A
CIG alerta do cada vez maior deterioro das condicións de vida da
maioría social e o alarmante risco de exclusión social
O
IPC medrou en Galiza o 1,8% respecto do mes anterior. Os produtos que
máis contribuíron a este incremento foron precisamente os da cesta
básica: alimentos e medicinas. A CIG denuncia que isto afecta
especialmente ás persoas desempregadas e pensionistas, mais tamén
ás traballadoras e traballadores que viron diminuídos nestes
últimos anos os seus ingresos. A central sindical alerta de que esta
situación provoca que o risco de pobreza e exclusión social sexa
cada vez maior e do enorme deterioro que se está a producir nas
condicións de vida da maioría das galegas e galegos.
O
Gabinete Técnico de Economía da CIG advirte das consecuencias que
este incremento de prezos terá para a poboación pensionista, con
ingresos medios por debaixo dos 600 euros e que é, ademais, a que
dedica a maior parte da súa pensión a alimentos e medicinas. E non
só para elas, senón tamén para todas as familias que hoxe en
Galiza se sustentan grazas a eses ingresos.
O
Gabinete atribúe o incremento de prezos dos medicamentos á retirada
de moitos deles do chamado “Catálogo de Medicamentos” e afirma
que “cantos máis medicamentos saen do catálogo, máis medra o
prezo dos mesmos para beneficio das multinacionais farmacéuticas o
que por un lado, non favorece o pretendido aforro público e, polo
outro agrava a xa castigada situación económica dos fogares,
nomeadamente dos pensionista”.
Do
mesmo xeito, advirte que a suba dos prezos dos alimentos afectará
fundamentalmente á poboación sen ingresos ou con fortes
dificultades económicas. De feito, en Galiza había xa no mes abril
127.000 persoas desempregadas que non cobran ningunha prestación.
Este
incremento de prezos deteriora aínda máis as condicións de vida do
conxunto das traballadoras e traballadores, xa que a medida que se
reducen os seus ingresos a proporción dos mesmos destinados á cesta
da compra é cada vez maior. Algo que non ocorre para quen teñen
maiores ingresos, xa que o peso da cesta da compra representa só
unha ínfima porcentaxe no conxunto dos seus gastos. As desigualdades
sociais son pois cada vez maiores e o risco de pobreza e exclusión é
a esta altura alarmante.
IPC
Maio.
|
|
Variación
anual (%)
|
|
|
|
2013/Maio
|
|
|
|
España
|
Galicia
|
|
Xeral
|
1,7
|
1,8
|
|
Alimentación
e bebidas non alcohólicas
|
3,4
|
3,3
|
|
Bebidas
alcohólicas e tabaco
|
4,3
|
4,4
|
|
Vestido
e calzado
|
0,3
|
0,2
|
|
Vivenda
|
0,1
|
0,6
|
|
Enxoval
|
1,4
|
1,8
|
|
Medicina
|
13,5
|
13
|
|
Transporte
|
-0,1
|
-0,2
|
|
Comunicacións
|
-4
|
-4,1
|
|
Ocio
e cultura
|
1,6
|
1,4
|
|
Ensino
|
10,4
|
4
|
|
Hoteis,
cafés e restaurantes
|
0,7
|
1,4
|
|
Outros
bens e servizos
|
2,9
|
3,2
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario