24/04/14
A Inspección de Traballo apercibe ao Concello polas irregularidades das obras da Casa Consistorial
A Inspección de Traballo vén de lle responder aos delegados de prevención da CIG con respecto á denuncia realizada polas obras que se levaron a cabo hai uns meses na Casa Consistorial. No informe remitido a Inspección provincial constata o incumprimento da normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais por parte do Concello e procede á requirir ao Concello para que non volva incorrer nestas irregularidades, e textualmente indica:
"O Concello non levou a cabo a o intercambio de información coa empresa subcontratada para a execución dos traballos de pintura, sen proceder, así mesmo, a avaliar os riscos que ditas actividades supoñían para os traballadores do Concello, que desenvolvían simultaneamente as súas actividades laborais neste. Sen que procedese tampouco a informar debidamente aos delegados de prevención sobre os riscos existentes e medidas correctoras a adoptar."
Recomendámoslle aos responsables da prevención de riscos laborais deste Concello algunhas lecturas sobre a coordinación de actividades empresariais como esta e estoutra, non estaría mal que no ano 2014 se comece a aplicar a Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais case vinte anos despois.
Recomendámoslle aos responsables da prevención de riscos laborais deste Concello algunhas lecturas sobre a coordinación de actividades empresariais como esta e estoutra, non estaría mal que no ano 2014 se comece a aplicar a Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais case vinte anos despois.
Publicada a orde de axudas de pagamento único e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero
Poderán
solicitarse até o vindeiro 30 de novembro e 31 de outubro,
respectivamente
A
Secretaría de Muller da CIG informa da publicación no DOG da orde
que regula as axudas e indemnizacións a mulleres vítimas de
violencia de xénero. A finalidade das axudas é proporcionarlle
apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero;
mentres que no caso das indemnizacións é facer valer o dereito
recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con
sede en Galiza.
As
axudas de pagamento único están destinadas a mulleres vítimas de
violencia de xénero, residentes en Galiza, que acrediten
insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter
un emprego. O seu obxectivo é proporcionarlle apoio económico a
estas mulleres a través dunha achega equivalente a seis meses de
subsidio por desemprego.
As
axudas de indemnización van dirixidas ás mulleres que sofren
violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes
delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación
de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de
incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.
A contía máxima da indemnización establécese en 6.000 € por
cada persoa beneficiaria.
O
prazo de entrega das solicitudes rematará o vindeiro 30 de novembro,
para as axudas de pagamento único, e 31 de outubro, para as
indemnizacións.
Podes
acceder ao texto completo do DOG ou no arquivo anexo a esta nova.
A CIG chama a mobilizarse este Primeiro de Maio “contra a explotación e a pobreza”
Once
manifestacións percorrerán, neste Primeiro de Maio, cidades e vilas
de Galiza baixo o lema “Contra a explotación e a pobreza.
Fagámoslle fronte á Unión Europea. Organización, loita e
soberanía”. Con elas a CIG quere denunciar a situación de
pobreza, precariedade e desemprego que afecta a miles de galegas e
galegos. Unha situación que está a provocar a masiva emigración da
nosa mocidade e que empeora por mor das políticas promovidas pola UE
e aplicadas pola Xunta de Galiza e o Goberno español. Por iso fai un
chamamento a organizarse contra o sistema capitalista e reclamar
outro modelo máis xusto, solidario e democrático.
Na
Galiza preto de medio millón de persoas están baixo o umbral de
pobreza, e desta cifra, case cen mil son menores de 18 anos, segundo
Cáritas. Cada mes máis de 150 familias perden a vivenda.
Políticas
promovidas desde a Unión Europea, coa colaboración da Xunta de
Galiza e do Goberno Español, están estrangulando a economía
galega, a nosa pesca, o noso sector agrogandeiro, o sector naval, o
sector do comercio ou o noso sector financeiro. O noso pobo sofre un
éxodo propio dun país empobrecido, colonizado e utilizado como man
de obra barata para os países ricos e as grandes multinacionais que
gobernan Europa.
O
número de desempregados/as alcanza cifras históricas, 280 mil
persoas no desemprego, o 22% da nosa poboación activa. Desde o
inicio da crise, máis de 100 mil galegas e galegos, principalmente
mozos e mozas menores de 35 anos, marcharon á emigración en busca
de traballo. Con eles, o desemprego real supera o 30%. Un dato que a
Xunta oculta e manipula.
O
PP está a gobernar abertamente en favor dos intereses dos grandes
poderes económicos, aportando miles de millóns de euros do erario
público para axudas á banca (107.000 millóns de euros);
convertendo o ensino, a saúde, a asistencia social e as pensións en
negocio para o capital privado; afondando nunha política fiscal
inxusta que incrementa os impostos indirectos e rebaixa os impostos
directos ao capital; promovendo contrarreformas laborais que só
buscan rebaixar salarios, facilitar os despedimento e substituír
contratos fixos e a xornada completa, por contratos temporais ou a
tempo parcial, incrementando así os beneficios e o poder da patronal
e empobrecendo e debilitando á clase traballadora.
Diante
da contestación social, fronte a estas políticas antiobreiras e
antisociais, o PP opta pola represión e polo recorte das liberdades
públicas, a través da modificación do Código Penal e da Lei de
Seguridade Cidadá, situándonos diante dun auténtico estado
policial que en moitos aspectos retrotráenos á época franquista.
O
capital, a nivel internacional, está a aproveitar a súa propia
crise sistémica para afondar nas políticas ultraliberais que
conducen a máis desigualdades sociais e a unha maior concentración
e centralización da riqueza e do poder. Para iso non reparan en
promover recortes de dereitos, de liberdades e en vulnerar a
soberanía dos Estados, mesmo recorrendo a provocar e financiar
guerras que destrúen países e deixan unha estela de miles de mortos
e millóns de persoas desprazadas.
Cómpre,
polo tanto, a loita solidaria da clase obreira de todo o mundo, desde
a súa propia realidade e autoorganización, contra este sistema
socioeconómico capitalista, na procura da conquista doutro modelo de
organización económica e social máis xusto, solidario e
democrático, que garanta un reparto igualitario da riqueza e que
sexa respectuoso co dereito á liberdade e soberanía de todas as
nacións, incluída a galega.
Manifestacións
convocadas
Vigo:
Ás 11,30h. na Doblada
A
Coruña: Ás 12,00h na Praza de Vigo
Pontevedra:
Ás 12,00h. Praza da Ferrería
Vilagarcía:
Ás 11,00h. na Casa do Mar
A
Estrada: Ás 12,00h. na Praza do Mercado
Ferrol:
Ás 12,30h. Av. de Esteiro (local CIG)
Compostela:
12,30h. na Praza Roxa
Ribeira:
Ás 12,00h. na Praza do Peixe
Lugo:
Ás 12,00h. Ronda da Muralla (Edificio Sindical)
Ourense:Ás
12,00h. Pavillón dos Remedios
Cangas:
As 19h. Praza do Concello
15/04/14
Prohibido conectar coa oficina
Os
consultores e enxeñeiros franceses que desempeñan cargos de
responsabilidade poden respirar máis tranquilos: estarán obrigados
a apagar durante 11 horas diarias os móbiles e ordenadores que os
conectan coa oficina. E as empresas deberán supervisar que se cumpre
esa prohibición de estar online.
Algúns
expertos acollen esta medida como un mal menor que delata outro
maior: sobrecargas de traballo cada vez máis frecuentes e
conectividade e dispoñibilidade -alentada polas novas tecnoloxías-
sen freo que supera os límites das xornadas de traballo.
Dous
grandes sindicatos, a Confederación Francesa Democrática do
Traballo (CFDT) e a Confederación Francesa de Cadros Directivos
(CFE-CGC), asinaron un acordo con dous patronais do sector de
asesoría técnica, enxeñaría, servizos informáticos, recursos
humanos e consultoría para intentar poñer fin á xornada
interminable dos traballadores. Para iso, aborda principalmente dúas
cuestións: os tempos de traballo e de descanso do empregado e a
carga de traballo.
En
concreto, o epígrafe 4.8.1 do documento, que deberá ser aprobado
polo Goberno antes da súa publicación no Journal Officiel (elBOE
francés), refírese ao "tempo de repouso e obriga de
desconexión". O documento empeza por afirmar que os asalariados
sometidos a este acordo "dispoñen dun tempo de descanso diario
mínimo de 11 horas consecutivas, e dun repouso semanal de 35 horas
mínimas consecutivas". Pero, para evitar que o empresario
deduza que todo o que non é tempo mínimo de descanso pode ser
ocupado pola xornada laboral, "recórdase que os devanditos
límites non teñen por obxecto definir unha xornada habitual de
traballo de 13 horas diarias, senón a duración máxima excepcional
que pode ter a xornada laboral".
Nese
contexto, o acordo establece que "a efectividade do respecto,
por parte do traballador, deses períodos de repouso implica a súa
obriga de desconectar as ferramentas de comunicación a distancia".
Ao empregador corresponderalle, por un lado, "a posta en marcha
dunha ferramenta de seguimento para garantir o tempo de descanso
diario e semanal" do traballador; e por outro, tomar as medidas
necesarias para que o empregado "teña a posibilidade de
desconectarse das ferramentas de comunicación a distancia postas á
súa disposición". É dicir, non poderá dedicar a tarefas
relacionadas co traballo nin o seu tempo de ocio ao final da xornada
laboral nin o fin de semana.
As
partes asinantes acordan tamén que, para "vixiar a saúde e a
seguridade dos traballadores", o empresario convoque polo menos
unha reunión anual co traballador para tratar a carga de traballo, a
repartición de tarefas na empresa, "a articulación entre a
actividade profesional e a vida privada" e, tamén, a
remuneración do empregado.
As
persoas concernidas por ese acordo son aquelas que exerzan
responsabilidades de xestión, misións comerciais, de consultoría,
ou que realicen tarefas de concepción, elaboración e supervisión
de proxectos, e que dispoñan de "unha grande autonomía e
independencia na organización e na xestión do seu tempo de traballo
para levar a cabo as misións encomendadas".
Marie
Buard, dirixente do sindicato CFDT, indica que este acordo afecta a
uns 850.000 traballadores, pertencentes a empresas como Atos e
Accenture. E explica que "cada compañía deberá negociar cos
seus traballadores o xeito de aplicar este acordo". "O
empresario ten a responsabilidade de velar pola saúde do
traballador. Para evitar a prolongación ilegal das xornadas
laborais, algunhas empresas poden establecer que as ferramentas
electrónicas de traballo non estean accesibles de venres a luns, por
exemplo".
A
representante sindical está de acordo en que este tipo de medidas
están relacionadas coa preocupación social ante o aumento dos
chamados riscos psicosociais. "O ano pasado asinamos outro
acordo para protexer os traballadores respecto á carga de traballo
que busca rematar cos empregados que están conectados 24 horas ao
día", afirma Buard. Queremos máis saúde para os traballadores
e lograr unha mellor conciliación entre a vida privada e a vida
laboral".
Que
eses riscos psicosociais son reais en Francia (e noutros países)
demóstrao a existencia dunha preocupación xeneralizada sobre o burn
out ou o esgotamento profesional, así como os casos de suicidios en
grandes empresas. Segundo o Observatorio do Estrés e da Mobilidade
Forzosa, os suicidios por motivos laborais son un problema notable en
Francia e están relacionados coas condicións de traballo. Só no
primeiro trimestre de 2014 houbo unha decena de suicidios en Orange
(antes France Télécom).
Pierre-Jean
Benghozi, científico e profesor da École Polytechnique de Palaiseau
especializado no estrés laboral e a relación coas tecnoloxías,
considera que "é unha boa idea" forzar empresa e
traballador a desconectarse unha vez rematada a xornada laboral. "É
unha protección para os máis débiles, para os que non teñen
posibilidade de dicir non, de protexerse ante un abuso por parte dos
seus superiores", di. "Aínda que non estou seguro de que
sexa tan doado levar a cabo ese acordo", matiza.
Segundo
Benghozi, "todos os estudos demostran que o desenvolvemento de
ferramentas de xestión en Internet empurra unha confusión entre o
espazo da vida privada e profesional". E esa situación vese
reforzada polo feito de que "os cidadáns están
hiperconectados".
Para
este experto, tamén inflúe "a dinámica interna das empresas,
que dende hai moito tempo está a aumentar a presión sobre a
produtividade e os resultados,". Iso leva moitos empregados "a
postergar determinadas tarefas, que non requiren presenza física, ao
final da xornada, e mesmo á chegada á casa". Aínda que iso
depende, non tanto da tecnoloxía, " senón dos modos de xestión
e de organización do traballo" que adopte unha empresa.
O
acordo francés suscitou sorpresa en España. Tras ler o documento,
no sindicato CC OO, só ven "un pequeno avance" no pacto.
"Garante que non se pode estar de garda 24 horas, xa que polo
menos 11 horas, ou 35 en fin de semana, hai que desconectarse, e
establece así un tempo mínimo de descanso", sinala María
Jesús García Gasalla, responsable do sector de novas tecnoloxías
da información e a comunicación do sindicato. Esas gardas que,
asegura, carecen dunha normativa sectorial en España. "Nalgunhas
empresas están reguladas e noutras, non".
Non
creo que as empresas españolas obriguen a [os traballadores] estar
24 horas conectados coa oficina", sinala unha voceira da
patronal CEOE que non entra a opinar sobre o pacto francés.
"Limitar
a 11 horas seguidas o tempo no que non se pode comunicar coa oficina
quere dicir que durante 13 horas si se pode", recalca Constanza
Tobío, catedrática de Socioloxía da Universidade Carlos III de
Madrid e experta en conciliación. E o mesmo é aplicable ao lapso de
35 horas seguidas sen comunicación durante o fin de semana que tamén
inclúe o acordo galo. "E iso que se conseguira que os fins de
semana fosen de dous días e medio e as xornadas diarias, de oito
horas, ou 35 semanais en Francia," ironiza. " Que pasa para
que os sindicatos consideren que isto é un bo acordo? ",
pregúntase para logo responderse: "Non" se poñen "límites
ao traballo. Non só existe unha xornada laboral, senón que a ela se
suma un tempo dispoñible para o traballo. Este é un fenómeno novo
que fan posible as novas tecnoloxías e cuxa consecuencia é que se
pode sobrecargar o traballador". Así as cousas, Tobío cre que
o acordo sindical francés "máis que un avance, ilustra un
retroceso".
Ao
seu xuízo, o retroceso plásmase no xurdimento do "tempo de
dispoñibilidade", ese lapso no que o xefe pode chamar o
empregado fóra da xornada laboral e facerlle que traballe malia
cubrir as súas horas, polo menos as teóricas. "Hai unha
intensificación dese lapso de dispoñibilidade", critica a
socióloga. "En definitiva, o acordo ilustra unha situación
negativa", conclúe.
Un
punto de partida similar observa o tamén catedrático de Socioloxía
Gerardo Meil, da Universidade Autónoma de Madrid: "11 horas de
desconexión supoñen 13 de conexión", sentenza. Considera que
o acordo francés é "unha forma de enmascarar unha xornada
demasiado elevada". Pero ve algún aspecto positivo: "A
conciliación é un tema que se debate". Resúltalle un magro
consolo ante o problema que subxacer: a sobrecarga de traballo, "unha
cuestión estrutural, non conxuntural".
"Bienvenido
sexa o acordo, pero só arranxa unha das manifestacións do problema,
e non o problema en si. Se as empresas queren resolver as
dificultades para conciliar a vida persoal e laboral, deben resolver
tamén a sobrecarga de tarefas, moi ligada á redución do tamaño
dos equipos e á repartición das tarefas entre menos persoas,"
afirma este experto.
Como
conciliar cando hai un exceso de tarefas ou se traballaba con
obxectivos a miúdo difíciles de alcanzar? A peza clave, para Meil,
é o xefe inmediato e en que medida é flexible. Unha fórmula como o
teletraballo, moi favorecida polas novas tecnoloxías, non é
forzosamente a panacea. "A unhas persoas permítelles conciliar
mellor, pero para outras é unha sobrecarga porque caen na
autoexplotación ou se encontran con que o responsable lles pide
demasiado", asegura Meil. "Tamén se pode teletraballar
dende o lugar de vacacións. Todo depende do uso que se dea ás novas
tecnoloxías", ironiza.
"Sempre
defendemos que as novas ferramentas deben estar ao servizo do
cidadán, do traballador, e non servir para escravizalo, terza
Ignacio Buqueras. É o presidente da Comisión para a Racionalización
dos Horarios Españois, unha organización que promove a conciliación
entre traballo e vida persoal con dúas ferramentas básicas: menos
tempo pero maior eficacia no posto de traballo e horarios máis
temperáns.
"No
mundo da empresa e no da política hai os que cren que hai que estar
ao servizo 24 horas ao día, e iso non pode ser", lamenta
Buqueras. "Ademais, impera a cultura do presentismo, que tamén
pode ser a distancia. Ben está que se hai unha emerxencia todo o
mundo se envorque, pero non se pode facer por sistema", formula
este experto, que demanda políticas de conciliación non só en
España, senón tamén no ámbito da UE. "Todos temos 86.400
segundos ao día. É o único que nos iguala. Depende de como os
organice cada un, e de como llelos deixen organizar, vivirá máis ou
menos feliz".
Nova tirada de www.cigsaudelaboral.org
Catro anos de cárcere a un traballador británico por unha neglixencia laboral grave
Un
traballador de mantemento foi declarado culpable de homicidio por
neglixencia grave a raíz da morte dunha nena despois de que sacase
un panel de vidro danado dunha varanda e non o substituíse por outro
nin adoptase ningunha medida para evitar unha posible caída ou
advertir do perigo. Os feitos aconteceron nun xardín elevado nun
complexo residencial no centro da cidade de Sheffield, no centro de
Inglaterra.
A
nena, de dous anos de idade, caeu dende unha altura de 18 metros a
través do oco do panel non substituído, mentres xogaba nun xardín
ao aire libre no cuarto piso do bloque no que vivía e se afastou do
lugar no que estaba coa súa nai.
O
operario, Robert Warner, de 45 anos de idade, foi declarado culpable
de homicidio por neglixencia grave e condenado a catro anos de
cárcere, por retirar o panel danado e non o substituír.
Durante
o xuízo o fiscal dixo: "Este accidente foi causado pola conduta
neglixente do acusado. En esencia, a fiscalía sostén que quitou o
panel da varanda e non o substituíu. Non fixo nada para impedir o
acceso á pasarela, o que creou unha situación moi perigosa, nin
fixo nada para advertir do obvio perigo existente".
Nova tirada de www.cigsaudelaboral.org
Consideracións con respecto ás bases publicadas onte no BOP
A CIG vén de rexistrar hoxe mesmo unha serie de consideracións con respecto ás bases das convocatorias publicadas onte no Boletín Oficial da Provincia, que puxemos en coñecemento do goberno municipal por se ten a ben emendalas e corrixir as eivas. O certo é que, xa sen nos meter en cuestións normativas que se mencionan abaixo, o mínimo sería saber cal é a titulación necesaria para acceder a un posto de traballo e en que categoría profesional vai estar encadrado este, mais á vista dos textos que o Concello de Betanzos publica no BOP os/as aspirantes a os postos terán que adiviñalo.
14/04/14
Cando a incoherencia é o principio para desculpar o teu pésimo traballo
"A imposibilidade de poder contratar persoal" artigo publicado polo PSOE local no xornal Betanzos e a súa comarca do mes de abril e que contrasta e deixa en evidencia ao goberno municipal se temos en conta que hoxe mesmo acaba de publicar unha convocatoria para psicólogo/a e outra para auxiliar administrativo/a. O que queda claro é que as traballadoras de limpeza poden estar rebentadas que aquí non se cubre unha baixa, as compañeiras da Escola Infantil Municipal contar con menos persoal que en anos anteriores, as compañeiras de axuda a domilicio cubertas directamente nos seus días libres por unha empresa, o cemiterio, o pasatempo ou o conservatorio municipal sen conserxe ou os compañeiros de obras baixa o mínimos e seica non se pode contratar, mais créanse novos postos onde e cando interesa, á vez que non se lle dá resposta urxente á readmisión do persoal que está pendente, logo dunha sentenza xudicial, de que o Concello adopte unha decisión, ou como mínimo fale persoalmente co traballador afectado.
Polo que respecta aos informes do persoal técnico, aínda hai poucos meses que neste Concello se contratou puntualmente a unha traballadora de limpeza baixo a figura de "acumulación de tarefas", e si, falamos de 2014, e os informes foron positivos para a contratación... dende aquela non houbo modificación ningunha na lexislación estatal nin autonómica, mais o que si houbo foi vontade do goberno municipal de gardar os cartiños e non contratar a ninguén para este servizo a custa do lombo do resto do persoal. Como din eles mesmos "ver para crer".
Polo que respecta aos informes do persoal técnico, aínda hai poucos meses que neste Concello se contratou puntualmente a unha traballadora de limpeza baixo a figura de "acumulación de tarefas", e si, falamos de 2014, e os informes foron positivos para a contratación... dende aquela non houbo modificación ningunha na lexislación estatal nin autonómica, mais o que si houbo foi vontade do goberno municipal de gardar os cartiños e non contratar a ninguén para este servizo a custa do lombo do resto do persoal. Como din eles mesmos "ver para crer".
"Nas últimas semanas e en diversas ocasións os grupos da oposición, especialmente o Partido Popular e o o BNG criticaron ao grupo municipal socialista por non contratar persoal para cubrir certos servizos municipais
tras producirse unha baixa laboral ou unha vacante.
A situación “vendeuse” ante os veciños por parte destes
grupos políticos como que a “non contratación do persoal”
responde “a un capricho ou teimosía do grupo municipal socialista”
ocultando de forma partidista as verdadeiras razóns polas que o
Concello non pode realizar as contratacións.
Os decretos do Estado, aprobados polo Partido Popular, limitan ás
administracións públicas á contratación de persoal. E o Concello
de Betanzos non ía ser menos. Precisamente, sobre a bases deses
decretos estatais os informes xurídicos municipais son claros que na
actual situación non é posible a contratación de persoal.
Non se tratar, polo tanto, dunha decisión política e caprichosa
do grupo de goberno, senón que obedece á legalidade vixente,
marcada, insistimos, polos Decretos aprobados no seu día polo
Goberno do Estado (PP). Polo tanto, ata que esa situación non
cambie, ata que os informes xurídicos municipais non digan outra
cousa, o Concello non poderá contratar persoal.
O que si que fixo este grupo municipal socialista é garantir os
servizos aos veciños e, a pesar das baixas de persoal, poder seguir
ofrecendo o servizo cos recursos propios do Concello. Algo que parece
non gustar a determinados grupos políticos, pero que seguimos
facendo mentres que as limitacións do Estado en materia de
contratación laboral sexan as que son actualmente.
Debemos lamentar, iso si, a actitude do Partido Popular que, como
noutras cuestións municipais, tamén mantén o seu dobre discurso e
dobre moral. Mentres o PP no Goberno de Madris ou no de Santiago
decreta unha cousa, a novel local esixen a contraria, xa non só co
tema de persoal, senón cos innumerables recortes sociais. E se
alguén destaca nisto é a voceira municipal do PP, María Faraldo,
que como deputada autonómica aproba en Santiago os recortes en
servizos que logo exixe ao Concello. Ver para crer."
O Concello xa non se corta un pelo! Un acto organizado pola Administración local que leva exclusivamente o logo da UGT.
Non é a primeira vez que o Concello demostra publicamente a súa simbiose co sindicato co que a CIG convive no Comité de Empresa, en cada reunión, en cada mesa, en cada comentario dos delegados deste defendendo actuacións que mesmo xudicialmente se teñen xa considerada como erradas demóstrase quen defende a quen e o que, xa hai un tempo hai que lembrar que o twiter da OMIX do Concello de Betanzos facía publicidade deste sindicato e denunciabamos un uso tendencioso dos medios do Concello, mais desta volta o que consideramos que xa non lle queda ao goberno municipal é nin sequera vergoña, ao publicar na súa axenda municipal un acto organizado en exclusiva polo Concello e que aparece en todos os taboleiros de información municipal co logo da Unión General de Traballadores. Simbiose absoluta e demostrada, pois, entre sindicato e goberno municipal, e o peor de todo é que se cada quen soubese ocupar o seu lugar non repercutiría na defensa do persoal mais cando como, neste caso, hai quen defende só intereses do Concello e propios, aínda que vaia en detrimento do resto do persoal o panorama tórnase esperpéntico.
08/04/14
Recoñecidos como enfermidade profesional dous casos de síndrome do túnel carpiano
A
Dirección Provincial da Seguridade Social de Bizkaia emitiu dúas
resolucións nas que recoñece como enfermidade profesional dous
casos de síndrome de túnel carpiano que afectaban a dúas
traballadoras do sector da hostalaría.
O
Instituto Nacional da Seguridade Social considerou que as tarefas que
efectúan ambas as dúas traballadoras nos seus respectivos postos de
traballo son susceptibles de ocasionar as doenzas que padecen de
forma clara.
En
ambos os dous casos, as traballadoras manifestaran de forma reiterada
nos recoñecementos médicos anuais que padecían molestias, dores e
perda de forza nas mans e, tamén, en ambos os dous casos, a actitude
das sociedades de prevención foi a mesma: ocultar o accidente de
traballo e derivar este a Osakidetza como continxencia común.
Como
aconteceu neste caso, ocultar a orixe profesional da patoloxía non
fai outra cousa que prexudicar ao traballador e minguar as súas
prestacións económicas, sendo o feito especialmente grave debido a
que a síndrome do túnel carpiano figura no Cadro de Enfermidades
Profesionais recoñecido como tal para o persoal de cociña e
hostalaría.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
A Audiencia Nacional anula os incentivos aos Inspectores do INSS polas altas médicas
"Non
é admisible que o resultado do control dos procesos de incapacidade
temporal se condicione polo cumprimento duns obxectivos que dan
dereito a percibir un complemento de produtividade", con esta
argumentación a Audiencia Nacional, a través dunha sentenza ditada
o pasado 18 de decembro, pon fin aos incentivos económicos que dende
2011 poderían cobrar os Inspectores do INSS en función do número
de altas médicas que tramitasen.
A
sentenza vén a confirmar o fallo ditado polo Xulgado Central do
Contencioso Administrativo o 24 de maio de 2013 que anulou
parcialmente a Resolución da Secretaría de Estado da Seguridade
Social do 7 de marzo de 2011, que establecía eses "incentivos",
concretamente anulou a parte da Resolución referida ao "índice
de adecuación da duración dos procesos da incapacidade permanente".
Segundo
José María Morán, vicepresidente da Federación de Asociacións de
Inspección de Servizos Sanitarios, "o criterio que anulou a
Audiencia condicionaba a función médica e técnica dos inspectores
do INSS", cando esa función, como a propia sentenza afirma, só
se debe rexer por criterios obxectivos e científicos.
O
vicepresidente de FAISS recordou tamén que, aínda que a sentenza se
refire aos inspectores do INSS, as súas conclusións son doadamente
extrapolables aos inspectores dos servizos sanitarios e aos médicos
de atención primaria que se enfrontan ao mesmo problema, con
obxectivos ligados ao resultado do seu labor, non ao seu rendemento.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Outra máis! O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza recoñece como improcedente o despedimento doutro compañeiro
Nos pasados días o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de ditar unha sentenza que estima o recurso presentando por un compañeiro a través da Confederación Intersindical Galega con respecto á sentenza do Xulgado do social número 3 da Coruña contra o Concello de Betanzos. Isto supón que TSXG declara improcedente a extinción da relación laboral existente entre o traballador e o Concello demandado e, en consecuencia este último, no prazo de cinco días dende a notificación poderá optar pola readmisión ou pola indemnización marcada na devadita sentenza.
Con esta última sentenza cúmprense 26 meses dende que este conflito laboral se iniciou, no momento do despedimento de oito compañeiros e compañeiras en febreiro do pasado 2012. Dous anos despois ficamos satisfeitos logo de oito sentenzas favorables aos traballadores e a readmisión de sete deles ata o momento e agardamos que proximamente o Concello, tal e como ten dito, siga o mesmo camiño e readmita ao compañeiro que conta cunha sentenza favorable dende a pasada semana e que traballou durante anos no cemiterio municipal.
Atrás quedan as declaracións do concelleiro de Persoal, Diego Fernández, co apoio do alcalde, no Pleno da corporación dicindo coas sentenzas na man que os despedimentos non eran improcedentes, os eternos debates nas reunións do Comité de Empresa cos delegados da UGT, que na mesma situación non foron despedidos como o resto de compañeiros, e que aínda por riba defendían ao Concello no caso dos despedimentos improcedentes ou a bochornosa situación que se viviu na última asemblea do persoal laboral cando pretenderon botar dela ao mesmo compañeiro que vén de gañarlle un novo xuízo ao Concello.
Esta boa nova supón un novo impulso para o traballo desta Sección sindical que nos demostra que aínda que tarde, ás veces faise xustiza, agora só queda que o Concello sexa tamén xusto e actúe por igual neste caso que nos anteriores.
06/04/14
A CIG solicitará a execución da sentenza dos 14 días da paga de 2012 no caso de que o Concello non pague proximamente
No pasado mes de febreiro a CIG gañou o conflito colectivo polo que reclamaba 14 días da paga extraordinaria do ano 2012, e logo de saber que o Concello non ten pensado recorrer a sentenza, tal e como dixo o propio concelleiro de Persoal, instou a este a que a cantidade correspondente se pagase canto antes, non obstante, eramos conscientes da dificultade de incuír esta contía na seguinte nómina que tocaba, é dicir, a de marzo de 2014, tendo en conta a lentitude da tramitación de certos asuntos neste Concello, máis cando falamos de cartos e hai persoal que mesmo cobra as horas extraordinarias cinco meses despois de as realizar.
Con respecto aos cartos que o Concello a día de hoxe lle adebeda ao persoal laboral con motivo do conflito laboral gañado no xulgado do social, o Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, preguntoulle nos pasados días ao concelleiro de Persoal cando o Concello pagaría esta contía e instou a que se realizase canto antes e se lle comunicase aos traballadores; á vista de que o concelleiro de Persoal non foi quen de fixar unha data para que este pago se realizase, advertíuselle, tal e como acordaran previamente os delegados e delegadas da Sección sindical da CIG, que se no prazo de dous meses non paga os cartos adebedados, a CIG verase unha vez máis obrigada a solicitar a execución da sentenza no Xulgado do Social, tal e como xa se ten visto obrigada a facer no pasado cando non pagaba o que debía.
A CIG manifestoulle ao Concello que entende que os trámites levan un tempo mais xa estamos a falar dunha sentenza de febreiro en reclamación duns cartos que o Concello lle debe ao persoal laboral dende decembro de 2012, por tanto, que vai sendo máis que hora de cobrar, porque para baixar o 5% e mais quitar a extra completa do 2012 non houbo demora ningunha, fíxose ao momento e sen dubidar, mais para devolvernos o que é noso, estanlle a dar xa demasiadas voltas, motivo polo que se tomou a decisión de advertir que se nun prazo razoable non o pagaban solicitase a execución da sentenza gañada.
O Comité de Empresa insta ao Concello a que fixe a data das revisións médicas correspondentes ao ano 2014
Na pasada semana, o Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, instou ao Concello a que iniciase os trámites necesarios para levar a cabo as revisións médicas correspondentes ao ano 2014 do persoal do Concello de Betanzos e informase puntualmente a todos os traballadores e traballadoras sobre os prazos e as condicións das devanditas revisións. Igualmente, solicitoulle que realice revisións médicas específicas, tendo en conta os riscos laborais presentes en cada posto de traballo, e non xenéricas, tal e como se fixeron o ano pasado.
O Comité de Empresa fixo esta solicitude amparándose na Lei 31/95 de prevención de riscos laborais que indica no seu
artigo 22 que o empresario garantiralle aos traballadores o seu
servizo de vixilancia periódica o seu estado de saúde en función
dos riscos inherentes ao traballo.Tamén no artigo 29 do convenio colectivo do persoal laboral en vigo
indícase o seguinte con respecto á saúde e a seguridade “en
todo caso será de aplicación a actual normativa vixente en materia
de saúde laboral.
Ademais, lembroulle ao Concello que en febreiro do ano pasado xa estaba aberto o prazo de solicitude
para as revisións médicas e en abril comezaron a ser realizar,
hai, por tanto, un ano, e aínda non tiña información ningunha
sobre as revisións correspondentes ao ano 2014 e advertiulle que cumpría lembrar, á vista de que as revisións do ano pasado
foron xenéricas, que para a realización dos recoñecementos
médicos débense ter en conta os riscos laborais presentes nos
postos de traballo para o que os servizos médicos deben contar coa
información ao respecto dispoñible: avaliacións de risco e
resultados das investigacións de accidentes e enfermidades
profesionais e tamén que
as medidas de vixilancia e control da saúde dos traballadores serán
desenvolvidas por persoal sanitario cualificado e os resultados dos
informes médicos trataranse de acordo co establecido na Lei
orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de
carácter persoal ,
polo que se entregarán persoalmente en soporte papel ou
telematicamente logo do consentimento do/a traballador/a.
Logo desta solicitude o propio concelleiro indicoulle ao Comité de Empresa que as revisións, en principio, terán lugar no vindeiro mes de xuño.
Logo desta solicitude o propio concelleiro indicoulle ao Comité de Empresa que as revisións, en principio, terán lugar no vindeiro mes de xuño.
Modelo de solicitude para a asistencia a cursos de formación
O Concello distribuíu nas pasadas semanas un modelo de solicitude de cursos nas distintas depedencias municipais. Con respecto a este, o Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, solicitou unha aclaración, tendo en conta que no convenio non se especifican cursos aos que o Concello só pode autorizar a asistencia e outros aos que se autoriza a asistencia e compensación económica e horaria, e consideramos que cando un curso é para a formación relacionada co propio posto de traballo sempre se debería ter dereito ás compensacións mencionadas.
No documento entregado no Concello non consta ningunha aclaración nin diferenciación con respecto ao tipo de cursos que se autorizan, e debido a isto solicitouse que o Concello nos especifique cal é o criterio que vai utilizar para realizar na solicitude esa diferenciación no tipo de autorización só para asistencia ou que inclúa as axudas de custo e a compensación horaria e que informe puntualmente aos traballadores sobre os dereitos das axudas de custo e compensación horaria no caso da asistencia a cursos de formación.
Temos coñecemento de que nos últimos tempos con respecto ás actividades de formación este Concello utilizou criterios diferentes tanto na autorización como na compensacións, por iso entendimos que era necesario solicitar unha aclaración que fixe criterios e trate a todo o persoal por igual no que ten que ver con esta cuestión.
A mediados do pasado mes de marzo o Comité rexistrou unha solicitude para que o Concello especifique cal é o criterio que vai utilizar
para realizar na solicitude esa diferenciación no tipo de
autorización só para asistencia ou que inclúa as axudas de custo e
a compensación horaria e que informe puntualmente aos traballadores
sobre os dereitos das axudas de custo e compensación horaria no caso
da asistencia a cursos de formación. Esta solicitude segue a día de hoxe sen resposta, ao igual que a información sobre as axudas de custo que lle corresponden ao persoal deste Concello cando asiste a unha actividade de información, que foi rexistrada nos anos 2011, 2012 e 2013, mais que o Concello se nega a entregar ao Comité de Empresa.
De verdade facía falla pagarlle a unha empresa para seguir incumprindo os prazos?
A credibilidade e a seriedade da empresa contratada polo Concello para asesorar ao concelleiro de Persoal, Diego Fernández, nas negociacións do convenio están cada día máis entredito tendo en conta que hai xa case dúas semanas que quedaron en que lle enviarían aos representantes dos traballadores unha proposta de convenio para laborais e unha proposta de acordo para o funcionariado.
Non só o concelleiro nin sequera foi quen de desculpala na reunión mensual cos representantes do Comité de Empresa senón que quedou de dar algunha nova sobre isto o pasado xoves e unha vez máis faltou á súa palabra, como vén sendo costume. Xa dixemos que a cousa comezaba mal, e popularmente dise que "o que mal empeza, mal acaba" e aínda que agardamos que isto poida ser unha excepción o tempo corre e o obxectivo de aprobar un convenio no verán que hai unhas semanas vía tan claro o concelleiro de Persoal parece que se esvaece por momentos pola falta da responsabilidade da empresa que contratou o Concello, e, de verdade... Facía falla pagarlle a unha empresa para seguir incumprindo os prazos e demorando a negociación dun convenio que levan dous anos e medio pospoñendo porque claramente non interesa?
Bruxelas investiga 100 millóns de presuntas axudas ilegais do Estado ás mutuas
A Dirección Xeral da Competencia da Comisión Europea investigará 100 millóns de euros de presuntas axudas ilegais indirectas do Estado ás mutuas, "unha situación de competencia desleal no sector da prevención de riscos laborais", segundo a denuncia presentada por Martínez-Echevarría Abogados, en representación da Federación ASPA e a Asociación ANEPA.
Esta dobre actividade, por un lado como entidades xestoras da Seguridade Social e por outro como sociedades de prevención a través de filiais participadas ao 100%, "fai moi difícil a separación entre a actividade pública e a mercantil creando unha posición de dominio" destas sociedades filiais no mercado da prevención de riscos laborais coa resultante "distorsión no ámbito da competencia", como recolle o escrito presentado. A Comisión Europea instou ao Goberno español á presentación da información que estime conveniente logo de instrución da denuncia.
Dende hai uns meses existe un debate sobre o Anteproxecto de Lei de Mutuas que o Ministerio de Emprego e Seguridade Social remitiu aos axentes sociais, en cuxo articulado se recolle, entre outros asuntos, a venda do 100% das participacións das mutuas nas devanditas sociedades de prevención antes do 2015. A Comisión delegada que estaba a revisar o Anteproxecto de Lei de Mutuas xa pechou o borrador que nestes momentos estuda a Comisión de Subsecretarios previa á súa aprobación no Consello de Ministros.
Sentenza do Tribunal Supremo
Hai apenas unha semana que o Tribunal Supremo ratificou en sentenza que as mutuas incorreron entre 2002 e 2005 en actos de competencia desleal no devandito sector ante unha denuncia presentada pola Asociación de Servizos de Prevención Alleos (ASPA) en 2002.
Na sentenza, o Supremo admite que este tipo de servizos, especializados en prevención de riscos, "soportaron dende a súa creación a competencia desleal e intrusismo das mutuas". Os traballadores das mutuas de accidentes de traballo maniféstanse contra os recortes. (EFE) Entre as prácticas denunciadas encontrábanse "utilizar para a súa estrutura recursos propios da Seguridade Social; (...) utilizar para o seu funcionamento recursos con cargo a cotas; (...) utilizar información privilexiada das empresas; (...) ofertar tarifas por debaixo do custo real" e outras análogas. A sentenza do Supremo insiste en que estas afirmacións poden "reputarse substancialmente avaladas por todas as instancias oficiais e mesmo polo propio Consello da Comisión Nacional da Competencia e corresponden á realidade dos feitos que se deducían do expediente".
As mutuas recibiron 63 millóns de euros entre 2002 e 2005. A Federación Aspara calcula que a estes 63 habería que unir aquelas axudas que algunhas sociedades de prevención recibiron da súa matriz nos últimos exercicios para facelas viables e que nalgúns casos están recollidas nos seus balances. "Se engadimos isto poderiamos estar a falar de 70 millóns de euros máis. Ou sexa, que con todas as dificultades de cálculo poderían superar os 100 millóns de euros", sinala Agustín Azparren, socio internacional de Martínez-Echevarría Abogados en declaracións a El Confidencial.
Unha provisionalidade... de 16 anos
As Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social como entidades colaboradoras na xestión da Seguridade Social (na cobertura aseguradora de accidentes de traballo e enfermidade profesional) entraron no mercado da prevención de riscos laborais con carácter provisional. "Dezaseis anos despois, mantense a provisionalidade despois de desaparecer as causas que xustificaban a autorización provisional. Dende hai seis anos, interveñen no mercado da prevención a través de sociedades filiais, as sociedades de prevención," explica Azparren.
Fontes do sector consultadas por El Confidencial destacan que as sociedades de prevención viven das mutuas, aínda que "case todas están en números vermellos", recoñecen estas fontes, tras recordar que de aquí ao 31 de decembro terán que deixar de ser propiedade das mutuas. Prevese que nalgunhas desas sociedades pasen a propiedade dos empregados en modo de cooperativa. Outras buscan compradores para minimizar a previsible perda de postos de traballo.
Elconfidencial.com
Crean un patrón para identificar os tres tipos de traballadores "queimados"
Un
estudo da Universidade de Zaragoza podería facilitar o recoñecemento
dos que padecen a síndrome do profesional “queimado” ou
“burn-out”, tras identificar as estratexias que usan os afectados
para afrontar o estrés asociado aos tres perfís desta afección:
frenéticos, sen desafíos e desgastados.
Tras
anos de despedimentos, recortes presupostarios e maiores demandas
sobre os traballadores que quedan, os lugares de traballo
convertéronse nun importante caldo de cultivo desta afección, cuxa
presenza vai en aumento.
Este
trastorno adoita verse acompañado de sentimentos de esgotamento,
cinismo e ineficacia no traballo. Aqueles empregados, unha vez
ambiciosos e cheos de enerxía, móstranse menos dispostos e
desenvolven un traballo de menor calidade.
A
revista Plos ONE recolle os resultados da análise das enquisas que
se realizaron 429 profesionais acerca das súas experiencias de
estrés no traballo e de como se enfrontan a elas habitualmente.
Os
científicos lograron definir como responde o afectado a esta
síndrome a partir dos tres tipos de burn-out: "frenético",
que presenta sentimentos de sobrecarga debido ás esixencias ou
compromisos do seu traballo; "sen-desafíos " que ten a
sensación de falta de desenvolvemento persoal no seu posto de
traballo e "desgastado", que se comporta de xeito
neglixente e dáse por vencido ante calquera dificultade.
En
concreto, na enquisa aos profesionais afectados pedíuselles que
identificasen o que facían para facer fronte ao seu malestar no
traballo, con opcións como a busca de 'apoio social', 'negación do
problema', 'desafogo emocional', 'reinterpretación positiva' ou 'uso
de substancias'. Os investigadores encontraron un patrón entre os
diferentes tipos de burn-out e as estratexias de afrontamento
utilizadas polos traballadores.
Traballadores
frenéticos, desgastados e sen desafíos
Nos
resultados comprobouse que os "frenéticos" intentan
superar o seu malestar mediante o 'desafogo emociona', así como con
intentos por 'resolver o problema', o que podería explicar por que
as persoas que sofren este tipo de burn-out, a miúdo, continúan
sendo bastante produtivas. Curiosamente, a relixión tamén se
relacionou con este perfil.
A
estratexia de afrontamento posta en marcha polo perfil "desgastado"
foi a denominada 'desconexión conductual', o que fai que este tipo
de traballadores descoiden ou abandonen as responsabilidades do seu
posto de traballo, cando teñen que enfrontarse a algún problema ou
dificultade.
Por
último, os traballadores "sen desafíos" adoitan utilizar
tanto a estratexia de 'desafogo emocional' coma a de 'desconexión
conductual', polo que este perfil podería ocupar unha posición
intermedia entre os dous extremos anteriores. Non obstante, a
estratexia máis común utilizada por este tipo de burn-out foi a
'evitación cognitiva', é dicir, o distanciamento ou distracción.
Os
resultados deste traballo representan un punto de partida para
recoñecer os que verdadeiramente padecen a síndrome, tratando de
identificar que tipo de sentimentos os acompañan, así como a forma
mediante a cal tratan de facer fronte á súa situación, o que, sen
dúbida, redundará no desenvolvemento de intervencións preventivas
e de tratamento sobre os afectados.
Agenciasinc.es
A caída da afiliación á Seguridade Social enturba de novo a evolución do desemprego en Galiza
A
caída da afiliación á Seguridade Social vén de enturbar novamente
a evolución do desemprego en Galiza. O noso país rematou o mes de
marzo con 276.463 parados/as rexistrados/as nas oficinas do SEPE, o
que supón un 1,29% menos (3608 persoas) que en febreiro e un 5,06%
menos con respecto a marzo do ano anterior (14.724 parados/as menos).
Mais o número de afiliados/as á Seguridade Social caeu un 0,4% con
respecto a marzo do 2013 (arredor de 4000 persoas).
Deste
xeito, o acusado descenso do desemprego interanual rexistrado en
Galiza en marzo contrasta cos datos de afiliación á Seguridade
Social, xa que reflicten unha caída media da afiliación con
respecto ao mesmo mes de 2013 do 0,4% (arredor de 4000 afiliados/as
menos).
Para
o secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido, esta
aparente contradición explícase por dúas razóns fundamentais: o
desencanto, que leva ás persoas paradas de longa duración e que xa
non cobran ningún tipo de prestación a deixar de se anotar nas
listas de desemprego e á emigración,
que explica tanto a caída de activos/as como a de afiliados/as á
Seguridade Social.
Outro
dato preocupante é a evolución da taxa de cobertura dos
desempregados/as. Neste caso, en febreiro tan só o 54,1% dos
parados/as percibía algún tipo de prestación. A pesar de que xa se
trata dunha cifra moi baixa, non para de descender xa que no mes de
xaneiro a taxa era de 54,8%, o que supón un descenso de sete décimas
nun só mes.
Así
mesmo, os datos de contratación amosan un mes máis a elevada
temporalidade dos traballadores/as que atoparon un emprego en marzo,
xa que segundo o SEPE dos 51.055 contratos rexistrados nas súas
oficinas neste mes só o 9,4% se asinou baixo algunha das modalidades
de contratación indefinida.
Outras datos
Con
respecto á media estatal, o descenso foi superior tanto a nivel
mensual (-0'35% no conxunto do Estado) como interanual, xa que na
media estatal o descenso foi do 4,75%.
Por
sectores, o noso país tamén tivo un mellor comportamento que a
media estatal. O maior descenso produciuse na Construción, cun 3,87%
menos; a continuación situáronse a Industria (-1,3%) e o sector
Servizos (-0,89%). No que respecta ao conxunto do Estado, a baixada
na Construción foi dun 2,16%, na Industria do 1,1% e en Servizos do
0,7%.
ILP
polo emprego
No
seu conxunto, os datos constatan o enorme deterioro ao que chegou o
mercado laboral e obrigan a acender as alarmas, porque “de non se
producir un xiro nas políticas económicas e laborais que permita a
creación efectiva de emprego digno, estase a pór en xogo non só o
presente de Galiza, senón tamén o noso futuro como país”, sinala
Malvido.
Finalmente,
o secretario confederal de Emprego entende que esta situación
xustifica por si soa a ILP polo emprego que a CIG está a promover e
cuxas sinaturas de apoio foron entregadas hoxe mesmo no Parlamento
galego. “As medidas que nela se recollen permitirían darlle a
volta a esta situación, favorecer a recuperación económica e
posibilitar a creación de emprego”.
A CIG entrega no Parlamento máis de 31.000 sinaturas, o dobre das necesarias para avalar a ILP polo Emprego na Galiza
A
CIG entregou este mércores, día 2 de abril, no rexistro do
Parlamento de Galiza máis do dobre das sinaturas necesarias, en
concreto 31.232, para avalar a tramitación da Iniciativa Lexislativa
Popular sobre Medidas para a Creación de Emprego en Galiza. As/os
representantes da central sindical chegaron ao Pazo do Hórreo en
manifestación xunto cuns 1.500 delegados/as que partiron, pasadas as
12:15 horas, da Alameda compostelá tras reunirse en asemblea no Pazo
de Congresos.
A
xornada comezou cunha asemblea nacional de delegados/as convocada
para analizar a situación do desemprego en Galiza e pór en común
as medidas propostas pola CIG para favorecer a recuperación
económica e impulsar a creación de emprego. Ao seu inicio, as e os
delegados asistentes mantiveron un minuto de silencio en homenaxe ao
compañeiro recén finado, Xosé Lois Martín Freire.
Tras
da asemblea, as/os delegadas/os trasladáronse á Alameda compostelá,
de onde saíron en manifestación até as portas do Parlamento de
Galiza, onde permaneceron até que saíu a representación da
Executiva Confederal encargada de entregar as sinaturas no rexistro
do Pazo do Hórreo.
Na
súa intervención na asemblea de delegados/as o secretario xeral da
CIG, Suso Seixo, salientou a importancia da ILP como parte dunha
campaña de divulgación das propostas da central sindical para o
crecemento económico e a creación de emprego concretadas en 100
medidas. Unha campaña que se puxo en marcha diante da enorme
gravidade do problema do desemprego para a sociedade galega e para a
súa clase traballadora.
Seixo
asegurou que a creación de emprego “non vai vir da man das
políticas ultraliberais promovidas polo PP, de reformas laborais,
recorte de salarios e políticas activas de emprego”. Subliñou
que, neste modelo, “sen crecemento económico, non hai creación de
emprego” e reafirmou que fronte a actual situación e as políticas
emprendidas polo PP “si hai alternativas”.
Denunciou
as consecuencias para a clase traballadora galega e para Galiza
no seu conxunto dos altos niveis de desemprego, nomeadamente a
emigración que supón “a perda de man de obra cualificada, de
capacidade de xerar riqueza e de poboación”, co conseguinte
avellentamento do país. Xunto a isto, alertou da pobreza e a
exclusión social que xa está a provocar, con preto do 45% das
desempregadas e desempregados que non cobran ningunha prestación e o
debilitamento da clase traballadora, que perde capacidade
reivindicativa e a consecuencia diso, empeora as súas condicións
laborais, salariais e de vida.
Diante
desta dramática situación, o secretario xeral da CIG denunciou a
actitude da Xunta de Galiza que “está a manipular datos de paro e
de emigración”, dixo, “para presentar un país no que todo vai
ben”, limitándose a presentar diante da cidadanía “grandes
proxectos industriais” que despois non se concretan en nada ou en
moi pouco.
Denunciou
tamén que o goberno do PP, á fronte da Xunta de Galiza está a
permitir a destrución do noso tecido produtivo ou mesmo a “facer
de axentes comerciais” para o pór á venda de capital foráneo sen
ofrecer ningún plan de choque que reactive a economía e posibilite
a creación de emprego.
Propostas
da ILP
Respecto
do contido da ILP subliñou que contempla propostas en diferentes
materias: industrial, fiscal, financeira, laboral... e fixo especial
fincapé nas laborais, dirixidas á creación de emprego de calidade.
Entre estas subliñou a derrogación das contrarreformas laborais; a
redución da xornada laboral ás 35 horas; a mellora do poder
adquisitivo dos salarios ou a creación dunha renda de inserción
laboral.
Xunto
a estas, salientou algunhas das medidas contempladas en materia de
promoción económica e industrial dirixidas a todos os sectores:
pesqueiro, marisqueiro, leiteiro, forestal, gandeiro, automoción,
téxtil, conservas, para o sector enerxético, a minaría ou o naval.
Do
mesmo xeito lembrou que a CIG dálle moita importancia tamén ao
sector do comercio “por xogar un papel fundamental na distribución
e venda dos produtos elaborados en Galiza e, polo tanto, no
mantemento e creación de emprego”. Por iso manifestou o
rexeitamento da central sindical ás grandes superficies comerciais.
Sinalou
a importancia do sector cultural, apoiando a produción e difusión
da nosa cultura en todos os ámbitos e destacou tamén a importancia
do sector público, para a promoción de empresas de capital público
en sectores estratéxicos da nosa economía: enerxético,
telecomunicacións; naval, leiteiro ou financeiro.
Respecto
do sector financeiro subliñou que a CIG defende a necesidade dunha
Banca Pública para apoiar o tecido produtivo (PEMES) e familias.
En
materia de política fiscal reclamou o incremento do IRPF ás rendas
máis altas; aplicar ás rendas do capital o mesmo tratamento fiscal
que ás rendas do traballo; a supresión das bonificacións e
deducións no Imposto de Sociedades; a redución do IVE dos produtos
de primeira necesidade; a persecución da fraude fiscal e que se
destinen máis recursos a perseguir a fraude cometida pola banca e as
grandes empresas... Mecanismos imprescindíbeis “para garantir a
redistribución da riqueza”.
Xunto
a estes obxectivos, lembrou que a CIG con esta campaña, ademais de
ofrecer alternativas para a creación de emprego, pretendía “abrir
o debate sobre o actual modelo económico de capitalismo neoliberal”.
Un modelo do que dixo que “xera un reparto desigual da riqueza e,
polo tanto, un aumento das desigualdades sociais”. Denunciou que
“concentra a riqueza e o poder nunha minoría da sociedade” e que
“non garante dereitos básicos para toda a poboación”, entre os
que sinalou ensino, vivenda, saúde, traballo... e concluíu que é
un modelo que “converte a natureza e ao propio ser humano en
mercadorías”.
Soberanía
política
Por
iso apostou por loitar por “conquistar un novo modelo de
organización social e económica máis xusto e democrático, ao
servizo dos intereses da maioría social, da clase traballadora”.
Chamou
a atención, ademais, sobre a situación de Galiza e sobre o papel
que xoga no Estado e na Unión Europea “como subministradora de
materias primas, man de obra barata, recursos enerxéticos ou
recursos financeiros” e concluíu que, ante isto, é necesario que
a nosa nación goce de “soberanía política”.
Reforzar
a CIG
O
secretario xeral da CIG rematou salientando a importancia da central
sindical como a mellor ferramenta para nos defender. Asegurou que os
ataques da patronal e da dereita á CIG responden ao perigo que o
sindicato representa para os seus intereses e chamou a todas as
delegadas e delegados a facer un especial esforzo de cara ás
eleccións sindicais.
A
este respecto denunciou que precisamente a Lei de Seguridade Cidadá
ten como obxectivo criminalizar a protesta e impedir á clase
traballadora e ás organizacións sindicais, en concreto á CIG, saír
á rúa a defender os dereitos laborais e sociais que está a laminar
o Partido Popular.
Por
iso concluíu que é fundamental reforzar a afiliación para
continuar coa necesaria mobilización social para seguir a loitar na
defensa deses dereitos cos que a dereita pretende acabar.
