O
Gabinete Técnico de Economía da CIG, que vén de analizar o
proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2014, considera que
provocarán que se afonde aínda máis na xa profunda crise na que
estamos somerxidos. Advirte de que cae o investimento público; cae o
gasto social (sobre todo o desemprego); hai unha forte perda de poder
adquisitivo dos traballadores/as do Estado e dos/as pensionistas;
increméntase a débeda pública para facer fronte á desfeita do
sector financeiro e medra a presión fiscal.
O
proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2014 presenta, a grandes
trazos, as mesmas características que os dos últimos anos, polo que
é moi previsíbel que se vaia agravar aínda máis a xa precaria
situación na que se atopa a maioría da poboación, xa que a
política orzamentaria é practicamente a única ferramenta co que
conta o Goberno para mudar a marcha da economía, e non a está a
utilizar neste sentido senón todo o contrario.
Así,
non se producen grandes novidades tributarias nestes orzamentos. Para
o ano 2014 o que se fai é concentrar todas as subas tributarias
postas en marcha polo Goberno de Rajoy: aumento dos tipos marxinais
do IRPF ao máximo, suba dos tipos de IVE, aumento dos impostos
especiais e ambientais... Segundo a memoria do orzamento, o impacto
fiscal estimado respecto destas medidas, novas e antigas, é de 3.658
millóns de euros. Con todo, o Goberno espera que a recadación
tributaria acade os 179.750 millóns de euros. Facenda fía este
incremento a un crecemento real da economía do 0,7%.
Prevese
que remate 2013 cunha caída da actividade económica do 1,6% (no
proxecto de orzamentos para 2013 prevíase que a caída ía ser do
0,5%, polo que estamos pois ante unha marxe de erro de máis do 1%).
O próximo ano preséntase como o ano da recuperación, aínda que
moi cativa, cun incremento do PIB do 0,7% de media no 2014, iso si,
sen creación de emprego, xa que se espera que descenda un 0,2% ao
longo do ano. Porén, a pesar de descender o emprego, nos Orzamentos
prevese que baixe a taxa de paro en preto de 1 punto; suponse que
polo efecto da emigración.
Con
descenso de emprego e caída da capacidade adquisitiva da clase
traballadora, dificilmente vai poder incrementarse o consumo privado
como se sinala no escenario macroeconómico que sustenta este
orzamento para o ano vindeiro.
Tamén
se prevé un leve incremento do investimento, do 0,2%, logo dos
descensos superiores ao 6% de anos anteriores. Aínda así, entre
consumo privado e investimento non se compensa a caída do consumo
das administración públicas, polo que a demanda interna vai
descender un 0,4% con respecto ao ano anterior.
Continúa
a ser a demanda externa a que sostén a actividade económica, aínda
que para 2014 a achega do sector exterior ao PIB redúcese, ao pasar
de 1,9 puntos no ano 2013 a 1,2 en 2014.
Neste
escenario, de difícil credibilidade, o goberno central achega
423.230,10 millóns de euros a economía, un 3,7% máis que o
previsto nos orzamentos para o ano 2013.
O
proxecto de orzamentos do Estado para 2014 presenta un panorama
desalentador. Os ingresos non financeiros redúcense un 1,1% con
respecto ao previsto no ano anterior; a dita redución explícase
pola caída da actividade e as altas taxas de desemprego, así como a
redución dos salarios dos traballadores/as ocupados/os. De feito, e
como xa está demostrado, foi a redución salarial da clase
traballadora a única consecuencia da última reforma laboral.
Menos
emprego e menores salarios fan que se reduzan os ingresos derivados
da imposición directa sobre as rendas do traballo e as cotización
salariais (un 0,7%) e da indirecta pola vía dun menor consumo (un
7,5%); e son estes dous capítulos os que sustentan, basicamente, os
ingresos tributarios.
A
caída dos ingresos tributarios redunda nun descenso dos ingresos non
financeiros do 1,1%. A falta de ingresos non financeiros compénsanse
con novo endebedamento, débeda que non se utiliza para investimento
produtivo nin para partidas destinadas a xerar emprego, senón
maioritariamente para facer fronte á amortización da débeda pasada
e ao pagamento dos seus xuros, e que foi utilizada maioritariamente
para paliar a desfeita do sistema bancario.
Para
o ano 2014 prevese un endebedamento bruto de 141.291,95 millóns de
euros; e se a isto restamos os 68.333,67 millóns que están
destinados a amortizar débeda, o resultado é endebedamento neto de
72.958,28 millóns de euros. Mais os gastos financeiros ascenden a
36.662,10 millóns, co cal, realmente apenas 36.000 millóns do novo
endebedamento van directamente á economía.
Desagregando
o gasto por capítulos temos:
Gastos
consolidados. Millóns de euros.
|
Capítulo
|
2013
|
2014
|
Variación
%
|
|
|
Importe
|
%
total
|
Importe
|
%
total
|
|
I.
Gastos de persoal
|
21.414,21
|
5,20
|
21.302,29
|
5,00
|
-0,50
|
|
II.
Gastos en bens correntes e de servizos
|
7.180,23
|
1,80
|
7.614,40
|
1,80
|
6,00
|
|
III.
Gastos financeiros
|
38.660,26
|
9,50
|
36.662,10
|
8,70
|
-5,20
|
|
IV.
Transferencias correntes
|
225.157,23
|
55.20
|
231.081,06
|
54,60
|
2,60
|
|
TOTAL
OPERACIÓNS CORRENTES
|
292.411,93
|
71,70
|
296.659,85
|
70,10
|
1,50
|
|
V.
Fondo de continxencia
|
2.595,46
|
0,60
|
2.695,18
|
0,60
|
3,80
|
|
VI.
Investimentos reais
|
5.247,22
|
1,30
|
4.732,37
|
1,10
|
-9,80
|
|
VII.Transferencias
de capital
|
8.270,03
|
2,00
|
10.002,20
|
2,40
|
20,90
|
|
OPERACIÓNS
DE CAPITAL
|
16.112,27
|
3,9
|
17.429,75
|
4,10
|
8,07
|
|
T.
GASTOS NON FINANCEIROS
|
308.524,64
|
75,60
|
314.089,60
|
74,20
|
1.80
|
|
VIII.
Activos financeiros
|
36.928,20
|
9,10
|
40.535,25
|
9,60
|
9,80
|
|
IX.
Pasivos financeiros
|
62.588,22
|
15,30
|
68.605,25
|
16,20
|
9,60
|
|
TOTAL
GASTOS FINANCEIROS
|
99.516,42
|
24,40
|
109.140,50
|
25,80
|
9,70
|
|
Total
orzamento
|
408.041,06
|
100,00
|
423.230,10
|
100,00
|
3,70
|
Fonte:
Proxecto de orzamentos xerais do estado para 2014.
As
transferencias correntes é o capítulo de maior peso, xa que
absorben o 54.6% do total do orzamento. Logo deste é o capítulo IX,
pasivos financeiros (amortización da débeda), co 16,2% do orzamento
o seguinte en importancia; este capítulo medra un 9,6% con respecto
ao ano anterior. Entre este, o IX, e mais o capítulo III, gastos
financeiros, absorben o 25% do orzamento, a pesar de que os gastos
financeiros diminúen con respecto a 2013 debido á caída da prima
de risco española.
No
que atinxe aos gastos de persoal, ata este ano estaban incluídos
nesta partida os créditos destinados ás pensións das clases
pasivas do Estado, mais neste orzamento pasa ao capítulo de
transferencias correntes. Esta modificación leva a unha nova
distribución dos orzamentos proxectados para 2013 para poder facer
unha comparación homoxénea.
Así,
os gastos de persoal, apenas representan o 5% do total do gasto,
mentres que se incluísen as pensións das clases pasivas estaríamos
falando de 3 puntos máis, xa que estas representan en torno aos
12.000 millóns de euros. Os devanditos gastos son un ano máis unha
das partidas onde o Goberno aplica a “política de austeridade”;
neste caso a redución é do 0,5% que se explica pola conxelación
salarial do persoal activo, e a non reposición de empregos públicos
-agás un 10% para determinados colectivos como son forzas e corpos
de seguridade do Estado e de loita contra o fraude fiscal e laboral-.
Así, estímase que o cadro de persoal da administración se reduza
en preto de 13.500 traballadores.
Dentro
do capítulo de transferencias correntes, imos centrarnos
especificamente non cualificadas como gasto social.
Gasto
social
|
|
2013
|
2013
|
Variación
|
|
Pensións
|
121.556,51
|
127.483,83
|
4,9
|
|
Outras
prestacións económicas
|
11.880,26
|
11.603,83
|
-2,3
|
|
Servizos
e promoción social
|
2.848.49
|
1.809,81
|
-36,4
|
|
Fomento
do emprego
|
3.771,51
|
4.073.52
|
7,9
|
|
Desemprego
|
26.993,70
|
29.727,53
|
10,1
|
|
Acceso
a vivenda
|
765,88
|
799,64
|
4,4
|
|
Xestión
e administración da seguridade social
|
4436,30
|
4.377,40
|
-1,3
|
|
(1)
PROTECCIÓN E PROMOCIÓN
SOCIAL
|
172.252,65
|
179.875,57
|
4,4
|
|
Sanidade
|
3.852,27
|
3.839,76
|
-0,4
|
|
Educación
|
1.944,73
|
2.150.05
|
10,6
|
|
Cultura
|
721,70
|
716,40
|
-0,7
|
|
(29
PRODUCIÓN DE BENS
PÚBLICOS
DE CARÁCTER
PREFERENTE.
|
6.518,70
|
6.706,21
|
2,8
|
|
GASTO
SOCIAL (1)+(2)
|
178.771,35
|
186.581,77
|
4,4
|
Fonte:
Proxecto de orzamentos xerais do estado para 2014.
O
medre do programa de pensións dun 4,9% débese ao incremento do
gastos das pensións e outras prestacións das clases pasivas do
Estado, xa que o gastos das pensión das seguridade social, sexan ou
contributivas ou non contributivas, descenden, iso a pesar do
anunciado 0,25% de incremento das pensións.
A
dotación da política doutras prestacións económicas descende un
2,3% para o ano 2014. É de salientar neste apartado o gasto
destinado a IT (incapacidade temporal), que se espera que descenda un
16,3% con respecto a 2013. A menor afiliación, xunto co aumento das
trabas por parte das mutuas para acceder a esta prestación, explican
este descenso. Tamén as prestacións vinculadas á cesión temporal
no traballo por nacemento de fillo, paternidade, risco, etc.,
descenden nun 5,7%.
O
destinado a FOGASA, que esta incluído nesta partida, increméntase
para o ano próximo en 500 millóns de euros. Así, segundo se
especifica na memoria do proxecto destinaranse a axilizar os trámites
dos expedientes cuxa xestión está destinada a este organismo.
Dentro
do apartado de servizos e promoción social, é de destacar que no
ano 2013 se incluíran nesta partida máis de 1.000 millóns que
correspondían a obrigas de exercicios anteriores en materia de
dependencia. De aí que en termos homoxéneos a partida se reduza un
0,1% con respecto ao ano anterior.
Dentro
desta partida a de maior peso é o programa de dependencia. A partida
destinada a este programa mantense practicamente nas mesmas contías
que durante 2013, debido en parte ás medidas introducidas no RD
20/2012, do 13 de xullo. Entre estas medidas é de salientar a
redución das contías máximas das prestacións económicas para
coidados no contorno familiar, unha minoración nas contías do nivel
mínimo de protección garantido e a demora ata xullo de 2015 da
incorporación ao Sistema de Dependencia de novos dependentes
moderados.
Practicamente
todos os programas incluídos nesta partida sofren un retroceso.
No
que atinxe a fomento do emprego, para 2014 hai un incremento previsto
nesta partida do 7,9%, en torno a 300 millóns de euros máis. Este
leve incremento non nos debe facer esquecer que esta partida foi das
máis castigadas en anos anteriores; así, só sumando os dous anos
anteriores estamos falando dunha redución de máis do 50%. Como é
posíbel que na etapa de crecemento económico e un nivel de
desemprego por debaixo do 10% se destinase a fomentar o emprego máis
do dobre que hoxe cunha taxa de paro próxima ao 30%?
Dentro
desta partida unha das liñas que máis medrou é a de bonificacións
á contratación, así como o programa PREPARA, que se renova
automaticamente mentres a taxa de paro supere o 20% da poboación
activa.
Á
formación profesional -que tamén está incluída nesta partida-
espérase destinar 1.815,06 millóns, un 1,8% menos que no ano 2013.
Desta contía, preto de 900 millóns destínanse á formación de
ocupados/as e 650,00 á de desempregados/as.
Polo
que respecta á partida de desemprego, espérase un incremento do
10,1% para 2014. Para o ano 2013 o orzamento inicial foi
insuficiente, polo que no proxecto presente están incluídos máis
de 4.400 millóns de euros para atender as obrigas do ano 2013. Sen
este incremento, a partida destinada a este fin sería un 5,5%
inferior á inicialmente prevista no ano 2013. Se temos en conta o
realmente gastado no ano 2013, é dicir, o previsto nos orzamentos
máis os 4.400 millóns incorporados neste exercicio, estamos falando
dun gasto en desemprego durante 2013 de 31.402,93 millóns, co cal a
caída neste ano é do 19,3%. O que non se gasta en crear ou fomentar
o emprego acábase gastando finalmente en apoio ás persoas
desempregadas.
A
redución prevista nesta partida, tal vez se explique porque cada vez
hai máis persoas paradas de longa duración, as cales xa non teñen
dereito a ningún tipo de prestación, posto que o nivel de ocupación
se prevé que descenda durante 2014 un 0,2%. A pesar do descenso do
emprego, estímase unha taxa de paro inferior á do ano 2013. A
explicación estará novamente na emigración. O que si está claro é
que vai haber máis traballadores sen emprego e sen prestacións, co
conseguinte incremento da pobreza e exclusión social, mais isto xa
lles corresponde ás Comunidades Autónomas.
Para
o ano 2014 non se prevé dotación ningunha para o fondo de reserva
da seguridade social. Durante 2013 estímase que se van detraer
destes uns 7.003,00 millóns de euros, co cal o fondo de reserva
quedaría en 63.788,14 millóns.
Sen
saírmos do gasto social, pero xa falando da produción de bens da
carácter social, baixa a partida destinada a sanidade e medra en
educación. Tanto nun caso como noutro estas partidas hai que
analizadas máis nos orzamentos da Comunidade xa que practicamente
están transferidas todas as competencias. Aínda así, indícase
unha tendencia.
Dentro
de educación, a partida máis importante do ministerio é para
bolsas de estudo, que nun principio vai sufrir un importante
incremento, pero non debemos esquecer que cada vez hai máis alumnado
que cumpre os requisitos para ter dereito a unha bolsa, posto que
cada vez hai máis familias con algún membro en situación de
desemprego, ou que viron reducidos os ingresos da unidade familiar.
Simplemente son gastos que provoca a falla de emprego, polo que
cómpre estarmos atentos á distribución dos mesmos.
As
partidas destinadas a I+D increméntanse para 2014, especialmente a
investigación militar, que se prevé incrementar nun 39,5% máis de
fondos. Pola contra, o aumento destinado para a investigación civil
é do 1,3%.
Fóra
dos gastos correntes, os investimentos de capital evolucionan de
forma distinta. Medran as transferencias de capital e a dotación ao
fondo de continxencia, e cae novamente o capítulo de investimentos
reais; neste ano un 9,8%, pero o anterior un 15% e en 2012 outro 15%.
Estamos pois cun 50% menos nos 3 últimos anos.
No
que atinxe ao investimento real, apenas existe investimento en
proxectos novos. Así, practicamente todos van destinados a
mantemento e reposición de infraestruturas xa existentes.
A
meirande parte das transferencias de capital son absorbidas por
sociedades que xestionan infraestruturas (fundamentalmente Adif,
aeroportos nacionais, portos do Estado...). Na distribución destes
investimentos inflúen varios factores: características do
territorio, se ten costa ou non, etc. Entre uns e outros, a
distribución territorial é como segue.
O
investimento de capital é para todo o Estado español. Canto lle
corresponde a Galiza?
Distribución
territorial do investimento público en 2014.
|
|
2012
|
2013
|
2014
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Andalucía
|
1.851,91
|
1.632,84
|
1697,7
|
4,0
|
|
Aragón
|
467,55
|
328,96
|
369,1
|
12,2
|
|
Asturias
|
506,95
|
426,07
|
291,1
|
-31,7
|
|
Baleares
|
143,25
|
78,72
|
74,0
|
-6,0
|
|
Canarias
|
286,68
|
269,54
|
255,6
|
-5,2
|
|
Cantabria
|
121,9
|
159,55
|
197,8
|
24,0
|
|
Castela
e León
|
1.584,89
|
1.587,11
|
1399,5
|
-11,8
|
|
Castela
a Mancha
|
855,4
|
612,33
|
492,5
|
-19,6
|
|
Catalunya
|
1.403,21
|
1.262,30
|
944,4
|
-25,2
|
|
Estremadura
|
368,79
|
327,6
|
350,8
|
7,1
|
|
Galiza
|
1.706,15
|
1.309,08
|
1.353,8
|
3,4
|
|
Madrid
|
1.265,59
|
1.078,65
|
909,1
|
-15,7
|
|
Murcia
|
375,67
|
408,56
|
300,6
|
-26,4
|
|
Navarra
|
79,98
|
25,34
|
50,4
|
99,0
|
|
A
Rioxa
|
75,03
|
64,51
|
91,7
|
42,2
|
|
Valencia
|
1.008,56
|
654,45
|
605,8
|
-7,4
|
|
Euscadi
|
521,75
|
350,36
|
323,2
|
-7,7
|
|
Melilla
|
28,44
|
22,77
|
28,3
|
24,5
|
|
Ceuta
|
46,03
|
44,13
|
51,4
|
16,4
|
|
T.
rexionalizábel
|
12.697,73
|
10.642,87
|
9.786,95
|
-8,0
|
Fonte:
Proxecto de orzamentos xerais do estado para 2014.
Galiza
é a terceira comunidade por nivel de investimento, despois de
Andalucía e Castela e León, cun investimento previsto de 1.350,08
millóns de euros, un 3,4% máis que no ano anterior. A dotación
para o AVE absorbe a meirande parte desta partida. É, polo tanto,
unha partida comprometida e que non ofrece nada novo á nosa
situación de anterior.
A
través do FCI ( Fondo de Compensación Interterritorial), os fondos
a distribuír cada vez son menos e ademais os destinados a Galiza son
dos que máis descenden.
Fondo
de Compensación Interterritorial
|
|
2013
|
2014
|
2013/
|
|
|
Importe
|
%
total
|
Importe
|
%
total
|
2012%
|
|
Galiza
|
61,16
|
10,7
|
44,55
|
10,5
|
-27,2
|
|
Andalucía
|
204,59
|
35,8
|
159,35
|
37,4
|
-22,1
|
|
Asturias
|
16,22
|
2,8
|
13,07
|
3,1
|
-19,5
|
|
Cantabria
|
4,42
|
0,8
|
3,9
|
0,9
|
-11,7
|
|
Murcia
|
28,71
|
5
|
20,89
|
4,9
|
-27,3
|
|
Valencia
|
72,83
|
12,7
|
53,87
|
12,7
|
-26
|
|
Castela
a Mancha
|
46,2
|
8,1
|
37,72
|
8,9
|
-18,4
|
|
Canarias
|
69,22
|
12,1
|
44,69
|
10,5
|
-35,4
|
|
Estremadura
|
34,43
|
6
|
26,9
|
6,3
|
-21,9
|
|
Castela
e León
|
25,04
|
4,4
|
20,89
|
4,9
|
-16,6
|
Fonte:
Proxecto de orzamentos xerais do estado para 2014.
Por
esta vía, apenas se estima que se ingresen nas arcas galegas, 44
millóns de euros, un 27,2% menos que durante 2013. De seguir así,
con este ritmo de descenso, este fondo desaparece.
En
resumo, o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2014 debuxa
practicamente o mesmo escenario que o ano anterior: cae o
investimento público; cae o gasto social (sobre todo o desemprego);
hai unha forte perda de poder adquisitivo dos traballadores/as do
Estado e dos/as pensionistas; e increméntase a débeda pública para
facer fronte á desfeita do sector financeiro. E todo adobiado cun
medre da presión fiscal. Bonito panorama que nos vai levar a afondar
aínda máis na profunda crise na que estamos sumerxidos. Algo que
por outra parte é o que se pretende, para así ter a xustificación
precisa para aplicar as políticas que levan anos agochados esperando
aplicar: desfeita do sector público de carácter preferente
(sanidade e educación), forte redución das pensións públicas,
desprotección total da clase traballadora... e uns poucos
empresarios esperando repartir o pastel. Mais en todo isto, hai algo
difícil de comprender: se a sanidade é tan deficitaria, se o
sistema de pensións tamén o é, por que será que tanto lle
interesan ao sector privado?
Outubro
de 2013
Natividad
López Gromaz
(Gabinete
Técnico Confederal da CIG)