Reivindicando os dereitos das mulleres
A CIG fai un chamamento a secundar este
paro de mulleres para seguir reivindicando neste 8 de Marzo que queda
moito por facer pola igualdade e por visualizar a contribución de
todas as mulleres ao mundo. Unha folga que permita visibilizar a
situación que padecen as mulleres, para esixir a mellora das súas
condicións sociolaborais e a fin das discriminacións laborais
(fenda salarial, atrancos nos dereitos de conciliación, acoso
laboral, sexual e por razón de sexo e identidade, xornadas parciais,
dobre xornada, chan pegañento, etc.); mais tamén para que se
adopten medidas inmediatas para rematar coa violencia machista
(sexual, agresións, feminicidios) e o resto das discriminacións.
Neste senso, a Secretaría das Mulleres
da CIG explica que alén do paro laboral, con esta convocatoria tamén
se fai un chamamento ás mulleres para que se absteñan de asistir ás
clases, de realizar traballos domésticos ou de coidado, e ao tempo,
realizar un boicot permanente ás empresas con políticas misóxinas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario