SAÚDE LABORAL
O ano pasado o Servizo de Saúde
Laboral do Goberno de Navarra contabilizou 211 casos de violencia, un
número moi similar ao de 2016, que reflicte un problema silencioso
moitas veces no ámbito laboral, pero que estala na consulta do
médico de Atención Primaria.
“É especialmente importante que o
persoal que investiga estas denuncias extreme as precaucións para
manter a confidencialidade”, explicou Iñaki Moreno, xefe do
Servizo de Saúde Laboral, durante a presentación dos protocolos de
atención á violencia interna nas empresas e nas administracións
públicas.
“A denuncia é o mellor nestes
casos”, -explicou Fernando Domínguez, Conselleiro de Saúde-
“Estamos a falar de trastornos mentais comúns, como a ansiedade e
a depresión, pero tamén patoloxías cardiovasculares, as lesións
musculoesqueléticas, os accidentes e o aumento das condutas non
saudables ou o incremento do absentismo laboral”.
Os casos afectan principalmente a
mulleres, que teñen dúas veces máis risco de ter danos derivados
deste tipo de exposicións. Con datos dos casos xa pechados de anos
anteriores, obsérvase que por actividade económica, estes problemas
danse fundamentalmente en hostalería e na restauración,
administración pública e outros servizos (organizacións sindicais,
profesionais, políticas, ONG), fronte a sectores como construción,
industria ou agricultura, que teñen niveis moito máis baixos.
“Canto menor é o estrato no rango
ocupacional, o risco é maior, fronte aos grupos directivos ou
profesionais de máis alto status”, explican dende o Goberno de
Navarra. O 70% destes casos asóciase a riscos psicosociais laborais
de natureza relacional. “A saúde laboral é unha prioridade crave
do departamento de Saúde no plan de acción 2015-2019, cuxo primeiro
obxectivo é asegurar a protección, a prevención e promoción da
saúde”, dixo Domínguez quen explicou que “nas enquisas de
condicións de traballo e saúde laboral, os riscos psicosociais
consolídanse como un dos riscos emerxentes e que ademais reclaman
unha actuación prioritaria”.
Nun estudo recente ponse de manifesto
que só o 22,5% das empresas avaliaron estes riscos e só na metade
delas executouse algunha medida correctora, comparando co resto de
riscos que se avaliaron no 68% das empresas e executado medidas
correctoras no 80%.
Así mesmo, o conselleiro sinalou que
“tampouco existen suficientes ferramentas de apoio para a súa
identificación e corrección, nin existen protocolos de prevención,
atención a vítimas”.
Fonte: noticiasdenavarra. com

Ningún comentario:
Publicar un comentario