SAÚDE
Novas investigacións demostraron que
poida que non sexa o son en si mesmo o factor principal que nos
distrae, senón que o principal sexa quen ou que o está a facer. De
feito, un certo nivel de murmurio de oficina en segundo plano podería
beneficiar á nosa capacidade para realizar tarefas creativas, a
condición de que non nos involucremos na conversa. En lugar dun
silencio total, o ambiente de traballo ideal para as tarefas
creativas ten un pouco de ruído de fondo.
Existen unha serie de estudos que
examinan o efecto do son no cerebro e revelan por que a súa
estratexia funciona. De investigacións anteriores, sabemos que o
principal problema dos/as traballadores/as coas oficinas abertas ou
cheas de cubículos é o ruído non desexado.
Novas investigacións demostraron que
poida que non sexa o son en si mesmo o factor principal que nos
distrae, senón que o principal sexa quen ou que o está a facer. De
feito, un certo nivel de murmurio de oficina en segundo plano podería
beneficiar á nosa capacidade para realizar tarefas creativas, a
condición de que non nos involucremos na conversa. En lugar dun
silencio total, o ambiente de traballo ideal para as tarefas
creativas ten un pouco de ruído de fondo. Ese é o motivo de que
poidamos concentrarnos moi ben nunha cafetería ruidosa, pero apenas
sexamos capaces de facelo nunha oficina ruidosa.
Un estudo publicado no Journal of
Consumer Research, atopou que o nivel correcto de ruído ambiental
provoca que as nosas mentes pensen de maneira máis creativa. Un
equipo de investigación, liderados polo profesor da Universidade
de Illinois Urbana- Champaign (EE. UU.) Ravi Mehta,
examinou a reacción dos participantes a varios niveis de ruído
mentres completaban probas de pensamento creativo. Os participantes
foron asignados aleatoriamente a catro grupos e pedíuselles a todos
que completasen unha Proba de Asociacións Remotas (unha medida
comunmente utilizada que xulga o pensamento creativo ao pedir aos
participantes que atopen a relación entre unha serie de palabras
que, a primeira vista, parecen non estar relacionadas). Dependendo do
grupo, os participantes estiveron expostos a varios niveis de ruído
de fondo, dende o silencio total ata 50, 70 e 85 decibelios. As
diferenzas entre a maioría dos grupos foron estatisticamente
insignificantes; con todo, os participantes no grupo de 70 decibelios
(aqueles expostos a un nivel de ruído similar á charla de fondo
nunha cafetería) superaron significativamente aos outros grupos.
Como os efectos foron pequenos, isto pode suxerir que o noso
pensamento creativo non difire moito en resposta ao silencio total e
a 85 decibeis de ruído de fondo (o equivalente a un triturador de
lixo ruidoso ou a unha motocicleta silenciosa).
Como (presumiblemente) ninguén quere
traballar xunto a estes elementos de ruído, este resultado
sorprendeu. Os resultados do estudo a 70 decibelios si que foron
significativos, así que a investigación tamén suxire que o nivel
adecuado de ruído de fondo (nin demasiado alto nin o silencio total)
pode aumentar a capacidade do pensamento creativo. O nivel adecuado
de ruído de fondo pode interromper os nosos patróns normais de
pensamento o suficiente como para permitir que a nosa imaxinación se
desvíe, sen imposibilitar que nos concentremos. Este tipo de
"enfoque distraído" parece ser o estado óptimo para
traballar en tarefas creativas. Como escriben os autores, "meterse
nun ambiente relativamente ruidoso pode desencadear que o cerebro
pense en abstracto e, por tanto, xere ideas creativas".
Noutro estudo os investigadores
utilizaron electroencefalogramas do lóbulo frontal (EEG) para
estudar as ondas cerebrais dos participantes que completaron as
probas de creatividade mentres estaban expostos a varios ambientes
sonoros. Os investigadores atoparon cambios estatisticamente
significativos nas puntuacións de creatividade, e unha conexión
entre esas puntuacións e certas ondas cerebrais. Do mesmo xeito que
no estudo anterior, un certo nivel de ruído branco demostrou ser o
son de fondo ideal para as tarefas creativas.
A charla dos/as compañeiros/as e o
suave murmurio da climatización debería axudarnos a concentranos. O
problema pode ser que nas nosas oficinas, non podemos evitar
deixarnos arrastrar ás conversacións dos demais nin que nos
interrompan mentres tentamos concentrarnos. De feito os
investigadores do EEG descubriron que as interaccións cara a cara,
as conversacións e outras interrupcións afectan negativamente o
proceso creativo. Pola contra, un espazo de traballo ou unha
cafetería proporciona un certo nivel de ruído ambiental e, ao mesmo
tempo, posibilita estar libre de interrupcións.
En conxunto, a lección que se pode
extraer é que o espazo ideal para un traballo en concentración non
é aquel libre de ruído, senón aquel libre de interrupcións.
Atopar un espazo no que esconderse, independentemente do ruidoso que
sexa, pode ser a mellor estratexia para asegurarse de poder facer o
traballo importante.
Fonte: Harvard Business Review
Ningún comentario:
Publicar un comentario