A
miúdo os traballadores e traballadoras padecen as consecuencias
derivadas dunha incorrecta determinación da continxencia que da
lugar á incapacidade temporal; este feito ten consecuencias tanto
económicas como médicas e de seguimento futuro da doenza. Neste
número do Boletín repasamos os motivos polos que é tan importante
a correcta determinación da continxencia, así como o procedemento
administrativo a seguir en caso de desacordo coa continxencia
determinada polo facultativo que expide o parte de baixa. *FE DE
ERRATAS: observada unha errata no cadro da páxina 2 do boletín
publicado, procedeuse á substitución da frase: "A prestación
por IT, ten unha contía igual á prestación que te corresponde por
desemprego" por "A prestación por IT ten unha contía
igual á que tiveras recoñecida ata ese momento", atopándose
neste momento xa modificado para a súa visualización e descarga.
Neste
Nº 27 do Boletín CIG Saúde Laboral, o Gabinete Técnico Confederal
de Saúde Laboral publica un total de cinco artigos encadrados
nas súas seccións: Sabías que...? A fondo; Documento-Análise;
Opinión e Información Técnica.
O
artigo que abre este Boletín, publicado no apartado Sabías
que...?, fai referencia á gran importancia que ten unha
correcta determinación da continxencia causante dun proceso de
incapacidade temporal.
Asemade
atoparemos o texto, publicado baixo o epígrafe de A Fondo, sobre "A
Inspección de Traballo e as políticas "laborais" do
Goberno do PP: unha ecuación sen solución".Como
Documento - Análise traballamos "A promoción da saúde
no traballo (PST). Rede europea de promoción da saúde no traballo
(ENWHP)".En Opinión aparece o artigo " A última
irresponsabilidade do Goberno do PP da Xunta de Galicia en políticas
de prevención de riscos laborais: Orde 2018 pola que se estabelecen
as bases de axudas destinadas a accións de fomento da prevención de
riscos laborais na Comunidade Autónima de Galicia no exercicio
2018".Para concluír, en Información Técnica "O que debes
saber sobre a figura do recurso preventivo", que esperamos axude
a esclarecer dúbidas sobre esta figura preventiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario