A CIG organiza a Marcha galega polo emprego, unha gran mobilización na que se agarda que participen desempregados/as de toda Galiza, que percorrerán a pé o país, partindo inicialmente das cidades, o día 29 de xuño, para rematar o 3 de xullo en Santiago de Compostela, cunha manifestación nacional. Con esta marcha preténdese sensibilizar á poboación ante o grande problema que supón o paro e exixir a posta en marcha de toda unha serie de medidas que permitan o crecemento económico e a creación de emprego, fronte as políticas neoliberais aplicadas até o de agora, que provocaron unicamente a precarización das condicións laborais.Lugares, datas e horarios de saída:
Vigo: 30 de xuño dende Gregorio Espino (local da CIG).
A Coruña: 30 de xuño ás 10.00 horas dende Alfonso Molina (local da CIG).
Cee: 30 de xuño ás 10.00 horas dende O Son (local da CIG).
Pontevedra: 1 de xullo dende Pasantería (local da CIG).
Ferrol: 29 de xuño dende a Avenida de Esteiro (local da CIG).
Lugo: 29 de xuño dende a Ronda da Muralla (edificio sindical).
Ourense: 29 de xullo ás 9.30 horas dende o Pavillón dos Remedios



