Esta semana comezaron as visitas aos centros de traballo para a elaboración das avaliacións de riscos laborais. A estas visitas acude un representante do Concello, o técnico do Servizo de Prevención Alleo e os delegados de prevención de riscos laborais.
A previsión das datas, tendo en conta as xa realizadas e as pendentes, é a seguinte:
18/09/2018
-Edificio Liceo.
-Casa do Concello.
-Policía Local.
-Servizos Sociais.
-Escola infantil
20/09/2018
-Centro de Formación Ocupacional.
27/09/2018
-Centro cultural San Domingos.
-Protección civil
-Parque do Pasatempo
-CEIP Francisco Vales Villamarín
-Conservatorio municipal e Escola de Folclore.
-Embarcación municipal.
Ata o momento as visitas están resultando segundo o agardado e poñen de manifesto as deficiencias de distintas dependencias municipais, especialmente as do Centro de Formación Ocupacional, en estado de ruínas nalgún dos casos e que supoñen un perigo para os traballores que teñen sede alí. Hai que lembrar que xa no pasado se tiveran que realizar varias denuncias na Inspección de Traballo por este tema, mais que o Concello non as chegou a clausurar e simplemente teima en amañar as dependencias relacionadas coa feira comarcal mentres os traballadores teñen como sede centros de traballo en nefastas condicións.
Logo de todas estas visitas haberá as correspondentes avaliacións e informes que deberán ser de coñecemento público e o Concello deberá tomar as medidas que lles recomenden.
Ningún comentario:
Publicar un comentario