21/05/19

A CIG REXISTRA A SÚA CANDIDATURA PARA AS ELECCIÓNS SINDICAIS


A CIG vén de rexistrar a súa candidatura para as eleccións sindicais do persoal laboral que terán lugar o 11 de xuño de 2019.

A Confederación Intersindical Galega presentou unha candidura plural con compañeiros e compañeiras do Concello que apoian o traballo desenvolvido polo sindicato nestes últimos oito anos e queren continuar abrindo camiños os vindeiros.

Esta é a primeira candidatura do Concello de Betanzos encabezada por dúas mulleres en ambos os dous colexios, o de persoal técnico e administrativo e o de persoal especialista e non cualificado.

Rosa García, auxiliar de axuda no fogar, e Silvia Muíño, técnica de normalización lingüística, encabezan as dúas listas acompañadas por catorce compañeiras e compañeiros que avalan esta candidatura que reúne a persoal técnico das oficinas, conserxes, persoal de obras e xardinaría, alumnado do obradoiro, profesorado da Escola Infantil e o Conservatorio de Música.

Así mesmo, a CIG está a ultimar os seus compromisos de traballo para os vindeiros catro anos que lle achegará ao persoal municipal durante a campaña, que terá lugar a comezos de xuño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario