T+55
: Experiencia infravalorada
Traballadores/as
maiores de 55.
Aínda
hoxe en día a renovación das plantillas das empresas enfócase como norma xeral
ao rexuvenecemento dos traballadores/as, aproveitando a lexislación laboral
existente que permite a través de distintos procedementos e a un custe
económico moderado, sustituir aos traballadores/as de maior idade por
traballadores/as mozos, con menor retribución salarial e menos dereitos
laborais efectivos. Hai xa moito tempo, é seguemos nas mesmas, que a solución
sempiterna que as empresas poñen enriba da mesa á hora de proceder a
realización de “axustes” de emprego, consiste en “adiantar”, dunha ou outra
maneira, a saída dos traballadores/as maiores de 55 anos do mundo laboral.
Evidentemente
neste tipo actuacións, raramente subxace en termos reais a vontade das empresas
de favorecer as taxas de reposición, na súa preocupación solidaria e
socialmente responsable por contribuír alícuotamente á mellora do emprego.
Máis
ao contrario, ao noso pesar, parece que a maiores da reducción a curto prazo de
custes salariais e minoración de dereitos laborais que estas actuacións lles
reportan, a realidade pasa porque a visión empresarial
socialmente dominante despreza e infravalora a experiencia laboral e
profesional atesorada polos traballadores/as de maior idade,
desbotando así de facto un importante caudal de coñecemento técnico aplicado,
só alcanzable a través da experiencia. Coñecemento profesional este de
extraordinario valor e importancia en termos de eficiencia e fiabilidade nos
distintos ámbitos da producción que, desgrazadamente a meirande parte das veces
non atopa o xusto recoñecemento que merece, nun exercicio de xestión
empresarial fondamente miope e ineficiente.
Nesta
liña de pensamento, rara vez os empresarios/as asumen e promoven procesos de
formación e actualización profesional dirixidos a este grupo de
traballadores/as, provocando eles mesmos en moitas ocasións a súa obsolescencia
e as súas dificultades de adaptación profesional aos novos procesos e
innovacións tecnoloxicas de uso profesional. A estatísticas disponibeis avalan
plenamente tal afirmación, amosándonos que o
colectivo de traballadores/as de máis de 55 anos (T+55) son con diferencia o
grupo laboral que menor uso realiza das posibilidades de formación e
actualización profesionalque proporciona o sistema de Formación
Continua.
Isto
non quere dicir, que cando un traballador/a de idade avanzada e coa cotización
á Seguridade Social suficiente para optar a unha prexubilación ou xubilación
economicamente digna, non poda ou no deba acceder á mesma. Todo o contrario,
debería poder facelo incluso sen a necesidade de acumular os excesivos 38 anos
de cotización que agora lle esixe a lexislación (tras a reforma laboral), para
non ser extraordinariamente penalizado por cada ano non cotizado dese mínimo
esixible que lle daría dereito ao 100% da súa pensión. Eso sí sempre que o faga
de maneira libre e voluntaria. Como debería ser no caso de voluntariamente
querer alongar a súa vida laboral. E digo voluntariamente e non como agora
acontece, a través de medidas lexislativas cohercitivas que en moitos casos
obrigan e forzan a miles e miles de traballadores/as maiores, a manterse no
posto de traballo a pesares de non estar xa nin en condicións físicas nin
pisolóxicas para facelo, se queren ter a posibilidade de dispoñer dunha pensión
que lles de para vivir. Máis isa é outra reflexión que sen dúbida é necesario
abordar, máis que agora non é o obxecto deste artigo.
Pois
ben, enunciadas someramente algunhas cuestións enlazadas coa lexitimidade dos
traballadores/as (que non das patronais) para tomar decisións en relación ao
alongamento da súa vida laboral, a realidade é que o escenario laboral europeo
e español en xeral, e o galego en particular, abócase nun futuro inmediato a
altas taxas de de envellecemento da poboación traballadora, que indican con
claridade meridiana que ao contrario do que está a contecer nos últimos anos,
será necesario rescatar do paro e da indixencia laboral máis abosluta a toda
isa inxente cantidade de traballadores/as desempregados, moitos deles aínda
mozos e extraordinariamente preparados. Vitimas dun Governo neoliberal cuias
políticas económicas, sociais e laborais, os teñen abocado ao abandono da
exclusión e a extrema precariedade, nunha sociedade hoxe por hoxe fondamente
desigual, segunda de Europa despois de Letonia a tenor dos últimos baómetros
europeos de desigualdade social.
Traballadores/as
en paro, moitos deles extraordinariamente preparados, máis que non tiveron a
oportunidade de traballar e menos aínda de desenvolver e poñer en práctica os
seus coñecementos e capacidades laborais. Cuestión ista a todas luces nada
baladí que, a bon seguro vai supoñer que cando sexan reclamados polas empresas
para ocupar os postos de traballo que inevitablemente irán quedando valeiros,
atoparanse con que están desactualizados a nivel profesional, así como con
serias dificultades de adaptación a unha vida laboral que ata entón non tiveron
a oportunidade de practicar, nin disfrutar, moi a pesares do seu esforzo e os
seus desexos.
Independentemente
da incalificable situación de inxustiza e desigualdade social á que este
extensísimo grupo de traballadores/as están sometidos, en gran medida
consecuencia da aplicación das políticas restrictivas e antisociais de corte
neoliberal, falsamente esgrimidas pola dereita como a receita de todas as
posibeis solucións. Que se está a facer para abordar axeitadamente esta
previsible circunstancia de desactualización profesional?. Que medidas se
están a adoitar?. Existe algunha disposición para incrementar as taxas de
reposición, que faciliten a substitución daqueles traballadores/as de maior
idade que, por cuestión de saúde sexa aconsellable e razoable que deixen de traballar?.
Nos
últimos 15 anos estamos a asistir a unha basculación do peso específico dos
traballadores/as de menos de 35 anos, cada vez menor, fronte ao incremento
progresivo dos traballadores/as situados nos tramos de idade superior, de 35 a
50 anos e de 50 anos en adiante.
Segundo
as proxeccións do propio INE a partires do ano 2029, dentro de escasamente 13
anos, as persoas maiores de 50 anos constituirán o segmento de poboación
traballadora maioritariao no Estado español. Un proceso de envellecemento extraordinariamente
acelerado como consecuencia da evolución da estrutura demográfica actual, que
apunta a que no ano 2050 a poboación maior de 68 anos supoñerá un 28,6% da
poboación total, consumindo en pensións aproximadamente o 24% do Producto
Interior Bruto.
No
seu conxunto, todas as análises e estudios nesta materia estabelecen o ano 2030
como o punto de partida dunha crise aguda do sistema de pensións no Estado
español, que en cambio xa comezamos a percibir a través do incremento da idade
media dos traballadores/as ocupados.
Sendo
evidente que ambalas dúas problemáticas son interdependentes e están
relacionadas, o reto principal e
máis inmediato agora o constitúe a necesidade de xenerar espazos productivos e
ámbitos laborais con axeitadas condicións de traballo, que preserven a
saúde de aqueles traballadores/as que voluntariamente decidan alongar a súa
vida laboral, adaptándoas as súas condicións psicofísicas e polo tanto as súas
capacidades funcionais. E dicir, tense que abordar con decisión
a construcción de empregos e postos de traballo altamente productivos
susceptibeis de ser eficazmente ocupados por moitos dos traballadores/as
maiores de 55 anos. Postos nos que a experiencia, o bagaxe e o
coñecemento profesional se poñan en xogo para poder constituir por se mesmos un
auténtico valor engadido en termos de calidade, productividade, e fiabilidade
dos procesos productivos das empresas.
Baste
dicir para situarnos na importancia e dimensión desta cuestión que, namentres nunha gran parte de Europa medra a taxa de
actividade dos traballadores/as de maior idade, a taxa de actividade no Estado
español segue a ser das máis baixas da UE. Segundo un informe
do Instituto
de Estudos Europeos realizado a partires de datos
proporcionados por Eurostat, mentres no Estado español entre
o ano 2007 e 2014 baixou en dous décimas a xa de por sí baixa porcentaxe de
traballadores/as ocupados maiores de 60 anos, situándose no 44,3%, nese período
de tempo a mesma porcentaxe media na UE pasou do 44,5% (punto de arranque porcentual
semellante) ao 51,8%, 7,5 pontos por debaixo (todo un mundo), e
extraordinariamente alonxada de paises como Suecia (74%), Alemaña (65%) ou a
mesma Estonia (64%).
A
tenor dos datos, é manifesto que mentres Estados do noso entorno socioeconómico
afrontaron axeitadamente este vital problema productivo, o Estado español segue
a estar moi lonxe da súa solución. E non será porque esta circunstancia do
progresivo envellecemento medio da poboación traballadora europea non fora
detectado e avisado con anterioridade. Xa no ano 2010 o Parlamento Europeo
aprobou a resolución “Retos demográficos e soliedaridade entre xeneracións” na
que se viña traballando con anterioridade, e que orientaba e promovía a
imprantación por parte do Estados membros do envellecemento activo dos seus
traballadores/as.
Así
as cousas, faise necesario deseñar as políticas, desenvolver a normativa e
construir os dispositivos axeitados que permitan aproveitar os coñecementos e a
potencialidade productiva deste colectivo cada vez máis esencial para a nosa
economía.
Sen
dúbida o reto é como extraer os coñecementos e o potencial productivo
deste colectivo. Cómo superar o modelo de negocios baseado na sobreexplotación
laboral e transitar a un modelo máis xusto e eficiente baseado na aplicación e
valorización da experiencia e o coñecemento.
Nos
últimos dous anos o número de ocupados/as con máis de 65 anos no Estado español
medrou un 28%, alcanzándose a cifra de 162.600 entre
traballadores/as asalariados e autónomos. A pesares disto só un 1,93% dos
traballadores/as en idade legal para xubilarse segue a traballar fronte ao
5,33% de media da UE, sendo o Estado comunitario coa menor taxa de ocupación
entre os traballadores/as en idade de xubilación.
Até
agora en todo o Estado español só uns 30.000 traballadores/as optaron pola
xubilación activa, dos cales o 80% son autónomos, o que claramente nos indica
que a maioría o fixeron por necesidades económicas.
Efectivamente
alongar a vida laboral unha vez cumpridos os 65 anos, tendo dereito a unha
pensión de xubilación suficiente para vivir con dignidade, antoxase altamente
complicado se temos en conta que por norma xeral estes traballadores/as non
contan nin con incentivos económicos, nin con incentivos profesionais, nin a
maioría das veces se adaptaron as condicións laborais do seus posto de traballo
ás súas capacidades funcionais, incumpríndose flagrantemente a normativa
vixente en materia de prevención de riscos laborais ao non eliminar nin
controlar os riscos que específicamente lles afectan en termos de seguridade e
saúde laboral.
Así
as cousas, os modelos de xestión e dirección das empresas e especialmente no
que atinxe a área de recursos humanos, nin poden nin deben seguir ancorados en
principios obsoletos e trasnoitados baseados na verticalidade, o autoritarismo
e a sobreexplotación. Cumpre abordar dunha vez por todas e canto antes novos e
máis intelixentes modelos de xestión. Novos
e máis intelixentes modelos de xestión que aproveiten e poñan en valor a
experiencia laboral, que realmente valoren o factor humano, que consideren a
prevención dos riscos laborais non como un gasto se non como un investimento
rendible e altamente productivo, distintivo de calidade e responsabilidade
social. Empresas en definitiva que deben abordar nun futuro
inmediato a axeitada xestión de plantillas con importantes porcentaxes de
traballadores/as maiores de 55 que, sen dúbida máis cedo que tarde, terán un
papel e un peso trascendental. no devenir do sistema económico e o tecido
produtivo do Estado español.