A CIG solicitoulle ao Concello de Betanzos que convoque a Mesa de Negociación para o acordo dunha bases de selección do persoal que sirvan para as bases específicas das convocatorias das prazas e lembroulle que:
PRIMEIRO.
Que o Concello de Betanzos publicou no BOP n.º 215, do 12 de
novembro de 2019 as bases da convocatoria para a cobertura dunha
praza de profesor/a de percusión do Conservatorio municipal de
Música Carlos López García Picos.
SEGUNDO.
Que o Concello de Betanzos non dispón dunhas bases xerais de
selección do persoal laboral, e que as únicas bases das que dispón
son unhas bases para a selección do persoal laboral temporal para a
cobertura de postos de traballo no Concello de Betanzos, mediante
listaxes de substitución, publicadas no BOP n.º 196 do 15 de
outubro de 2013.
TERCEIRO.
Que as bases publicadas no ano 2019, segundo consta, son
exclusivamente para a selección de persoal mediante listaxes de
substitución, e, por tanto, non son as bases xerais que se
utilizaron como base para as bases específicas desta convocatoria
mencionada, o que ademais corroboran os textos, xa que os baremos de
puntuación das bases específicas publicadas no BOP n.º 215, do 12
de novembro, non se corresponden cos das bases xerais de selección
mediante listaxes de subtitución do BOP n.º 196 do 15 de outubro de
2013.
CUARTO.
Que segundo o artigo 37 do Texto refundido do Estatuto Básico do
Empregado Público as normas que fixen os criterios xerais en materia
de acceso ao emprego público son obxecto de negociación na Mesa
Xeral de Negociación de cada Administración.
Por iso solicitou que o Concello de Betanzos convoque a Mesa Xeral de Negociación para a negociación das bases xerais de selección do persoal do Concello de Betanzos, xa que as actualmente vixentes son exclusivamente para a confección de listaxes de substitución e non se deben aplicar a procesos selectivos que non sexan exclusivos para a formación deste tipo de listaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario