O
31% de asalariados/as en Galiza tivo uns ingresos dun máximo de
6.800 euros anuais
Os
Gobernos central e galego, sustentados polo PP, repetiron como un
mantra en 2015, que estabamos saíndo da crise. Porén, este período
de reformas laborais, ‘austeridade’ e recortes de todo tipo en
políticas sociais deixa tras de si un regueiro de vítimas: miles de
galegas/os desempregados/as, de traballadores/as pobres, de
excluídos/as aos que xa nin se lles recoñece o dereito a cobrar
unha prestación e miles de mozos/as que tiveron que recorrer á
emigración como única alternativa laboral.
Así
se recolle no Informe do Mercado Laboral en Galiza no ano 2015
elaborado polo Gabinete de Economía da CIG a partir de datos
oficiais: Axencia Tributaria, Tesourería Xeral da Seguridade Social
ou Servizo Público de Emprego Estatal.
Un
Informe que foi presentado polo secretario confederal de Emprego,
Miguel Malvido, e pola responsábel do Gabinete Natividade López
Gromaz, onde se salienta a reaparición da figura, esquecida desde o
remate do franquismo, do traballador ou traballadora pobre, situación
á que se chega, tal e como se tira deses datos, nuns casos polos
salarios de miseria, noutros casos pola temporalidade da
contratación, noutros polas xornadas parciais e nos máis, por todo
á vez.
E
isto, cando as traballadoras e traballadores conseguen ese traballo
en precario porque, tal e como explicou Malvido, do contrario
“estariamos falando das miles de mozas e mozos menores de 35 anos
que marcharon de Galiza á emigración”, facendo de novo o
percorrido que fixeron os seus pais ou os seus avós.
Traballadores/as
pobres
O
informe salienta que houbo un descenso dos salarios da maioría da
poboación asalariada en termos reais, xunto cun descenso do número
de asalariados/as; que o único grupo de traballadores/as que medra
en Galiza é o de aqueles/as que cobran menos da metade do SMI, que
representa xa o 18,4% dos asalariados/as, cando en 2009 eran o 14,5%;
que houbo un 12,7% con ingresos entre a metade do SMI (6.800 euros
anuais) e que hai un 0,4% do total de traballadores/as que, pola
contra, tiveron uns ingresos superiores a 141.375 euros.
Este
descenso nos salarios ten o seu reflexo, segundo Natividade López
Gromaz, no peso das rendas do traballo no PIB, que en 2009
representaban o 48% das totais e en 2014 o 44,6% mentres ocorre xusto
o contrario coas rendas do capital, que pasaron de pesar un 43,6% en
2009 a un 45,5% en 2014.
Para
Miguel Malvido isto evidencia a crítica situación na que se atopa a
maioría da clase traballadora galega. Neste sentido lembrou que
segundo a Carta Social Europea considérase que un traballador ou
traballadora que teña uns ingresos inferiores ao salario medio
estaría no limiar da pobreza. “Se o 61% das asalariadas e
asalariados galegos non chega a ese salario medio, estamos logo
falando de que a inmensa maioría está instalada ou ben na pobreza
ou ben ao límite”.
Redúcese
a taxa de paro sen que apenas se cree emprego
O
ano 2015 remata con 67.000 desempregados/as máis que os rexistrados
ao inicio da crise, a principios de 2008. A taxa media de paro
situouse no 19,3%, o que supón un descenso en 32.400 persoas, pero a
poboación ocupada apenas medrou en 19.900.
Se
ben o paro rexistrado descendeu, de media, en 23.516 persoas respecto
de 2014, “non todo o descenso se traduce en incremento de emprego”,
afirmou López Gromaz. “Unha boa parte deste é debido á caída da
poboación activa, ben sexa pola emigración, por envellecemento ou
por outros factores”.
De
feito estimou que en Galiza hai, desde o ano 2010, un total de
124.400 persoas menos de entre 16 e 34 anos. Parello a isto perdeuse
poboación activa globalmente neses cinco anos -43.700 persoas- e
sendo isto grave, moito máis o é que esa baixada afecte
exclusivamente aos/ás menores de 34 anos, entre os cales o descenso
foi de 104.700 persoas.
Nesa
franxa de idade hai, nese período (2010-2015) preto de 100.000
ocupados/as menos e tal é o impacto dese descenso que en 2010 as
persoas menores de 35 anos representaban o 31% de ocupados/as e a
finais de 2015 só o 24%.
Obviamente,
xunto o descenso de poboación activa houbo tamén un descenso de
poboación ocupada e desde 2008 perdéronse un total de 193.700
postos de traballo, co que o legado dos gobernos de Feijoo é que
Galiza pasou de contar en 2008 con 1.201.200 ocupados/as a apenas
superar o millón e 2015.
Dos
datos tírase ademais que a maioría do emprego destruído nestes
anos estaba ocupado por varóns, concretamente o 73,8% e que en 2015
todo o emprego recuperado, o 73%, foi cuberto tamén por homes.
203.500
asalariados e asalariadas asinaron unha media de 4 contratos no ano
No
ano 2015 estímanse en 203.500 os asalariados/as con contrato
temporal, que se repartiron os 813.088 contratos temporais
rexistrados, o que nos dá unha media de 4 contratos por
traballador/a e ano. A taxa de temporalidade sitúase no 25,4%.
De
feito, foron os contratos temporais os que máis medraron –nun
12,1%- no último ano e dentro dos temporais, foron os de menor
duración os que experimentaron maiores incrementos. Concretamente os
contratos de menos de unha semana aumentaron un 14,2% e representaron
o 30,7% do total dos contratos.
Malia
as cuantiosas axudas que hai, apenas o 7,4% dos contratos rexistrados
se asinaron baixo algunha modalidade de contratación indefinida.
Ademais, as modalidades que acaparan a inmensa maioría dos contratos
son por obra ou servizo determinado e eventuais por circunstancias da
produción.
Ademais
a xornada a tempo parcial representa o 14,3% do total. Deste xeito,
estímanse uns 106.200 empregados/as menos a xornada completa e
18.900 máis a tempo parcial.
Diante
destes datos, o secretario confederal de Emprego cualificou a
situación de “alarmante” e preguntouse “de que vale ter hoxe
un emprego nestas condicións, se non permite ter a máis mínima
perspectiva de futuro.”
O
Informe recolle tamén que desde que se iniciou a crise en Galiza, o
descenso da afiliación foi de 137.088 persoa coas, un 12,7% menos,
aínda que medrara levemente en 2015.
Exclusión
social
A
CIG vén advertindo do risco real de exclusión social que sofre unha
cada vez maior porcentaxe de traballadores/as desempregados/as. Tal é
así que a partir de 2010, mentres o desemprego segue medrando,
diminúe a taxa de cobertura e se en 2014 apenas o 52,4% de
parados/as recibía algún tipo de prestación, en 2015 situouse, de
media, no 49,1%.
Diante
deste panorama, o secretario confederal de Emprego lamentou que a ILP
de Medidas para a Creación de Emprego impulsada pola CIG e rexeitada
no seu momento polo PP, que aplicou o rodillo da súa maioría
parlamentaria, “non se tivera presentado agora, en ano electoral,
para que polo menos tiveran a ben debater algunha das 100 medidas que
se propuñan para abordar e dar solucións á grave situación do
emprego en Galiza”.