Tal e como aconteceu o ano pasado, o Concello de Betanzos descolga máis de vinte contratos de persoal laboral do profesorado,
o persoal administrativo e o alumnado do Obradoiro Obradoiro
de emprego “Emprendemento xuvenil”, especialidade promoción
turística local e información ao visitante.
Con estes contratos que non fan
ningunha referencia ao convenio colectivo non só lles impón unha
xornada laboral semanal superior á do resto do persoal laboral senón
que tamén unha retribución inferiores ao resto do persoal do mesmo
grupo profesional.
O goberno municipal con este feito
decide unilateralmente descolgar a 26 traballadores do convenio
colectivo vixente. Tomou esta decisión a pesar de que o ano pasado, o propio concelleiro de Persoal, Diego Fernández lle asegurara aos representantes do Comité de Empresa nunha reunión que habería que buscar unha solución a este problema na Comisión Paritaria de Seguimento do Convenio Colectivo.
O Comité de Empresa amosou a súa
disconformidade cos contratos mencionados polo descolgue das
condicións laborais do convenio colectivo vixente e lembroulle ao
Concello que esta situación podería dar lugar a reclamacións por
parte dos traballadores afectados nun escrito rexistrado telematicamente e que indicaba o seguinte:
EXPOÑEMOS:
PRIMEIRO. Que hai uns días o Concello entregounos copias dos contratos dun
Obradoiro de emprego “Emprendemento xuvenil”, especialidade
promoción turística local e información ao visitante.
SEGUNDO. Que o Comité de Empresa do Concello de Betanzos amosou a súa
disconformidade nos devanditos contratos porque nin as retribucións
nin as condicións laborais indica que se rexen polo convenio
colectivo do persoal laboral do Concello de Betanzos en vigor desde o
pasado 7 de abril e este convenio colectivo indica expresamente o
seguinte no capítulo I de disposicións xerais:
“Artigo
1.º Ámbito territorial.
Este
Convenio Colectivo será de aplicación no Concello de Betanzos que o
asume na súa totalidade, tras a negociación colectiva ao nivel
correspondente.
Artigo
2.º Ámbito funcional.
Inclúese
expresamente a totalidade dos entes e organismos públicos que
formen, ou poidan formar, parte do Concello de Betanzos. En calquera
caso, a extensión do eido funcional do presente Convenio ao entes ou
organismos autónomos que poidan xurdir, tras a entrada en vigor do
presente Convenio, será obxecto de estudo no seo da súa Comisión
Paritaria Mixta de Seguimento e Control
Artigo
3.º Ámbito persoal.
O
Convenio colectivo aplicarase a todo persoal laboral que preste
servizos no Concello de Betanzos, en todo aquilo que sexa compatible
coa natureza da súa relación de emprego.”
TERCEIRO. Por tanto,
tendo en conta ámbito territorial, funcional e persoal do convenio
os contratos achegados incumpren e superan a xornada máxima anual
acordada no convenio indicando e supoñen unha discriminación
manifesta con respecto ao resto do persoal laboral do Concello que
podería supór as reclamacións oportunas por parte dos
traballadores afectados.
CUARTO. Así mesmo, observamos que as retribucións non se corresponden coas
recollidas no Anexo IV do convenio colectivo do persoal laboral, o
que supón outro incumprimento e descolgue do convenio colectivo, así
como unha discriminación manifesta con respecto ao resto do persoal
laboral do Concello que podería supór as reclamacións oportunas
por parte dos traballadores afectados.
QUINTO Que a Comisión Paritaria Mixta de Control e Seguimento do convenio
colectivo é o organismo encargado de vixiar o cumprimento do
pactado, e denunciar, de ser o caso, os incumprimentos observados,
mais na última reunión do organismo o goberno municipal non
manifestou nada con respecto a estas pretensións.
Por
todo isto, SOLICITAMOS:
PRIMEIRO. Que o Concello de Betanzos modifique de inmediato os contratos
sinalados para a súa inclusión na totalidade dos seus termos no
ámbito de aplicación do convenio colectivo en vigor, tanto no
relativo ás retribucións como ás condicións laborais do persoal
laboral contratado.
SEGUNDO. Que o Concello de Betanzos deixe de tomar decisións sobre temas
laborais que van en contra do aprobado e acordado no Convenio
colectivo do persoal laboral, un proceso que durou anos de
negociación e no que o Concello nunca fixo ningún tipo de proposta
para a exclusión nin de parte nin de todos os termos do que se
estaba a negociar no devandito convenio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario