SENTENZA
Segundo se desprende da sentenza, o
suicidio do empregado non pode considerarse unha "continxencia
común" ao apreciarse unha posible conexión de causalidade
entre o traballo e a conduta de suicidio.
O Xulgado do Social de Almería
declarou como accidente laboral a morte dun traballador dunha
sucursal de Cajamarquen se suicidou instantes despois de
discutir cun cliente, sentido no que aprecia a "relación de
causalidade que existe entre o conflito laboral previo, que é
indiscutible, e o estado de nervios ou tensións" que sufriu o
finado "por causa dese conflito".
Segundo se desprende da sentenza, o
suicidio do empregado non pode considerarse unha "continxencia
común" ao apreciarse unha posible conexión de causalidade
entre o traballo e a conduta de suicidio. En concreto, segundo quedou
probado, o empregado discutiu cun cliente da entidade por mor dun
ingreso, de modo que chegou a recibir insultos por parte do mesmo, co
que se viu obrigado a apercibirlle de chamar á policía se non
depoñía a súa actitude.
Neste sentido, o xuíz recolle a
declaración da interventora da sucursal ante a Inspección de
Traballo, á que sinalou que tras a discusión, o falecido estaba
"moi alterado, moi nervioso, suando" e "dando golpes
na mesa polo estado de nervios que tiña", polo que tratou de
acougalo e deulle permiso para que saíse á rúa para que se
tranquilizase.
O fallo da sentenza, sobre a que cabe
recurso de súplica ante o TSXA, determina que o falecemento do
traballador "deriva de accidente de traballo" e obriga ao
incremento das pensións de viuvez e orfandade cara aos familiares do
empregado, pola continxencia de accidente de traballo con imputación,
no seu caso, da responsabilidade á mutua colaboradora coa Seguridade
Social. Igualmente, sinala que deberán percibir as correspondentes
indemnizacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario