así, que
tentan agochar as súas accións ou pasan a xustificalas cando son
descubertos/as.
O
acoso psicolóxico só afecta a algúns traballadores/as.
A
través desta crenza preténdese xustificar o trato vexatorio cara
aquel traballador/a que non se somete á dirección da empresa ou
organización, utilizando este como unha forma de castigo que dá a
mensaxe aos demáis traballadores/as que ser obedientes implica non
ser atacados/as.
En
moitas ocasións arguméntase que isto afecta principalmente a
traballadores/as especialmente intelixentes moi capaces e competentes
en determinados postos de traballo. Non é certo, a experiencia e os
estudos realizados teñen demostrado que calquera traballador/a pode
ser vítima do acoso laboral independentemente doutras cualidades ou
características.
Pódese
afirmar que non existe un perfil tipo de traballador/a acosado/a, xa
que quen xera o acoso non é a persoa acosada, senón que é o
acosador ou acosadores e a súa maneira de relacionarse coas vítimas
previamente seleccionadas. En cambio si que existe un perfil
característico de acosador/a.
O
acoso conta en certa medida co beneplácito das vítimas.
Esta
crenza susténtase nun argumento que xustifica as condutas de acoso
como formas normalizadas de relacionarse. As persoas que avalan
esta crenza non levan ben as reaccións de desagrado e as queixas da
persoa acosada, pola que non sinte empatía alguna e consideran que
mantén unha actitude de vitimismo
Sen
dúbida algunha, o acoso psicolóxico no traballo é unha forma de
violencia contra a vítima en contra da vontade desta, tendo en conta
que lle reporta sentimentos de incomodidade, desagrado e
violentamento da súa dignidade e equilibro persoal.
No
mobbing interveñen factores como o poder, a envexa, a xenreira e a
violencia, xerando nas vítimas un fondo rexeitamento debido a unha
violencia psicolóxica que as máis das veces lles xera sentimentos
de humillación e cadros depresivos.
A
propia natureza do/a acosador/a impide que este controle
axeitadamente a súa agresividade
Xustifícase
esta crenza baixo o argumento que a actitude de acoso forma parte da
propia natureza do/a acosador/a, restándolle importancia á mesma,
xa que este non pode controlar axeitadamente os seus impulsos, sendo
as vítimas as que realmente poden e deben poñer os límites a esas
actitudes de acoso.
A
realidade en cambio é que o/a acosador/a nin moito menos ten
condutas agresivas con todos os/as traballadores/as, seleccionando
moi ben contra quen exerce a súa violencia. Esta é unha crenza que
pretende xustificar e naturalizar de modo xenérico os actos
agresivos como se todas as persoas poidésemos comportarnos desa
maneira; cando a realidade indícanos que a maioría das persoas
manteñen relacións interpersoais respetuosas e positivas.
Sen
dúbida podemos afirmar que as actitudes violentas de acoso
psicolóxico no traballo non corresponden a comportamentos naturais,
senón que pola contra correspóndense con comportamentos aprendidos
e polo tanto susceptibeis de ser revertidos.
Se
as vítimas quixeran poderían deter o acoso que se exerce contra
elas.
A
través desta crenza, fundamentalmente aquelas persoas que poderían
parar o acoso, pretenden autoxustificar a súa negativa a prestar
auxilio e apoio á vítima.
Tanto
os distintos estudos como a propia experiencia amósannos que as
vítimas de acoso intentan por todos os medios ao seu alcance, parar
a violencia psicolóxica que se exerce contra elas sin conseguilo,
debido en gran medida á imposibilidade para estas de controlar a
conduta do/a acosador/a, xa que na meirande parte das ocasións
atópanse nunha posición de desvantaxe e debilidade de poder en
relación a este.
Habitualmente,
cando a vítima constata que os seus eforzos para parar o acoso non
dan resultado, remata por adoptar unha actitude de indefensión non
facendo nada para parar as agresións.
Na
maioría dos casos a denuncia das vítimas correspóndese cunha
falsedade ou unha esaxeración.
A
crenza da falsedade da denuncia por inexistencia de condutas de
acoso, e a consecuencia dun intento de que o entorno remate por
estigmatizar ao acosado/a, xerando unha atribución de
responsabilidade e culpabilidade sobre a propia vítima do acoso.
Acontece
en moitas ocasións que as denuncias das vítimas son deslexitimadas
cualificándoas de falsas e destinadas a beneficiar outros agochados
intereses; argumento este utilizado con frecuencia polos propios
acosadores para desacreditar e descalificar ás vítimas xerando unha
dúbida “razoable” en relación á visión dos feitos.
Normalmente
o acoso psicolóxico no traballo corresponderse cun tipo de acoso
grupal no que o acosador principal conta cun “círculo de apoio”,
en tanto en canto a vítima atópase soa e indefensa ante estos.
www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario