Saúde laboral
A investigación foi levada a cabo pola
Organización Internacional do Traballo, os Ministerios de Traballo
de Finlandia e Singapur, o Instituto de Seguridade e Saúde no
Traballo (WSHI) de Singapur, o Instituto Finlandés de Saúde
Ocupacional, a Comisión Internacional de Saúde Ocupacional e a
Axencia Europea de Seguridade e Saúde Ocupacional . Segundo os
investigadores, a cifra baséase en "mellores datos dispoñibles
recollidos e analizados polo grupo de investigación".
Os resultados foron presentados no
Congreso Mundial sobre Seguridade e Saúde no Traballo en Singapur,
onde os delegados escoitaron que 2,78 millóns de mortes relacionadas
co traballo ocorren cada ano en todo o mundo, das que ao redor de
380.000 son accidentes mortais; os outros 2,4 millóns son causados
por enfermidades profesionais, incluído o cancro.Segundo o
presidente de IOSH, The Institution of Occupational Safety and
Health: "Os resultados desta nova investigación son realmente
impactantes. Demóstrase que 742.000 familias teñen que sufrir a
perda dun ser querido a través do cancro causado por algo que foron
expostos no traballo".
A campaña No Time to Lose (Non hai
tempo que perder) de IOSH conta con máis de 100 organizacións
adheridas e máis de 200 de apoio dende o seu lanzamento en novembro
de 2014, o que anima a esperar unha redución da exposición dos
traballadores/as aos carcinóxenos.
Máis información en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario