O Tribunal Constitucional deu un paso
contra a desigualdade no seu recente fallo sobre as pensións de
traballadores a tempo parcial inédito ata o de agora: incorporar
expresamente a discriminación indirecta de xénero como elemento
para anular unha norma por non respectar a Carta Magna. O Tribunal
tomou a iniciativa e expuxo unha cuestión interna de
inconstitucionalidade con esta perspectiva de xénero a propósito
dun recurso de amparo dun profesor de universidade que consideraba
que o cálculo das pensións a tempo parcial era discriminatorio,
pero respecto a os empregados con contratos a tempo completo.
A Sala Segunda do Constitucional elevou
esta consulta interna ao Pleno do Tribunal para que analizase non só
se había discriminación entre os traballadores a tempo completo e
os que teñen xornadas parciais neste cálculo das pensións de
xubilación, senón tamén se a vulneración do dereito fundamental á
igualdade ante a lei recollida no artigo 14 da Constitución debíase
a unha discriminación indirecta por razón de sexo.
A sentenza explica a discriminación
indirecta por razón de sexo e lembra que "non se esixe achegar
como termo de comparación a existencia dun trato máis beneficioso
atribuído única e exclusivamente aos homes, senón que exista, en
primeiro lugar, unha norma ou unha interpretación ou aplicación da
mesma que produza efectos desfavorables para un grupo formado
maioritariamente, aínda que non necesariamente de forma exclusiva,
por mulleres".
O Tribunal explica que as estatísticas
evidencian que o traballo a tempo parcial afecta moi maioritariamente
ás mulleres (76%), o que lle obriga a "examinar con maior
cautela" o impacto da regra de cálculo para descartar a
existencia desa discriminación indirecta por razón de sexo.
Ligazón á Sentenza
Ningún comentario:
Publicar un comentario