21/09/18

Primeira sentenza de indefinición favorable para o persoal

Nestes días tivemos coñecemento da primeira sentenza favorable de indefinición para o persoal. 

Esta sentenza vén logo do primeiro dos xuízos que o Concello tivo con motivo das denuncias que os traballadores realizaron a raíz de que o goberno municipal reunise ao persoal municipal no pasado mes de febreiro e lles comunicara que practicamente a totalidade do persoal laboral que estaba en fraude de lei non formaría parte da Relación de Postos de Traballo, reunión na que tamén lles dixo que a única solución para que os postos constasen na Relación de Postos de Traballo sería que os traballadores actuais denunciasen e reclamasen a relación laboral indefinida.

Esta sentenza aínda pode ser recorrida polo Concello, e os representantes dos traballadores solicitarán unha reunión co concelleiro de Persoal para preguntar pola postura do Concello neste tema, aínda que agardan que sexa a comprometida nas mesas xerais de negociación onde afirmou en diferentes ocasións que non sería un problema que os traballadores demandasen.

Esta será a primeira sentenza de moitas, porque hai máis traballadores e traballadoras que teñen interposta unha demanda de reclamación de indefinición e están a espera da data no xuízo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario