29/01/20

O Concello de Betanzos leva 2 anos negándolle as revisións xineolóxicas que lles corresponden por convenio ás traballadoras do Concello

Desde o ano 2017, e no momento que entra en vigor o Convenio colectivo,dous anos despois da súa sinatura o Concello de Betanzos teima en aforrar os cartos das revisións xinecolóxicas que lles corresponden ás traballadoras do Concello.
O anterior Comité de Empresa solicitoulle ao goberno municipal do PSOE que lle dese cumprimento a este acordo do Convenio colectivo e do acordo regulador, así mesmo os delegados da CIG levaran o tema á reunión do Comité de Seguridade e Saúde do 10 de decembro do ano 2018, momento no que se tomou o acordo en firme e o goberno municipal dixo de palabra que as faría nas correspondentes ao ano 2019. Non obstante, e como cada ano, chegaron as revisións médicas do ano 2019 e o goberno negoulles unha vez máis ás traballadoras as revisións xinecolóxicas.
A CIG levou unha proposta ao Comité de Empresa para que este reclamase a realización das revisións médicas e as propias delegadas da CSIF retrucaron indicando que si que se fixeran nos casos das traballadoras que as solicitaran, cando non só varias traballadoras informaran de que se negaran a llas facer na clínica, senón no propio departamento que xestiona as revisións se indicou que efectivamente este non se fixeran.
Desde a Sección sindical da CIG consideramos un abuso que o goberno de María Barral chegue a acordos cos traballadores e na práctica se negue a executalos, por iso non só lle solicitamos ao Concello que en cumprimento destes realice as revisións pertinentes, senón que animamos ao persoal que solicite o seu dereito a realizalas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario