22/11/13

Información sobre a paga extra do ano 2012

Información achegada polos compañeiros e compañeiras de CIG-Administración Pública


SOBRE A RECLAMACIÓN DA PAGA EXTRA DE DECEMBRO DE 2012

Nos últimos meses, a CIG leva feito un intenso traballo xurídico, en colaboración con outras centrais sindicais, para conseguir a devolución do diñeiro que nos foi confiscado mediante o RDL 20/2012. Esta é a situación a día de hoxe:

  • O Tribunal Constitucional ten que resolver a cuestión de inconstitucionalidade que elevou a Sala do Social da Audiencia Nacional española. En boa lóxica, o que diga o Constitucional será de aplicación ao conxunto dos empregados e empregadas públicas.
  • Os xulgados e tribunais do social (para o persoal laboral) e do contencioso-administrativo (para o persoal funcionario e estatutario) están ditando sentenzas con estas liñas principais:
    • Denegan a petición principal de pagar a paga extra enteira.
    • Recoñecen o dereito a cobrar a parte proporcional da paga extra devengada até ao 15 de xullo de 2012, data de entrada en vigor do RDL 20/2012. En función do convenio de aplicación a parte que se recoñece vai desde os 14 días (cando o devengo é semestral) aos 6 meses e 14 días (cando o devengo é anual).
    • Só unha sentenza, ditada por un Xulgado do Contencioso-Administrativo de Sevilla, recoñece o dereito a cobrar a paga íntegra a un funcionario da Administración de Xustiza, baseándose en que a Lei Orgánica do Poder Xudicial –que é de aplicación a eses concretos corpos funcionariais– non fora modificada polo RDL 20/2012.

Nesta situación, a estratexia procesual debe ser diferente en función do vínculo laboral ou funcionarial do persoal, debido a que os prazos de prescrición son tamén diferentes, para o persoal laboral xa se conta coas primeiras sentenzas estimatorias de conflitos colectivos que resolveu o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para administracións como a Xunta, as universidades, Portos de Galiza ou Turgalicia e con carácter xeral, , a CIG vai desenvolver todas as accións ao seu alcance para conseguir o recoñecemento do dereito a cobrar unha paga extra que, como calquera outro concepto salarial, é froito do traballo e esforzo de todos e cada un dos traballadores e traballadoras do sector público.

21/11/13

Calendario de festivos locais para o ano 2014

No DOG do 20 de novembro de 2013 ven de saír publicada a resolución da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social pola que se lle dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2014, correspondentes aos concellos das catro provincias da Galiza. As citadas festas de carácter local son inhábiles para os efectos laborais e retribuídas e non recuperables.

A CIG presenta unha denuncia da Inspección de Traballo pola situación do persoal da Casa Consistorial

A Confederación Intersindical Galega vén de presentar unha denuncia na Inspección de Traballo logo de que o Concello siga sen tomar ningunha decisión con respecto aos traballadores da Casa Consistorial, despois mesmo de presentar unha queixa por rexistro e achegarse un delegado de prevención a falar co concelleiro de Persoal.

A situación dende comezos desta semana foi a peor porque as obras cada vez comprenden unha maior parte do edificio e o traslado provisional dalgunha traballadora para o segundo andar non exime ao Concello de todos os atrancos para chegar aos postos de traballo que fan que andar pola Casa do Concello case sexa unha xincana. A maiores, o persoal ten que pasar por debaixo dun andamio e sortear os obstáculos e os perigos de caída de obxectos que supoñen unhas obras como as que se están a realizar, aínda por riba de que están a respirar o pó e os produtos tóxicos propios dunha obra destas características e todo isto sumado a que a negativa de cubrir as baixas en limpeza supón un estado de sucidade do edificio pola falta de persoal. O Concello nin sequera foi quen de acceder á proposta dos delegados de prevención de que as obras se realizasen fóra do horario laboral e acceder ao segundo andar está sendo un risco non só para o propio persoal senón tamén para a cidadanía que se achega a este edificio a realizar diversas xestións.

A maiores, o Concello ten a responsabilidade por velar que se cumpra a lexislación vixente en materia de prevención de riscos das empresas que contrata e temos serias dúbidas de que isto se estea a facer correctamente. Tampouco é a primeira vez que isto acontece, lamentablemente temos exemplos dabondos de como neste Concello a seguridade laboral dos seus traballadores é algo que non lle debe importa moito ao goberno local.

Por parte da CIG e, polo momento, tendo en conta que o Concello mantén a súa postura, demos todos os pasos que estaban na nosa man, agora só queda que a Inspección de Traballo actúe e tome cartas no asunto se considera que é necesario. En todo caso consideramos que o normal e razoable nun caso así sería que o Concello tivese unha previsión das obras, informase aos persoal do edificio e o trasladase provisionalmente mais o certo é que tendo en conta como traballan algúns compañeiros en naves que practicamente caen a cachos como é a do Centro de Formación Ocupacional na que traballa o pintor e que o Concello, logo de mesmo falalo no Comité de Seguridade e Saúde segue sen arranxar tampouco nos estraña nada que non tome cartas no asunto do persoal da Casa Consistorial, porque neste Concello parece que non se actúa ata que pasan as cousas.

20/11/13

As obras da Casa do Concello inícianse co persoal traballando nas oficinas

Esta semana deron comezo as obras da Casa do Concello sen buscar ningunha solución para o persoal que presta os seus servizos neste edificio municipal. A situación agravouse cando os obreiros se puxeron a picar a parede coas propias compañeiras da Oficina municipal de Rehabilitación traballando ao seu carón e tragando todo o pó da obra, isto agrávase porque a falta de persoal fai que día tras día o pó de acumule nas oficinas porque non hai quen limpe e o Concello se nega a cubrir as baixas.

Por todo isto, onte mesmo, os delegados de prevención da CIG rexistraron unha queixa por escrito ante o Concello coa proposta de solucións provisionais para que o persoal non teña que padecer esta situación e onde lle comunicaron o seguinte:

1. As obras que acaban de se iniciar na Casa do Concello están supoñendo múltiples molestias aos traballadores do devandito edificio por culpa do pó que supón picar a parede e o problema que as obras se estean a realizar en horario laboral.

2. Que o pó que se respira por mor das obras é prexudicial para as traballadoras da Oficina de Rehabilitación que deberían ser trasladadas provisionalmente polo estado de sucidade da oficina, agravado porque neste edificio só se limpa unha vez á semana.

3. Que a maiores os ruídos ocasionados polas obras supoñen unha molestia adicional para desenvolver o traballo polo que este tipo de obras deberían ser realizadas fóra do horario laboral das oficinas nas que se realizan as obras.

Por todo isto, solictáronlle que o Concello tome as medidas oportunas de cara a solucionar os problemas ocasionados polas obras con algunha das solucións propostas ou con algunha alternativa que o Concello estime oportuna para solucionar este problema.

Logo de presentar a queixa un delegado de prevención achegouse a onde o concelleiro de Persoal que non só non lle deu unha solución ao problema senón que derivou a responsabilidade noutro concelleiro de área cando a responsabilidade dos temas de persoal é toda del. A obra continúa en horario laboral e o persoal traballa nos seus postos rodeado de pó e con olores moi fortes de todos os produtos que se utilizan para amañar as deficiencias do edificio e nin sequera o Concello os informou de canto tempo durará isto.

Por parte da CIG solicitaremos o asesoramento necesario para ver que pasos podemos seguir ante as dúbidas de que o edificio reúna na actualidade, coas obras en marcha, as condicións oportunas e ao abeiro da lexislación en materia de prevención, para que os traballadores sigan desempeñando o seu traballo na Casa do Concello mentres estas obras de reparación do edificio seguen en marcha.

Indemnizacións por asistencia a tribunais de procesos selectivos

Publicamos a orde do ano 2002 que regula as indemnizacións por asistencia a tribunais de procesos de selección na Administración pública logo de diversas consultas con respecto a este tema. Nunha Administración cun funcionamento "normal" este pagamento das indemnizacións correspondentes aos membros dos tribunais produciríase sen que as teñan que solicitar por escrito, porque o propio Concello tamén de motu propio é que fai os nomeamentos, mais en Concellos como o de Betanzos, e á vista de que pretende aforrar os cartos que lles corresponden aos membros dos tribunais por ese traballo adicional, e mesmo en casos fóra da xornada laboral, recomendamos solicitalo por escrito. 

Moitos compañeiros nos levan informado ao longo destes anos que non hai tanto tempo que o Concello pagaba sen problema ningún as indemnizacións correspondentes, mesmo membros de Comité de Empresa anteriores nos teñen informado de cando ao Comité de Empresa se lle permitía tomar parte nos procesos selectivos teñen percibido a indemnización correspondente, por tanto, isto non é algo tan novo e neste Concello houbo un momento en que estas indemnizacións se pagaron logo do trámite correspondente por parte do propio Concello, por iso queriamos informar a todos os compañeiros e compañeiras laborais que formaron parte dos últimos procesos selectivos que teñen dereito ás indeminzacións correspondentes que se resumen nas seguintes:

Asistencias por participación en tribunais de oposición ou concurso ou outros órganos encargados de persoal

Categoría primeira:

Presidente e secretario . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 45,89
Vogais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 42,83

Categoría segunda:
Presidente e secretario . . . . . . . . . . . . . . . . . . ...... 42,83
Vogais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ...39,78

Categoría terceira:
Presidente e secretario . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 39,78
Vogais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 36,72

18/11/13

REUNIÓN DO 15 DE NOVEMBRO DE 2013 CO ALCALDE

O pasado venres, logo da solicitude do Comité de Empresa, o alcalde recibiu aos membros da Comisión executiva. Aínda que en principio a vontade de escoitar por parte do Concello foi boa o certo é que as solucións concretas a temas que se propuxeron non foron moitas.

En principio a idea de solicitar unha reunión co alcalde era transmitirlle a nosa preocupación pola falta de diálogo que o concelleiro de Persoal practica cos representantes do persoal laboral e poñelo ao día dalgúns dos problemas existentes, e tendo en conta esta finalidade si que podemos considerar que a reunión foi produtiva en tanto o propio alcalde instou ao concelleiro de Persoal a que mensualmente tivese unha reunión cos representantes do persoal laboral para mellorar as vías de diálogo. Igualmente, o Comité amosoulle ao Concello a súa preocupación pola falta de diálogo reflectida en que os propios delegados dos traballadores se enteraban das novas de persoal ben a través da prensa ben a través dos partidos da oposición, o que era moi sintomático da falta de diálogo con eles, a maiores nalgunha ocasión mesmo descubriron por estes medios como o concelleiro de Persoal lles ocultaba información e mesmo nalgún caso chegou a mentir ao preguntarlle pola situación contractual dalgún persoal.

Para alén diso non podemos obviar que resulta decepcionante que un alcalde admita discriminacións entre o persoal e volva á escusa de que sempre foi así para non amañalas, resulta decepcionante a falta de decisión para atallar algunhas discriminacións máis graves do persoal laboral, entre as que se encontran tanto retributivas como de trato.

Entre os temas tratados e de máis interese para o Comité de Empresa estaban a negociación do convenio colectivo e a necesidade dunha Relación de Postos de Traballo. O Comité explicoulle ao alcalde que entendía que ninguna escusa xustificaba unha paralización da negociación do convenio dende había meses e que o triste é que, de seguirmos así, isto suporía que para o ano quedariamos de novo sen convenio e habería que solicitar outra prórroga. En todo caso, finalmente o Concello indicou que agora que está acordada na Xunta de Goberno Local a contratación da empresa que os asesorará na negociación, que en breve se retomarían as negociacións e que o Concello tamén pretendía que puidesen finalizar no ano que vén (cousa que non estaría mal logo de tres anos..), aínda que isto xa se verá porque o descrédito do concelleiro de Persoal cada vez é maior polo incumprimento dos prazos que el mesmo marca en reiteradas ocasións. Finalmente, e independemente das palabras “bonitas” de alcalde e concelleiro de Persoal o Comité solicitou encarecidamente que se retomase a negociación do convenio para tentar afondar na organización de todo o que ten que ver co persoal laboral do Concello de Betanzos.

Outro dos temas de máis interese para o persoal era o que ten que ver coa Relación da Postos de Traballo, e se algo lle deixou claro a representación dos laborais ao alcalde é que o que fallou o ano pasado foi a negociación é que independentemente de que agora fose unha empresa a que elaborase unha Relación de Postos de Traballo o grupo de goberno debía ter claro que a negociación era unha fase fundamental e que deixou totalmente a un lado hai agora un ano. O propio alcalde insistiu en algo que levamos días vendo na prensa e é que a negociación non implica acordo, deixando entrever que o Concello non estaría moi polo labor de chegar a un acordo cos representantes sindicais e amosando en certa maneira unha actitude que nos lembra ao acontecido hai un ano só que desta volta pagaríanlle a persoal externo do Concello para facer ese traballo. Unha pregunta recorrente por parte do Comité foi sobre as directrices que se lle darían á empresa para a elaboración dese documento, e o certo é que a pesar de nos indicar que elaboraría unha relación partindo de cero deducimos que o Concello tampouco ten moita decisión neste tema nin unha defición clara do que quere, posto que non se falou de propostas concretas nin prazos o que fai isto un pouco frustante e non amosa unha verdadeira vontade de solucionar o problema, senón quizais de alongalo un pouquiño máis mentres vai pasando o tempo; de feito o propio alcalde que hai un ano propuxo un Plan de Emprego agora non é quen de informar sobre se pretenden seguir con iso adiante e dan a entender que o deixan un pouco en mans da empresa, o que se podería considerar como unha falta de responsabilidade tendo en conta que un Plan de Emprego aféctalle de maneira substancial ao persoal e modifica a situación laboral de moitos traballadores.

Máis un dos temas que quería sacar á luz o Comité de Empresa era a gravidade de non saber polo propio Concello que hai persoal contratado ao abeiro de subvencións xa finalizadas sobre o que o propio asesor xurídico informa que están en fraude de lei. A gravidade deste tema viña dada por varios factores, un deles porque o propio concelleiro de Persoal mentiu e ocultou a información durante meses cando a representación do Comité lle preguntaba polo tema, outro porque hai pouco máis dun ano o Concello despediu a doce compañeiros do que daquela era o GRUMIR porque a súa subvención finalizaba, como é sabido oito deles demandaron ao Concello pasando pola correspondente trámite xudicial que devolveu a seis destes ao seu posto de traballo. Tempo despois mesmo tiveron que volver a pedir as execucións de sentenza ao xulgado porque o Concello non lle pagaba os atrasos, mais agora nun caso igual, con finalización de subvención, o Concello leva 11 meses mantendo a tres compañeiros no posto de traballo en fraude de lei como indica o propio asesor xurídico municipal. Esta situación fai pensar que o Concello decidiu que a partir de agora non despide ao persoal cando se lle acaba a subvención e como o Comité sempre pide igualdade de trato para todo o persoal, pediulle que neste caso tamén o aplicase e que a partir de agora o persoal que finalizase a subvención debería ser tratado con igualdade de trato que estes tres compañeiros, e, igualmente, que para demostrar coherencia o Concello debería allanarse nos dous xuízos pendentes no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e readmitir aos compañeiros do anterior GRUMIR que foron botados cando finalizou a subvención, para demostrar que non é unha cuestión de nomes e apelidos (nin de delegados sindicais, tendo en conta que ao da CIG non houbo reparo en botalo mentres que os dous de UGT teñen un trato diferente) e que o Concello simplemente cambiou de opinión e decidiu manter ao persoal contratado ao abeiro de subvención independentemente da subvención, de onde saca os cartos xa o terá que pensar el.


O certo é que neste punto ficamos un pouco perplexos, por unha banda, coa actitude do alcalde, que volveu reincidir en que readmitiu ao persoal e puido telo botado, e por outra banda, coa actitude do delegado de UGT asistente á reunión que pareceu defender ao Concello ao volver a dicir o mesmo que levamos oído este tempo por parte do Concello, que non foron despedidos, que simplemente finalizaron un contrato (o que digan 4 de 5 xuíces aquí non debe importar...). Estas actitudes demostráronos con clareza o trato diferente segundo quen sexas porque na mesma mesa estaban dous compañeiros que estaban na mesma situación, a un o Concello despediuno e readmitiuno mais aínda o segue botando en cara, e a outro non só non o despide no mesmo caso senón que os propios servizos municipais fan un informe que o axudaría no caso dunha demanda por despido. En todo caso o Comité solicitou igualdade de trato e o Alcalde indicou que a idea deste goberno é non despedir a ninguén, o que tampouco garante nada á vista do acontecido o anopasado, xa neste goberno e con este alcalde á cabeza.

En xeral, aínda que esta reunión serviu para pór ao tanto ao alcalde de moitos temas resultou un pouco frustrante en canto reparamos en que é coñecedor dalgunhas das discriminacións existentes e tampouco hai moita vontade nin valentía para acabar con elas. Igualmente, tampouco observamos determinación á hora de marcar uns prazos para a negociación ben do convenio, ben das novas bases de axudas sociais, ben da Relación de Postos de Traballo e iso nos fixo dubidar de que realmente haxa un interese en amañar os problemas do persoal laboral. Resultou bastante frustante transmitirlle os graves problemas de persoal de sectores como limpeza e Escola Infantil Municipal para que unha vez máis lle botasen a culpa aos informes dos técnicos municipais mentres as traballadoras están sobrecargardísimas de traballo e aturando situacións indesexables para ningún traballador. Dende o Comité transmitíronselle ao alcalde diversos problemas aos que o concelleiro de Persoal leva meses sen dar solución e amosóuselle a total dispoñibilidade para buscar solucións conxuntas a estes problemas, ademais entregóuselle en persoa unha listaxe das solicitudes pendentes, onde se lle recriminou ao Concello que lle nega documentación ao Comité e o propio Concello admitiu que hai cousas que nos podería ir dando pouco a pouco, mais unha vez máis tampouco fixou prazos para nos entregar a documentación.

Finalmente, dende a CIG consideramos que as boas palabras as leva o vento e en materia de Persoal o que define a unha Administración son os avances concretos e a vontade de diálogo cos seus traballadores e nos dous últimos anos fomos quen de facer unha radiografía polo miúdo deste Concello onde xa toda a información está sobre a palestra e non poden enganar aos propios traballadores sobre a conciencia do goberno municipal da situación do persoal laboral. Outra cousa é que sobre a promesa de que se vai amañar nun futuro se deixe pasar o tempo e isto sirva para evadir conflitos que antes ou despois se terán que solucionar. En todo caso, dende a propia CIG e pola parte que lle toca no Comité de Empresa non deixará de facer o seu traballo coa expectativa de que o Concello recapacite e deixei de adiar todo no canto de arranxalo canto antes e tomar decisións baseadas no diálogo e a comunicación cos seus propios traballadores e traballadoras.





14/11/13

A CIG solicita a aplicación da orde do Estado que regula os días por enfermidade ou accidente que non dan lugar a incapacidade temporal

A CIG vén de solicitar por rexistro a aplicación da orde do Ministterio de Facenda e Administracións públicas que regula as ausencias por enfermidade ou accidente que non dan lugar a incapacidade temporal, e, por tanto, ao desconto en nómina correspondente.
Esta solicitude faise á vista de que neste Concello está a haber unha aplicación desigual do Decreto 20/2012 no que ten que ver coa incapacidade temporal e os descontos en nómina correspondentes. Varios traballadores se teñen queixado desta aplicación desigual que na práctica supón que dependendo do departamento ao que se pertenza as usencias por enfermidade son comunicadas dende o primeiro día co desconto en nómina correspondente e causando baixa ou hai ausencias en días sinalados por enfermidade que non dan lugar a incapacidade temporal.
Na Administración xeral do Estado isto está resolto dende hai tempo coa regulación dos días de ausencia por enfermidade ou accidente aos que non resulta de aplicación o desconto en nómina correspondente nos casos de incapacidade temporal, que poderían ser, como pon a propia orde, ata 4 ao ano con diferentes combinacións. Ademais, segundo a Lei 7/85 entendemos que directamente esta disposición sería se aplicación ao persoal comprendido na Administración local mais en todo caso a CIG solicitou que o Concello faga unha aplicación expresa desta orde para que non dea lugar a dúbidas, na práctica isto podería acabar coas diferentes varas de medir no caso deste tipo de ausencias que se están a dar na actualidade e que repercuten nos descontos en nómina correspondentes.

Convocatoria de axudas sociais 2013

O Concello de Betanzos, logo de que o Comité de Empresa solicitase por rexistro, a convocatoria de axudas sociais do ano 2013 vén de publicar nos taboleiros dos distintos departamentos a convocatoria de axudas sociais para o ano 2013. O certo é que vendo esta convocatoria e tendo en conta todo o acontecido coas axudas sociais cómpre recoñecer que houbo unha adecuación deste Concello ao que son este tipo de procedementos en calquera Administración pública, e máis aínda tendo en conta que aló polo ano 2011, cando o actual Comité de Empresa botou a andar, non só era excluído desta convocatoria unha importante parte do persoal laboral, senón que os prazos de resolución sobrepasaban o ano e ao Comité de Empresa se lle negaba o dereito recoñecido no convenio colectivo de informar a proposta da Resolución baseándose en informes do secretario municipal, eses informes que sempre nos fan pensar que na loita están os resultados porque cambian de opinión sen mudar ningún tipo de lexislación e que demostran que o único que pretendían era seguir facendo todo de costas á maioría dos traballadores e amedrentar ao Comité de Empresa para que desistise no seu empeño, cousa que feliz e finalmente non pasou porque o tempo lle deu a razón.

Agora, outro dos temas que nos preocupa aos delegados sindicais é a negociación das novas bases, principalmente porque consideramos vergoñento que as vixentes sexan de hai 12 anos e as contías máximas outorgadas non subisen en todo este tempo co que subiu a vida, e segundo porque o alcalde sempre amosou a súa boa vontade a negociar unhas novas bases con criterios verdadeiramente sociais mais un ano e medio de demora estannos amosando o contrario, o certo é que de non se negociaren entre este mes e o que vén xa non poderían entrar en vigor no ano 2014 cando en decembro de 2012 no propio Pleno se falou deste tema e todos os partidos instaron ao Concello a negociar coa representación sindical. O que dende a CIG consideramos máis triste de todo isto é a falta de valentía, porque se o Concello realmente non quere beneficiar coas axudas sociais a quen menos ten que o diga abertamente e que non adie por tempo indefinido as negociacións, sempre é mellor saber a verdade que enganar para gañar tempo.

Aínda así, dende a CIG agardamos que a reunión do Comité de Empresa do venres sirva para atallar este e outros problemas e trasladarllos directamente ao alcalde para que sexa coñecedor directo e procure buscar solucións en común. 

Canto á convocatoria e a solicitude de axudas se tedes calquera dúbida lembrade que vos podedes poñer en contacto con calquera dos delegados da CIG.



10/11/13

O COMITÉ DE EMPRESA SOLICITA UNHA REUNIÓN CO ALCALDE ANTE A PREOCUPANTE SITUACIÓN DE PARALIZACIÓN DE TODA NEGOCIACIÓN COS REPRESENTANTES DO PERSOAL LABORAL


A CIG, ante os problemas cada vez maiores do persoal laboral do Concello de Betanzos e a actitude do concelleiro de Persoal que parece que nin está nin se lle espera, decidiu propor na última reunión ordinaria do Comité de Empresa a solicitude dunha reunión de urxencia co propio alcalde. 

Logo de acordalo por unanimidade na reunión ordinaria do Comité de Empresa do mes de outubro, e ante a situación de desinformación, paralización de todo tipo de negociación cos representantes do persoal laboral e ante a falta de solución a diversos problemas laborais que lle foron transmitidos ao concelleiro de Persoal e sobre os que nunca obtemos resposta o Comité de Empresa solicitou por rexistro o día 8 de novembro unha reunión co alcalde para tratar diversos temas relacionados coa situación do persoal laboral do Concello de Betanzos e sobre o estado das negociacións cos representantes dos traballadores, así como para achegarlle as propostas do Comité de Empresa de cara a intentar solucionar a situación de falta de diálogo do Concello cos delegados de persoal e instar ao Concello a que dea resposta e solución aos problemas laborais do persoal laboral. O Comité acordou que a esta reunión asistirán os membros da Comisión executiva do Comité de Empresa, Jorge Amarante, José Ángel Montes e Silvia Muíño.

Nesta reunión agardamos transmitirlle ao alcalde a nosa preocupación ante distintos temas laborais e buscarmos solucións conxuntas e que isto sirva para encamiñar de novo as negociacións cos representantes do persoal laboral abandonadas e adiadas  hai meses polo concelleiro de Persoal baixo promesas e mañá, pasadomañá, a semana que vén ou nos vindeiros quince días que nunca se materializan e que cada vez complican máis as situacións ás que non se dá resposta.

Dende a CIG agardamos que o alcalde teña a ben recibir aos representantes do persoal laboral de cara a poder iniciar unha etapa de diálogo co Comité de Empresa, e que a día de hoxe é inexistente co concelleiro de Persoal, e acceder ás demandas dos traballadores para poder buscar solucións a algúns dos conflitos laborais existentes neste Concello que cada vez son máis graves, entre outros motivos, pola falta de persoal e a falta de organización interna do propio Concello.


O Comité insta ao Concello a que publique a convocatoria de axudas sociais do ano 2013

Logo de agardar máis dun ano a negociación efectiva dunhas novas bases de axudas sociais, de que o Comité presentase por escrito a proposta de regulamento no mes de marzo de 2012 e que estea próximo o prazo de finalización de entrega das axudas e non haxa unha convocatoria pública con toda a información para realizar este trámite, o Comité instou ao Concello a que publique a convocatoria de axudas sociais de 2013 en todos os taboleiros dos edificios municipais e informe a todo o persoal dos prazos e as condicións de solicitude, a que amplíe o prazo estipulado nas bases vixentes, posto que indican que se presentarán nos 11 primeiros meses do ano e nas vindeiras semanas finalizaría o prazo oportuno, e debido a isto entendemos que o prazo debería ampliar o das bases aprobadas en pleno a través dunha resolución da Alcaldía para que o prazo sexa ata o último día hábil de decembro e facilitar as solicitudes por parte de todo o persoal. Ademais, solicitoulle que independentemente da convocatoria de axudas de 2013 se continúe coa negociación dunhas novas bases de cara a aplicalas en 2014, posto deben ser aprobadas polo pleno ao igual que as anteriores, e por moito que se acordasen na actualidade non se poderían aplicar con carácter retroactivo porque se o criterio é o reparto inversamente proporcional ás rendas familiares modificaría o criterio de reparto que se especifica nas bases de 2001 e isto podería supoñer que algúns traballadores afectados presentasen os oportunos recursos. e pediulle que se actúe coa máxima celeridade nesta cuestión polos prazos sinalados e porque segundo as bases aprobadas o prazo finalizaría o vindeiro sábado 30 de novembro e o persoal a día de hoxe non ten información ningunha sobre os prazos.

Resulta lamentable que un ano e medio despois de presentar a proposta de novas bases o Comité o Concello paralizase hai meses a negociación a pesar de que no propio pleno se comprometeu a seguir con ela hai case un ano. É obvio que o interese de que as novas bases beneficien a quen máis o necesita non son unha prioridade para o Concello que pretende seguir escondendo sobre o quere parecer un trato igual para todo o persoal o que na realidade é unha discriminación especialmente para o persoal laboral. Agardamos que cando menos o Concello sexa quen de informar ao Comité sobre todo o relativo ás axudas do ano 2013 e lle dea a publicidade pertinente á convocatoria. En todo caso, coma sempre, cando os representantes do persoal teñamos a información darémoslle toda a difusión necesaria, tal e como levamos facendo estes últimos dous anos de cara a que a todo o persoal se poida beneficiar deste dereito recollido no convenio colectivo vixente.

A escasa información sobre as novas contratacións, o Comité segue amosando a súa disconformidade cos procedementos por rexistro

O Concello de Betanzos ten o costume de entregarlle copia dos contratos ao Comité de Empresa sen achegar ningunha información sobre os procesos selectivos, isto dá lugar a que o Comité amose a súa disconformidade porque non ten coñecemento ningún sobre como chegan a ser escollidas as persoas que asinan os contratos, non só porque estea fóra dos procesos, senón tamén porque a falta de información sobre os propios contratos fai que se lle plantexen diferentes preguntas ás que o Concello nunca dá resposta. Logo de amosar a súa disconformidade o Comité  de Empresa rexistra unha solicitude de información con todas as cuestións que considera que non se axustan á legalidade dos contratos efectuados polo Concello.

A última sorpresa veu da man dos contratos relacionados con dous obradoiros de emprego que se están a  realizar no Centro de Formación Ocupacional e sobre os que o Comité nin sequera tiña coñecemento de que o Concello era quen efectuaba a contratación ata tempo despois de empezar a traballar esta xente, por isto, e unha vez que se lle achegou copia dos contratos o Comité deixou de manifesto o seguinte:

1. Que o Comité de Empresa do Concello de Betanzos amosou a súa disconformidade con estes porque descoñece por completo o sistema de selección deste persoal de nova contratación e non foi informado en ningún momento de que pasarían a formar parte do cadro de persoal do Concello temporalmente.
2. Que a maior parte dos contratos foron asinados con data do 25 de outubro e o Comité non só non tivo coñecemento antes da súa existencia senón que mesmo se lle entregaron as copias máis de dez días despois.
3. Que a xornada laboral que se impón a algún deste novo persoal incumpre e supera a acordada no convenio colectivo vixente para o persoal laboral, e por tanto, podería estarse incorrendo nunha discriminación.
4. Que este Comité de Empresa descoñece o sistema de retribución do persoal subvencionado posto que o solicitou en varias ocasións por escrito e o Concello négase a entregarllo, isto supón que descoñecemos de onde sae o importe das retribucións do persoal do contrato mencionado e, a maiores, entendemos que podería haber algú erro xa que, por exemplo, non se lle recoñece o dereito á parte proporcional da paga extraordinaria correspodente, e indícase, que no caso de cobrar corresponderíalle un importe igual ao do salario base cando no artigo 22 do convenio colectivo do persoal laboral indica claramente que “a contía de cada unha das pagas será igual a unha mensualidade do salario segun o tigo anterior, prorrateado polo tempo de servizo prestado”.

E por todo isto, solicitou que o Concello lle entregue nestes casos os contratos correspondentes en tempo e forma ao Comité de Empresa, que informe ao Comité de Empresa sobre o proceso selectivo destas novas contratacións e lle achegue toda a documentación relativa a estas novas contratacións, que o Concello de Betanzos non vulnere a xornada laboral acordada no convenio colectivo do persoal laboral e non discrimine a este persoal de nova contratación coa realización de máis horas semanais que o resto do persoal laboral e que se informe como se determinan as retribucións deste persoal laboral e o motivo da non inclusión da parte prorrateada da paga extra que debería ser igual á unha mensualidade do salario.

A CIG considera que as novas contratacións sempre son unha boa nova para o Concello, e máis nos tempos de corren de falta de persoal, mais non entende porque o Comité é excluído sistematicamente da información que rodea os procesos e sempre que considere que os contratos incumpren ben a lexislación laboral ben o recollido no convenio colectivo e o Concello non lle dea as explicacións pertinentes seguirá amosando por escrito a súa disconformidade coa forma e a formalización dos contratos mais obviamente nunca coas propias contratacións.

O Comité lémbralle ao Concello que está incumprindo o dereito de información aos representantes dos traballadores

Que o Concello de Betanzos lle oculta información ao Comité de Empresa non é nada novo, nin que hai documentación que non lle entrega dende o ano 2011. A fin de contas, con esta actitude o único que demostra é que non quere achegar a documentación que  informe sobre as irregularidades cometidas en materia de persoal polas consecuencias que esta poida ter, mais isto tampouco quita que o Comité continúe co seu traballo e desta volta lle veña de lembrar ao Concello que sistematicamente dende o ano 2011 leva sen entregarlle ningunha notificación das prórrogas dos contratos do persoal laboral contratado ao abeiro de subvención. 

Por isto, o Comité lembroulle que a Lei do Estatuto dos Traballadores no seu artigo 64 e no que ten que ver cos dereitos de información, consulta e competencias do Comité de Empresa indica o seguinte que o Comité de Empresa terá dereito a recibir copia básica dos contratos e notificación das prórrogas e das denuncias correspondentes a estes no prazo de dez días seguintes a que tivesen lugar”.Ademais, indicoulle que na actualidade, e dende xuño do ano 2011, o Concello nunca lle entregou a este Comité de Empresa notificación das prórrogas de ningún contrato, cando temos coñecemento de que hai persoal contratado ao abeiro de subvencións que anualmente debe asinar unha prórroga contractual e lembroulle que o Concello, ao non lle entregar esta información ao Comité de Empresa está a vulverar un dos dereitos de información do Comité de Empresa e o recollido na Lei do Estatuto dos Traballadores.

Esta solicitude de información sobre os contratos do persoal contratado ao abeiro de subvención, súmase ás veces que o Comité lle ten preguntado verbalmente ao concelleiro de Persoal por diversas situacións sobre as que o Concello non di nin chío e que nestes pasados días saíron publicadas na prensa (nova / nova) e que demostran que o Concello lle oculta deliberadamente información ao Comité de Empresa sobre a situación do persoal, posto que non só non lle achega a información cando este a solicita por escrito e verbalmente senón que esta información chega antes á prensa que ao propio persoal, o que di moito da situación de falta de diálogo co persoal laboral que existe a día de hoxe no Concello de Betanzos.

04/11/13

A crise económica e o desemprego, as maiores ameazas para a saúde dos traballadores europeos e as súas familias

"O desemprego, particularmente a alta taxa de paro xuvenil, é unha bomba de reloxería para a saúde a piques de estoupar". A advertencia fíxoa en Londres Michael Marmot, responsable dun informe da Organización Mundial da Saúde en Europa, no que se analizan as diferenzas socioeconómicas na rexión e como a actual situación económica ameaza á saúde dos europeos. Non é a primeira vez que unha voz autorizada alerta dos riscos para a saúde da austeridade, pero esta é quizais unha das máis detalladas. Nun informe de máis de 200 páxinas, a oficina rexional da OMS en Europa, en colaboración co Ministerio británico de Sanidade (https://www.gov.uk/government/organisations/department-of-health), analiza a repercusión dunha ampla lista de parámetros socioeconómicos (desemprego, educación, PIB...) na saúde dos cidadáns.


Neste estudo, o Estado español non sae precisamente ben parado, ocupando unha das posicións destacadas na taxa de pobreza infantil, un dos problemas que máis preocupa aos autores do documento. Cunha taxa de pobreza infantil achegada ao 25%, España ocupa o sétimo posto nunha lista de 30 países europeos, só por detrás de Romanía, Letonia, Bulgaria, Lituania, Italia e Grecia.

"A pobreza na infancia inflúe claramente no estado de saúde e outros aspectos durante toda a vida adulta e segue sendo demasiado elevada en toda a rexión", sinala o traballo, no que tamén colaborou o University College de Londres. "A pesar do crecemento económico experimentado nalgúns países orientais nos últimos 5-10 anos, isto non repercutiu nos nenos por unha clara falta de investimento en políticas familiares", alerta o traballo. De media, a taxa de pobreza infantil oscila entre o 10% e o 30% nos 30 países, sendo Romanía o pior e Islandia o mellor situado.

Outra das táboas nas que o Estado español ocupa unha preocupante primeira posición é a do desemprego, con case un 25% de paro (segundo cifras de 2012). Neste senso, o estudo lembra que a saúde dos cidadáns vaise modelando a partir das condicións nas que os seus cidadáns "viven, traballan e envellecen".

Os autores recordan aos gobernos que a saúde da súa poboación está intimamente ligada ás súas condicións de vida, e alertan do efecto que poden ter as desigualdades sociais. "Eu diríalle a calquera goberno que se preocupe pola saúde da súa poboación que mire o impacto das súas políticas nas súas vidas. As desigualdades en saúde matan. É socialmente inxusto, innecesario e evitable", volta a destacar Marmot nun comunicado difundido pola OMS.

E se non que llo pregunten aos cidadáns gregos. Segundo os datos que manexan os investigadores, as taxas de suicidio no país heleno incrementáronse un 25% en 2010 (con respecto ás taxas previas á crise). Tamén creceron as novas infeccións por VIH, o consumo de heroína, a prostitución e a taxa de criminalidade. "O acceso aos hospitais reduciuse un 40% e calcúlase que 26.000 traballadores sanitarios do sector público perderán o seu emprego. Ademais, prevense recortes adicionais como resultado das negociacións recentes co Fondo Monetario Internacional e o Banco Central Europeo", sinala o texto.

Ese mesmo recadro no que se alerta sobre a situación grega remata con ista mensaxe de advertencia: "Esta tendencia adversa en Grecia contén unha mensaxe de alerta a outros estados que están experimentando unha austeridade fiscal significativa, como España, Irlanda ou Italia. Os datos [gregos] suxiren que os estados en dificultades económicas deben atopar fórmulas de consolidar as súas finanzas sen minar os investimentos necesarios en saúde", conclúen os autores do estudo.




O coidado da vista no ámbito laboral

SAÚDE LABORAL

Un 86% dos traballadores coñece os riscos de traballar cun ordenador, non obstante, só un 46% realizouse unha revisión no último ano.

O uso de dispositivos como libros electrónicos ou comprimidos leva consigo riscos específicos. É importante manter unha distancia mínima de entre 30 e 40 cm entre o dispositivo e os ollos.

Segundo o Dr. Enrique Cervera, xefe do Servizo de Oftalmoloxía do Hospital Xeral de Valencia, "existen datos que nos permiten relacionar a exposición solar coa formación de cataratas e con enfermidades dexenerativas da retina".

Bausch & Lomb, empresa líder no coidado da saúde ocular, presenta un informe sobre o coidado da vista no ámbito laboral. A saúde ocular é fundamental na calidade de vida e, tras os sobreesfuerzos realizados polos ollos durante o verán -exposición ao sol, baños na piscina, etc. - temos que asegurarnos de que están en perfecto estado para afrontar a volta ao traballo en óptimas condicións.

Cada día, os adultos pasan un terzo da xornada no seu posto de traballo, co ordenador como principal ferramenta de traballo. Un 86% das persoas con emprego, segundo o Barómetro desenvolvido por Bausch & Lomb, afirma coñecer os prexuízos para a vista de traballar cun ordenador. Non obstante, só o 46% deles realizouse unha revisión no último ano.

"Entre os danos que poden producirse, normalmente por rutinas incorrectas, inclúense a fatiga visual e a sequidade ocular. A redución do pestanexo ao fixar a vista supón unha agresión para a distribución normal das bágoas, o que favorece ou predispón á sequidade," explica o Dr. Enrique Cervera, xefe do Servizo de Oftalmoloxía do Hospital Xeral de Valencia.

Para evitar este e outros danos para a vista, é importante seguir algunhas recomendacións: situar a pantalla a unha distancia dos ollos de 50-55 cm, utilizar pantallas TFT, ampliar o tamaño dos carácteres na lectura de documentos e evitar consultalos se están dentro de fundas transparentes, debido aos brillos que xera o plástico. Ademais, en caso de necesitar lentes ou lentes de contacto, utilizalas. A iluminación, por outro lado, ha de ser a axeitada, nin insuficiente, nin excesiva e, preferiblemente, natural.

Nalgúns ámbitos laborais os traballadores están sometidos a maiores riscos de sufrir accidentes ou enfermidades laborais. Previr os danos nos ollos é clave para que non se convertan en irreparables. É fundamental identificar os perigos aos que están expostos e utilizar protección ocular axeitada e mantela en condicións óptimas. En caso de producirse un accidente, é imprescindible buscar asistencia médica.

Esta serie de recomendacións adquiren especial importancia despois do verán. Una visita rutineira ao especialista tras o verán axudará a resolver posibles problemas nos ollos. "É difícil precisar e cuantificar en que medida afecta o sol ao funcionamento ocular, pero si existen datos que nos permiten relacionar a exposición solar coa formación de cataratas e con enfermidades dexenerativas da retina como a dexeneración macular asociada á idade", explica o oftalmólogo.

Novas tecnoloxías: Tablet e e-readers


A proliferación de novos dispositivos como libros electrónicos ou comprimidos fai que cada vez máis usuarios os utilicen no seu posto de traballo. Hai que ter en conta que, canto máis pequena é a pantalla, maior é o esforzo acomodativo a realizar. Para non forzar a vista, é importante manter unha distancia mínima de entre 30 e 40 cm entre o dispositivo e os ollos. Ademais a maioría dos dispositivos permiten adaptar o tamaño da letra, para facer máis cómoda a lectura.


14-N: contra a enésima reforma das pensións



O 70% de pensionistas en Galiza cobra menos de 1.000 € e son estas pensións as que están salvando ás familias. Con esta reforma se empobrece ás galegas e galegos porque temos os salarios máis baixos, máis precariedade no traballo e menos anos cotizados.

A CIG pon en cuestión o informe do comité de “expertos” no que se basea a reforma, porque das 12 persoas escollidas polo PP para formar parte do mesmo, 9 representan a bancos e aseguradoras, interesadas en promover as pensións privadas para o seu único beneficio.

Por iso cuestiona que a primeira proposta deste comité sexa precisamente a modificación da lei que actualizaba as pensións cada ano, como mínimo, ao nivel do IPC. A central sindical entende que xa con esa lei se perdía poder adquisitivo, porque os prezos dos produtos de maior gasto nas economías familiares (luz, auga, alimentos...) subían moi por riba deste índice. Agora o PP aplicará de suba nas pensións, cada ano, un 0,25%, polo que en relación ao IPC dos últimos 5 anos unha pensión de 1.000 €/mes perdería 95 € cada mes e 1.330 € no ano.

A esperanza de vida

A CIG tamén denuncia que para finais de ano se prepara unha nova reforma das pensións que en 10 anos podería reducir a súa contía até nun 20%. Para isto aplicarase un coeficiente sobre a esperanza de vida co que “manipulan os datos para o seu propio interese, pois saben que as persoas con menor renda –a clase traballadora con oficios máis duros- ten unha esperanza de vida 10 anos menor que os máis ricos. Polo tanto, teñen unha pensión máis baixa e viven menos anos”.

Comparando as pensións doutros países europeos evidénciase que é mentira o que di o PP, que asegura que se non se fai a reforma, no 2060 as pensións suporían o 16% do PIB. A CIG explica que agora as pensións representan só o 10% do PIB, mentres por exemplo en Italia representan o 16%; en Francia o 14,6%; en Alemaña o 12,8% e na media da UE é do 13%. Ante isto, a central sindical conclúe que o Estado podería dedicar 60.000 millóns máis ao ano para igualarse con estes países.

Favorecer a ricos e defraudadores

Fronte á pretensión de recortar as pensións polo seu custo, a CIG denuncia que non é un problema de gasto, senón de ingresos. Lembra que aínda habendo no Estado 5.300.000 desempregados/as, a caixa das pensións tivo un resultado positivo de 2.500 millóns no ano 2011 e que o ano pasado o goberno modificou o imposto de sociedades para as grandes empresas que deixaron de pagar a Facenda 5.800 millóns.

Estas mesmas empresas son as que segundo a Inspección de Facenda son responsábeis do 90% da fraude fiscal ao Estado, máis de 74.000 millóns de euros que desvían a paraísos fiscais como Suíza, Mónaco, Andorra... “O goberno non toma medidas contra elas, que alimentan a corrupción no Estado, pero si as toma contra a clase traballadora empobrecéndonos con reformas laborais, das pensións, das prestacións por desemprego, sanidade, ensino...”

A CIG chama tamén a atención sobre o feito de que mentres as pensións se financian con cotizacións, o resto do gasto público, como o gasto militar de 15.000 millóns anuais, ou o financiamento da igrexa católica ou da Casa Real páganse cos orzamentos do Estado.

Ademais, subliña que o goberno aplica unha desgravación fiscal ás pensións privadas, perdendo o estado máis de 3.000 millóns de euros ao ano, que podería ingresar nas pensións públicas; que pagamos entre todas/os os máis de 40.000 millóns do rescate para sanear os negocios especulativos da banca, cando so seus beneficios serán só para os seus accionistas; que o estado español entrega cada ano 80.000 millóns de € ao Banco central Europeo para que este llo dea aos bancos privados a un interese do 0,5% e o estado teña logo que pagar intereses do 6% ou 7%. Con todo isto, asegura a CIG, chegaría para pagar o dobre das pensións.




CONTÍA DAS PENSIÓNS EN GALIZA


€ / MES
% PENSIONISTAS
de 150 € a 350 €
6,4%
de 350,1 € a 600 €
38,4%
de 600,1 € a 650 €
2,8%
de 650,1 € a 1.000 €
21,5%
de 1.000,1 € a 1.500 €
16,1%
de 1.500,1 € a 2.000 €
8,8%
máis de 2.000 €
6,0%






Todos os grupos parlamentarios galegos dan por feito o debate en pleno da ILP promovida pola CIG

Unha delegación da Executiva Confederal da CIG reuniuse esta mañá no Parlamento de Galizaconrepresentantes dos grupos parlamentarios do PP, AGE e PSOE para facerlles entrega dunha copia da ILP impulsada pola central sindical na que se recollen 100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego, e solicitar o seu apoio para que sexa tramitada pola Mesa do Parlamento. Ao igual que o grupo parlamentario do BNG, co que xa se reuniran o pasado 10 de outubro, todos manifestaron o seu interese polos contidos da Iniciativa e deron por feito que será debatida en pleno.

Manifestan a súa coincidencia na gravidade do problema do desemprego e na necesidade de articular medidas para favorecer a creación de emprego

Unha delegación da Executiva Confederal da CIG reuniuse esta mañá no Parlamento de Galizaconrepresentantes dos grupos parlamentarios do PP, AGE e PSOE para facerlles entrega dunha copia da ILP impulsada pola central sindical na que se recollen 100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego, e solicitar o seu apoio para que sexa tramitada pola Mesa do Parlamento. Ao igual que o grupo parlamentario do BNG, co que xa se reuniran o pasado 10 de outubro, todos manifestaron o seu interese polos contidos da Iniciativa e deron por feito que será debatida en pleno.

O secretario xeral, Suso Seixo, o secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido e o secretario confederal de Comunicación e Propaganda, Francisco Miranda Vigo explicaron, nas xuntanzas cos tres grupos as propostas máis salientábeis que se recollen na Iniciativa Lexislativa Popular e os motivos que levaron á central a impulsala.

Seixo explica que se incidiu especialmente en que o problema do desemprego e a falta de postos de traballo debe ser considerado comoprioritario, polas graves consecuencias que ten, tanto económicas, como sociais ou demográficas. “Estamos nas cifras de paro máis altas da historia e isto está provocando a emigración masiva de mozos e mozas. Á súa vez, a falta de emprego está derivando nun incremento alarmante da precariedade o que limita a capacidade reivindicativa da clase traballadora e, en consecuencia, unha merma nas súas condicións de vida”.

Tamén se lles transmitiu aos grupos parlamentarios a intención da central sindical de abrir un amplo debate social, nos comités de empresa e mesmo nos concellos, para recabar o seu apoio e conseguir así que a ILP chegue ao Parlamento co maior apoio posíbel porque “só o parlamento pode adoptar as medidas lexislativas necesarias para pór en marcha as medidas que se recollen na ILP”.

O secretario xeral da CIG sinala que todos os grupos parlamentarios mostraron o seu interese e coincidiron en recoñecer a gravidade do problema do desemprego en Galiza, alén de agradecer que se ofreceran alternativas. “O PSOE e AGE manifestaron o seu apoio á Iniciativa e aos contidos da mesma. Por parte do PP, comprometéronse a manter un novo contacto antes do seu debate en pleno para falar polo miúdo dos seus contidos”.

Deste xeito, a central sindical agarda que a Mesa do parlamento lle dea trámite á ILP para que unha vez recollidas as sinaturas necesarias sexa debatida en sesión plenaria.

Información para afiliados/as


Diante das práticas abusivas empregadas polas entidades bancarias e financieiras, neste caso nos contratos hipotecários, queremos pór no teu coñecimento as accións que CIG ten decidido emprender sobre deste asunto:

A CIG vai-se dirixir ao Consello Xeral do Notariado exixindo-lle que verifique que os contratos hipotecários non conteñan condicións abusivas ou xa consideradas nulas polos tribunais.

A CIG vai-se dirixir ao Consello Xeral do Poder Xudicial e aos Xulgados nos que se tramitan execucións hipotecarias para exixir que revisen de oficio as mesmas e revisen as cláusulas abusivas habidas nos empréstimos hipotecários.

Asi mesmo, se no teu contrato hipotecário figuran claúsulas abusivas, ponte en contacto coa Sección sindical para que che facilte a carta-tipo para solicitar á entidade bancaria a eliminación destas. 

Ademais, no caso de que sofras esta problemática, pregamos-che te poñas en contacto con nós para organizar à afiliación da CIG que estea na mesma situación coa intención de dar unha resposta colectiva e organizada a esta situación.

Asdo:Francisco Xabier Cartelle Pérez
Secretário Confederal de Políticas Sociais