SENTENZA
Demóstrase que non se trata dun feito
illado, dunha defectuosa aplicación das medidas preventivas, senón
de que non se tomou ningunha medida a pesar de constar numerosos
antecedentes que facían prever esta agresión.
A traballadora social do Concello foi
atacada cunha barra de ferro por un veciño, pai dunha usuaria,
sufrindo fractura aberta do húmero e trastorno de tensión
postraumática, que levaron á declaración de invalidez permanente
absoluta.
O Concello e o INSS recorren a sentenza
de instancia pola que se declara o dereito da actora a obter un
incremento nun 50%; das prestacións de IT de invalidez devengadas
así como das que se poidan devengar no futuro como consecuencia do
incumprimento das medidas de seguridade.
Demóstrase que non se trata dun feito
illado, dunha defectuosa aplicación das medidas preventivas, senón
de que non se tomou ningunha medida a pesar de constar numerosos
antecedentes que facían prever esta agresión, xa que o Alcalde
coñecía a existencia de problemas anteriores entre a traballadora e
os usuarios do servizo, ata o punto de que o propio Alcalde “en
diversas ocasións… viuse na obrigación de saír do seu despacho e
entrar no da traballadora social debido aos berros que se estaban
producindo entre eles…”; tamén coñecía a existencia
de “pintadas no edificio… que entendía que ían referidas á
traballadora social agredida”; A administración empregadora
tiña coñecemento de que con anterioridade á agresión sufrida pola
actora a mesma xa sufrira ataques á súa propiedade, como danos en
turismo (picadas en rodas).
A xulgadora de instancia, de maneira
motivada na fundamentación xurídica, establece que ”a
traballadora social estaba a recibir ameazas e insultos como
consecuencia do labor realizado pola mesma” extremo do que o
concello tiña “pleno coñecemento “.
O TSXG corrobora a sentenza de
instancia, da que reproduce as medidas preventivas que se poderían
tomar para evitar ou minimizar a agresión (accidente de traballo):
“Existe un nexo causal entre os incumprimentos expresados máis
arriba e a agresión, … Así, como tamén sinala a maxistrada de
instancia, se a empregadora houbese, por exemplo, incrementado a
vixilancia e seguridade no centro de traballo e anexos ao mesmo; ou
reforzado a autoridade da demandante por exemplo, denunciando o
propio Concello os incidentes acaecidos e dos que tivo coñecemento;
ou proporcionado información e formación á demandante sobre como
detectar e abordar situacións de conflito; ou establecido protocolos
de comunicación e seguimento do servizo en relación a tales riscos,
entre outras medidas posibles, parece razoable entender que ou ben o
risco non se materializou, ou ben non o sería co fatal resultado
acontecido”.
Por todo iso, considera “axustada á
gravidade da conduta da empregadora” impoñer a recarga do 50% ás
prestacións da SS, o máximo posible, ”… e iso debido a que
nos atopamos, como xa se expuxo, ante o incumprimento de obrigacións
fundamentais e básicas en materia de prevención de riscos, como é
a non inclusión na avaliación dos riscos dun risco concorrente e
especialmente relevante; cos consecuentes incumprimentos que iso leva
na planificación da actividade preventiva, actividade que non se
desenvolveu correctamente respecto do posto de traballo da
demandante; e iso, cabe insistir, a pesar da gravidade do risco que
debía ser abordado. En tal sentido, o concello non acreditou que
adoptase medida algunha en relación ao risco de agresión que se
derivaba da actividade desenvolvida e do posto de traballo ocupado
pola demandante. Isto é, non nos atopamos ante un suposto de
indebida ou defectuosa execución de determinadas medidas de
prevención, senón ante un caso de meridiana inactividade ou
pasividade da empleadora en relación ao risco referido”.
Ligazón á sentenza
Máis info en ww.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario