EXPOÑO:
PRIMEIRO. Que o capítulo IX, artigo
34, do Convenio colectivo do persoal laboral, indica o seguinte no
punto 2:
“2. A xestión e a asignación
individualizada do importe desta partida realizarase de conformidade
cun novo Regulamento de acción social que deberá ser aprobado polo
Pleno no prazo dun ano dende a entrada en vigor deste convenio,
previa negociación na Mesa Xeral de Negociación do persoal do
Concello de Betanzos.”
SEGUNDO. Que o Convenio colectivo está
en vigor desde o día seguinte ao da súa publicación no BOP, é
dicir, o 7 de abril de 2017, e segundo o indicado no propio
documento, o novo Regulamento de acción social xa debería estar
aprobado e en vigor.
TERCEIRO. Que este Comité de Empresa
xa lle trasladou ao concelleiro de Persoal en múltiples ocasións a
necesidade de aprobación deste novo regulamento e do cumprimento dos
acordos adoptados no convenio colectivo.
CUARTO. Que o artigo 10 do Convenio
indica, así mesmo, o seguinte:
“As partes asinantes do Convenio ao
nivel que sexa, comprométense á aplicación directa deste e a non
promover cuestións que puideran supoñer modificacións das
condicións pactadas no texto.”
QUINTO. Que no caso de nun prazo breve
o Concello non convoque o organismo pertinente para a negociación
destas novas bases denunciaremos un incumprimento do Convenio ante a
Comisión Paritaria de Seguimento, órgano encargado de vixiar o
incumprimento do pactado e vixiar, no seu caso, os incumprimentos e
continuaremos coas medidas oportunas de cara a que cumpra o pactado
no Convenio colectivo.
SOLICITO:
Que o Concello convoque canto antes ao
Comité de Empresa para a negociación dun novo Regulamento de acción
social e o cumprimento do pactado no Convenio colectivo do Persoal
Laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario