Con
esta campaña o ISSGA facilita consellos e medidas para o
recoñecemento dos sinais do estrés: emocionais, cognitivos,
condutuais e fisiolóxicos, así como exemplos de pautas no ámbito
individual para unha mellor xestión do risco na poboación
traballadora galega. Tamén pretende abordar de maneira preventiva a
primeira causa dos accidentes laborais mortais en xornada en Galiza,
que é a morte por infarto, derrame cerebral, etc. que, sen dúbida,
é e ten que ser multicausal, pero que se evidencia como a causa con
máis peso en sinistralidade mortal na actualidade en Galiza.
Obxectivos
da campaña:
a)
Obxectivos estratéxicos:
Insistir
na importancia de previr os factores de risco psicosociais tanto
de xeito colectivo (na organización) como de xeito
individual (as persoas traballadoras).
Fomentar
a creación de empresas saudables, nas que o primeiro chanzo sexa a
seguridade e saúde laboral mediante unha adecuada xestión
preventiva en toda a súa extensión.
Incidir
na prevención das patoloxías non traumáticas que están a
evidenciar o seu crecente peso na sinistralidade laboral.
En
definitiva, acadar a progresiva mellora das condicións de seguridade
e saúde laboral e favorecer un emprego de calidade.
b)
Obxectivo específico:
Facilitar
consellos e medidas para o recoñecemento dos sinais do estrés:
emocionais, cognitivos, conductuais e fisiolóxicos, así como
exemplos de pautas no ámbito individual para unha mellor xestión do
risco na poboación traballadora galega.
2.
O por qué da campaña:
As
persoas experimentan estrés laboral cando perciben que hai un
desequilibrio entre as esixencias ás que están sometidas polo seu
traballo e os recursos dos que dispoñen para facer fronte ás
mesmas.
É
positivo o estrés que te fai responder ás túas demandas en
situacións normais.
Ese
nivel de estrés fará que sexas máis rápido porque te axuda a
concentrarte nesa demanda e a ser máis efectivo.
O
malo é cando este estrés se cronifica.
É
unha realidade que o umbral é distinto en cada persoa.
Isto
ten moito que ver coas empresas saudables que son máis competitivas
porque os traballadores son máis produtivos e se moven en conceptos
que axudan a flexibilizar, a conciliar, sen perder en produtividade.
En empresas que desterran o presentismo innecesario ao tempo que se
se produce un descenso do absentismo inxustificado.
É
moi importante para a xestión do estrés o deseño do posto de
traballo o ambiente laboral e factores que son máis individuais,
como o exercicio físico.
Coa
adopción dun enfoque correcto, os riscos psicosociais e o estrés
laboral poden previrse e xestionarse de modo satisfactorio
independentemente do tamaño ou o tipo de empresa.
Nesta
campaña danse 12 pautas que facilitan a xestión individual e o
recoñecemento das causas do estrés:
1.
Recoñece o teu estrés: Identifica as situación e os teus propios
sinais de estrés.
2.
Establece prioridades: Prioriza e revisa tarefas a eliminar, aprazar
ou delegar.
3.
Organiza o tempo de traballo: Planifica ben o traballo e fixa prazos
ou ritmos realistas.
4.
Rota tarefas: Alterna tarefas de distinto nivel de dificultade ou
concentración.
5.
Evita a multitarefa: Procura non realizar varias tarefas á vez.
6.
Xornadas axustadas: Evita as xornadas de traballo prolongadas e
compensa con actividades de descanso gratificantes.
7.
Tempo de descanso: Fai pausas con frecuencia e axusta o descanso á
carga de traballo.
8.
Busca axuda: Cando o traballo sexa excesivo, pide axuda.
9.
Trato con clientes: Adéstrate no manexo da ansiedade e o estrés en
relación cos clientes.
10.
Manexa a distancia emocional: Busca o equilibrio entre a
sobreimplicación e a indiferenza co usuario.
11.
Mellora a túa formación: Fórmate en técnicas de relaxación e
xestión do tempo.
12.
Vida saudable: Leva unha dieta saudable, realiza actividade física e
mantén un bo descanso...
Ademáis,
incídese nos sinais do estrés que poden ser:
Emocionais:
Irritabilidade, ansiedade, desánimo ou apatía, tendencia á
introversión, fatiga, relación problemáticas...
Cognitivos:
Dificultades para concentrarse, lembrar información, aprender cousas
novas ou tomar decisións, pensamento negativo...
Condutuais:
Hábitos nervosos, como morderse as uñas, abusar do tabaco, alcohol
ou drogas, comer compulsivamente, problemas de sono, condutas
violentas ou agresivas, de torpeza ou neglixencia, tendencia a
retraerse…
Fisiolóxicos:
Problemas gástricos ou de dixestión, dor no peito, tensión
muscular, dor de cabeza, maior sudoración, mareos, falta de aire...
Ningún comentario:
Publicar un comentario