29/09/13

Criterios de recoñecemento dos servizos prestados no Concello de Betanzos

O Comité, por iniciativa da CIG vén de solicitarlle ao Concello os criterios de recoñecemento dos servizos prestados no propio Concello logo de que varios compañeiros nos informasen de que o Concello lle está a recoñecer servizos previos ao último contrato asinado, tal e como se recoñece dende hai moito tempo en lexislación aplicada ao funcionariado mais, pola contra, outros en situación semellante non están a recibir ningunha notificación. Por  este motivo, e para aclarar este tema e por se se puidese incorrer, máis unha vez, en agravios discriminatorios tan frecuentes nesta Administración local decidimos solicitar toda a información.

Igualmente, e se algún compañeiro ou compañeira considera que está nunha situación semellante, e que o Concello non lle está a recoñecer servizos previos, pódese poñer en contacto con calquera dos delegados da CIG para mirarmos polo miúdo a situación.

Satisfacción laboral e calidade do sono


O grao de satisfacción laboral afecta á calidade do sono, segundo revela un estudo desenvolvido por un grupo de investigadores británicos da Universidade de Surrey, o 33 por cento dos empregados insatisfeitos co seu traballo presenta desordes do sono, fronte ao 18 por cento que se encontran conformes coa súa situación laboral.
Así mesmo, da investigación despréndese que os asalariados e traballadores autónomos gozan dun sono moito máis reparador que os que están desempregados.
De feito, os investigadores aseguran que o 40 por cento das persoas que están no paro teñen máis dificultades de conciliar o sono e de non se espertar ao longo da noite que os que teñen traballo.
O tipo de traballo dunha persoa tamén inflúe na calidade do sono pois, segundo sinala o estudo, os que exercen profesións liberais dormen mellor que o resto dos profesionais.
Por outra parte, só o 6 por cento dos directivos goza de máis de oito horas de sono por noite (o que recomendan os expertos), fronte ao 11 por cento dos que non teñen responsabilidades de xestión.
Esta análise, realizada sobre os datos solicitados en 14.000 fogares do Reino Unido, apunta ademais que as persoas con maiores niveis de educación e as que están casadas gozan tamén dun sono de "máis calidade".
"Tendo en conta os vínculos entre a saúde, o sono e as circunstancias sociais e económicas podemos concluír ademais que as persoas máis desfavorecidas ou as que atravesan problemas económicos ten máis problemas para conciliar o sono, o cal repercute de forma directa na súa saúde", explica a profesora da Universidade de Surrey, Sara Arber.
Fonte: e-saludable.com


Máis info en www.cigsaudelaboral.org.

A Área Pública da CIG denuncia o continuísmo do Goberno español nas políticas de destrución de emprego

A central nacionalista solicitou a reposición de todos os dereitos suprimidos polo Goberno central na súa intervención na Mesa Xeral en Madrid



As federacións que conforman a Área Pública da CIG -Ensino, Saúde e Administración- participaron este 26 de setembro en Madrid na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, onde evidenciaron o “continuísmo do Goberno español” nas políticas de destrución de emprego público e recortes sociais e salariais, que levan significado unha perda de poder adquisitivo do 20% desde o ano 2010.


A convocatoria, na que participou en representación da CIG a sindicalista María Xosé Santos, tivo lugar no momento en que se negocian os orzamentos xerais do Estado para o 2014 e discorreu "sen grandes novidades a respecto do previsto". De feito, a única mudanza comunicada polo Goberno é que a partir de agora se tolerarán taxas de reposición dun 100% nos corpos de policía local asignados aos concellos.

Na súa intervención, Santos criticou duramente o papel meramente instrumental deste tipo de convocatorias, comunicadas con premura e “carentes da documentación necesaria para debater a orde do día”. A seguir, centrou as críticas no descenso de salarios, supresión de dereitos adquiridos, diminución do emprego público e destrución de servizos sociais, un conxunto de medidas que supón “o empobrecemento da sociedade”. Fronte isto, reivindicou o fomento do emprego e a recuperación de dereitos e poder adquisitivo dos e das traballadores/as públicos.

Desde a Área Pública da CIG lembran, ademais, que no tocante a Galiza o goberno Feijóo “non convocou as mesas de negociación e continúa a recortar salarios” mentres a administración xeral, pola súa parte, asegura que respectará o 100% das pagas extra a nivel estatal.

A continuación reproducimos a intervención da CIG na Mesa Xeral:

A Área Pública da Confederación Intersindical Galega (CIG) está en contra de todas as políticas continuístas que mantén o Goberno central no sector dos servizos públicos que o único que provocan é unha desaparición dos mesmos, agravando máis aínda a profunda crise económica na que nos atopamos inmersos, precarización das condicións laborais dos seus traballadores/as consecuentemente provocando máis paro no sector público e desaparición de servizos públicos.

A CIG-Área Pública oponse a todas as medidas presentadas:

En primeiro lugar a CIG oponse a este tipo de convocatorias tan prematuras, que está a ser habitual ano tras ano, e como sempre, sen presentar ningún tipo de documentación necesaria para poder debater os puntos incluídos na orde do día.

A CIG estará sempre en contra de todas as medidas que supoñan perda de poder adquisitivo e de dereitos para o persoal que presta servizos nas administracións públicas, así como todo o que signifique precarizar e facer desaparecer servizos públicos. Solicitamos a reposición de todos os nosos dereitos que foron suprimidos polos distintos decretos lei que foron aparecendo ano tras ano e que se nos foron aplicando (Reposición dos nosos salarios, reposicións dos dias de asuntos propios, reposición recortes salariais por baixas de enfermidade, reposición dos fondos de acción social, etc).

A respecto da conxelación salarial: a CIG considera que a chamada "conxelación salarial" é, en realidade un recorte e unha perda de capacidade adquisitiva, xa que desde o ano 2009 os empregados públicos vimos sufrindo perda de poder adquisitivo sen posibilidade de actualización. A isto hai que engadir que nestes momentos só desde o ano 2010, temos unha perda acumulada de poder adquisitivo que supera o 20%, sendo superior en Galiza e para o persoal que depende directamente da Comunidade Autónoma de Galiza.

A isto hai que engadir os descontos por baixas médicas dos empregados públicos xa que isto tamén supón perda de poder adquisitivo. Medidas como estas non son entendidas desde este sindicato, que o único que provocan é deterioro na calidade dos servizos ao ter que estar atendidos por persoal que non está en condicións de traballar sumándose ao efecto negativo xerado pola falta de substitución no caso de coller baixa. Aumentando o descontento de todo o persoal ademais de expor ao persoal que está san a ser contaxiado polos enfermos que veñen traballar, para evitar estes descontos inxustos e que para moitos dos traballadores son inasumíbeis, xa que sumados aos que xa hai supón en moitos casos baixadas importantes nas nóminas. Desde este sindicato solicitamos tamén a retirada desta medida.

A CIG solicita e demanda a recuperación do poder adquisitivo, polo menos desde o ano 2010 dos/as traballadores/as das administracións públicas.

Con respecto á taxa de reposición: solicitamos a desaparición desta taxa en todos os ámbitos da administración porque entendemos que o obxectivo desta medida é a desaparición e deterioro de todos os servizos públicos dando lugar á entrada a pasos xigantescos das privatizacións, que traen consigo maiores custos á administración e peores servizos ao cidadán.

Non se pode entender que cunha taxa de paro que a nivel estatal rolda os 6 millóns de parados no caso de Galicia 300.000, o Goberno siga mantendo esta medida, xa que as administracións publicas deberían ser as grandes impulsores de creación de emprego. Con esta medida o que se está conseguindo é o efecto contrario xa que a falta de emprego público e a perda de capacidade económica o que provoca é empobrecemento, desconfianza na poboación.

Lembrar que a CIG xa denunciou, no seu momento, as graves consecuencias que isto tería e que xa está a ter para os servizos públicos e para o seu mantemento. Advertímolo daquela, e mantémolo, que de seguir así o que se provocará será un colapso da administración e dos servizos públicos, que serán incapaces de atender as demandas dos usuarios por falta de persoal.

Con respecto á non cobertura de vacantes ou baixas laborais solicitamos tamén a anulación no mesmo sentido que o exposto anteriormente.

Tamén solicitamos a retirada da ampliación da xornada laboral, a CIG solicita que a xornada laboral se estableza para todos os ámbitos das administracións públicas en 35 horas.

Para a CIG, detrás destas medidas escóndese a decisión do PP de ir "adelgazando a administración", que non é outra cousa que provocar o peche de certos servizos públicos porque non será posíbel atendelos e favorecer as privatizacións dos que sexan máis rendíbeis.



Mesa Xeral das Administracións Públicas do 26 de setembro de 2013


Nota enviada polos compañeiros de CIG-Administración pública central para informarnos sobre o que aternos no 2014

NOTA INFORMATIVA

Anteproxecto de Lei de Orzamentos do Estado para o 2014 Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas 26 setembro 2013. 

Por parte da Dirección Xeral da Función Pública faise exposición das medidas que, con carácter básico, incluirán no Anteproxecto de Lei de Orzamentos do Estado que vai aprobar o Goberno este mesmo venres. Manifestase por parte da Administración que “é constatable que hai sinais favorables na economía española, en parte, debido ós esforzos realizados dende o conxunto das Administracións Públicas no relativo ó compromiso de contención do gasto público”; e “nesta liña encaixanse as medidas contempladas para o ano 2014”, que se concretan en:

MATERIA RETRIBUTIVA

Conxelacion salarial e prohibición de aportación de fondos para Plans de Pensións

EMPREGO PÚBLICO

No ano 2014 non haberá incorporación de novo persoal, a excepción daqueles que proveñen de convocatorias incluidas en Ofertas de Emprego Público de anos anteriores.

Non haberá reposición de efectivos agás naqueles colectivos ou sectores considerados como prioritarios, que poderán establecer ate un 10 % de reposición; a relación de colectivos é coincidente cos relacionados na lei de orzamentos para o 2013: Educación, Sanidade, Corpos e Forzas de Seguridade, Policía Local (en Concellos saneados poderá ser ate do 100%), Forzas Armadas, Persoal Investigador, loitas contra o lume, loita contra o fraude fiscal, laboral, e de seguridade social …... Prohibición de incorparación de persoal eventual para substitucións de baixas ou ausencias. (exceptúanse tamén desta prohibición determinados colectivos ou sectores prioritarios).

Remata a exposición da Administración valorando as medidas anunciadas como “un paso positivo no actual contexto económico”.

O plantexamento por parte da representación da Área Púbica da CIG foi:

Comezando polas formas da convocatoria, criticar que o que debería ser un proceso de negociación se vexa reducido a unha mera xuntanza informativa das medidas xa decididas a modo de imposición, sin aportar ningún tipo de documentación previa necesaria para poder dabetir os puntos da orde do día. En canto as medidas de carácter retributibo, lembrouselle o feito de que xa levemos acumulada unha perda de poder adquisitivo que ronda o 25 % nosúltimos catro anos, e que, a conxelación non tiña un efecto neutro, xa que suporá un novo recorte salarial e o incremento do poder adquisitivo perdido. Sendo ainda máis grave no caso do persoal da Comunidade Autónoma de Galicia, que, a maiores, verán reducidas novamente as súas retribucións polas medidas adoptadas polo Goberno de Feijoo. 

Ademáis destes recortes hai que ter en conta a reducción salarial que supon o desconto en situación de Baixa por Incapacidade Temporal así como a reducción dos fondos adicados a plans de Acción Social. Respecto das medidas relativas ó emprego público, consideramos que a non reposición de efectivos, ademáis dun aforro no gasto, ten como obxetivo a desaparición paulatina dos servizos públicos e a substitución destes por iniciativa privada que provocarán maiores costes e peores servizos. Non é entendible que coa taxa de paro existente, o Goberno siga a manter esta medida cando as Administracións Públicas deberían ser as primeiras impulsoras na creación de emprego; provocando un efecto contrario ó restar capacidade ecoonómica ó conxunto da sociedade e con elo xerar desconfianza e empobrecemento.

Solicitamos a retirada da prohibición de contratar substitucións para o persoal en situación de baixa, permitindo que estas ausencias (xa que son descontadas das retribucións) poiden ser cubertas con contratacións temporais. Demandamos tamén a retirada da imposición da ampliación da xornada laboral a 37,5 horas semanais, demandando o establecemento dunha xornada para o cunxunto das Administracións Públicas de 35 horas semanais. Para a CIG, detrás destas medidas agóchase a intención do Partido Popular de “ir adelgazando a Administración”, provocando o peche de determinados servizos e favorecer deste xeito un proceso privatizador.

En conclusión, dende a CIG dicimos:

NON ós recortes
NOS ás rebaixas salariais
NON os descontos por baixas médicas
NON á eliminación da taxa de reposición de efectivos
NON ó incremento da xornada laboral
NON á privatización dos servizos públicos
SI á recuperación do poder adquisitivo perdido
SI ó fomento do emprego nas Administracións Públicas
SI ó restablecemento dos nosos dereitos
SI á defensa dos servizos públicos

Galiza, 26 de setembro de 2013.

11/09/13

Absolven unha empresa porque o accidente laboral foi imprudencia do obreiro

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Rexión de Murcia (TSJRM) desestimou o recurso que presentou un obreiro da construción contra a súa empresa tras o accidente laboral sufrido nunha obra porque este se produciu pola súa imprudencia.
 A Sala, que confirma a sentenza ditada por un Xulgado do Social, sinala que este declarou probado que o accidente sufrido por este obreiro se produciu ao caer dende un castelucho, a uns tres metros de altura, cando se procedía á enchedura de formigón dun piar.
Ao desprazarse o piar, engadía o xuíz, envorcou o castelucho, arrastrando na súa caída ao demandante, que, como consecuencia das lesións sufridas, foi declarado en situación de incapacidade permanente total.
A sentenza, ratificada agora polo TSJRM, absolveu a empresa demandada, declarando, ademais, improcedente a recarga do 30 por cento nas prestacións que lle impuxera o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).
A Sala, ao confirmar esa sentenza, indica que "o accidente foi debido, en esencia, á conduta imprudente do traballador accidentado, sen que a conduta da empresa tivese entidade relevante ao respecto".
E engade que a imprudencia do demandante estivo en que unira o cable do vibrador á estrutura do castelucho, debendo estar este independente do piar, ou, o que é o mesmo, o nó do cable ou mangueira, que estaba unido á estrutura do castelucho, provocou un aumento da presión da saída do formigón". "O piar tombouse, e iso orixinou a caída do traballador, polo que a conduta imprudente deste consistiu en unir o cable ou mangueira do vibrador mediante un nó á estrutura do castelucho".
Fonte: www.cigsaudelaboral.org

Temas pendentes na Inspección de Traballo

O mes de setembro comeza con moitos temas pendentes e moito traballo por diante, entre eles estamos pendentes da resposta a varias denuncias realizadas nos pasados meses na Inspección de Traballo. Ata o momento a Inspección respondeu mediante unha notificación á denuncia realizada con respecto a estado dalgunhas instalacións do Centro de Formación Ocupacional, onde insta ao Concello a que “adopte as medidas necesarias para que a utilización do lugar de traballo non orixine riscos para a seguridade e saúde dos traballadores” ademais indícalle que “deberá elaborar proposta de solución e acreditalo ante a Inspección”.

Con respecto a esta denuncia, uns días despois de acudir a Inspección ao centro denunciado o Concello tomou a determinación de cambiar aos traballadores de lugar, mais aínda non se sabe de certo se este será o seu centro definitivo. En todo caso está pendente a visita dos delegados de prevención ás novas instalacións de cara a comprobaren que cumpren a normativa vixente en materia de saúde laboral e asegurárense de que non se volvan repetir episodios como o o derrubamento, e no caso contrario, poñer en coñecemento da Inspección que as medidas tomadas non foron insuficientes no caso de ser así.

A maiores, no mes de agosto os delegados da CIG puxeron en coñecemento da Inspección dous casos máis de posibles irregularidades de cara a que intercedese esta ante a falta de resposta e solución por parte do Concello. Estamos pendentes da resposta no caso dunha posible cesión ilegal de traballadores, tema que mesmo trascendeu e chegou a se tratar no pleno, e mais unha outra denuncia efectuada con respecto á información das horas extras que non se lle facilita ao Comité de Empresa con carácter puntual nin exhaustivo, o que dificulta o traballo de velar polo cumprimento da normativa vixente en materia de realización de horas extraordinarias.


A maiores e á vista dos datos de que se dispón o Concello está a obrigar a realizar máis horas das permitidas legalmente nalgúns departamentos e collelas en tempo libre para que non conste a realización das devanditas horas na documentación que se lle achega ao Comité, obrigando a algúns traballadores a realizar continuos cambios de xornadas, mentres que para outros non hai reparo en pagalas, volvendo a incorrer nas discriminacións existentes entre traballadores que ás veces o certo é que xa semella que son máis unha cuestión de nomes e apelidos que de necesidades dos departamentos. Todo isto levou a ter que realizar a denuncia no relativo á realización das horas extraordinarias para que a Inspección determine se o Concello cumpre ou non a lexislación vixente no que ten que ver coas horas extraordinarias.

04/09/13

O Goberno planea dar máis poder ás mutuas nas baixas médicas

As mutuas gañarán marxe de manobra para decidir cando hai que dar de alta a un traballador enfermo. Se até agora facíano no caso de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, o Goberno ten previsto darlles esta potestade tamén cando se trata dunha enfermidade común ou dun accidente non laboral, o 80% das empresas xa teñen asegurados estes procesos coas mutuas. Así o recolle o proxecto de real decreto, que regula a xestión e o control dos procesos de incapacidade temporal.

Un dos seus artigos faculta ás mutuas a facilitar o "alta médica presunta" ao sexto día da proposta dirixida á inspección médica do servizo público de saúde. Se o inspector non responde nese tempo, o silencio administrativo considerarase aprobación, e a mutua poderá comunicar ao paciente que está de alta e sen dereito a subsidio. As mutuas, que son asociacións de empresarios formalmente sen ánimo de lucro, xestionan tanto as continxencias profesionais como as comúns. Nos últimos anos, a maioría das empresas encomendaron a xestión das súas baixas comúns ás mutuas, en lugar de facelo ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), que xa só se ocupa do 20%. Por primeira vez, un borrador de texto legal as faculta para dar altas en caso de enfermidade común, algo que os médicos de familia e os inspectores sanitarios consideran un "gravísimo erro" e un prexuízo para o paciente. A patronal das mutuas, en cambio, cre que se elas puidesen xestionar todas as altas aforrarían á Seguridade Social e ás empresas 6.600 millóns de euros.
O artigo 7 do proxecto de Real Decreto polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros 365 días da súa duración establece que cando as mutuas "consideren que o traballador pode non estar impedido para o traballo" poderán formular "propostas motivadas de alta médica dirixidas ás unidades da inspección médica do servizo público de saúde". O inspector poderá, en cinco días, confirmar a proposta (e dar o alta) ou desestimala motivadamente. "No caso de que ao sexto día de formulada a proposta a mutua non recibise pronunciamiento expreso [...] entenderá que a proposta foi estimada".O texto denomina "alta presunta" á que dea a mutua por silencio administrativo, e asegura que "terá efectos o primeiro día seguinte ao da súa notificación ao beneficiario" e extinguirase o dereito ao subsidio. O traballador deberá incorporarse ao traballo "o día en que produza os seus efectos a extinción do subsidio".
"É como poñer á raposa a coidar ao galiñeiro", exclama o vicepresidente da Federación de Asociacións de Inspección de Servizos Sanitarios (FAISS), José María Morán. "O alta tena que dar o médico ou a inspección. A mutua, como financiadora da prestación, ten demasiado interese en reducir o tempo de baixa", engade. Que as mutuas poidan dar de alta por silencio administrativo constitúe, en opinión de Morán, "unha grave inseguridade xurídica para os traballadores e unha perversión administrativa". Ademais, cre que "abúsase da falta de capacidade de resposta dun sistema de saúde moi recortado. Unha proposta de alta dunha mutua pode chegar por fax a un administrativo e que o médico estea de viaxe, á súa vez de baixa e sen substituto, co que un paciente con cancro terminal pódese atopar ao sexto día de alta e sen prestación". "Está a abrirse a vía á judicialización", engade.
Os médicos de familia, que son os que agora dan as baixas e as altas, tamén están en contra da intención do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. "As altas teñen que ser confirmadas. A decisión sobre cando unha persoa enferma está lista para volver traballar débea tomar o seu médico ou o inspector con criterio sanitario, nunca debe resultar dun silencio administrativo. Isto xera gran indefensión aos pacientes", asegura Paulino Cubero, portavoz da Sociedade Española de Medicamento Familiar e Comunitario (Semfyc). Tamén él alude aos recortes do sistema público de saúde e a falta de suplentes cando un médico se ausenta. "En seis días é moi fácil que un inspector non poida porse en contacto co médico dun paciente para revisar a súa situación. A mutua ten intereses económicos que poden primar sobre os clínicos e forzar altas de forma prematura", engade.
Tampouco á Asociación de Mutuas de Accidentes de Traballo (AMAT), á que pertencen, por exemplo, Fremap, Ibermutuamur ou Asepeyo, lle gusta o proxecto de real decreto, pero polo motivo contrario. Considera que as mutuas deben estar facultadas para dar altas por continxencias comúns en todos os casos. Argumentan que, dado que lexislación prevé que xestionen a prestación de baixa con igual alcance que o INSS, se este ten competencia para emitir altas, tamén as mutuas deberían tela. "Os profesionais médicos das mutuas veñen emitindo altas por continxencias profesionais sen ningún tipo de controversia, actuando sempre baixo o mesmo código ético e deontolóxico que calquera profesional sanitario dos servizos públicos de saúde", afirma por correo electrónico un portavoz de AMAT.
Dende a Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (Semergen) discrepan: "Os médicos das mutuas patronais están capacitados para tratar problemas de saúde laboral, pero non son especialistas en medicamento familiar e comunitario". "Este real decreto, que espero que se emende, supón pór en mans da patronal a saúde dos traballadores, convertela en xuíz e parte", asegura o seu vicepresidente, Isidoro Rivera.
AMAT considera que "a maior parte das enfermidades comúns e accidentes non laborais teñen carácter traumatológico ou só requiren de coñecementos de medicamento xeral para a súa valoración polo que é lóxico afirmar que os médicos poden valorar, co máximo acerto, a maior parte dos procesos e expedir o alta para todos os efectos".



Pena de cárcere para o coordinador de seguridade dunha obra pola morte dun traballador

O coordinador de seguridade dunha empresa de construción foi condeado a un ano e seis meses de prisión despois de que un traballador falecese en 2008 tras caer desde seis metros de altura cando traballaba nas obras dun invernadoiro. Na sentenza, o Xulgado do Penal 1 de Motril atribúelle a autoría dos delitos de homicidio imprudente e contra o dereito aos traballadores e inhabilítao para a profesión de construtor durante tres anos.

Ademais, imponlle unha multa de 1.080 euros e obrígalle a indemnizar á muller do falecido con 103.390 euros, e a cada un do tres fillos que tiña con 43.079 euros.Durante a realización da obra, o acusado omitiu a colocación de medidas preventivas colectivas como redes de protección e plataformas elevadoras mecánicas, entre outras, polo que dispuxo un método de traballo "inseguro" que orixinou un grave risco para a vida e a integridade física dos traballadores, sinala a sentenza. Como consecuencia diso, un dos traballadores precipitouse desde unha altura de seis metros, o que lle provocou a morte por traumatismo cranioencefálico.



Considerase accidente no traballo a agravación dunha lesión laboral

É accidente laboral toda agravación de enfermidade preexistente por causa de lesión no traballo, segundo establece unha sentenza do Tribunal Supremo, de 3 de xullo de 2013. A sentenza recorrida aceptaba que a primeira baixa debeuse a un accidente laboral, pero rexeitaba esa cualificación para a baixa seguinte pola inexistencia dun nexo causal entre a patoloxía causante da baixa e o traballo, nexo que non se podería presumir ao presentarse a doenza fora do centro de traballo e da xornada laboral.

É accidente laboral toda agravación de enfermidade preexistente por causa de lesión no traballo, segundo establece unha sentenza do Tribunal Supremo, de 3 de xullo de 2013. A sentenza recorrida aceptaba que a primeira baixa debeuse a un accidente laboral, pero rexeitaba esa cualificación para a baixa seguinte pola inexistencia dun nexo causal entre a patoloxía causante da baixa e o traballo, nexo que non se podería presumir ao presentarse a doenza fora do centro de traballo e da xornada laboral.