25/05/21

CIG e UGT solicitan unha reunión extraordinaria do Comité de Empresa para a renovación logo da renuncia dun delegado da UGT

Os catro delegados e delegadas da CIG e mais o novo delegado da UGT veñen de solicitarlle a Santiago Ois unha reunión extraordinaria do Comité de Empresa ante a pasividade da CSIF para  renovación do Comité de Empresa logo da renuncia dun delegado da UGT e a necesidade de nomear delegados de prevención cuxa demora está a utilizar o goberno municipal para dilatar a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde, que leva máis dun ano sen reunirse, cando ten que reunirse trimestralmente, segundo a Lei de prevención de riscos, o Convenio colectivo e o acordo regulador e mais o propio regulamento do órgano de consulta.

A maiores, os delegados que asinan a solicitude solicitan que nesta reunión se traten outros temas que ficaban pendentes e xa que o Comité de Empresa non se reuniu de xeito válido na última ocasión, pola neglixencia coa convocatoria na que só asistiron os catros delegados da CSIF cando para a válida constitución da reunión deben asistir, cando menos, a metade máis un dos membros dos órganos colexiados. Non sorprende o desprezo absoluto da CSIF pola regras democráticas do xogo que leva xa dous anos pervertindo ao seu favor e creando continuos e innecesarios conflitos no Comité de Empresa para beneficiar e louvar o goberno de María Barral mesmo en contra dos intereses do persoal laboral. Do contrario sería incomprensible que un Comité de Empresa dun Concello se negue a posicionarse sobre unha Relación de Postos que excluíu á meirande parte do persoal laboral para beneficiar a sectores concretos do funcionariado a cambio de promesas que máis dun ano despois da aprobación inicial da RPT non se materializaron en ningún tipo de acordo que beneficie ao persoal excluído, fronte ao incluído que ten dereitos económicos adquiridos desde o pasado mes de decembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario