A CIG vén de ter a última das reunións cos partidos da oposición para lle expor os motivos polos que non apoia a RPT e tamén polos que a recorrerá se, chegado o momento, se aprobase o documento.
A estas alturas está claro que o goberno do PSOE deixou de lado este tema, xa que non o levou a aprobación plenaria nesta lexislatura, mais isto non quita que o documento estea negociado e vai ser unha das primeiras cuestións que deberá resolver a nova corporación.
Os representantes do PP entenderon perfectamente os motivos achegados pola CIG de discrepancia deste documento e afirmaron que se entrasen a gobernar este sería unha das primeiras cuestións coas que se habería que pór, entenden que primeiro debería facer un estudo da situación para a partir de aí empezar a buscar solucións para solucionar os problemas de persoal, entre eles o organizativo, que claramente deixa á marxe o documento aprobado polo PSOE, CSIF e CCOO.
Na actualidade, desde a CIG non temos coñecemento de que en estado de tramitación está a Relación de Postos de Traballo, mais estamos á espera de ver que pasa co documento para continuar dando os pasos oportunos para intentar que un documento total, completa e absolutamente discriminatorio co persoal laboral non se leve a cabo nin entre en vigor e agrave as discriminacións históricas, salarias e laborais, existentes entre o persoal funcionario e laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario