27/02/20

Listaxe de postos que desaparecen da RPT que acordaron o PSOE e a CSIF

Publicamos a listaxe de postos de traballo e número de prazas que o goberno municipal non inclúe na RPT e elimina con respecto á anterior, tendo en conta o cadro de persoal no Boletín Oficial da Provincia n.º 15 do 23 de xaneiro de 2020. Cómpre sinalar que consideramos que tanto na RPT que se somete hoxe ao pleno como no cadro de persoal que se publicou en xaneiro hai distintas incorreccións e incongruencias que aumentan a inseguridade dos documentos que emite o Concello de Betanzos e que demostra que claramente non foron estudados a fondo e son produto dun impulso para levar adiante a toda costa un documento que exclúe e discrimina á meirande parte do persoal laboral, e que necesita unha fonda revisión para que realmente poida servir como instrumento de ordenación dos postos de traballo, que é a finalidade das relacións de postos de traballo.

POSTO  (N.º PRAZAS)          

Electricista (1)
Peón/oa de limpeza viaria (2)
Animador/a sociocultural (2)
Arquiveiro/a-bibliotecario/a (2)
Profesor/a de actividades culturais (3)
Técnico/a de deportes (1)
Limpador/a (5)
Conserxe (2)
Director/a Conservatorio (1)
Porfesor/a Conservatorio (5)
Profesor/a Escola Infantil (2)
Técnico/a de xardín de infancia (4)
Director/a CFO (1)
Monitores curso (2)
Condutor (2)
Axente de emprego e desenvolvemento local (1)
Delieante (2)
Albanel (1)
Pintor/a (1)
Director/a radio (1)
Técnico/a son (1)
Condutor/a guindastre (2)
Xefe/a Grupo Grumir (2)
Técnico/a de normalización lingüística (1)
Auxiliar de axuda no fogar (3)
Psicólogo/a (2)
Educador/a familiar (1)
Encargado/a Oficina Turismo (1)
Arqueólogo/a (1)
Arquitecto/a (1)

O goberno municipal do PSOE e a CSIF consideran que ata 30 postos de traballo diferentes con ata 5 prazas algúns deles na actualidade non son estruturais, e, por tanto, necesarias para o funcionamento normal do Concello de Betanzos. A totalidade dos postos que entenden que non son estruturais están ocupados na actualidade polo persoal laboral, único colectivo excluído desta Relación de Postos de Traballo por decisión de María Barral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario