31/10/12
Primeira sentenza xudicial que avala un ERE na administración pública
O
25 de outubro o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía emitiu a
primeira sentenza que avala un ERE nunha Administración Pública.
Trátase do Concello de Estepona pero o seu contido podería ser
aplicable a calquera outra Administración pública.Descargar
sentenza
Ademáis
de marcar un antes e un despois na aplicación que fan as
Administracións da reforma laboral, queda claro que o
pagamento de proveedores é unha obriga que ten prioridade sobre os
salarios dos empregados públicos. E da igual que as facturas sen
pagar sexan de paparotas, dunha obra faraónica ou dun préstamo de
usura. Unha medida que serve para dar confianza "aos mercados"
e que vai no pack de poñer o pago dos intereses da débeda por riba
dos intereses da propia cidadanía. A consecuencia: 167 traballadores
do Concello de Estepona á rúa e a listaxe do paro segue a medrar.
Sen
considerar o número de efectivos deste concello nin a súa situación
financieira, que non é o caso, e fixándonos só nas consecuencias,
está claro que nas Administracións de corte neoliberal a
austeridade comeza sempre a aplicarse sobre a clase traballadora.
As Administracións poderán facer despidos colectivos de empregados públicos desde o 31 de outubro
A
ministra de Emprego, Fátima Báñez, anunciou a aprobación por
parte do Consello de Ministros o pasado venres do Real Decreto
1483/2012 de despedimentos colectivos, que será de aplicación a
todo o persoal laboral das
Administracións Públicas (non só ao persoal laboral temporal,
senón tamén ao persoal fixo por oposición). O dito decreto vén de
ser publicado
no BOE do 30/10/2012.
De
acordo co Título III do dito real decreto 1483/2012, abondaría
para aprobar o despido colectivo do persoal laboral nun determinado
organismo ou departamento, por causas económicas, a insuficiencia
orzamentaria sobrevida e persistente, entendida como a diminución
dun 5% do orzamento dun organismo respecto do exercicio anterior, ou
do 7% nos dous anos anteriores; mentres que, para aprobar o despido
colectivo por causas organizativas, abondaría con xustificar que a
externalización do servizo producise unha redución de custos (art.
35.3.b) do RD 1483/2012).
Na
práctica, isto permítelle ao Partido Popular, tanto no Goberno da
Xunta como a nivel do Estado, producir por razóns
políticas as causas que habiliten o despedimento de
persoal laboral.
No
decreto, por outra banda, nin sequera se garante a preferencia de
permanencia do persoal laboral fixo, que será meramente potestativa
para o organismo que aprobe o despedimento colectivo no caso do
persoal laboral que superase un proceso selectivo (art. 41.1 do RD
1483/2012).
Dada
a gravidade extrema desta medida, que constitúe ademais un
claro referente para unha hipotética reforma do Estatuto
básico do empregado público que remate coa garantía de
emprego do persoal funcionario, a CIG-Autonómica anuncia que
adoptará todas as medidas posibles a nivel xudicial contra este real
decreto e chama a todos os traballadores e traballadoras da Xunta a
secundar todas as accións en contra das políticas do Partido
Popular e da Troika, que esixen unha mobilización contundente na
vindeira folga xeral convocada para o 14 de novembro.
28/10/12
Martes 30 ás 20:30 h Pleno na Casa do Concello
Xusto cando vence un prazo e sen que ningún dos sindicatos nin traballadores que presentaron alegacións tivesen resposta por parte do Concello con respecto a estas o Concello incorpora nun pleno ordinario as alegacións, supoñemos que para restarlle importancia a un tema crucial para os traballadores. O caso é que no pleno ordinario do vindeiro martes, día 30, tratarase o tema das alegacións e supoñemos e agardamos que o Concello sexa cabal e consecuente e non siga para adiante con este atraco á maior parte do persoal laboral deste Concello, por iso dende a CIG asistiremos ao plano e animamos a todos os traballadores que presentaron as súas alegacións e aos interesados a que se acheguen para coñecer de primeira man o que o Concello ten que dicir sobre cada un dos casos e tamén a posición do resto de grupo políticos con respecto á aprobación ou non dunha Relación de Postos de Traballo, que, en todo caso, de ser aprobada, será levada aos tribunais pola Confederación Intersindical Galega.
É importante a asistencia ao Pleno para demostrarlles coa nosa presenza que os traballadores nos mobilizamos, facemos as nosas alegacións e intentamos parar as agresións aos nosos dereitos que nos últimos tempos van en decrecemento continuo grazas ás políticas de destrución do emprego público estatais que contan coa complicidade de concellos como o de Betanzos que se negan a negociar cos traballadores e chegar a acordos que redunden nun mellor funcionamento do Concello que sería beneficioso tanto para o propio goberno polo bo servizo á cidadanía como para os traballadores se todos estivésemos en igualdade de condicións e non vísemos continuamente como dependendo de criterios que semellan arbitrarios mais que no fondo son discriminatorios tes máis ou menos complicacións no teu traballo diario, algo que é totalmente inaceptable nunha Administración pública dun sistema supostamente democrático. Por iso presentamos as nosas alegacións e por ese motivo levarémolas ata as últimas consecuencias no caso de se probar a Relación de Postos de Traballo.
Lembra, vémonos o martes ás 20:30 h na Casa do Concello!
Dende o 11 de outubro o Comité agarda a que o concelleiro de Persoal o reciba
Logo
de dúas semanas agardando o Comité de Empresa ser recibido polo
Concello de Betanzos e logo de mesmo o Concello lle ter respondido
por escrito que a reunión sería hoxe, venres 26 de outubro,
finalmente o Concello despreza unha vez máis aos representantes do
persoal laboral ao aprazar para o vindeiro mércores a reunión.
Dende
a CIG consideramos totalmente vergoñento que o Concello non sexa
quen de recibir aos propios traballadores e máis cando sabemos aínda
que mesmo falou con representantes do funcionariado. A deixación de
funcións chega tal punto que o Comité leva meses sen recibir
información que o Concello lle debe entregar como a relativa ás
horas extras e as gratificacións e o Concello non se digna a
responder a absolutamente ningún dos escritos do Comité de Empresa.
Consideramos esta actitude unha falta de respecto absoluta de cara
aos representantes dos traballadores, en concreto, do persoal
laboral, e moito máis aínda ao sabermos que cos representantes do
funcionariado si que falan. Estas actitudes antidemocráticas lembran
reminiscencias de épocas anteriores e demostran o pouco respecto que
os representantes políticos do goberno lle teñen aos representantes
dos traballadores escollidos democraticamente.
Esta
fuxida cara adiante e evasión dos problemas do persoal non fai máis
que agravar a situación deste Concello día e día e botar terra por
riba das promesas do goberno de que eran os primeiros interesados en
amañar a situación para o bo funcionamento do Concello, e o que é
peor, demostran a pouca capacidade de traballo dun goberno que se non
ten tempo para recibir aos propios traballadores que son os que día
a día fan que este Concello funcione, supoñemos que dificilmente
serán quen de amañar problemas doutra índole. Resulta gravísimo
que oculten información que debería ser pública e que non sexan
quen de escoitar aos traballadores para poder buscar solucións a
pequenos problemas que en moitos casos xorden no decorrer das
xornadas laborais.
Dende
o Comité de Empresa simplemente se acordou, por iniciativa da CIG, solicitar a reunión para
pedir información con respecto a algúns temas que lle afectan a todo
o persoal laboral mais tamén a distintos traballadores en
particular, a día de hoxe non tivemos ao igual que ningún
traballador resposta con respecto ás alegacións presentadas (case
un mes despois!) e consideramos que o mínimo sería responderlle aos
propios interesados e nos desprezalos de tal xeito que para saber
algo teñan que ir ao pleno do martes. A maiores o Comité non ten
resposta ningunha con respecto á solicitude de información sobre os
últimos contratos realizados polo Concello que nos fan temer que
haxa traballadores aos que si que lles manteñen a paga a pesar de
non estar dentro do baremo que marca o Decreto 20/2012. Resulta tamén
especialmente preocupante a situación do servizo de limpeza onde non
se cubre absolutamente ningunha baixa e simplemente se aumenta a
carga de traballo entre as traballadoras restantes, a maiores das
múltiples discriminacións de trato entre as propias traballadoras
do mesmo sector ou que as compañeiras da Escola infantil Municipal
sexan discriminadas de xeito evidente ao levar anos (!) sen
recibir nova roupa de traballo cando o resto de traballadores que
teñen uniforme adoitan dispor deles, con maior ou menor celeridade,
mais en ningún caso durante tanto tempo, e o Concello ten a completa desvergoña de
incumplir o Convenio colectivo só cun sector e de que estas
traballadoras teñan que estar remendando nos uniformes de traballo e
o Concello facendo, de novo, distincións entre traballadores de
primeira, segunda e terceira clase.
Hai
moitos temas pendentes e o propio Concello debería ser o que
convocase aos representantes do persoal mais aquí, pola contra,
solicítanse reunións e aprázanse por falta de tempo de recibir aos
representantes do persoal laboral mentres que calquera outro que
entra pola porta parece que é ben recibido. Dende logo, non entendemos a que se debe esta actitude por parte do Concello cando logo de todo o coflito acontecido ao pagarlle as axudas sociais aos funcionarios antes que aos laborais o propio alcade reunido co concelleiro de persoal e a representación do Comité de Empresa dixo que había que abrir unha vía de diálogo e que ese sería o camiño que seguirían, visto o visto meses despois mentiron unha vez máis, a diferenza agora é que por moito que mintan xa non enganan a ninguén.
O PP propón reducir os salarios dos empregados públicos polas ausencias sen baixa médica
Segundo
informacións aparecidas nos medios de comunicación, o Partido Popular
veñen de introducir unha emenda aos orzamentos xerais do Estado para o
ano 2013 na que propoñen ampliar o recorte de salario en caso de baixa por incapacidade temporal aos días nos que os empregados se ausenten por enfermidade, sen chegar a existir parte de baixa.
O
motivo declarado polo PP, segundo se informa na prensa, sería o de
evitar o "absentismo" dos empregados públicos: en realidade, estaríamos
ante un novo recorte salarial e de dereitos, que procura ademais
denigrar a imaxe dos servidores públicos, perseguindo a ocultación ante a
opinión pública dos verdadeiros motivos e causantes da crise
económica.
Este
anuncio coincide temporalmente coa aprobación do real decreto de
despidos colectivos nas Administracións Públicas, marcando con meridiana
claridade a liña política e económica que pretende continuar o Goberno
nos vindeiros meses e contra a que, desde a CIG-Autonómica, convocamos a
todo os empregamos públicos a loitar na vindeira folga xeral do 14 de
novembro.
O Consello de Ministros aproba o Real decreto dos despedimentos nas Administracións públicas
A ministra de Emprego, Fátima Báñez,
vén de anunciar a aprobación por parte do Consello de Ministros do Real
Decreto de despedimentos colectivos, que será de aplicación a todo o persoal laboral das Administracións Públicas (non só ao persoal laboral temporal, senón tamén ao persoal fixo por oposición).
Malia que o texto definitivo do Real decreto non se coñecerá até a súa publicación no BOE, segundo o rascuño ao que tivo acceso a CIG en xullo
abondaría para aprobar o despido colectivo nun determinado organismo
ou departamento, por causas económicas, a insuficiencia orzamentaria
sobrevida e persistente, entendida como a diminución dun 10% do
orzamento dun organismo respecto do exercicio anterior; mentres que,
para aprobar o despido colectivo por causas organizativas, abondaría con
xustificar que a externalización do servizo producise unha redución de
custos.
Na práctica, isto permítelle ao Partido Popular, tanto no Goberno da Xunta como a nivel do Estado, producir por razóns políticas as causas que habiliten o despedimento de persoal laboral.
No
rascuño ao que tivo acceso a CIG, por outra banda nin sequera se
garante a preferencia de permanencia do persoal laboral fixo, que será
meramente potestativa para o organismo que aprobe o despedimento
colectivo no caso do persoal laboral que superase un proceso selectivo.
Dada a gravidade extrema desta medida, que constitúe ademais un claro referente para unha hipotética reforma do Estatuto básico do empregado públicoque remate coa garantía de emprego do persoal funcionario,
a CIG-Autonómica anuncia que adoptará todas as medidas posibles a
nivel xudicial contra este real decreto e chama a todos os traballadores
e traballadoras da Xunta a secundar todas as accións en contra das
políticas do Partido Popular e da Troika, que esixen unha mobilización
contundente na vindeira folga xeral convocada para o 14 de novembro.
O Consello Confederal ratifica a decisión de convocar folga xeral para o 14 de novembro
Coincide coa convocatoria a nivel de estado con CCOO e UGT e noutros países periféricos da UE como Portugal
O Consello Confederal da CIG vén de ratificar a decisión da
Executiva de convocar folga xeral para o 14 de novembro, coincidindo coa data
acordada noutros países da periferia europea, como Portugal, e a nivel estatal,
con CCOO e UGT. O Consello Confederal reitera a necesidade de continuar coa
mobilización social dada a dureza das políticas do PP e do seu carácter “profundamente
antisocial e antiobreiro”.
O secretario xeral da CIG, Suso
Seixo, explicou que “imos á folga xeral con todas as consecuencias, conscientes
de que as políticas que está a adoptar o PP requiren deste tipo de respostas” e
lembrou que a central sindical viña reclamando a necesidade desta convocatoria.
“Eramos partidarios de que fora xa no mes de setembro, coincidindo coa que se
convocaba en Euskadi, para responder ás medidas adoptadas polo goberno durante
os meses de verán. Políticas de recorte de dereitos moi duras que nos están a
levar a unha situación e a unhas condicións de precariedade e de empobrecemento
da poboación intolerábeis”.
Iso non foi posíbel, subliñou,
porque a CCOO e UGT non lles parecía a data máis adecuada. Por iso a CIG avaliou
esta situación e acordou agardar, xa que, pola súa parte había o compromiso de
que se convocaría no mes de novembro a nivel de estado. “Consideramos que a resposta
tiña que ser o máis masiva posíbel, porque cantas máis organizacións sindicais
participen na convocatoria, máis posibilidades teremos de que a participación
sexa, a nivel cuantitativo, máis importante”.
A central sindical valora moi
positivamente que CCOO e UGT acordaran sumarse á convocatoria de folga e mesmo
sindicatos de países da periferia de Europa, porque “estas medidas veñen decidas
desde o BCE e da Comisión Europea e o que está a facer o PP, na medida en que
coincide cos seus presupostos ideolóxicos, é levalas adiante con toda a dureza”.
A CIG considera que para 2013 empeorarán
aínda máis as condicións laborais e sociais e que se incrementarán as políticas
de axuste. “Parécenos máis necesario que nunca continuar con esta dinámica
mobilizadora e dar unha resposta con convocatorias de folga xeral as veces que
sexa necesario, para parar estas políticas e forzar aos gobernos a facer outras
distintas, que garantan que imos saír da crise, pero non de calquera maneira,
senón favorecendo os intereses da clase traballadora”, afirma Seixo.
Respecto do impacto que puideran
ter os resultados electorais no éxito da convocatoria, o secretario xeral
sinala que moitos galegos e galegas “aspirabamos a que o PP perdera a maioría
absoluta na Xunta de Galiza e estou convencido de que moitos e moitas
entendiamos que o PP o único que está facendo é servir de correa de transmisión
do que marca o BCE e o vai seguir facendo con dramáticas consecuencias para o
noso país”, entre as que sinalou o deterioro do no noso tecido produtivo, da
rede de servizos sociais e mesmo a marcha que se está a producir de mozas e
mozos a outras partes de Europa. “Mozos e mozas cunha formación profesional e
académica importante que tiñan que estar aportando todo ese coñecemento ao
desenvolvemento económico e social do noso país”.
Malia recoñecer o estado
xeralizado de decepción ante a revalidación da maioría absoluta, Seixo subliñou
que, en todo caso, os apoios que ten o PP andan arredor do 25% da poboación
galega, polo que considerou que “non pode
facer o que lle dea a gana”.
Xunto a isto lembrou a perda de
miles de votos e o feito de que alí onde se lle deu unha maior contestación ás
políticas do PP, nas cidades e nas grandes vilas, esa perda de apoios foi aínda
maior. “Quere dicir que a política de contestación social que se está a facer
si está a incidir en certos sectores e na perda de votos, cando menos nos
sectores máis conscientes da sociedade galega”. Por iso, convidou a seguir
mobilizándose para tratar de chegar ao resto das galegas e galegos “moi influenciados
polos medios de comunicación, polo enorme poder institucional e caciquil, para
dicirlles que aquí votar ao PP é un suicidio para o noso pobo, que levará a
Galiza a unha calella sen saída, ao empobrecemento das clases populares e a
perda de dereitos laborais e sociais”.
Oferta formativa subvencionada 2012-2013
O forGA vén de lanzar a nova Oferta Formativa Subvencionada (Intersectorial) de cursos da convocatoria 2012-2013.
Os
cursos da plano Intersectorial están dirixidos preferentemente a
traballadores e traballadoras en activo de todos os sectores
produtivos, aínda que tamen existe un cupo de prazas que poden ser
destinadas a traballadores e traballadoras en situación de desemprego.
Do mesmo xeito, cabe a posibilidade de que un reducido número de prazas
poidan ser dirixidas a traballadores e traballadoras da Área Pública.
A
Consellería de Traballo e Benestar, como entidade subvencionadora,
xunto co Goberno do Estado, nun ano tan difícil para o emprego como o
2012, reduciron os orzamentos destinados á formación nunha porcentaxe
aproximada do 75% a respeito da dotación de 2011.
Esta circunstancia fai que as entidades impartidoras de formación, entre elas a propia forGA,
non poidan impartir nesta convocatoria grande parte das accións
formativas que se viñan realizando en anos precedentes, reflectíndose
claramente na Previsión de datas e lugares de execución dos cursos que a forGA se viu obrigada a programar para a presente convocatoria 2012-2013.
A forGA aposta firmemente pola Formación para o Emprego e, a través da súa Oferta Xenérica, recolle os intereses formativos dos usuarios e usuarias da plataforma www.forga.org,
e axusta a planificación de cada convocatoria ás súas necesidades
formativas dentro dos parámetros orzamentarios concedidos pola entidade
subvencionadora.
Por todo isto, animámoste a que consultes a Previsión de datas e lugares de impartición dos cursos subvencionados (plano Intersectorial) e te preinscribas
naqueles cursos que che resulten de interese, tanto para solicitalos
nesta convocatoria (no caso de que estean programados), como para facer
constar o teu interese en que sexan incluídos en próximas
convocatorias.
19/10/12
O Comité de Empresa amosa a súa disconformidade cos novos contratos que está a realizar o Concello
Nos últimos meses o Concello, a pesar de ter a obriga de, cando menos informar ao Comité de Empresa dos procesos selectivos e as contratacións que teñen lugar no Concello, e a pesar tamén de que o Comité solicitou por rexistro en varias ocasións o Concello limitouse a dar a calada por resposta. A única información que o Concello lle achega á representación do Comité é unha copia dos contratos, mais en ningún caso información sobre o como o persoal foi seleccionado, ou cal é o seu sistema de retribucións, cando é obvio que estas en moitos casos non van segundo o Convenio, e un longo etcétera de incógnitas con respecto ás novas contratacións que motivan que a representación do Comité se vexa na obriga de amosar a súa disconformidade nos contratos por descoñecemento e falta de explicacións por parte do Concello das novas contratacións. Esta situación vense repetindo ao longo do último ano e medio e mesmo nalgún caso ten provocado situacións tensas entre a representación do Comité e algún funcionario.
Nos últimos días o Concello achegou os últimos contratos que se veñen de formalizar, e dende a CIG consideramos que esta situación se está a converter en gravísima, e por iso solicitaremos de novo información ao Concello sobre os últimos contratos realizados de persoal docente. Á vista dos datos dos que dispón o Comité e sempre cun Concello que se nega a informar sobre os procesos selectivos atopámonos diante de seis novos contratos por obra ou servizo con duración determinada e sen o proceso selectivo pertinente, cando este persoal non é fixo discontinuo, e amósase así que neste Concello hai un duplo raseiro dependendo dos traballadores de que esteamos a falar, porque que mentres que o persoal do GRUMIR, por exemplo, ou a praza de técnico/a de orientación laboral teñen o proceso selectivo pertinente cada ano porque un novo contrato na Administración pública exixe un novo proceso, este persoal, á vista de que na web non se publicou ningún proceso selectivo, foi contratado sen tal e descoñecemos en base a que criterios.
A maiores e xa que non dispomos de información haberá que preguntarlle ao Concello de onde sae o cálculo das retribucións dalgúns deses novos contratos posto que son moi superiores ás que lle corresponden ao resto do persoal laboral segundo o convenio e a RPT, é obvio que hai un sistema de retribucións distinto que o do resto do persoal porque non é posible senón semellante diferenza salarial que fai que no caso de que fose un contrato a tempo total as retribucións puidesen superar mesmo as dos funcionarios de máis alto nivel, e, que por tanto, máis cobran neste Concello. A isto hai que engadirlle un dato que nos preocupa máis á vista da información achegada e sobre o que tamén se solicitará información, e que é como se fai a aplicación do Decreto 20/2012 de supresión da paga extra, porque tendo en conta documentación de que dispón este Comité parece, ao coincidiren as retribucións coas de anos anteriores, que hai persoal deste Concello ao que non lle van quitar a paga extra cando veñen de afirmar nun pleno que legalmente non había xeito de a compensar. Aínda así esperamos que todo teña un explicación e o Concello sexa quen de ofrecela porque do contrario séguense a perpetuar os casos escandalosos de discriminación entre os laborais nesta Administración.
O caso é que o único que consegue o Concello con estas trapalladas e coa falta de información ao Comité de Empresa é dar que pensar cando os datos non coinciden e cando non responde afirmar que as sospeitas estaban no certo, que é coñecedor das situacións e non pretende arranxalas e, en todo caso, os traballadores é posible que en moitos casos nin sequera saiban nin teñen porqué saber que o Concello está a facer as cousas mal en materia de contratación e son un elo máis nunha cadea onde a única responsable é unha Administración local que ás veces dá a impresión que dá paus de cego porque non ten moi claro o que debe facer. Se non hai explicacións con respecto a este tema agardamos que o Concello non volva a mentir dicindo que quere comezar a amañar a situación do persoal laboral porque o certo é que cada vez parece que esta empeora.
18/10/12
El Ayuntamiento conocía los errores de la Relación de Puestos de Trabajo
El Comité de Empresa del Ayuntamiento de Betanzos considera “totalmente
indignante” que el gobierno municipal reconozca que la Relación de
Puestos de Trabajo (RPT) contiene errores y, sin embargo, “non fose quen
de corrixilo de facto nin mesmo de asesorar ao personal de como facer
as alegacións”, señalan desde el sindicato mayoritario, la CIG.
Las mismas fuentes aseguran que “moitos deste erros xa os observamos
de inicio, e así os advertimos na mesa xeral de negociación”, si bien el
equipo dirigente renunció a solventarlos y elevó a pleno el mismo
documento que el presentado al personal en el Archivo-Liceo.
En cualquier caso, los representantes de los trabajadores confían en
que el ejecutivo local “non demostre semellante prepotencia” y que,
durante la fase de alegaciones ahora tramitación, “sexa quen de admitir
que cometeu erros e enmendalos para o ben dos empregados e do propio
Concello de Betanzos”.
Los sindicatos explicaron que, aunque el escrito de alegaciones es
“moi amplo”, las reclamaciones giran sobre tres ejes fundamentales: la
RTP es “ambigua”, presenta “eivas” en las categorías profesionales y
desigual en la asignación de complementos específicos, según la CIG.
"Diverso calibre"
Los empleados apuntan a errores “de diverso calibre”, desde mudanzas
en las categorías profesionales hasta alteraciones en los requisitos de
formación de distintas plazas y fallos de cálculo en la aplicación de
los complementos, e instan al grupo dirigente a aclarar quien elaboró
este documento para añadir que, en cualquier caso, la autoría es lo de
menos, “posto que quen o presentou ante o pleno foi o alcalde, e a
responsabilidade de promoción das discriminacións neste concello é
política”, puesto que quien lo aprueba es el gobierno local, con el
apoyo de CxB.
Las demandas del personal laboral pasan por que el grupo de José
Ramón García Vázquez solucione, cuanto antes, “os problemas que se viñan
arrastrando dende hai anos” en Betanzos. En este punto, recuerdan al grupo del PSOE que sus promesas eran
otras hace poco más de un año, cuando concurrieron a los comicios
locales de 2011.
17/10/12
Exercicio dos dereitos electorais o vindeiro día 21
Información publicada no DOG n.º 187 do luns 1 de outubro de 2012 con respecto ao persoal ao servizo da Administración autonómica que pode ser de utilidade xa que este Concello a catro días das eleccións non publicou ningunha información que regule este dereito.
O persoal que o día das eleccións
non goce do seu descanso semanal terá dereito a un permiso retribuído
de ata catro horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que
a súa quenda de traballo, o día 21 de outubro de 2012, coincida, polo
menos en catro horas, co tempo en que permanecerán abertas as mesas
electorais. Cando o traballo se preste en xornada reducida, efectuarase a
correspondente redución proporcional do permiso.
O persoal nomeado presidenta/e ou
vogal de mesas electorais e os/as que acrediten a súa condición de
interventoras/es teñen dereito, durante o día da votación, a un permiso
retribuído de xornada completa se non gozan en tal data de descanso
semanal, e a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o
día inmediatamente posterior.
Os que acrediten a súa condición de
apoderados/as teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da
votación, se non gozan nese día de descanso semanal.
A acreditación do persoal nomeado
presidenta/e ou vogal de mesas electorais ou da condición de
interventoras/es ou de apoderados/as, realizarase mediante a
presentación da oportuna xustificación documental na correspondente
dirección ou xefatura de persoal.
Se nos vindeiros días o Concello publica algunha información con respecto a este tema manterémosvos informados/as.
Ao PP amólanlle as persoas desempregadas (desenvolvemento da xornada eleitoral)
Moito falar de preocuparse das persoas en
situación de desemprego neste País e resulta
que a Xunta organiza o dispositivo de desenvolvemento da
xornada electoral do 21 de outubro maioritariamente con
empregadas e empregados públicos cando tiña a
posibilidade de darlle algo de traballo a calquera das
oficialmente 260.000 persoas galegas en
desemprego.
É
curioso que para traballar, a fin de contas, prefiren
ás empregadas e empregados públicos, pero
para organizar mellor contratan unha empresa amiga. A
empresa INDRA, adxudicataria de multitude de contratos e
encomendas de xestión coa Xunta, é a que se
encarga de seleccionar ao persoal. O traballo consiste en
acudir dúas xornadas, a primeira consiste nun
simulacro e a segunda é a propia xornada electoral. O
persoal que vai traballar no complexo administrativo de San
Caetano, cobrará entre os 200 e os 400
€.
En
principio só queren empregados e empregadas
públicas (para que despois falen mal) pero moita
xente botouse atrás no último momento, xa que
había que facer un contrato laboral a través
dunha Empresa de traballo temporal, e tiveron que tirar das
listas do paro. Do tema da compatibilidade xa se encargaba
INDRA de falar directamente con Función
Pública e “se hai que rachar co contrato, faise
e listo”, iso foi o que nos dixeron. Hai diversas
categorías, telefonista, correo, persoal colaborador
nas mesas electorais, etc. En función disto é
polo que se cobra.
Porque
non todos cobran esa pasta. O persoal colaborador das
xuntas electorais provinciais e de zona
gañarán 90 euros ou como moito 100 euros que
lle pode ofrecer algún concello que é quen os
contrata. O seu chollo consiste en visitar catro veces ao
día unha mesa electoral e transmitirlle a Compostela
os datos de participación e algunha posible
incidencia que se dese ao longo da xornada.
Naturalmente,
a formación do persoal elixido corre a cargo da
"empresa seleccionadora" e inclúe unha
xornada previa (un sábado de 08:45 a 14:30 h.) na
que se realiza un simulacro xeral. No anuncio de INDRA
informan de que o persoal colaborador seleccionado
recibirá unha compensación económica
polas tarefas de colaboración efectivamente
realizadas, pero non din nada de que hai que facer un
contrato laboral con xente que xa ten un posto de traballo
e que lle pode traer algún problema de
incompatibilidade.
Dende
a CIG esiximos publicamente que esa selección se
faga entre as persoas en situación de desemprego,
entre xente sen recursos, isto non sería
novidoso pois xa hai concellos que o sorteo o fan entre os
parados. Polo tanto, sr. Feijóo, non estamos a pedir
nada doutro mundo, só que tome nota e faga a
selección que lle recomendamos, porque ante a grave
situación económica que estamos a padecer, o
interese en participar como persoal colaborador nestas
eleccións temos por seguro que é moi
numeroso.
13/10/12
Alegacións do Comité de Empresa: Relación de Postos de Traballo
Tal e como comentamos en varias ocasións a Relación de Postos de Traballo aprobada inicialmente polo Goberno municipal ten moitísimos erros de diverso calibre, desde mudanzas na categoría profesional ata a mudanza nos requisitos de formación de distintas prazas e mesmo erros de cálculo na aplicación dos complementos, todo isto sen un manual que explique o porqué de todo, ou sexa que a explicación é porque a eles lles peta.
Non se sabe con certeza quen elaborou este documento mais o certo é que os representantes políticos non é a primeira vez que se intentan eximir de responsabilidades baixo a premisa de que a elaboración foi por conta dos técnicos do Concello, que tan só cunha ollada xeral ao documento nos podemos decatar de que foron funcionarios, non habería, senón, pois, explicación ningunha para tal reparto de complementos específicos ata o punto de que un funcionario do grupo E nivel 13 (o máis baixo) cobra, por exemplo, 5861,64 euros anuais de complemento específico e un laboral do grupo 1 (o máis alto) cobre pouco máis de mil euros. O certo é que a fin de contas pouco importa quen o elaborase posto que quen o presentou ante o Pleno foi o alcalde e a responsabilidade de promoción das discriminacións neste Concello é política porque o goberno municipal apoiado por CxB pretende levalo adiante a pesar de que hai pouco máis dun ano, cando entraron a gobernar, as promesas todas xiraban arredor da idea de solucionar os problemas que se viñan arrastrando dende hai anos, iso, un ano despois, pódese traducir en que pretenden agravalos aínda máis e que as diferenzas se vaian facendo insalvables e de máis difícil solución.
O que dende a CIG consideramos totalmente indignante é que o Concello admitise que na RPT hai erros e que non fose quen de corrixilos de facto nin de mesmo asesorar ao persoal de como facer coas alegacións. É o colmo que o Concello cometa o erro e o traballador se se decata, se sabe ou mesmo se atreve poida enmendalo. Moitos destes erros xa os observamos e advertimos dende a CIG na Mesa Xeral de Negociación, a pesar de só ter dous días para poder analizala, mais aínda así o documento non se modificou para corrixilo antes do Pleno.
Agardamos que, cando menos, no tema das alegacións o goberno municipal non demostre semellante prepotencia e sexa quen de admitir que cometeu erros e emendalos para o ben de todos os traballadores e do propio Concello.
O documento de alegacións presentado ao Concello é moi amplo, mais, a grandes trazos, as alegacións do Comité de Empresa foron as seguintes:
A memoria da Relación de Postos de Traballo non reflicte a realidade da totalidade das mudanzas que lle afectan ao persoal e mesmo incorre en varios erros de vulto. Ademais especifica unha serie de consideracións que non se aplican a todos os casos, por exemplo, a creación de prazas por indefinición e a adecuación dos complementos específicos, e entendemos que o criterio é completamente arbitrario e inxustificado e por iso este documento é inválido como memoria previa por ser parcial, ambigüo e empregados os criterios de xeito uniforme en función dos traballadores afectados. Ademais solicitamos que se faga público o documento que acredite as equivalencias na numeración dos postos e prazas da RPT en vigor con respecto á aprobada inicialmente e que é obxecto destas alegacións.
Ademais solicitamos que a RPT recolla os requisitos de titulación de todas as prazas que a requiran e que modifique os das prazas sinaladas por considerarmos que se trata de erros debido ao que moitos dos requisitos non eran necesarios para a selección do persoal que as ocupa e que os postos que con carácter singular e individual sufren modificación teñan a correspondente adecuación no complemento específico, que se corrixan as eivas referidas ao grupo profesional que se sinalan posto que non se pode cambiar a categoría profesional dos postos sen a oferta dunha nova praza con distintas carcaterísticas, que se corrixan as eivas referidas ao complemento de posto, que se doten todas as prazas dun complemento e que se fagan públicos os criterios de atribución dos niveis aos todas as prazas tendo en conta os grupos de todas as prazas.
O Comité de Empresa tamén solicitou que se adecúe o complemento específico a cada un dos postos de traballo modificados, que se reflictan neste os traballos que o persoal vén realizando dende hai anos sen a remuneración correspondennte e que con carácter singular e individualizado, tal e como na memoria se indica para algúns postos e se incrementen no complemento específico as retribucións anuais que certos traballadores veñen percibindo de xeito periódico como gratificacións que retribúen traballos realizados dentro das funcións de cada posto e que o Concello faga público o sistema de xestión da RPT que valora cada un dos postos e a aplicación deste eles que poña de manifesto os criterios empregados para a desproporción na valoración dos postos ocupados por persoal laboral fronte aos de funcionarios.
Agardamos que o Concello amose desta volta a boa vontade que tanto lle gusta predicar na prensa, recúe e inicie un verdadeiro proceso de negociación que poña sobre a mesa as opcións para arranxar as históricas discriminacións entre o persoal e non obrigue a xudicializar os conflitos cos propios traballadores tal e como leva facendo no último ano e como dixo que non faría naquela primeira reunión do alcalde recén chegado co novo Comité de Empresa.
09/10/12
07/10/12
Alegacións do Comité de Empresa: Plan de Emprego
Tal e como informamos con respecto ás alegacións do Comité de Empresa aos documentos relativos ao persoal e presentados no pasado mes de xullo ante o Pleno para a súa aprobación presentáronse alegacións aos tres documentos que se achegaron na Mesa Xeral de Negociación.
Con respecto ao Plan de Emprego a documentación que o Concello achegou é unha memoria de
xustificación do Plan de Emprego do concelleiro de Persoal, Diego
Fernández López. Nesta memoria comézase facendo alusión a un
informe da Secretaría municipal sobre todos os efectivos de persoal
do Concello de Betanzos que conclúe que se precisa un plan para a
reasignación de efectivos. Este informe non foi facilitado xunto coa
documentación achegada na Mesa Xeral do 30 de xullo e consideramos
que é de vital importancia para o coñecemento da situación de todo
o persoal laboral debido á falta de documentación por parte dos
representantes sindicais neste Concello, por iso a CIG solicitou por rexistro este informe que non estaba en exposición pública xunto co resto da documentación durante o período de consultas do orzamento, mais a día de hoxe o Concello aínda non llo facilitou.
Nas
consideracións con respecto á formulación da nova RPT e a
elaboración do Plan de Emprego hai que destacar que se propón o
peche do Centro de Formación Ocupacional baseándose principalmente
na escasa actividade do cento mais subliñando que no caso e que haxa
cursos o monitorado cubrirase con persoal ocasional e temporal a
través de contratación externa, enténdese pois que o que se está
a facer é a redestinar ao persoal municipal a outros servizos para
proceder a cubrir esas prazas no momento que faga falta con novo
persoal, é obvio que hai moitas contradicións.
Así
mesmo, indícase que como teñen en conta que non é unha
modificación colectiva se lles dará aos traballadores traslado
previo e audiencia no expediente durante quince días, cando en
ningún momento o propio documento do Plan de Emprego foi público
ata que se entregou na Mesa Xeral de Negociación do 30 de xullo e os
traballadores afectados non se lles comunicou por escrito
absolutamente nada ata o día de hoxe con respecto ao Plan de Emprego
e as modificacións que os seus postos sufrirían, é claro, pois, se
é así, que non tiveron audiencia no expediente durante quince días.
Hai que facer fincapé en que a propia memoria
indica que o Plan de Emprego debería ser informado previamente á
Mesa Xeral de Negociación polo Comité de Empresa tal e como indica
o artigo 19 do Convenio colectivo do Persoal laboral e a día de hoxe
o Comité de Empresa non foi requirido para a realización de tal
informe e nin sequera se lle achegou ao Comité omo tal ningunha
documentación relativa ao Plan de Emprego, este trámite que se
indica como necesario nin sequera foi realizado polo Concello que
directamenta chegou á Mesa Xeral a un día
do Pleno e sen posibilidade de negociación e achegou un Plan de
Emprego pechado e sen ningun informe que o avale.
Por
último, e con respecto ás últimas consideracións que indican que
unha vez que o Plan de Emprego sexa obxecto das audiencias e achegas
dos representantes sindicais será levado ao Pleno para a súa
aprobación é necesario dicir que os representantes sindicais non
tivemos ningunha posibilidade de consideracións nin de achegas posto
que na Mesa Xeral de Negociación convocada o luns non había
posibilidades reais de negociación tal e como alí se expresou e
tendo en conta que o pleno de aprobación do orzamento e a RPT tería
lugar ao día seguinte.
Debido a todo isto o Comité solicitoulle ao Concello que o Plan de Emprego non sexa
aprobado porque non foi obxecto da negociación pertinente na Mesa Xeral de Negociación e o propio Concello incumpriu cos pasos necesarios
para a devandita aprobación ao non solicitarlle un informe sobre o
documento ao Comité de Empresa do persoal laboral do Concello de
Betanzos, tal e como indica que é preceptivo no criterios para a súa
tramitación. A maiores os traballadores afectados polo devandito
plan non tiveron audiencia no expediente no prazo pertinente nin
tiveron coñecemento da modificación exacta das funcións de cada
praza ata que se publicou provisionalmente a RPT e o Plan o que
consideramos sumamente grave e que é unha boa mostra da nula vontade
de negociación por parte do goberno municipal con respecto a este
Plan de Emprego.
05/10/12
Nota sobre as reclamacións da paga extra
Están a ser distribuídos, varios
modelos de reclamación ou recurso individual contra a
aplicación da nova redución salarial aos empregados
públicos que recollen os artigos 2 e 3 do RDL 20/2012, do 13
de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria.
A Asesoría Xurídica da CIG
desaconsella ás empregadas e empregados públicos a
presentación de reclamacións-tipo, polos seguintes
motivos:
a) A supresión da paga extraordinaria non
responde a unha decisión administrativa, senón que é
consecuencia dunha lei. As administracións, organismos,
entes ou empresas públicas non poden deixar de aplicar unha
lei, polo que esas reclamacións están condenadas ao
fracaso en vía administrativa.
b) A presentación de reclamacións-tipo
pode ter consecuencias negativas. Se a administración
emite unha resolución desestimatoria e esta
non é impugnada xudicialmente,
prodúcese un acto administrativo firme e
consentido, de modo que a persoa reclamante non pode repetir a
reclamación no futuro.
c) A presentación de demandas xudiciais,
nomeadamente en vía contencioso-administrativa, pode acarrexar
a imposición de custas procesuais. Ademais, unha
sentenza desestimatoria produce o efecto de cousa xulgada,
coas mesmas consecuencias, xa explicadas no punto anterior.
En todo caso, as reclamacións non poden
dirixirse contra o real decreto-lei, senón contra os seus
actos de aplicación e, particularmente,
contra a redución en nómina da
paga extraordinaria, que terá lugar no mes de
decembro.
Dado que a supresión da paga extraordinaria
foi acordada mediante Real Decreto-lei, só o
Tribunal Constitucional pode resolver
sobre a súa conformidade a
dereito. Para que este tribunal actue ten que ser algún
dos suxeitos lexitimados -50 deputados, 50 senadores, o defensor do
pobo ou unha comunidade autónoma- quen presente o «recurso
de inconstitucionalidade» (art. 162 CE).
Neste sentido, o pasado día 27 de setembro, o
pleno do Parlamento
de Navarra decidiu recorrer perante o
Tribunal Constitucional a supresión
da paga extraordinaria de decembro
dos empregados públicos, baseándose tanto na
«inidoneidade constitucional» do decreto-lei para
suprimir, a metade de exercicio, un dereito retibutivo básico,
como na posíbel vulneración das competencias forais
sobre función pública.
Se o Tribunal Constitucional estima o recurso de
Navarra, declarando a inconstitucionalidade do decreto-lei, a
sentenza beneficiará a todas as
empregadas e empregados públicos,
salvo a aqueles que, como
consecuencia dunha reclamación
individual, obtiveran unha resolución
desestimatoria firme e consentida en
vía administrativa, ou ben unha
sentenza desestimatoria con efectos de cousa xulgada en vía
xudicial.
A CIG apoia todas as
accións reivindicativas que se utilicen para
mostrar o rexeitamento das empregadas e empregados públicos a
un conxunto de medidas que constitúen un ataque sen precedente
aos nosos dereitos individuais e colectivos. Non obstante, fai un
chamamento á cautela para evitar
resolucións desfavorábeis que poidan prexudicar as
propias persoas interesadas.
(O Parlamento de Navarra aproba presentar recurso
de inconstitucionalidade contra a supresión da paga extra de
Nadal, co voto favorable de SN, Nabai, Bildu e I-E, a abstención
de UPN e o voto en contra do PPN.)
03/10/12
Despedimentos colectivos nas administracións: avaliación do proxecto de regulamento específico
O Gabinete Técnico Confederal da CIG publica a avaliación sobre o Proxecto de Regulamento Específico dos Procedementos de Despedimento Colectivo do persoal laboral ao servizo das administracións públicas.
O obxectivo desta regulación non é outro que consagrar como algo normal, e non excepcional, o despedimento do persoal laboral das administracións públicas, prohibindo ademais que se tomen outras medidas de menor danocomo a suspensión ou redución de xornada. Na práctica vulnérase a negociación colectiva, exclúese a lexislación laboral e os convenios e acordos pasan a ser papel mollado en todo o que se refire ás condicións do emprego, incluída a extinción do contrato de traballo.
Podes consultar o documento aquí.
ANTECEDENTES.
A disposición adicional vixésima do E.T., despois da reforma laboral, establece: “O despedimentos por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción do persoal laboral ao servizo dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público, de acordo co artigo 3.1 do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, efectuarase conforme ao disposto nos artigos 51 e 52.c) do E.T. e as súas normas de desenvolvemento e no marco dos mecanismos preventivos e correctivos regulados na normativa de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira das Administracións Públicas.
A efectos das causas destes despedimentos nas Administracións Públicas a que se refire o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, entenderase que concorren causas económicas cando se produza nas mesmas unha situación de insuficiencia orzamentaria sobrevida e persistente para o financiamento dos servizos públicos correspondentes. En todo caso, entenderase que a insuficiencia orzamentaria é persistente si se produce durante tres trimestres consecutivos.
Entenderase que concorren causas técnicas, cando se produzan cambios, entre outros no ámbito dos medios ou instrumentos da prestación do servizo público de que se trate e causas organizativas, cando se produzan cambios, entre outros, no ámbito dos sistemas e métodos de traballo do persoal adscrito ao servizo público”
En xuño de 2012, a Dirección Xeral de Traballo elaborou un borrador de Regulamento dos Despedimentos Colectivos que non incluía nada ao respecto do procedemento no caso do persoal laboral ao servizo do sector público. En agosto, deuse a coñecer por parte desa Dirección Xeral un novo titulo III, dentro dese borrador de Regulamento, coas normas específicas para o despedimento nas Administracións Públicas.
Actualmente, o proxecto de Regulamento para o procedemento dos despedimentos colectivos, de suspensión de contratos e de redución de xornada, está a ditame do Consello de Estado e a punto de saír publicado no BOE.
Sobre o Regulamento, o Gabinete Técnico xa fixo un documento de avaliación a finais do mes de xuño. Compre agora, completar esa avaliación en relación ao novo engadido específico para o persoal laboral das administracións públicas.
CONTIDO.
En primeiro lugar debemos aclarar que este procedemento específico non abrangue ao persoal laboral ao servizo dos entes, organismos e entidades que, formando parte do sector público, non teñan a consideracións de Administracións Públicas, que se rexerán polo procedemento xeral. Afecta entón ao persoal laboral da Administración Xeral do Estado, da autonómica e da local, das entidades xestoras da Seguranza Social, dos Organismos Autónomos, das Universidades Públicas, das Entidades de Dereito Público que non operen no mercado nin se financien maioritariamente con ingresos obtidos pola produción de ben ou prestacións de servizos, das entidades públicas empresariais estatais, autonómicas ou locais.
O carácter colectivo.
Considérase que o procedemento é colectivo cando afecte a:
- Dez persoas no Departamento ministerial, autonómico ou local de que se trate, así como nos organismos ou entes dependentes que ocupen a menos de 100 traballadores e traballadoras.
- O 10% do número de persoas empregadas nos mesmos cando no departamento de que se trate ocupe entre cen e trescentas persoas.
- Trinta persoas no departamento que ocupe a máis de trescentos traballadores e traballadoras.
As causas de despedimento.
As causas económicas veñen determinadas pola insuficiencia orzamentaria. E esta queda definida, “ao menos e entre outros” nos seguintes casos:
As causas económicas veñen determinadas pola insuficiencia orzamentaria. E esta queda definida, “ao menos e entre outros” nos seguintes casos:
- Cando as subvencións nominativas do departamento, consellería ou entidade local, ente ou organismo, diminuíran, ao menos nun 10% con respecto ao exercicio anterior.
- Cando as transferencias de capital correspondentes ás entidades citadas diminuíran ao menos un 10% respecto do exercicio anterior.
- Cando a achega orzamentaria ao convenio ou ao contrato programa que tivera concertado o ente, organismo ou entidade de que se trate diminuíra ao menos un 10% respecto do exercicio anterior
- Cando se adoptara un acordo de non dispoñibilidade que afecte ao departamento, consellería, entidade local, ente ou organismo de que se trate.
Entenderase que concorren causas técnicas cando se produzan cambios, “entre outros”, no ámbito dos medios ou instrumentos da prestación do servizo público ou actividade de interese xeral de que se trate.
Entenderase que concorren causas organizativas cando se produzan cambios, “entre outros”, no ámbito dos sistemas e métodos de traballo do persoal adscrito ao servizo público ou actividade de interese xeral.
Inicio do procedemento.
O procedemento iniciarase por escrito mediante a comunicación da apertura do período de consultas.
A documentación común a todos os procedementos constará dunha memoria explicativa das causas e da súa relación cos principios de estabilidade e suficiencia establecidos na Lei Orgánica 2/2012 de estabilidade orzamentaria. Tamén se aportará os criterios tidos en conta en relación coa prioridade de permanencia do persoal laboral fixo que adquirise esa condición de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade a través dun procedemento selectivo de ingreso convocado ao efecto.
Cando se trate de causas económicas, deberán aportar a seguinte documentación:
- Memoria explicativa das causas económicas que acrediten a situación de insuficiencia orzamentaria
- Os orzamentos dos dous últimos exercicios, onde consten os gastos de persoal e, no seu caso, as modificacións dos cretos orzamentarios.
- Certificación do responsable da oficina orzamentaria ou órgano contable onde conste que concorre a causa de insuficiencia aludida.
- Relación de postos de traballo ou cadro de persoal do departamento,consellería, etc, de que se trate.
- Plano de Ordenación de Recursos Humanos no caso de que este se houbese tramitado.
- “Calquera outra documentación que xustifique a necesidade extintiva”
Deberase comunicar o inicio do procedemento á autoridade laboral, simultaneamente a súa comunicación aos representantes sindicais. Tamén comunicará información sobre a composición da representación do persoal, así como da comisión negociadora do procedemento de despedimento colectivo.
Igualmente, deberá comunicarse toda esa documentación á Secretaría de Estado de Administracións Públicas ou autoridade equivalente no ámbito das Comunidades Autónomas, cando se trate de procedementos que afecten ao persoal laboral da Administración Xeral ou ás CCAA. Estas autoridades deberán emitir informe sobre o procedemento, sobre as causas e sobre o resto das circunstancias derivadas do mesmo, así como aplicar a prioridade de permanencia do persoal que adquirise a súa condición a través dun proceso selectivo convocado ao efecto. No caso das entidades locais estas autoridades non interveñen nin emiten informe algún.
Período de consultas.
O período de consultas terá como finalidade chegar a un acordo. A consulta versará, como mínimo, sobre as posibilidades de evitar ou reducir os despedimentos e de atenuar as súas consecuencias, sempre que sexan compatibles coa natureza e réxime xurídico da Administración de que se trate.
A intervención neste período corresponderá ás seccións sindicais cando estas así o acorden, sempre que teñan a representación maioritaria nos comités de empresa ou entre os delegados de persoal, no seu caso.
Plano de re colocación externa.
O Plano de colocación externa será elaborado polos correspondentes Servizos Públicos de Emprego, e deberá ser presentado, ao finalizar o período de consultas, polo departamento, consellería, entidade local, ente ou organismo de que se trate
Finalización do procedemento.
Finalizado o período de consultas, o resultado do mesmo debe de ser comunicado ao órgano competente en materia de Función Pública para que este “emita informe previo e vinculante”, sendo nulas de pleno dereito as decisións ou acordos que se acadaran sen a concorrencia deste requisito. O resultado pode ser de desacordo ou de acordo; neste caso deberá acompañarse o pre acordo acadado que non será firme ata que o devandito informe o valide.
No caso da Administración Xeral do Estado o órgano competente para emitir dito informe previo e vinculante corresponderá ao “Ministerio de Facenda” No caso das CCAA. efectuarase a través da Dirección Xeral competente en materia de función pública ou a través do órgano que estas determinen.
Obtido o informe, procederase a formalizar o acordo acadado no prazo máximo de dez días desde que este fose emitido.
Tamén se comunicará o resultado do período de consultas á autoridade laboral e entre a documentación remitida deberá obrar sempre o informe do órgano competente en materia de Función Pública.
No Administración local, como non se require ese informe previo e vinculante, finalizado o período de consultas comunicarase o resultado do mesmo á autoridade laboral competente. A entidade local comunicará aos representantes do persoal e á autoridade laboral a decisión sobre o despedimento colectivo que realiza. Esta comunicación realizarase no prazo de quince días a contar desde a data da última reunión celebrada no período de consultas.
Establécese tamén unha finalización do procedemento por desestimento. Unha vez transcorrido o prazo de dez días, no caso das Administracións xeral e autonómica, ou de quince días no caso das entidades locais, sen que se comunicara a decisión de despedimento colectivo, producirase a terminación do procedemento por desestimento.
AVALIACION.
En primeiro lugar hai que sinalar un posible conflito de competencias. O artigo 72 do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) di que “ no marco das súas competencias de auto organización, as Administracións Públicas estruturan seus recursos humanos de acordo coas normas que regulan a selección, promoción profesional, mobilidade e distribución de funcións e conforme ao previsto neste capítulo”. O artigo 7 deste texto legal establece que o persoal laboral réxese, ademais de pola lexislación laboral e convenios, polos preceptos deste Estatuto que así o dispoñan. E o artigo 69.3 prescribe que “cada administración pública planificará seus recursos humanos de acordo cos sistemas que establezan as normas que lles sexan de aplicación. Na Galiza, hai que ter en conta a Lei da Función Pública pero iso en modo algún se contempla nesta regulación específica, que pretende abranguer cos seus preceptos a todas as administracións, independentemente do marco legal aplicable a cada unha delas, sen invocación de título competencial algún.
Tampouco se entende- ou mellor dito enténdese perfectamente- por qué o proxecto de regulamento deixa sen efecto a competencia da Inspección de Traballo e Seguranza Social (ITSS) para intervir no procedemento de despedimentos colectivos nas administración públicas, cando o artigo 4 da Lei reguladora da Inspección di claramente que ese é un dos seus campos de actuación.
O obxectivo desta regulación non é outro que consagrar como algo normal, e non excepcional, o despedimento do persoal laboral das administracións públicas, prohibindo ademais que se tomen outras medidas de menor dano como a suspensión ou redución de xornada. O procedemento establecido é puro fume, xa que as causas que xustifican o despedimento están predeterminadas polos políticos xestores das distintas administracións, que son xuíz e parte. Eles poden fabricar as causas que xustifican o despedimento e despois tomar a decisión correspondente. Terán, iso si, que seguir un procedemento no que se fai mención formal á negociación, pero materialmente esa negociación non vai a existir porque o despedimento está previamente determinado, con amparo na lei de estabilidade orzamentaria, e supervisado e avalado pola autoridade de alto nivel, en Facenda e Función Pública, que emite informe previo e vinculante. Na práctica vulnérase a negociación colectiva, exclúese a lexislación laboral e os convenios e acordos pasan a ser papel mollado en todo o que se refire ás condicións do emprego, incluída a extinción do contrato de traballo.
As causas establecidas para xustificar os despedimentos non están amparadas na obxectividade e servizo aos intereses xerais, como esixe a constitución española. De ser así, habería que tratar de chegar a un acordo e elaborar un Plano de Emprego para ver na situación actual que emprego público é racional e obxectivamente necesario e prioritario para o interese xeral e cal non. Esta negociación, segundo o EBEP sería común ao persoal funcionario e ao laboral, porque o emprego público é un. Pero nada deso, óptase por poñer no punto de mira ao persoal laboral, deixándoo totalmente indefenso ante as decisións de despedimentos das distintas administracións públicas.
Na determinación destas causas vaise máis alá do que a lei, na disposición adicional vixésima do E.T. dispón. Cando se concreta que se entende por insuficiencia orzamentaria non desenvolve o establecido legalmente, senón que crea un novo concepto ao establecer unha serie de supostos concretos (en relación ás subvencións, transferencias de capital, contrato programa, ou simplemente a non dispoñibilidade,) totalmente aberta , xa que utiliza a expresión “ao menos e entre outros” tipicamente arbitraria.
Quen decide o orzamento ou quen ten nas súas mans a capacidade de subvencionar, facer transferencias de capital ou contratos programa, é quen vai a determinar os despedimentos. Cunha porcentaxe tan reducida do 10% respecto do ano anterior pode cociñar os despedimentos que lle veña en gana, constituíndose en xuíz e parte nun procedemento de despedimento colectivo que outorga ás Administracións un enorme poder arbitrario e incontrolable. E non digamos xa cando se trate dun acordo de non dispoñibilidade que afecte ao departamento, consellería, entidade local, ente ou organismo do que se trate.
Pero esta arbitrariedade inda empeora si se trata de causas técnicas ou organizativas, porque aquí nada se desenvolve con respecto á lei e ademais utilízase tamén a expresión “entre outras”. Interesa, está claro, a maior indeterminación e inseguridade xurídica ao servizo da decisión arbitraria dos responsables políticos das distintas administracións.
Nesta liña hai que facer notar o feito de que a comunicación do despedimento omite a inclusión de medidas sociais de acompañamento. Para qué si o que se trata é de non negociar e facilitar o despedimento. Por outra parte, tampouco se di nada sobre os criterios para escoller quen son as persoas afectadas polo despedimento dentro da correspondente RPT, agás a preferencia no emprego daquelas que accederan a través dun proceso selectivo de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade.
Luís Burgos
Gabinete Técnico Confederal da CIG
O Goberno dálle a razón á CIG: privatizar é máis caro
O novo web da Presidencia do Goberno de España será xestionada polo propio persoal funcionario do ministerio.
Nun comunicado de prensa emitido o 1 de outubro o Ministerio de Presidencia informaba da inauguración da súa nova páxina web. Despois de tres parágrafos falando das principais novidades, chámanos a atención o último: Para o desenvolvemento deste proxectocontouse en exclusiva con recursos propios do Ministerio. A modificación da páxina web supoñerá tamén un importante aforro en custos ao pasar a súa xestión tanto técnica como de contidos ao persoal funcionario.
Desde a CIG-Autonómica levamos tempo e comunicados denunciando a privatización dos servizos públicos e en particular no ámbito das novas tecnoloxías, onde se soe deixar de lado o persoal propio para facer contratas moito máis caras con empresas amigas.Congratulámonos de que, alomenos neste caso, o Ministerio de Presidencia entrase en razón e agardamos que desde a Xunta en xeral, e na AMTEGA en particular, se tome exemplo e se aposte polos recursos propios no canto de polas amortizacións, a redución de xornada e os despeidmentos do persoal propio co obxecto de privatizar os servizos públicos.
Máis aló da evidente cuestión da carga de traballo necesaria para xustificar o mantemento dos nosos postos, atópase a necesidade dos servizos públicos como elementos de cohesión social pero tamén se atopa unha razón desde o punto de vista da "austeridade" na que coincidimos neste caso co Goberno: a privatización é máis cara, ademáis de xenerar precariedade laboral e dar peores servizos. E isto é así tanto no servizos informáticos, como nos servizos sociais, sanidade, educación...
De CIG Administración Pública.
De CIG Administración Pública.
O anteproxecto de orzamentos xerais afonda no deterioro e recorte dos empregados públicos
O Goberno de Mariano Rajoy mantén a conxelación salarial para os empregados/as públicos e a taxa de reposición no 0%
Na tarde do pasado mércores tivo lugar a Mesa Xeral de Administracións Públicas co único punto na orde do día da presentación do capítulo dedicado a persoal dos Orzamentos Xerais do Estado para 2013, que aborda as retribucións e condicións laborais do persoal ao servizo das administracións públicas. Un ano máis, a Área Pública ten que manifestar o seu absoluto rexeitamento ao contido duns orzamentos que reinciden na conxelación salarial e no mantemento da taxa de reposición do 0%, afondando deste xeito no deterioro e desmantelamento dos servizos públicos.
A convocatoria, da Mesa, como vén sendo habitual foi remitida aos sindicatos sen documentación previa para poder analizar en profundidade o contido deste capitulo dos Orzamentos e valorar en toda a súa extensión o impacto que terán tanto nas condicións salariais e laborais do persoal como no propio funcionamento e mantemento dos servizos públicos. Este método impositivo e escurantista, denuncia a Secretaria de CIG-Administración Pública, Maricarme López Santamariña, imposibilita presentar alternativas nin negociar ningúns dos aspectos tratados. “Trátase dun trámite máis que o Goberno ten que cumprir porque así lle obriga a lei”, asevera.
Segundo os datos presentados, o persoal das administracións recuperarán a paga extraordinaria de nadal para o vindeiro 2013. Porén, o Goberno do PP mantén a conxelación salarial, sen dar posibilidade á actualización da perda do poder adquisitivo acumulada dende 2009. Neste senso, a Área Pública da CIG lembra que tan só neste ano, os empregados e empregadas públicas perderon case o 10% da súa capacidade adquisitiva (por mor da supresión da paga extraordinaria de nadal, que supón unha baixada do 7%, unida á suba do IPC, situado a remate de agosto no 2,7%).
Así mesmo, mantense a prohibición de facer achegas a fondos ou plans de pensión ou previsión.
Respecto da taxa de reposición, esta mantense nun 0% para todo o sector público, agás en determinados sectores básicos, como Educación e Sanidade, onde será de até un 10%, ao igual que para os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Forzas Armadas e corpos de loita contra a fraude fiscal. Non obstante, segundo se informou na Mesa, non se producirán contratacións de persoal eventual ou interinos/as, excepto naqueles casos inaprazábeis en sectores prioritarios ou que afecten a servizos públicos esenciais, mais coa autorización previa correspondente.
Dende a Área Pública reiteraron a advertencia das graves consecuencias que esta decisión está tendo para os servizos públicos e para o seu mantemento, provocando o colapso da administración e dos servizos públicos, que xa están comenzando a verse incapaces de atender ás demandas dos cidadáns e cidadás por falta de persoal.
A CIG, como denunciou en múltiples ocasións, advirte que tras desta medida agóchase a decisión do PP de ir “adelgazando a administración”, que non é outra cousa que “abocar ao peche a certos servizos públicos porque non será posíbel atendelos e favorecer a privatizacións dos que sexan máis rendíbeis”.
02/10/12
Prensa: La Opinión A Coruña 02/10/2012
El personal laboral y funcionario recurre el presupuesto de Betanzos
La CIG denuncia que en el Concello "no existe ningún personal laboral fijo" . Las cuentas reciben un aluvión de alegaciones de trabajadores
El embrollo laboral que tiene el Concello de Betanzos es de órdago. Según los datos facilitados por sindicatos, al menos 50 de los 137 trabajadores en plantilla, ha presentado alegaciones de forma individual a la Relación de Puestos de Trabajo (RPT) y el plan de empleo que recoge el primer presupuesto municipal desde 2008.
A las
reclamaciones personales hay que sumar las de la junta de personal y el
comité de empresa que ya han anunciado que elevarán sus quejas a la
Justicia de no ser atendidas. PP y BNG, que suman mayoría, han hecho lo
propio y ya anticipan que apoyarán buena parte de las reivindicaciones
de los trabajadores. Con este panorama, es una incógnita cuándo entrarán
en vigor las cuentas, aprobadas con los únicos votos de PSOE y CxB tras
una fracasada cuestión de confianza.
Las alegaciones del CSIF,
sindicato mayoritario de la junta de personal, y de CIG, por parte del
comité de empresa, comparten más de una reclamación. La principal,
secundada también BNG y PP es la ausencia de una negociación real de la
RPT. El personal sostiene que el Concello ha incumplido la "buena fe
negociadora" al celebrar una mesa de negociación solo un día antes de
elevar el presupuesto a pleno, ya pactado con CxB. "El Gobierno local
comienza la reunión exponiendo que lo que se aporta se va a presentar
tal y como está al pleno del día siguiente", expone el CSIF en sus
alegaciones. Los sindicatos denuncian también una "reclasificación
encubierta" de puestos de trabajo que vulnera los principios de mérito,
igualdad y capacidad al no convocar un concurso.
CIG y CSIF
critican "diferencias injustificadas" de salarios y complementos
específicos entre trabajadores del mismo grupo que realizan las mismas
funciones.
El personal laboral incide en la ausencia de una
manual sobre el método empleado en la valoración de los diferentes
puestos lo que, critican, da pie a todas estas desigualdades. La CIG
aporta en sus alegaciones un dato que resulta muy revelador del desorden
laboral que padece el Concello. Según este sindicato, en Betanzos no
existe ningún personal laboral fijo, son todos temporales, a pesar de
que hay empleados que llevan más de 20 años.
Prensa: El Ideal Gallego 02/10/2012
La CIG rechaza las cuentas brigantinas por falta de consenso con los sindicatos
El sindicato CIG se opone a las cuentas aprobadas del Ayuntamiento de Betanzos. Según fuentes de esta entidad, acaba de presentar alegaciones contra la aprobación inicial del presupuesto, así como contra la RPT (Relación de Puestos de Trabajo) y el plan de empleo municipal.
Según la plataforma sindical, uno de los motivos para efectuar las
reclamaciones fue la falta de negociación previa preceptiva con las
organizaciones sindicales, tal y como establece la legislación vigente.
“A relación de postos de traballo presentada polo goberno local,
adoece de tantos defectos que mereceu, ademais das alegacións da CIG, as
alegacións do comité de empresa y de case a metade del persoal
municipal”, apunta desde la entidad.
La CIG también añade que tiene constancia de que los documentos
recibieron las alegaciones de otras organizaciones sindicales e incluso
de grupos políticos.
El comunicado de la plataforma sindical se produce quince días
después de que el alcalde, Ramón García Vázquez, consiguiese sacar
adelante las cuentas, después de vincular su continuidad en el puesto
con la aprobación del presupuesto.
Aunque fue reprobado en la moción de confianza por la mayoría de los
ediles de la oposición, ese hecho no constituyó, salvo una dilación en
el tiempo, que no se saliese con la suya.
El Boletín Oficial de la Provincia (BOP) en su edición del día 13 de
septiembre estipulaba un plazo de quince días para que los interesados
pudiesen examinar los presupuestos y presentar las reclamaciones que
estimasen oportunas ante el pleno.
01/10/12
O Comité de Empresa tamén presentou alegacións á Relación de Postos de Traballo, ao Plan de Emprego e ao Capítulo XII do orzamento
Na reunión ordinaria do mes de setembro o Comité de Empresa acordou presentar unha serie de alegacións á Relación de Postos de Traballo, do Plan de Emprego e do Capítulo XII relativo ás normas de persoal.
O documento presentado por rexistro pretende ser unha análise polo miúdo de todos os defectos, erros e mudanzas que levamos observados dende que o Concello nos achegou o documento a finais de xullo. Á vista de todos os documentos a memoria previa á RPT e a propia memoria do Plan de Emprego incorren en varios erros que consideramos de gravidade e ocultan información sobre as verdadeiras modificacións da RPT. Iremos desmiuzando pouco a pouco algunhas das propostas recollidas neste documento.
Capítulo XII. Normas relativas ao persoal.
O Comité solicitou que se subsanen os
erros e que o criterio de adecuación do complemento
específico á asignación de novas funcións a distintos postos de
traballo sexa uniforme e non arbitrario tal e como acontecería se esas normas se aplican sen se modificar. Ademais tamén incidiu en que
o persoal que non vén percibindo os trienios correspondentes deixe
de ser discriminado nestes termos e que tampouco se produzan agravios
discriminatorios totalmente arbitrarios e inxustificados no pagamento
do complemento extra das pagas de dúas prazas de compañeiros laborais.
Ademais ínstase ao Concello a faga público o manual do criterio de asignación dos niveis
de complemento de posto e que lle asigne o devandito nivel a todos os
postos que están incluídos na Relación Postos de Traballo. A maiores, solicitouse que
se publiquen os criterios de asignación do complemento persoal e que
se procure unha fórmula para evitar este agravio discriminatorio
duns traballadores con respecto a outros.
O Comité tamén solicitou que o Concello utilice os mesmos criterios de retribución ocasional
polo desempeño de funcións superiores en vacacións, baixas etc
para o persoal laboral e o funcionariado, do contrario, se segundo indican as propias normas, isto supón un
agravio discriminatorio en función da relación contractual dos
traballadores. Con respecto ao persoal non estrutural pediuse que o Concello unifique e especifique os criterios retributivos do
persoal ao abeiro de subvención de xeito que todos os traballadores
en semellante situación contractual coñezan e se lles aplique o
mesmo criterio con respecto ás retribucións básicas e
complementarias.