Na reunión ordinaria do Comité de Empresa de xaneiro acordouse comezar co traballo dun novo regulamento de axudas sociais e instouse a achegar as propostas para a reunión ordinaria do Comité de Empresa do vindeiro mes de febreiro. A proposta da CIG de necesidade de elaboración dun novo regulamento de axudas sociais máis xusto é un compromiso de traballo que vén dende o programa presentado aos compañeiros e que materializaremos nas vindeiras semanas.
Tal e como temos denunciado publicamente en múltiples ocasións o tema das axudas sociais e a súa repartición neste Concello foi para lle dar de comer a parte e tivo como eixe a falta de colaboración co actual Comité de Empresa e o caso omiso ás advertencias de discriminación no reparto que vén realizando a CIG nos últimos meses, ademais do procedemento caótico e ocultación de información aos representantes do persoal. Podedes botarlle unha ollada ao arquivo de novas dos últimos meses con respecto a este tema no noso blogue www.cigconcellobetanzos.blogspot.com .
Axudas sociais 2011, a ver se desta vai a vencida
Axudas sociais 2010
Un paso máis: o Concello está a admitir os seus propios erros
A CIG solicita máis transparencia na concesión das axudas sociais 2010
Seguimos coas discriminacións: o funcionariado cobrou as axudas sociais do ano 2010 e o persoal laboral non!
AXUDAS SOCIAIS 2010 e 2011: Últimas novas
Axudas sociais 2011: información xeral e prazos
Abrindo camiños: axudas sociais
Dende a sección sindical da CIG xa estamos a elaborar ese novo regulamento, mais, coma sempre, todas as propostas serán benvidas e instámosvos a que nos acheguedes / lembredes e /ou expoñades as vosas ideas ou opinións para a mellora do sistema de reparto das axudas sociais e así engadírmolas na proposta que levaremos á reunión ordinaria do Comité de Empresa e posteriormente lle presentaremos ao Concello, porque sen a vosa axuda non poderiamos seguir ABRINDO CAMIÑOS.
Tal e como temos denunciado publicamente en múltiples ocasións o tema das axudas sociais e a súa repartición neste Concello foi para lle dar de comer a parte e tivo como eixe a falta de colaboración co actual Comité de Empresa e o caso omiso ás advertencias de discriminación no reparto que vén realizando a CIG nos últimos meses, ademais do procedemento caótico e ocultación de información aos representantes do persoal. Podedes botarlle unha ollada ao arquivo de novas dos últimos meses con respecto a este tema no noso blogue www.cigconcellobetanzos.
Axudas sociais 2011, a ver se desta vai a vencida
O Concello continúa a ocultar información
Axudas sociais 2010
Un paso máis: o Concello está a admitir os seus propios erros
A CIG solicita máis transparencia na concesión das axudas sociais 2010
Seguimos coas discriminacións: o funcionariado cobrou as axudas sociais do ano 2010 e o persoal laboral non!
AXUDAS SOCIAIS 2010 e 2011: Últimas novas
Axudas sociais 2011: información xeral e prazos
Abrindo camiños: axudas sociais
Dende a sección sindical da CIG xa estamos a elaborar ese novo regulamento, mais, coma sempre, todas as propostas serán benvidas e instámosvos a que nos acheguedes / lembredes e /ou expoñades as vosas ideas ou opinións para a mellora do sistema de reparto das axudas sociais e así engadírmolas na proposta que levaremos á reunión ordinaria do Comité de Empresa e posteriormente lle presentaremos ao Concello, porque sen a vosa axuda non poderiamos seguir ABRINDO CAMIÑOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario