04/12/18

Xa se pode reclamar o IRPF pola prestación de maternidade/paternidade na Axencia Tributaria

O trámite habilitado corresponde aos anos 2014 e 2015

A Axencia Tributaria vén de habilitar unha sección a través da que poden solicitar as devolucións do IRPF aquelas persoas que cobraron prestación por maternidade/paternidade  durante os anos 2014 e 2015. Para quen a cobrou en 2016 ou 2017, a administración habilitará o trámite a partir de xaneiro de 2019.

Na seguinte ligazón pódese acceder ao trámite, indicando o ano de reclamación  e o número de conta de titularidade da persoa, acreditándose co mesmo método que se esixe para realizar a declaración da renda (vía pin, mediante o servizo REN0 ou por certificado dixital).

LIGAZÓN: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario