10/07/18

A CIG denuncia na Inspección de Traballo a falta de revisións médicas desde abril de 2016

A delegada de prevención da CIG denunciou a pasada semana a falta de revisións médicas desde o ano 2016.

Esta denuncia fíxose logo de reiteradas solicitudes, tanto por escrito como verbalmente desde as últimas revisións médicas, e realizouse na sede electrónica da Inspección de Traballo da Coruña na pasada semana.

A denuncia indicáballe o seguinte á Inspección:

PRIMEIRO. Que o Concello de Betanzos leva sen realizar as revisións médicas ao persoal desde o mes de abril 2016.

SEGUNDO. Que xa realizamos a solicitude para que o Concello realizase as devanditas revisións o pasado 4 de xuño de 2017, 9 de febreiro de 2018

TERCEIRO. Que a Lei 31/95 de prevención de riscos laborais indica no seu artigo 22 que o empresario garantiralle aos traballadores o seu servizo de vixilancia periódica o seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ao traballo.

CUARTO. Que no artigo 56 do Convenio colectivo do persoal laboral sinala que será de aplicación no Concello, a actual normativa vixente en materia de saúde laboral, Lei de prevención de riscos laborais (Lei 31/1995, do 8 de novembro). Así mesmo, que o Concello e os sindicatos asinantes deste Convenio velarán puntualmente polo estrito cumprimento da normativa aplicable e recollida na Lei de prevención de riscos laborais, en todos os servizos e dependencias deste.

QUINTO. Que no artigo 57 do Convenio colectivo en vigor indica o seguinte con respecto aos recoñecementos médicos periódicos:
Artigo 57.º Recoñecementos médicos periódicos.
Os/as empregados/as públicos/as do Concello de Betanzos terán dereito a que se lles realicen recoñecementos médicos anuais de conformidade coa lexislación vixente.
Ademais, no caso de que o/a traballador/a así o requira, e sempre que a doenza teña relación co desempeño do seu traballo, deberanse realizar ampliacións dese recoñecemento en aspectos específicos, mediante a consulta cun especialista no área correspondente (oculista, otorrino, dermatólogo, etc.).
Os recoñecementos médicos incluirán (PSA) revisión sobre próstata para homes maiores de 45 anos e unha revisión xinecolóxica, coas probas mínimas de citoloxía, ecografía e de ser o caso mamografía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario