Cando na Mesa Xeral das Administracións
Públicas de Madrid de marzo nos puxeron diante o Acordo de
mellora do emprego público e condicións de traballo xa
previamente negociado ás agachadas e asinado por CCOO, UGT e CSIF
para que o subscribíramos, dixemos NON polas razóns que
expuxemos en duas notas informativas: 1) Acordo de Madrid: nin
recuperación salarial, nin 35 horas, nin fin dos descontos por IT.
Que nos queren vender? e 2) Si unha equipa galega gaña a
liga, ou por que dificilmente cobraremos a suba pactada.
Pero había outro punto na Orde do día
da Mesa Xeral: aprobar unha serie de modificacións do Acordo
AFEDAP, de formación das persoas empregadas públicas.
Este presentaba no seu articulado unha
novidade a salientar: todo un capítulo destinado ao financiamento
de accións formativas dirixidas a delegados/as e cadros sindicais no
sector público. Mesmo incluían a quenes nin sequera
tivesen a condición de empregados/as públicos/as.isto último
finalmente retirado xa que sendo manifestamente ilegal tiña incluso
o informe negativo da Avogacía do Estado, pero danos idea de ata
onde querían chegar.
No texto do Acordo aparece o
seguinte: “No seo do grupo de traballo do Acordo de mellora de
emprego do 2017 “..accederase ás accións formativas dirixidas á
capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa
negociación colectiva e o diálogo social”. Así de barroca a
redacción para que se entenda canto menos mellor.
Na Mesa preguntamos directamente á
Secretaria de Estado de Facenda pola contía que ían destinar ao
financiamento de formar delegados/as sindicais, xa que ese dato non
formaba parte da documentación entregada. A Secretaria de Estado
afirmou que sería superior aos 5 millóns de euros, o que
implica que un 9% do total dos 58 millóns de euros dos plans de
formación serían para formar a cadros sindicais.
Dende a CIG amosamos a nosa
disconformidade con este apartado do AFEDAP, que só foi compartida
polo sindicato vasco ELA, ao entender que a formación interna
dos delegados e delegadas sindicais debe ser sufragada cos fondos
propios das organizacións sindicais e non co detraído para a
formación dos/das empregados/as públicos/as e que os cartos de
formación deben destinarse na súa integridade a formar a todos os
traballadores e traballadoras públicas, reforzando a formación
continua.
Recapitulando,
- Formar a delegados/as sindicais NON É FORMACIÓN AS/OS EMPREGADAS/OS PÚBLICAS/OS.
- Os 5.000.000 de euros non saen da Administración senón DAS NOSAS PROPIAS NÓMINAS como persoas empregadas públicas.
Todo isto, ademais de algo moi feo é
unha estafa aos traballadores/as e por iso, e como había que
coller o lote completo, pois non aceptaron a petición da CIG de
retirar este turbio asunto do Acordo de Formación, NEGÁMONOS a
asinar esa modificación que é un NEGOCIO REDONDO para CCOO, UGT e
CSIF que son os sindicatos que non tiveron reparo en asinar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario