Hoxe pola mañá o Concello convocou Mesa Xeral de Negociación para o vindeiro luns. O certo é que o Concello segue a facer caso omiso ás demandas dos traballadores de convocatoria de Mesa Xeral para tratar temas de moita relevancia, tal e como xa se solicitou no pasado mes de maio, como a continua realización de horas extras por unha parte do persoal, as dispoñibilidades non recoñecidas nin remuneradas, a discriminación de horario do Persoal que entra a traballar antes do horario marcado no convenio, a falta de planificación dos calendarios anuais do persoal que traballa a quendas, os criterios de distribución das categorías nos complementos de posto e un longo etcétera, mais convoca a Mesa Xeral para tratar un tema que xa levou nun punto da orde do día da anterior convocatoria, a un día do pleno e feita coma un atraco a man armada.
Como se pode ver na convocatoria, o Concello non é quen de facer cousa con cousa, posto que logo de tres convocatorias de Mesa Xeral os delegados sindicais, cando menos os da CIG, non dispomos nin asinamos nin unha soa acta da Mesa de Negociación, polo tanto non temos constancia documental de todo o tratado nin dos acordos adoptados, é lamentable que unha Administración pública, logo de ano de medio, non sexa quen de facer ben as cousas, aínda que sempre poderemos pensar que non quere que os delegados sindicais dispoñan desa documentación para que sexa máis complicado acreditar nun xulgado as continuas irregularidades que leva anos comentendo o Concello de Betanzos en materia de persoal.

Por outro lado, achégasenos unha proposta que xa o Goberno fixo na anterior Mesa Xeral e que aínda por riba, ten un grave erro de copia e pega posto que indica "por todo isto, proponse a adopción do seguinte acordo polo Pleno" cando esta proposta foi entregada aos delegados sindicais, polo cal ese acordo se se propón ao Pleno e non á Mesa Xeral de Negociación non poderá ser tomado pola devandita Mesa de Negociación, se a proposta non é para a Mesa.
Logo da Mesa, como sempre informarémosvos puntualmente, mais o certo é hai moitas convocatorias pendentes e isto, logo de que xa se tratase hai menos dun mes, non parece máis que un lavado de cara por parte do Goberno municipal, dun tema que veu por decreto e no que se escudan para non amañar os problemas reais que en materia de persoal arrastra este Concello desde hai ben anos e que, en moitos casos, se poderían resolver só con un pouquiño de vontade por parte do Concello, vontade, que logo dun ano e medio está claro que non existe.