Tal e como temos informado aos compañeiros e compañeiras nas pasadas semanas a negociación da Relación de Postos de Traballo complicouse substancialmente polo descubrimento dun novo escenario que o goberno municipal puxo enriba da mesa na terceira reunión (22/12/17) de negociación.
O novo panorama parte da base de que non estamos a negociar unha modificación da RPT existente, senón que estamos a negociar unha nova completamente porque a que se consideraba que estaba en vigor desde o ano 2008, seica agora non é válida por diversos defectos de tramitación, entre eles a non publicación na súa totalidade no Boletín Oficial da Provincia.
Por tanto, esta nova RPT que estamos a negociar só podería conter os postos de funcionarios, os do persoal laboral con sentenza de indefinición e os de cinco postos de persoal laboral fixo que contan cun nomeamento dos anos oitenta e que o Concello vén "descubrir" grazas á mobilización dos propios traballadores. O resto do persoal laboral (arredor de sesenta traballadores/as) debería acudir ao xulgado na busca do recoñecemento da indefinición se quixesen que a súa praza se recollese na Relación de Postos de Traballo. Ata o momento fican moitas dúbidas no aire, de feito, o Concello aínda vai valorar como tratar os casos das interinidades dos laborais, mais o certo é que este novo "descubrimento" cambia o panorama desta negociación de xeito substancial para o persoal laboral.
Por outro lado, na Mesa comezouse a falar dos niveis, e dicimos falar, porque as posibilidades de negociación consideramos que son case nulas, logo de dúas reunións nas que o Concello mantén unha asignación de niveis diferentes para o persoal laboral e para o persoal funcionario, alegando que os traballadores laborais temos menos responsabilidade que os funcionarios, e cuxa proposta é a seguinte:
Funcionario/a Laboral
A1:
28-24..........Eliminan todos os postos de laborais de I e propoñen baixalos a II.
A2: 24...............II:
16
B: 20...............II.A:
14
C1:18-20...........III:11
C2:16................Eliminan todos os postos de laborais de IV e propoñen baixalos a V.
AP:
9.................V:7-11
A CIG defendeu e seguirá defendendo que IGUAL TRABALLO IGUAL SALARIO e que o compromiso para a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo pasaba por valorar de xeito real os postos, laborais e funcionarios, en igualdade de condicións e cun criterio aplicado á totalidade dos postos de traballo da RPT.
Polo momento non se chegou a ningún acordo con respecto a este tema, mais o concelleiro de Persoal xa adiantou que non hai máis marxe de negociación neste tema, a pesar de si que deixou entrever que ao mellor si que habería posibilidade de manter os postos funcionarios de C1 en nivel 20, e os postos de C2 en nivel 18, o que suporía que a práctica totalidade do funcionariado tería un nivel superior ao de calquera posto de persoal laboral, independentemente do grupo deste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario