As
persoas que formamos a candidatura da CIG nestas eleccións sindicais
adquirimos de antemán o compromiso de defender con firmeza nas Mesas
de Negociación acordos colectivos únicos para persoal laboral e
funcionario (fixo e temporal), sobre a base da homologación e non
discriminación nas condicións de traballo, que recollan as
seguintes reivindicacións:
RELACIÓN
DE POSTOS DE TRABALLO
- Inclusión da totalidade dos postos do persoal laboral e funcionariado na nova Relación de Postos de Traballo e valoración obxectiva e en igualdade de condicións.
- Reclasificación directa dos postos do grupo III en II.A e grupo IV en III, ao abeiro do novo sistema de titulacións.
- Revisión e homologación dos niveis das distintas categorías profesionais cos postos do funcionariado.
- Negociación dos complementos específicos, con valoración do tipo de horario, responsabilidade, penosidade, perigosidade, esforzo físco ou mental, atención ao público, traballo na rúa e dispoñibilidade.
- Creación de prazas de promoción interna, nos casos de desempeño de funcións de superior categoría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario