31/07/14

Novo sistema que optimiza o consumo enerxético da iluminación pública

I+D+i

Para dar resposta ás esixencias do último regulamento de eficiencia enerxética da iluminación pública, investigadores da ETSI Industriais da Universidade Politécnica de Madrid (UPM), en colaboración coa Universidade Pontificia Comillas, deseñaron un sistema de regulación de enerxía, baseado na combinación de diversos elementos electromagnéticos, que reduce de maneira eficiente o fluxo luminoso das lámpadas mediante a diminución da tensión de alimentación das mesmas.


Trátase, en opinión dos investigadores, dun sistema robusto, sen apenas mantemento, moi eficiente e cun tamaño, peso e custo menor que o dos sistemas de regulación que se empregan na actualidade, baseados en electrónica de potencia. O deseño do sistema xa foi protexido mediante patente, e esta está licenciada a unha empresa  fabricante de transformadores.

A eficiencia e o aforro enerxéticos son obxectivos prioritarios nunha sociedade que incrementa a súa demanda enerxética a medida que avanza tecnoloxicamente. Se a isto unimos que a iluminación representa aproximadamente o 50% do consumo eléctrico de calquera concello, o reto da optimización do consumo enerxético nos sistemas de iluminación pública convértese nun obxectivo prioritario.O novo sistema está baseado na utilización de compoñentes electromagnéticos fronte aos complexos e custosos equipos electrónicos que se instalaron. Isto confírelle unha gran robustez fronte a condicións climáticas externas, ademais dun comportamento excelente fronte a curtocircuítos, descargas eléctricas, sobretensións, etc.As esixencias de mantemento son practicamente nulas, moito menores que as dos sistemas de regulación empregados na actualidade. Cunha configuración moi sinxela un só dispositivo permite regular todas as lámpadas dunha mesma liña entre dous niveis de tensión e así diminúe de maneira eficiente o seu consumo sen acelerar por iso o seu envellecemento.

A fabricación do novo dispositivo é un proceso fácil e económico que non precisa de man de obra moi especializada. Do mesmo xeito, tamén é moi sinxela a súa instalación nas liñas de iluminación pública.


Fonte: agenciasinc.es

A CIG rexeita o diálogo social emprendido por CCOO e UGT co goberno e que supón avalar todas as políticas do PP

Considera que implica darlle un cheque en branco á dereita para aplicar todas as políticas da troika e da UE que son as que nos teñen levado a esta situación

A CIG considera que a apertura do diálogo social e a sinatura dun documento conxunto entre o goberno, CCOO, UGT, CEOE e CEPYME supón por parte destes sindicatos avalar tanto as políticas do PP destes últimos anos, como as futuras, e dar un “cheque en branco” ao goberno para aplicar as medidas ditadas pola troika e a UE que foron as que nos levaron a esta situación. Ante isto a CIG denuncia o “entreguismo” dos sindicatos españois e a súa renuncia a reclamar os dereitos laborais e sociais perdidos pola clase  traballadora trala imposición das reformas laborais e sucesivos recortes aplicados durante este período. 

Tras sete anos de crise, de reformas laborais que provocaron a masiva destrución de emprego, un brutal incremento da precariedade laboral, a rebaixa xeralizada dos salarios, o aumento da temporalidade e a expulsión de miles de mozos e mozas á emigración, así como de políticas económicas que supuxeron un recorte brutal no investimento público, o afogamento dos sectores produtivos e un retroceso sen precedentes do sector público, dos servizos sociais, da sanidade pública e do ensino, entre outras, CCOO e UGT sentan a negociar co goberno do PP e a patronal e asinan un “Acordo de Propostas para a Negociación Tripartita para fortalecer o crecemento económico e o emprego”. 

Un acordo do que se tira non só que estas organizacións sindicais españolas asumen ao completo o modelo neoliberal consagrado pola UE senón tamén todos e cada un dos seus principios, a comezar polo déficit cero, asegurando que comparten “a necesidade de combinar políticas que fagan sostíbeis as contas públicas xunto con políticas de impulso da actividade económica e o investimento produtivo”.  

Un modelo que o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, denuncia que foi “fielmente executado polo Partido Popular e que agora veñen apoiar CCOO e UGT, que o fan ademais nun contexto no que desde ese goberno de dereita reaccionaria se están a recortar as liberdades públicas con reformas como a do Código Penal ou da Lei de Seguridade Cidadá, que teñen como principal obxectivo precisamente reprimir a mobilización social para que non se poñan en cuestión esas políticas”. 

Para a CIG o documento destila hipocrisía, tanto por parte do goberno como por parte deses sindicatos, é un canto ao españolismo e ao centralismo e serve ademais para avalar, desde as primeiras liñas, a versión do PP de que se está na “senda da recuperación económica”. Unha recuperación que a CIG considera falsa porque “as traballadoras e traballadores galegos seguen a sufrir un empeoramento das súas condicións laborais, salariais e de vida, mentres medran os beneficios das grandes empresas, de especuladores e banqueiros”, sinala Seixo. 

A CIG entende que do momento no que non se recolla mención algunha ás políticas impostas polo PP durante estes anos estase, de forma implícita, a validalas e mesmo a aceptalas, desde as reformas laborais até a das pensións pasando pola reforma da negociación colectiva, a nova lei de mutuas e mesmo a reforma do IRPF que se vén de aprobar e que prexudica a progresividade castigando máis as rendas baixas que as altas. 

Plan de explotación xuvenil

Do texto dedúcese ademais que o plan de emprego xuvenil, aprobado por Real Decreto polo Consello de Ministros do pasado 4 de xullo e que a CIG cualificou como “plan de explotación e emigración xuvenil”, é resultado das negociacións entre sindicatos, patronal e goberno iniciadas en febreiro de 2013. 

Un plan do que a CIG denunciou ademais que afonda en modalidades de contratación que favorecen a explotación da mocidade e que van provocar que a súa única alternativa, para buscar unhas condicións laborais máis dignas, siga sendo a emigración. Isto alén de garantir novas vías de subvención ás empresas ao introducir máis bonificacións á contratación. 

A CIG considera ademais que a medida estrela anunciada onte pola ministra de Emprego Fátima Báñez ao remate da xuntanza con sindicatos e patronal e que aparece recollida no documento é “un parche”. Esa medida prevé a creación dunha axuda para os cabezas de familias que teñan todos os seus membros en paro e non reciban ingresos laborais, e que se calcula que son unhas 500.000 persoas.   

Unha axuda que para a CIG non soluciona o problema real de pobreza e exclusión social que sofren miles de persoas en Galiza. Neste sentido, a central sindical lembra que, segundo os últimos datos da EPA, no noso país hai 93.700 fogares con todos os seus membros activos no paro. E non só iso, un total de 118.100 persoas, o 42% de desempregados/as leva máis de 2 anos en situación de desemprego e xa non ten ningún tipo de axuda. Un colectivo que non deixa de medrar pola ausencia de políticas que favorezan unha recuperación económica real e que garantan o apoio aos sectores produtivos para que se cree emprego de calidade e estábel.

Outro modelo é posíbel

Fronte os acordos que se recollen no documento asinado ao abeiro dese chamado diálogo social, a CIG defende a necesidade de pór en marcha con carácter urxente as medidas recollidas na ILP en materia de política industrial, financeira, fiscal, I+D, infraestruturas, laboral ou de servizos públicos, entre outras.

Por todo isto denuncia que detrás deste acordo o que hai é unha “aceptación” e un “entreguismo” de CCOO e UGT a toda a política do goberno que con dureza se vén aplicando e unha renuncia explícita a reclamar os dereitos usurpados á clase traballadora. Un comportamento que entende que é simplemente inadmisíbel por parte de calquera organización sindical que debe ter como único fin a defensa dos intereses das e dos traballadores. 


Lembra que do diálogo social non vai vir nin a recuperación económica nin de dereitos, afirma que deses acordos non vai saír nada útil para a clase traballadora galega e entende que a única interlocución posíbel con este goberno ten que ser para pedir a súa dimisión e exixir pola vía da mobilización social un cambio radical da situación.

O Concello aproba os orzamentos 2014 coa minoría da Xunta de Goberno Local

O goberno municipal do Concello de Betanzos vén de aprobar o pasado 24 de xullo en Xunta de Goberno Local os orzamentos 2014 logo de que só uns días antes todos os partidos da oposición coincidisen en non apoiar a aprobación destes orzamentos. Con esta estratexia fai un alarde antidemócrata nunca antes visto no Concello de Betanzos, onde os orzamentos, ata este ano 2014, e a entrada no goberno do PSOE, sempre foran aprobados pola maioría do pleno.
A isto témoslle que sumar a nula negociación cos representantes do persoal do capítulo 1 dos orzamentos, convocados a unha Mesa Xeral na que supostamente se negocia mais que o goberno municipal convocou exclusivamente para "dar conta". Máis grave podemos considerar isto aínda tendo en conta que o Concello presentou unha RPT dicindo que é a vixente, é dicir, a do ano 2008, mais que en realidade contén modificacións en postos que nin sequera foron tratadas cos propios traballadores afectados. Ademais, na documentación relativa a persoal aparecían diversos erros e ocultábase información relativa a antigüidades, postos e complementos persoais que descoñecemos se foron corrixidos antes de levar a documentación a pleno, a pesar de que o propio goberno municipal admitiu que de ser así se trataría de erros.
Unha vez publicada a aprobación provisional dos orzamentos ábrese un prazo para presentar reclamacións as persoas que teñan a consideración de interesadas e que tamén poderán examinar a documentación. O prazo comeza hoxe mesmo, 31 de xullo, e finaliza o vindeiro 19 de agosto, tendo en conta que estamos a falar de días hábiles. 
Nos vindeiros días, en primeiro lugar, cumprirá comprobar se o Concello aprobou a documentación tal cal a levou á Mesa Xeral de Negociación ou engadiu algunha das propostas presentadas pola CIG, logo, dende a Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos procederemos a elaborar as reclamacións que consideremos pertinentes e informaremos ao persoal ao que lle afecten directamente as modificacións para informalo sobre as posibilidades e a pertinencia das reclamacións individuais.
Un dato moi importante é que a Lei 27/2013 aprobada polo PP na que o goberno local vén de se amparar para aprobar os orzamentos 2014 impide que se poida facer unha modificación da RPT sen que esta sexa aprobada polo pleno, por tanto o goberno local non podería ter modificado a RPT con respecto á de 2008 por moito que aprobase os orzamentos na Xunta de Goberno Local. A maiores, resulta ben triste a estas alturas con xa máis de medio ano que leva cobrado a empresa que foi contratada para a elaboración da RPT, o Concello nin se dignase a presentar un bosquexo desa nova RPT que tan cara está custando e coa consciencia de que se a oposición non a apoia eses 21 000 euros para Galivalia serían tirados pola borda.

24/07/14

A CIG denuncia unha vez máis ao Concello de Betanzos ante a Inspección de Traballo por un caso de posible cesión ilegal de traballadores

Nos pasados días a Confederación Intersindical Galega presentou na Inspección de Traballo provincial unha denuncia por un posible caso de cesión ilegal de traballadores que se está a producir na Casa do Concello. Na denuncia infórmase ao entre provincial que na Casa do Concello hai unha traballadora da que se descoñece a existencia de contrato laboral co Concello de Betanzos e que realiza o seu traballo diario ás ordes doutro empregado municipal, ademais dispón dun dos despachos da Casa do Concello e mesmo recibe xente, ten reunións, e realiza as chamadas e xestións dende o edificio municipal.


A Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos puxo, nos pasados días, esta situación en coñecemento da Inspección e solicita que se adopten as medidas oportunas para aclarar a situación desta traballadora por se puidese haber algún tipo de cesión ilegal de traballadores. Ademais, queremos denunciar publicamente o grao de privatización ao que se está chegando no Concello de Betanzos, cando nas propias oficinas municipais traballa persoal de empresas privadas, utilizando instalacións e recursos públicos e recibindo ordes de persoal do Concello, o goberno municipal do PSOE está empeñado en privatizar esta Administración local e as consecuencias das súas decisións chegan ata límites inesperados..

O Concello adebeda máis de 60 000 euros a dous traballadores readmitidos

O Concello acumula as débedas co persoal dende hai xa varios meses que os últimos compañeiros do anteriormente chamado GRUMIR foron readmitidos. A tristeza dos feitos reside en que meses despois de estar traballando o Concello nin sequera informou aos propios traballadores de motu propio e que mesmo nalgún caso xa se solicitou a execución da sentenza ante a falta de reacción da Administración local. Agora toca de novo agardar o traballo do xulgado que lle requira ao Concello que execute a sentenza para que os compañeiros cobren os cartos que o Concello lles debe.

Dende a CIG consideramos completamente lamentable que logo do periplo xudicial que estes compañeiros tiveron que padecer, do Xulgado do Social ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en até dúas ocasións, o Concello non tivese a decencia, primeiro de non tratalos como ao resto e desistir no xuízo, e segundo, agora de non pagarlles os salarios de tramitación deses dous anos adebedados. Consideramos esta situación máis inxusta aínda se temos en conta que outros tres compañeiros na mesma situación non tiveron que recorrer ao xulgado e o Concello mantívoos a pesar de finalizar a subvención, e aínda a día de hoxe constan nos orzamentos que o Concello pretendeu aprobar no pleno como "xefes dun grupo GRUMIR"  hoxe inexistente en Betanzos. Esa é a diferenza neste Concello, dependendo do teu nome e apelidos, se dependes dunha subvención e esta finaliza bótante á rúa ou non, tes que ir ao xulgado ou non e tes que agardar o que o Concello che devolva os cartos que che pertencen ou non. Se o Concello tivese un mínimo de dignidade non obrigaba a estes traballadores a ter que solicitar a execución de sentenza só por contrarrestas o trato de privilexio que lle ofreceu a outros compañeiros do mesmo grupo, mais o feito de que actúe así non fai máis que demostrar que non é que discriminase naquel momento puntual senón que na actualidade o segue a facer de xeito consciente e sen trazas de corrixilo. Nin sequera a aprobación ou non do orzamento é unha escusa para lles pagar cando, ben sabemos, que cando queren pagar algo fan as modificacións e os trámites precisos para o efectuar.

A Inspección de Traballo advírtelle, unha vez máis, ao Concello, das súas obrigas en materia de prevención de riscos

Achegámosvos a resposta da Inspección de Traballo á denuncia realizada con motivo da non reunión do Comité de Empresa en xa case seis meses, cando segundo a Lei 31/1995 se debe reunir cada tres meses. O Concello admite que os feitos denunciados son verdade e apela a unha falta de tempo polo exceso de carga laboral, que xa case vén a ser unha escusa tan socorrida como o "sempre se fixo así" do concelleiro de Persoal. Dende a CIG non dubidamos da carga de persoal neste departamento mais xa non a admitimos como escusa válida tendo en conta que nesta lexislatura se puxo unha persoa de reforzo, privatizouse todo o relativo a convenio, RPT, e case calquera Mesa Xeral, polo que puidemos ver na última reunión, e o Comité de Empresa leva meses sen recibir documentación. Se a isto lle  sumamos o que indica a Inspección, que entre administracións públicas non se poden sancionar o panorama é desolador para os empregados da Administración pública que, polo que parece, estamos en inferioridade de condicións en materia de seguridade e saúde laboral fronte á empresa privada á que Administración pública si que lle exixe ter á empresa privada... iso si, sempre ata que pase algo que logo, total, quen sufre as consecuencias é o persoal e quen paga as posibles indemnizacións @s contribuíntes.

21/07/14

Reforma das Mutuas Colaboradoras da Seguridade Social e da xestión da Incapacidade Temporal

Mutuas

O pasado venres remitiuse ás Cortes Xerais o PROXECTO DE LEI pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, así como o REAL DECRETO polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración.


Ver información facilitada polo Gabinete de Comunicación do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Información pendente sobre o pagamento dos 14 días da extra de 2012

O Comité de Empresa vén de solicitarlle ao Concello información con respecto ao pagamento dos 14 días da paga extra de 2012 que o Concello realizou este mes logo de que diversos compañeiros nos estean a preguntar por este tema, e mesmo algúns traballadores que xa non están en activo, mais que o estaban no momento que lles roubaron a paga nos informasen de que non recibiran os cartos. Debido a isto solicitouse toda a información correspondente a este tema ao Concello para aclarar a situación.
Con respecto a este tema, recentemente o concelleiro de Persoal desvelou na propia Mesa Xeral de Negociación que a intervención municipal informou negativamente ao pagamento non de 14 senón de 45 días ao persoal funcionario e ese informe contrarrestouse con un feito por Galivalia, empresa contratada para a elaboración da Relación de Postos de Traballo sobre a que a día de hoxe aínda non temos nova ningunha. Este feito puntual fíxonos entender cal é o verdadeiro uso que o Concello lle pode dar a un contrato cunha empresa deste tipo, á vista de que estamos a xullo e seguimos sen convenio e sen RPT. O certo é que dende o principio entendimos que unha sentenza de laborais era inaplicable a funcionarios e menos cando a contía que se lle devolvía a este segundo colectivo ía ser maior por lle corresponder máis días, aínda hai dous anos, o Concello defendeu no xuízo da primeira demanda posta pola CIG nesta lexislatura que o persoal laboral non podía ter os mesmos dereitos que os funcionarios se non estaban recollidos en convenio, agora, dous anos despois, o propio concelleiro afirmou que botan man dos informes dunha empresa externa cando non convence o que informan os órganos municipais con respecto a un caso que lle afecta ao persoal funcionario, como cambian as cousas!
A cousa a partir de agora estará en saber cando convencerán ou non os informes da Intervención e Secretaría municipal e cando se recorrerá a informes externos, o que está claro é que visto así parece un choio para facer sempre o que peta, cando non me convence o da casa vou ao de fóra e amaño! Dende logo o que está claro é que os 21 000 euros da empresa, que dan así como arredor de 1750 euros ao mes, tendo en conta que o contrato é por doce meses, son cartos tirados se temos en conta o beneficio que vai ter para o persoal e que o Comité de Empresa e os sindicatos temos que estar continuamente enriba dos textos e as propostas con continuos erros, cartos tirados para os traballadores mais que sen dúbida ningunha deben beneficiar a alguén, e neste caso, coma no resto O PÚBLICO É SERVIZO E O PRIVADO É BENEFICIO, e consideramos inaceptable que as Administracións públicas tiren os nosos cartos para beneficiar a empresas privadas con traballos que podemos e debemos facer os empregados públicos.

Pendentes de diversos temas e cuestións sen resolver que se lle exporán ao concelleiro de Persoal na vindeira reunión

O Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, vén de solicitar unha reunión co concelleiro de Persoal logo de dous meses sen se reunir, en principio, no mes de xuño as negociacións do convenio centraron o traballo mais á vista de que o tempo pasa, xullo acaba e o Concello non parece que teña moita intención de continuar coa negociación polo momento hai moitos temas que están enriba da mesa e sen resolver; o principal é a prórroga do convenio colectivo, que de non se levar a cabo caducaría o vindeiro 30 de xullo, a maiores tamén hai diversa documentación que o Concello leva meses sen lle entregar ao Comité de Empresa e tamén se preguntará por diferentes problemas dalgunhas compañeiras con respecto ao desfrute do horario de verán e mesmo polos problemas no cobro da paga extra que estamos a detectar nas nóminas dalgúns traballadores, igualmente preguntarase por temas relativos a seguridade e saúde laboral.

18/07/14

Persoal do sector público concéntrase na Delegación do Goberno na Coruña en defensa dos dereitos laborais

Organizacións sindicais da área pública entregaron na Delegación do Goberno na Coruña a súa demanda de que se convoquen as mesas para tratar os orzamentos 2015


Persoal das administracións públicas concentrouse esta mañá diante da Delegación do Goberno español para reclamar a recuperación de dereitos laborais e salariais e a inmediata convocatoria tanto da Mesa Xeral da Administración do Estado, como de Galiza, para comezar xa a negociar estes aspectos de cara á súa inclusión nos orzamentos de 2015. Con esta convocatoria as organizacións sindicais con representación nestas mesas poñen en marcha unha campaña na que, ademais, demandan a execución das sentenzas que obrigan ás administracións á devolución das pagas extra.

A estas demandas, a coordinadora da Área Pública da CIG (CIG-Ensino, CIG-Saúde e CIG-Administración), María Carme López Santamariña engadiu tamén a exixencia de que se recuperen os acordos que foron conxelados polo PP no ano 2009.

Neste sentido lembrou que tras da toma de posesión de Núñez Feijóo como Presidente da Xunta, unha das primeiras medidas adoptadas polo seu goberno foi a conxelación dos acordos acadados entre administración e organizacións sindicais. “Isto fíxose antes de se aprobar a Lei 1/2012 de Medidas temporais polas que se suprimiron moitos dos nosos dereitos laborais e salariais que agora teñen que ser repostos, xa que eles mesmos dixeron que o farían en canto mellorara a situación económica e están repetindo todos os días que estamos na senda do crecemento”.

Por iso, durante a concentración as e os representantes das diferentes organizacións sindicais presentaron na delegación do Goberno escritos dirixidos tanto a Xunta de Galiza como a administración do Estado a inmediata convocatoria das Mesas de negociación para que se proceda á revisión dos diversos Decretos Lei a través dos que se introduciron eses recortes que afectan ao conxunto do persoal.

López Santamariña subliñou que entre as súas demandas está tamén a recuperación das pagas extra completas, xa que a Xunta mantén aínda un recorte do 40% das mesmas, e que se negocie como se van enfocar as devolucións das pagas extra. “Están ademais pendentes de execución multitude de sentenzas que obrigan a pagar a extra de 2012, no caso da administración do Estado, e de 2012, 2013 e 2014 no caso da Xunta de Galiza”. Por iso considerou urxente que a Mesa Xeral da Función Pública en Galiza vaia traballando ao mesmo ritmo que se van elaborando os Orzamentos de 2015.


A concentración rematou coa lectura do manifesto conxunto que, de seguido reproducimos:

MANIFESTO  CONCENTRACIÓN 15 XULLO 2014

NEGOCIACIÓN XA!

POLA RECUPERACIÓN DE TODOS OS DEREITOS (SALARIAIS, XORNADA, VACACIÓNS, ETC.) RECORTADOS, TRANSITORIA E COXUNTURALMENTE  POLA CRISE.

POLA MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DAS EMPREGADAS E EMPREGADOS PÚBLICOS

POLA XERACIÓN DE EMPREGO PÚBLICO NETO, ESTÁBEL E CON DEREITOS, QUE GARANTA O ESTADO DE BENESTAR

POR UNS SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE PARA A CIDADANÍA
 
Desde as organización sindicais, CCOO, CIG, CSI-F e UGT levamos anos reclamando medidas que atenúen a insoprotábel situación que padecen millóns de empregadas e empregados públicos. Situación que ten a súa máxima expresión nunha desmesurada destrución de emprego público, o empeoramento dos seus dereitos laborais, económicos e profisionais, e o progresivo deterioro dos servizos públicos.

Vulnera o dereito á negociación colectiva (esto recoñeceuno a propia OIT) que os gobernos español e galego apliquen unha política de feitos consumados ditando normas que prescinden de todo acordó e pretenden darle continuidade actualizando o plano de estabilidade (2014-2017), o plano nacional de reformas, modificacións pontuais e regresivas do Estatuto Básico do Empregado Público que seguen a insistir na teoría do sacrificio e dos recortes.

Por iso esiximos a recuperación da Negociación colectiva instando as urxentes convocatorias das Mesas Xerais de Negociación das Administracións Públicas, a española e a galega,  para cambiar a orientación das políticas públicas de persoal, outorgandolle a toda a estrutura negociadora o protagonismo que lle confere o EBEP.

As organización sindicais consideramos que as medidas aplicadas polos gobernos nos momentos de maior incidencia da crise económica eran coxunturais  e tiñan data de caducidade. E a data de caducidade é este  momento. Hai que reequilibrar as condicións de traballo mediante unha negociación colectiva capaz de acadar os resultados demandados polas empregadas e empregados públicos.

Temos que volver na contra dos gobernos as súas proprias afirmacións que pretenden trasladar á cidadanía que a situación económica está mellorando, que deben de ser consecuentes e retomar a negociación colectiva e o respeito á dignidade das traballadoras e traballadores da administración, en base ás seguintes premisas:


-Aumentar o volumen neto do emprego público estable cunha forte dimensión social eliminando as taxas de reposición, impedindo os ERES, detendo a amortización de prazas e desenvolvendo procesos de consolidación.

- Garantir o poder adquisitivo das traballadoras e traballadores, con incrementos salariais e a devolución íntegra da paga extraordinaria de decembro do 2012 xa neste mesmo ano. Abono da paga íntegra dos anos seguintes para o persoal da Xunta de Galiza.

- Adoptar medidas necesarias para que se desenvolva o EBEP coa negociación de todas as modificación practicadas ou que se intenten impor.

- A estabilidade no emprego e a carreira profesional como cuestión irrenunciábeis e a implantación inmediata da carreira profisional.

- A promoción, formación e profesionalización que cubran as expectativas das traballadoras e traballadores e unha promoción interna real e efectiva que aproveite o potencial formativo xa existente.

- A devolución dos dereitos recortados, como os días complementarios por antiguidade e o dereito para a xubilación parcial.

- Frenar a reforma laboral nas Administracións Públicas.

- Defender políticas públicas de iguladade de xénero e prevención de riscos. Que a crise non serva de excusa para o seu deterioro.

En definitiva, as organización sindicais, CCOO, CIG, CSI-F e UGT,  non imos retroceder no camiño que iniciamos ata obter unha satisfacción digna. As nosas reivindicacións son xustas e razonábeis. Nunca é tarde para o ben das traballadoras e traballadores públicos e para a prestación dos servizos básicos de calidade para toda a cidadanía sen discriminación

Luns 21, o goberno local leva a pleno uns orzamentos que afondan nas discriminacións entre o persoal, a corporación decidirá se se aproban ou non

FINALMENTE O PLENO EXTRAORDINARIO TERÁ LUGAR O LUNS 21 DE XULLO ÁS 20:30 H NA CASA DO CONCELLO.O
DESCOÑECEMOS SE O CONCELLO ATENDEU AS PROPOSTAS DA CIG MAIS ASISTIREMOS AO PLENO PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN O VOTO E AS PROPOSTAS DE TODOS OS MEMBROS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL, GOBERNO E OPOSICIÓN, SOBRE UN DOCUMENTO TAN IMPORTANTE COMO A RPT E O CAPÍTULO DE PERSOAL NOS ORZAMENTOS DO ANO 2014. TAMÉN A SÚA OPINIÓN SOBRE ESTA PROBLEMÁTICA RPT QUE LEVA VIXENTE DENDE O ANO 2008 E SOBRE O FEITO DE QUE LOGO DE GASTAR 21 000 EUROS NUNHA EMPRESA PARA FACER UNHA NOVA, O PERSOAL QUEDE COLGADO, UN ANO MÁIS, NO 2014, SEN NOVO CONVENIO NIN NOVA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO.

16/07/14

Recargo de prestacións a un traballador que se accidentou de maneira manifestamente imprudente

O 9 de febreiro de 2008, o traballador H., operario de limpeza nunha empresa de panadaría, procedeu a limpar unha das tolvas, para o que se introduciu no seu interior e ao porse en marcha as pezas rotatorias do fondo, resultou gravemente lesionado nun pé, o que motivou a unha situación de invalidez. O traballador non atendeu ao letreiro situado baixo o cadro de mando no que se indicaba que era preceptivo desconectar totalmente a máquina da rede antes de limpala, nin as advertencias dunha compañeira que lle indicou que saíse da tolva. 

O traballador recibira formación e información sobre prevención de riscos durante só 45 minutos, sendo o responsable de Prevención da empresa quen o impartiu a formación.

A Inspección de Traballo, considerando que a empresa non cumprira con varias das súas obrigas preventivas (por exemplo, non verificou que as máquinas estaban desconectadas antes de proceder á súa limpeza, non existían unhas instrucións de traballo que prohibisen introducirse na tolva, a formación era manifestamente insuficiente...) propuxo a recarga de prestacións, e o INSS resolveu asignando a recarga.

Recorrida a decisión pola empresa, o Xulgado do Social 2 de Tarragona,  revogou as resolucións do INSS, deixando as mesmas sen efecto algún.

Recorreu o traballador ante o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, o cal razoa que "No presente caso, aínda que a conduta culposa [imprudente] do traballador poida reputarse como grave, estimamos que non ten entidade suficiente para eliminar a responsabilidade da empresa, pois da mesma forma que o sinistro non se tería producido de actuar o traballador con maior prudencia e cautela que a que observou, tampouco se tería producido cun método axeitado de traballo, que garantise a parada da máquina en todo caso antes do inicio dos labores de limpeza".

E, en consecuencia, estiman o recurso do traballador e anula a sentenza do Xulgado do social, concedendo por tanto  ao traballador a recarga de prestacións.

Fonte: prevencionintegral.com

O Concello rise na cara dos traballadores. Agora seica as posibles melloras non chegarán ata xaneiro de 2015. Isto é un escándalo!

Este luns tivo lugar unha Mesa Xeral de Negociación, que á vista de que segundo o Concello non había que negociar nada, simplemente "dar conta" escusou convocar. Escusou convocar porque o propio nome da Mesa indica que hai que negociar e o Concello, a pesar de presentar unha RPT con modificacións con respecto á vixente, do ano 2008, teimou en dicir que simplemente se trataba de erros. Debe resultar xa bochornoso para o concelleiro de Persoal recorrer sempre, constante e continuamente a dous argumentos:
1. Non queremos modificar nada, simplemente son erros. Isto que significa? Que nin sequera se sabe utilizar a función de copia e pega correctamente ou simplemente é unha escusa que mentres vai colando van modificando cousas na RPT achegada na Mesa Xeral e que supostamente se presentará ao Pleno? Por outra banda tanto erro cansa, pobre Betanzos, se se equivocan continuamente na documentación entregada aos representantes dos traballadores que será do resto...
2. É que sempre foi así! Ben, como sempre foi así vai seguir séndoo, entón directamente é cuestionable o motivo polo que o goberno municipal se presentou ás eleccións porque para non facer nada con respecto ao que está mal ou seguir facéndoo mal, escusaban tentar gobernar. Como sempre foi así imos seguir discriminando a unha parte do persoal que cobra máis por vir traballar dúas horas que o resto pola xornada completa, como sempre foi así van seguir permitindo que as compañeiras da Escola Infantil Municipal cobren menos de complemento específico e de posto que o persoal de grupo 4 e 5 a pesar de elas pertenceren ao 3 ou que todos os postos ocupados por mulleres no grupo 5 cobren menos anualmente que os ocupados por homes... como sempre se fixo así! 
Baixo a escusa de que non é nada novo, nada convincente, por outra parte, o goberno municipal afonda nas discriminacións, nas diferenzas e no privilexio de certos colectivos de traballadores fronte ao resto. A Cig xa lle expuxo que a aprobación destes orzamentos ten un interese puramente político e vai en contra do beneficio dos traballadores, porque como o propio concelleiro de Persoal indicou, de se aprobar este orzamento a novo convenio, no caso dos laborais, por moito que se negocie, non podería entrar en vixencia ata xaneiro de 2015 porque o anexo de retribucións prevese que sufra modificacións que obviamente non van comtempladas neste orzamento 2014. A nosa maior preocupación é pensar que isto non son plans de futuro baleiros se temos en conta a dificultade de aprobar uns orzamentos 2015 a cinco meses das eleccións municipais.
A CIG EXPRESOU O SEU REXEITAMENTO A QUE OS ORZAMENTOS SE APROBEN AGORA QUE SE ESTABA PARA PECHAR A NEGOCIACIÓN DO CONVENIO, PORQUE ISTO SUPÓN UNHA NOVA E CLARA PARÁLISE DESTE PROCESO QUE, EN PRINCIPIO, NON PODERÍA FINALIZARSE ESTE ANO PORQUE NOS ORZAMENTOS QUE O CONCELLO PRETENDE APROBAR NON SE COMTEMPLA NINGUNHA PARTIDA ORZAMENTARIA PARA FACER FRONTE A UNHA MODIFICACIÓN DAS RETRIBUCIÓNS.
OUTROS DOS GRANDES PUNTOS DE DISCREPANCIA É A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO. O CONCELLO SÓ ORZAMENTA DÚAS PRAZAS DE POLICÍA E MESMO UNHA DE PROMOCIÓN INTERNA PARA A POLICÍA. A PORCENTAXE ESTÁ CLARA E A INTENCIÓN DE PRIVATIZACIÓN TAMÉN, DE 4 FUNCIONARIOS TRABALLANDO MENOS CONVOCAN 2 PRAZAS, E SÓ DE POLICÍA ADEMAIS, DE 17 LABORAIS TRABALLANDO MENOS CONVOCAN 0 PRAZAS, PORQUE PARA ESTE CONCELLO SECTORES COMO A LIMPEZA OU O CEMITERIO MUNICIPAL NON SON NECESARIOS PARA O FUNCIONAMENTO DO CONCELLO. SE POR ALGO SE CARACTERIZOU ESTA LEXISLATURA É POR SER A DA PRIVATIZACIÓN FOI POLA SUBSTITUCIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS EN BENEFICIO DA EMPRESA PRIVADA, O PSOE DE BETANZOS AO LONGO DESTES TRES ANOS FOI DEIXANDO MORRER OS SERVIZOS ATA A SITUACIÓN DE PRECARIEDADE LABORAL MÁIS ABSOLUTA NA QUE TRABALLAN OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE LIMPEZA E OBRAS NOMEADAMENTE.

Outros dos que consideramos graves problemas é que na documentación entregada falta documentación, ocúltanse complementos persoais, a antiguidade dalgúns traballadores e os complementos específicos dalgúns postos, a falta desa información descoñecemos se se debe a que non está orzamentada e o Concello pretende modificar retribucións ou que simplemente llo oculta aos representantes dos traballadores por algúns outro motivo, porque hai "erros" que cheiran mal xa. A maiores, esta documentación presenta unha modificación da RPT en certos puntos cando, de ser a mesma RPT que no ano 2008 iso non se pode facer sen negociación, de modificala cómpre negociar e tentar chegar a un acordo para mellorala mais opuxémonos a modificar algúns postos só e non mellorar a situación do conxunto dos traballadores. A modificación de complementos e características que se presenta exixe negociación.

Ademais, dende a Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos solictámoslle ao Concello que presente unha nova proposta de OPE para 2014 onde posibilite a cobertura dos postos para todas aqueles servizos necesarios ao abeiro do artigo 2 da Lei 22/2013, entendemos que os postos de Policía son necesarios mais non menos que os de limpeza ou cemiterio, por exemplo. Tamén rexeitamos de raíz que no Concello de Betanzos só poida promocionar a policía local e non o resto de empregados públicos, cando a lexislación non indica nada expreso con respecto á promoción interna. Entendemos que todo o persoal laboral de Betanzos é temporal mais o feito de que xa haxa persoal laboral que leve 25 anos en situación irregular considerámolo suficiente prexuízo como para que aínda por riba non poida promocionar, por iso solicitamos que o Concello convoque promoción interna para máis postos que para a policía, único sector beneficiado pola proposta que o Concello nos presenta. E finalmente, e con respecto ás vacantes consideramos que deben ser todas dotadas orzamentariamente independentemente de que non se convoque OPE para todas, de non facelo así e pasado mañá podería publicarse unha lei que permita a cobertura do 50% ou 100% e todos os servizos públicos no Concello de Betanzos non se podería facer por culpa de non estar dotadas orzamentariamente as prazas, polo que con isto directamente non só non hai OPE para laborais senón que se acaba coa posibilidade de que se convoquen prazas de servizos aínda que a lexislación mude proximamente.

A POSTURA DO CONCELLO FOI CLARA, DIEGO FERNÁNDEZ INDICOU, SEN MOITO CONVENCEMENTO, QUE SE HABÍA ERROS TENTARÍAN CORRIXIRSE MAIS QUE MOITAS DAS DIFERENZAS E DISCRIMINACIÓNS POLO MOMENTO FICARÍAN ASÍ E NON SE CORRIXIRÍAN "PORQUE SEMPRE FOI ASÍ". SEICA NO ANO 2015, ESTE ANO XA NON SE PODERÍA POLA SÚA INTENCIÓN DE APROBAR ORZAMENTOS EN BENEFICIO EXCLUSIVAMENTE DO PROPIO GOBERNO E PARA NADA DOS TRABALLADORES, NO CASO DE SE CHEGAR A UN ACORDO NO CONVENIO, PODERÍAN APLICARSE UNHAS NOVAS RETRIBUCIÓNS DE LABORAIS É POSIBLE QUE CON ALGUNHA MELLORA, MAIS AS ESPERANZAS DILÚENSE CO TEMPO, HAI QUE LEMBRAR QUE GALIVALIA FOI CONTRATADA PARA ELABORAR UNHA NOVA RPT E FINALMENTE ESTAMOS EN XULLO DE 2014 E PRESENTOUSE NA MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN COA MESMA DO ANO 2008, TAMÉN O CONVENIO SEICA ÍA SER PARA XULLO E FINALMENTE FÁLASE DE XANEIRO DE 2015, SINCERAMENTE, É UNHA MÁGOA QUE ESTE GOBERNO LOCAL ESTEA INSTALADO NA MENTIRA, QUIZAIS O ÚNICO POSITIVO É QUE XA NON ENGANA A NINGUÉN.

Cando todo eran promesas...

Betanzos contrata a una empresa para negociar el convenio laboral



El Ayuntamiento actualiza tras cinco años la relación de puestos de trabajo


Mal comezo, Galivalia comeza a non cumprir os prazos e coller os malos costumes do Concello



Abrindo camiños abril 2014

Deixámosvos aquí o documento que se rexistrou no Concello e se expuxo na Mesa Xeral de Negociación, co groso das propostas, achegas e observacións da CIG.

14/07/14

O 69 % dos accidentes de tráfico en Galiza prodúcense en día laboral e en horario de traballo

Seguridade

O 69 % dos accidentes de tráfico que se rexistraron en Galicia no 2013 producíronse en días laborables e entre as 7 e as 20 horas. É dicir, en horario de traballo. O dato achegouno o Delegado do Goberno na comunidade nunha xornada de seguridade viaria destinada a empresas que se celebrou en Santiago. Este dato amosa a relevancia que teñen os desprazamentos por motivos laborais na seguridade do tráfico rodado. Os últimos estudos publicados pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) revelan que no Estado español, no 2012, producíronse 471.223 accidentes laborais que carrexaron unha baixa, dos que o 11 % debéronse a sinistros de circulación.

A dimensión do problema acrecéntase se se ten en conta que, deses 471.223 accidentes laborais, 564 foron mortais e que, deles, o 39 % debéronse a sinistros ocorridos nas estradas do Estado español. Para o Delegado do Goberno, estes datos demostran a necesidade de mellorar a concienciación e a implicación da sociedade á hora de porse ao volante dun vehículo.
«Os accidentes de tráfico e as súas enormes consecuencias humanas, sociais e económicas constitúen unha cuestión de seguridade pública, un problema de saúde pública e un problema social», sinalou o Delegado do Goberno en Galiza durante a súa intervención nas xornadas de seguridade viaria para empresas celebradas en Santiago.

A xornada foi organizada pola DXT en Galiza coa colaboración con AENOR. Participaron responsables, xerentes e persoal de prevención de riscos laborais de empresas de toda a comunidade autónoma, aos que se lles expuxo o plan tipo de Seguridade Viaria da DXT e a norma mundial UNE-ISO 39001, ambalas dirixidas a reducir a sinistralidade viaria.

Fonte: lavozdegalicia.es

Traballar con calor

Cada verán moitos traballadores son vítimas da calor, especialmente aqueles que desenvolven a súa actividade ao aire libre. Certos traballos en obras públicas, en construción, ou en agricultura, levan a exposición dos traballadores a temperaturas moi elevadas nos meses máis calorosos. A tensión térmica por calor pode orixinar diversos danos á saúde, desde cambras, deshidratación, esgotamento por calor ou golpe de calor. Este último é irreversible, de suma gravidade e pode chegar a ocasionar a morte. Por iso, é fundamental que, tanto traballadores como empresarios, tomen conciencia do risco de traballar con calor.


Para máis información, pode consultarse o documento "Traballar con calor" elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT). Neste documento descríbense os principais factores de risco que interveñen na tensión térmica por calor; os síntomas asociados ao golpe de calor e a actuación recomendada a seguir no caso de que o traballador o sufra. Así mesmo, recolle un conxunto de medidas preventivas xerais para eliminar ou reducir devandito risco.

Ligazón ao documento "Traballar con calor"

INSHT

Xornada intensiva todo o ano?

Comisión Nacional para a racionalización de horarios


Cada vez son máis as empresas que, chegadas estas datas, adoptan o chamado "horario de verán" ou xornada intensiva. Esa formulación achéganos, aínda que só sexa durante os meses estivais, aos horarios habituais dos países da Unión Europea. Dende o 15 de xuño nalgúns casos, ou dende o 1 de xullo para os máis rezagados, ás empresas éntralles un sufoco de europeidad e sentido común que as leva a adoptar este horario que distribúe a xornada laboral dun modo máis racional, eliminando a xornada de tarde a cambio de adiantar a hora de entrada e atrasar a da saída para ir comer.

Deste xeito rómpese coa pauta horaria que as empresas do Estado seguen durante o resto do ano, culpable entre outras cousas das interminables xornadas de traballo que prexudican sistematicamente as nosas horas de descanso e de lecer, para adoptar unha xornada continua que concentra a nosa actividade profesional nun período máis compacto e que deixa algo máis de espazo para a área persoal.

Esta pequena conquista na batalla da conciliación e duns usos horarios máis acordes cos nosos veciños europeos pódese ver ameazada pola grave crise económica que sufrimos. Esta situación podería levar ás empresas a engano, a resolver que o horario de verán queda suspendido ata que a situación se resolva, e que coa que está a caer o razoable é incrementar as horas de traballo e restrinxir as medidas de conciliación dos traballadores en aras da produtividade.

Considero que quen así razoen cometerán un grave erro. Hai datos que demostran que a xornada de verán non só non supón unha diminución de produtividade, senón que a incrementa, á vez que reduce os gastos, entre outros, os enerxéticos. Ademais, para min o máis importante é o capital humano, que sente máis atendido e, por iso, máis satisfeito.

Está demostrado que a motivación dos empregados é maior cando teñen esta clase de horarios. As medidas de conciliación sempre repercuten nunha mellora da produtividade. A fórmula é sinxela: os empregados satisfeitos renden máis aínda que o número de horas que pasan na oficina sexa menor. No Estado español faise necesario un cambio importante e urxente: pasar da cultura da presenza á da eficiencia buscando a excelencia.

É por iso que desde a Comisión Nacional levamos loitando desde hai xusto 11 anos para que os españois podamos gozar dunha vez por todas duns horarios máis racionais, máis europeos.

Ignacio Buqueras
Presidente da Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios no Estado español.
Fonte: zommnews.es


11/07/14

O Concello convoca Mesa Xeral de Negociación para este luns sobre orzamentos 2014 e a RPT mais parece que sen intención de negociar

O Concello vén de convocar Mesa Xeral de Negociación para este luns 14 de xullo. Xunto coa convocatoria, que como se pode ver pecha en banda a posibilidade de negociación, tal e como indica o concelleiro de Persoal, Diego Fernández, simplemente "dá conta" da información que pretenden incluír nos orzamentos 2014.
Como vén sendo costume, convocan a dous días da Mesa e con fin de semana polo medio, con premeditación para que non dea tempo a revisar a información nin falar cos compañeiros, o "atraco a man armada" é a especialidade deste goberno municipal. 
Xunto coa convocatoria achéganos unha RPT que indica que é a vixente mais que sorprendemente (ou non) contén sutís modificacións con respecto á vixente de 2008 e unhas bases de execución dos orzamentos que afondan nas discriminacións entre persoal laboral e funcionario mais entre o propio persoal laboral. A maiores o Concello informa que haberá Oferta de Emprego Público para funcionarios e mesmo promoción interna; para laborais, con arredor de dezasete compañeiros e compañeiras menos con motivos das xubilacións non haberá nada, nin OPE nin promoción interna para laborais. As Ofertas de Emprego Público non se comunican, negócianse, que parece non é o que pretende o goberno municipal, mais descoñecemos se houbo negociación previa co resto de sindicatos. En todo caso, o único que temos claro é que hai un sector claramente beneficiado con esta OPE, a Policía municipal, non só porque serían as únicas dúas prazas convocadas para 2014, senón que a promoción de empregados municipais péchase exclusivamente á policía, sector que sae claramente beneficiado na proposta entregada polo Concello. Non dubidamos da necesidade de reforzo deste sector mais lamentamos que o Concello esqueza a necesidade de persoal noutros departamentos de servizos tan básicos como a limpeza e o cemiterio.
Este luns a CIG exporá o seu posicionamento con respecto á documentación entregada sempre ao abeiro da lexislación vixente e indicándolle ao Concello o que considera que debe mellorar nesta documentación antes de presentarlla ao pleno, á vista de que o concelleiro de Persoal xa nin convoca con vontade de negociación. Logo da Mesa Xeral de Negociación e en función das decisións que se tomen neste e con posterioridade no pleno, se presentan a documentación a este, valoraremos as medidas que debemos seguir con respecto a este proceso.
Nos vindeiros días achegarémoslle ao persoal laboral información puntual deste tema nun "Abrindo camños" monogáfico sobre esta Mesa Xeral.

O persoal laboral podería quedar sen convenio o vindeiro 30 de xullo se o Concello non acepta a prórroga proposta polo Comité de Empresa

Un ano máis o Comité de Empresa viuse na obriga de proporlle ao Concello unha nova prórroga do convenio colectivo en vigor; do contrario, o persoal laboral podería ficar sen convenio colectivo o vindeiro 30 de xullo.
O ano pasado a proposta do Comité de Empresa foi clara, que a prórroga se acordase ata a entrada en vigor dun novo convenio, o Concello fixo caso omiso a esta solicitude e decidiu prorrogalo só por un ano, o que leva a ter que repetir a solicitude neste ano 2014 constatando o incumprimento das promesas de negociación dun novo convenio que o goberno municipal leva xa tres anos facendo e adiando.

Se a isto lle sumamos a escasa eficiencia de Galivalia, a empresa contratada para o efecto e a demora que está a producir os continuos atrasos da documentación e das reunións de negociación resulta completamente vergoñento que o goberno municipal non aceptase a proposta inicial do Comité e a modificase ao seu antollo por unha anual que fai que ano tras ano teña na corda frouxa ao persoal laboral amparándose nas reformas laborais do PP que debe quedar moi ben criticar publicamente mais ás que ben lle sacan proveito cando vai en detrimento do persoal laboral.

O diálogo do goberno municipal co Comité de Empresa é nulo na actualidade, o único que sabe é que seica se ía probar o convenio en xullo, cousa que cada vez vemos máis difícil, mais nin é a primeira nin será a última vez que lle minten ao persoal laboral. O Concello leva meses mesmo sen entregar a documentación sobre as horas extraordinarias e diversa documentación solicitada, a maiores, continuamente publica procesos selectivos dos que nin sequera é informado o máximo órgano de representación do persoal laboral. A pesar deste deplorable panorama agardamos que non sexa quen de deixar sen convenio colectivo ao persoal laboral e acceda á proposta presentada polo organismo de representación.

Ictus considerado accidente laboral por estrés

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, deulle a razón a un home que sufriu un ictus cerebral con 35 anos fóra do horario laboral e confirmou que ese infarto, que lle provocou graves secuelas que lle impiden desenvolver calquera traballo, é accidente laboral. A sala do social deste Tribunal, rexeita o recurso que contra o fallo dun xulgado do social presentou a mutua de accidentes e confirma que se tratou dun accidente laboral. O fallo asegura que, nos días previos a ictus, o traballador «atopábase tenso, con mareos».

O Alto Tribunal admite que o empregado estaba sometido a «unha situación de tensión importante cun ritmo de traballo alto» e ademais de atoparse preocupado pola perspectiva dun ascenso xa que podía ser nomeado director comercial nun futuro próximo.

«Esta situación xerou no traballador unha tensión que pode ser definida como unha estratexia adaptativa do organismo que pon ao individuo en disposición de afrontar as situciones anómalas mediante modificacións neuroendocrinas que poden dar lugar a enfermidades patolóxicas, sen que poida descartarse que a tensión sexa causa directa do ictus». Ademais de lembrar que o traballador non sufría ningunha patoloxía, o avogado defensor explicou que a presión á que estaba sometido o traballador chegou ao punto de que o xefe lle mandaba numerosos correos electrónicos dándolle instrucións fóra da xornada laboral, incluso os fins de semana.

Fonte :preventionworld.com

O Goberno impón un árbitro nas baixas se a mutua discrepa do médico

A regulación das baixas por enfermidade percorreu un longo e tortuoso camiño. Os empresarios presionaron ao Goberno para que dea máis control ás mutuas e que estas poidan decidir a alta dos traballadores. Ao comezo da lexislatura, a ministra de Emprego, Fátima Báñez, prometeu á CEOE que así sería porque, ademais, permitiría reducir o custo da incapacidade temporal para as arcas públicas. O proxecto, con todo, atopouse co muro dos sindicatos e dos médicos do sistema público de saúde, que fixeron valer o carácter sanitario da baixa. Tras ano e medio de debate e sucesivos borradores, o Consello de Ministros ten previsto aprobar este venres o Real Decreto de Incapacidade Temporal (IT) e o anteproxecto de Lei de Mutuas da Seguridade Social.
Na súa última redacción ata agora, o Executivo optou por dar unha de cal e outra de area. Así, as mutuas poderán intervir no control das baixas por continxencias comúns desde o primeiro día e presentar propostas de alta. O anteproxecto de lei de mutuas establece un período de cinco días (agora é de 15) para que o médico de atención primaria ou de familia conteste a esa petición. Se non o fai, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) decidirá se se declara a alta ou non.
O Goberno, en calquera caso, renuncia ao silencio administrativo positivo, recollido no texto presentado en decembro e que supuña que se non había resposta do médico automaticamente aprobábase a alta pedida pola mutua. A cambio, obriga a que sempre haxa unha resposta ás solicitudes das mutuas. Sostén que non poden quedar sen contestar as «propostas motivadas de alta» e argumenta que estas se propoñen «despois dunha revisión e unhas probas».
Con todo, José Morán, vicepresidente da Federación de Asociacións de Inspección de Servizos Sanitarios (FAISS), defende que a baixa é «parte da prescrición do tratamento» e ten que ser o médico do centro de saúde -que é quen atende aos pacientes- o que debe decidir cando está en condicións de volver ao traballo. Sinala que as mutuas ven a incapacidade temporal como unha prestación económica, non sanitaria. «A xestión da IT pódese mellorar, pero se o criterio é que se gasta moito acabarán dicindo que non se fagan transplantes».
Na procura dun camiño intermedio, pero reforzando a posición das mutuas, a opción do Ministerio de Emprego e Seguridade Social foi reforzar o papel de «vixiante» do INSS. Actualmente, o instituto xa revisa as baixas médicas cando a mutua reclama que se dea a alta ao traballador, e é o que decide, en última instancia, se a baixa é procedente ou non. Ao redor do 90 % dos casos, o INSS conclúe que o criterio do médico do sistema sanitario é correcto. No outro 10 % hai discrepancias, «o que non significa que esas baixas sexan fraudes, senón que o medicamento non é unha ciencia exacta», puntualiza Morán. «Nós non regalamos as baixas», corrobora Francisco José Sáez, coordinador do grupo de xestión da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG).
Por outra banda, o real decreto de IT establece un novo procedemento de partes médicos de incapacidade temporal adaptado á enfermidade do traballador, para evitar que os enfermos de longa duración teñan que ir cada semana a solicitar a confirmación da baixa e entregala á empresa. Establécense ata catro tipos de partes en función do tempo estimado da incapacidade temporal: inferior a cinco días, onde o parte de baixa e alta dítase o mesmo día; entre 5 e 30 días; entre 31 e 60 días; e máis de 61 días. Tras unha primeira revisión á semana, a seguinte poderase realizar cunha distancia de entre 14, 28 e ata 35 días, respectivamente.
Ademais, establécense unhas táboas orientativas de duración de cada enfermidade, en función da idade, o xénero e a ocupación laboral. Estas táboas servirán tamén de referencia á hora de citar pacientes para revisión por parte da Inspección do Instituto Nacional da Seguridade Social, que se comprometeu a esperar a que o traballador enfermo supere o período medio estimado desas táboas.
No entanto, os médicos consideran «demasiado confuso» o establecemento dos prazos incluído no real decreto, o que vai dificultar a súa aplicación, segundo Sáez. Pola contra, si os tranquilizou que non se permita ás mutuas o acceso ao historial clínico do paciente.
O gasto en prestacións por incapacidade temporal diminúe de forma continuada desde o ano 2008, cando marcou un máximo de 7.533 millóns de euros. Este ano, baixará ata os 4.878 millóns de euros, segundo o consignado nos Orzamentos. E é que, a pesar de que as baixas por continxencias comúns aumentaron ata abril un 17,5 % respecto ao mesmo período do 2013, a súa duración cae en picado, xa que ha que pasou de 36 días de media no 2011 aos 21,6 deste ano.
Fonte: lavozdegalicia.es