A CIG solicitou o pasado día 28 polo rexistro que o Concello de Betanzos convoque as axudas sociais, tendo en conta que xa excedeu o prazo da convocatoria aprobado nas bases do ano 2001 e que son as que seguen vixentes na actualidade.
En concreto, solicitoulle o seguinte:
PRIMEIRO.
Que o Concello de Betanzos publique a convocatoria de axudas sociais
do ano 2019 en todos os taboleiros dos edificios
municipais e informe a todo o persoal dos prazos e condicións da
solicitude.
SEGUNDO.
Que modifique o prazo estipulado nas bases vixentes do ano 2001, á
vista de que aínda non se convocaron, posto que nas bases indica que
se presentarán nos once primeiros meses do ano e no mes de novembro
finalizou o prazo oportuno.
TERCEIRO.Que
o Concello actúe coa máxima celeridade nesta cuestión á vista de
está para finalizar o ano e non
existe ningún tipo de información sobre a convocatoria das axudas
sociais do ano 2019.
Ningún comentario:
Publicar un comentario