Como vén sendo costume desde hai sete anos o Concello de Betanzos menospreza o Comité de Seguridade e Saúde, que xa se constituíra logo dunha denuncia dos delegados de prevención da CIG na Inspección provincial de traballo hai varios anos. Desde ese momento son moitas as denuncias que houbo que interpor para que a Inspección lle requirise ao Concello que reunise o Comité de Seguridade e Saúde, que elaborase os plans de emerxencia ou que tomase medidas en instalacións con posible risco para o persoal.
O caso é que o Concello leva anos pagándolle a unha mutua mais aquí non se dá feito nada, demostrando que o das mutuas si que é un bo negocio e que non lle importa tirar os cartos nin a seguridade e saúde laboral do persoal. É lamentable ter que acudir continuamente á Inspección para denunciar incumprimentos dunha lei que se aprobou hai máis de vinte anos, mais tamén por incumprimento dos novos acordos do Convenio colectivo.
Logo de falar en moitas ocasións este tema co concelleiro de Persoal, que se comprometía continuamente a que se reunise o Comité de Seguridade sen que ao final así fose, decidiuse comunicarllo, unha vez máis, á Inspección provincial para que lle requira ao Concello de Betanzos que convoque o Comité. O documento rexistrado na sede electrónica indicaba o seguinte:
PRIMEIRO. Que
o pasado 4 de xuño de 2018 solicitamos que se reunise de xeito
ordinario o Comité de Seguridade e Saúde que leva desde o pasado
25 de outubro de 2017 paralizado e sen actividade, por tanto, nove
meses. Así mesmo, e antes de realizar a solicitude por rexistro
falouse en numerosas ocasións co presidente do Comité de
Seguridade e Saúde para que procedese a realizar a convocatoria sen
que esta se levase a efecto.
SEGUNDO. Que
o Comité de Seguridade e Saúde do Concello de Betanzos réxese por
un regulamento de funcionamento aprobado o 8 de marzo de 2016 se
aprobou que recolle expresamente que o devandito órgano terá que
se reunir cada tres meses, ao igual que o recolle a Lei 31/95, e
desde o pasado 25 de outubro de 2017 leva sen se reunir o Comité de
Seguridade e Saúde.
TERCEIRO. Que,
así mesmo, nesta reunión tomáronse unha serie de acordos que na
actualidade seguen sen se levar a cabo, ou cando menos, os delegados
de prevención non temos coñecemento, como é a elaboración e
implantación dun plan de emerxencia do Cine Alfonsetti, a
realización do primeiro simulacro do plan de emerxencia da Escola
Infantil Municipal, así como a elaboración, segundo as prioridades
dos plans de emerxencia dos distintos edificios municipais
CUARTO. Que
os incumprimentos na dilixencia da convocatoria son continuos neste
Concello e vulneran o recollido na Lei 31/95, motivo polo que non é
a primeira vez que nos vemos obrigados a poñer isto en coñecemento
da Inspección de Traballo provincial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario