O goberno municipal acordou bilateralmente co CSIF e CCOO unha RPT que levará ao pleno municipal para a aprobación inicial. A proposta foi rexeitada pola maioría social da Mesa Xeral de Negociación, composta pola CIG e UGT.
A CIG amosou a súa postura e explicou os motivos de rexeitamento do texto, e que foron os seguintes:
Non respecta as sentenzas xudiciais de indefinición do persoal laboral para a creación dos postos, nin incorpora a totalidade destas.
Non incorpora o 82% das prazas na actualidade ocupadas por persoal laboral, polo que esta RPT é posible que supoña a maior desorganización que nunca tivo este Concello, xa que regula exclusivamente o 48% dos postos do Concello de Betanzos, e deixa fóra do organigrama ao 52%. Así mesmo, elimina postos de traballo.
O documento ten diversos erros e fai referencia a postos non descritos nin contemplados no organigrama. Tampouco coincide, en ocasións, a puntuación das táboas coa das fichas descritivas dos postos.
O goberno utiliza o criterio da non validez da RPT do ano 2008 ao seu antollo e en contra dos postos de laborais, xa que, tal e como nos confirmou na propia Mesa, na Xunta de Goberno Local do 28 de marzo vén de recoñecerlle a unha funcionaria un complemento de destino do nivel que vén reflectido na RPT de 2008 coa estimación dunha reclamación patrimonial polos atrasos salariais, por tanto, a RPT do ano 2008 é válida para estimar reclamacións salariais do funcionariado.
Esta RPT agrava as discriminacións salariais entre o persoal laboral e o funcionariado e non aplica un sistema de valoración equitativo para a totalidade dos postos de traballo. Non valora igual postos iguais simplemente pola relación laboral ou funcionarial.
A valoración incorpora un factor discrecional na valoración do complemento específico e o resto dos factores non se aplican á totalidade dos postos.
Carece dunhas normas de xestión e da definición dos conceptos e dos distintos niveis, que non aparece xustificada.
Incumpre o artigo 79 do Convenio colectivo que indica que o persoal comprendido no ámbito de aplicación do convenio ocupará postos de traballo na correspondente relación e que esta incluirá os correspondentes a todo o cadro de persoal funcionario e laboral.
Supón unha rebaixa salarial con respecto ao Convenio colectivo vixente para o persoal laboral, especialmente nos postos dos grupos máis baixos e un incumprimento do acordo de progresiva equiparación co funcionariado acadado no ano 2015 e que tivo como primeiro paso o acordo do Convenio colectivo.
A CIG trasladaralle aos partidos da oposición a súa postura para rexeitar este documento e solicitará unha reunión nas vindeiras semanas para lle explicar os motivos polos que considera esta RPT inxusta, discriminatoria e desreguladora.
Así mesmo, trasladaralle aos traballadores laborais a Relación de Postos de Traballo acordada polo goberno municipal do PSOE con CCOO e CSIF e os informará sobre a situación laboral no caso de que este documento finalmente se chegue aprobar de xeito inicial no Pleno da corporación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario