O Servizo de Saúde Laboral do
Instituto de Saúde Pública e Laboral de Navarra (ISPLN) elaborou un
curto de animación co fin de aclarar dúbidas en relación con
diversos aspectos dos exames de saúde, como o seu funcionamento,
obrigatoriedade, cando deben realizarse, etc., incluídos na
vixilancia da saúde da poboación traballadora.
A iniciativa enmárcase dentro do Plan
de Acción de Saúde Laboral 2017-2020, no seu Programa de Vixilancia
da Saúde, e ten como obxectivo, segundo o Goberno navarro, animar á
poboación para realizar estes exames médicos dada a importancia
preventiva que teñen, tanto para os traballadores/as, como para as
propias empresas.
Dende o Executivo foral destavcan que
os resultados que se obteñen son tamén importantes dende o punto de
vista da súa valoración colectiva, de maneira que mediante a
análise epidemiolóxica pódese coñecer os postos de traballo ou
tarefas da empresa con exposicións a riscos laborais nos que actuar
para mellorar as condicións de traballo.
No vídeo infórmase sobre a
voluntariedade, a gratuidade, a confidencialidade dos datos obtidos
ou a especificidade dos mesmos; así mesmo destaca a utilidade e
necesidade da vixilancia colectiva da saúde: o agrupamento dos datos
individuais de síntomas ou danos permite: identificar riscos;
priorizar os que determinan danos importantes; establecer obxectivos
na planificación colectiva; definir indicadores da xestión
preventiva; e avaliar se as medidas aplicadas para controlar os
riscos foron ou non eficaces,...
Outro dos aspectos nos que o ISPLN
quere incidir é a importancia da transmisión de información neste
ámbito por parte das empresas e os seus servizos de prevención,
tanto aos representantes dos traballadores/as como á sección de
Vixilancia da Saúde no Traballo do ISPLN.
Por último, indícase que os exames de
saúde que propoñen periodicamente as empresas, en cumprimento das
súas obrigacións de prevención de riscos laborais, diríxense a
mellorar a saúde dos traballadores/as e non deben confundirse con
actividades dirixidas ao control do absentismo ou á selección de
persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario