27/04/12
1º de maio: Día internacional da clase traballadora
A CIG lanza a convocatoria dunha nova folga xeral, na primeira quincena de xuño, ante a gravidade das políticas do goberno do PP
Fai un chamamento
ás organizacións sindicais a facer a convocatoria de forma conxunta e
alerta que, “ou continuamos con esta resposta social ou non temos saída
ningunha”
A Executiva
Confederal da CIG acordou, na súa xuntanza do pasado venres, promover unha nova
convocatoria de folga xeral para a primeira quincena de xuño. Así o anunciou o secretario xeral, Suso
Seixo, esta mañá en rolda de prensa, considerando que estamos nun momento “determinante”
por mor das “inxustas políticas” que está impoñendo o Partido Popular, con
recortes en Educación, recortes en Saúde e a imposición dunha reforma laboral
que lonxe de promover a creación de emprego, busca precarizar as condicións
laborais e que, polo tanto, debe ser retirada.
O secretario xeral da CIG
explicou que ante a actitude que está mantendo o Partido Popular, de “absoluto
desprezo” ás demandas das miles e miles de persoas que participaron na folga
xeral e nas masivas mobilizacións convocadas o pasado 29 de marzo e ante os
graves recortes que está a pór en marcha o goberno e que afectan
fundamentalmente á Sanidade e o Ensino públicos, “as organizacións sindicais tiñamos
que estar convocando outra folga xeral”.
Por iso anunciou
que a CIG porase en contacto coas organizacións sindicais bascas e con CCOO e
UGT, fundamentalmente, para promover unha nova convocatoria para a primeira
quincena de xuño na que, explicou, “é fundamental que esteamos todos”, para
garantir un seguimento tan masivo ou maior ao que se deu o 29 de marzo.
Para o secretario xeral da CIG,
os sistemáticos incumprimento dos compromisos adquiridos polo PP durante a
campaña deberían levar a “cuestionar se o goberno pode continuar ou hai que
exixir a súa dimisión e a convocatoria de eleccións para elixir novos
representantes que gobernen en función dos intereses da poboación e non en
función dos intereses da banca”.
Primeiro de Maio
As primeiras
mobilizacións antes desa convocatoria son as do Primeiro de Maio, baixo os
lemas “Por emprego digno, non á reforma laboral do PP” e “En defensa do ensino
e da sanidade públicos”.
Co primeiro lema
maniféstase novamente o rexeitamento á reforma laboral, que non supón a creación
de emprego e que unicamente persegue unha redución dos salarios entre o 20 e o
25%, pola vía de “desregular, individualizar e precarizar as condicións de
traballo”. Neste sentido, o secretario
xeral da CIG afirmou que a reforma “non crea emprego, o que
fai é substituír, no mellor dos casos, emprego fixo por emprego precario”.
Respecto do segundo
lema, a central sindical pretende denunciar a política de recortes en servizos
públicos básicos e os ataques ao ensino e á sanidade públicos. “O incremento de
alumnos por aula -30 en infantil e 36 en secundaria-, vai empeorar a calidade
do ensino e destruír da orde de 2.000 postos de traballo, que se suman aos
2.500 xa destruídos desde 2009”,
dixo. “Fronte a isto, non se toca nos concertos educativos”, denunciou.
Canto á sanidade, denunciou
a medida de copago farmacéutico que vén de impor o PP, que “prexudica aos máis
desfavorecidos, sobre todo aos pensionistas, e ás persoas asalariadas”, afirmou,
“en lugar de buscar unha boa xestión dos recursos”.
Xunto a isto,
advertiu da “incógnita” respecto do que vai pasar cos servizos sanitarios básicos
e se se terminará pagando ou non pola atención sanitaria. Denunciou que o
estado español gasta un 6,5 % do PIB en saúde, por debaixo da media europea, e
afirmou que “debería de falarse de incrementar o gasto, no canto de falar de
recortes”.
Políticas erradas
Chamou a atención
sobre unhas políticas que ademais de considerar “inxustas” estanse a confirmar “incorrectas”
para recuperar a economía, saír da crise e crear emprego”.
Para demostralo,
lembrou que segundo datos do propio FMI, non vai ser posíbel cumprir as
previsións no recorte do déficit e que, polo tanto, non se albisca volver a
crecementos da economía por riba do 2% até o ano 2018, o que terá como
consecuencia que “non se vai crear emprego”. A isto engadiu que o FMI mesmo
alertou de que isto será así se non se cumpren as previsións de redución do déficit
público do goberno ao 3% a finais de 2013, porque de cumprirse, “os recortes
terían que ser tan brutais que atrasarían aínda máis alá do 2018 a recuperación económica
e, en consecuencia, a creación de emprego”.
Sinalou que a prima
de risco segue aumentando e reclamou a intervención do Banco Central Europeo
para frear a especulación coa débeda pública, que é a que está condicionando as
políticas de austeridade que están a aplicar os gobernos tanto estatal como
galego. Afirmou que, nestes momentos, a débeda pública é “o gran problema que
lastra a recuperación económica, ao recorrer os estados a políticas de recortes
do gasto para corrixilo”.
Fronte a iso,
apostou por oporse ao pagamento da débeda ilexítima, seguindo o exemplo de países
como Islandia, que non acataron as directrices económicas impostas ao conxunto
dos países da Unión e xa está medrando por riba do 2%. Unha medida á que se están
adherindo cada vez máis teóricos sociais e economistas.
Ante esta situación, sentenciou “ou continuamos con esta resposta
social, ou non temos saída ningunha”.
Abrindo camiños: O Concello intenta recuar na discriminación e comprométese a pagar as axudas coa nómina deste mes
Logo dos acontecementos dos últimos días e de que a discriminación que sufriu o persoal laboral ao non lle pagar as axudas á vez que os funcionarios chegase ao pleno do Concello, logo de o goberno municipal ignorar todos os escritos presentados polo Comité de Empresa e pola propia CIG dende que accedeu ao Comité de Empresa no que tiña a ver con todas as irregularidades que rodearon o proceso de concesión das axudas sociais, o Concello recapacitou e parece que intenta reconducir o conflito e non cometer este tipo de discriminacións no futuro.
Onte mesmo, logo dunha reunión de urxencia dos partidos políticos do mércores, o Concello chamou á representación do Comité de Empresa para propoñer abrir unha vía de diálogo e non cometer erros como os que ten cometido nos pasado meses en detrimento dos intereses do persoal laboral do Concello. O compromiso que adquiriu o Concello hoxe coa representante do Comité de Empresa foi o seguinte:
1. Pagar as axudas sociais coa nómina do mes de abril.
2. Publicar a información respectiva ao número de solicitudes presentadas e a cantidade e os criterios de reparto, neste caso de dedución proporcional de todas as axudas. Ademais de indicar nesa información que se achega aos traballadores que poden solicitar toda a información canto a contía e concepto concedido no Departamento de Persoal do Concello, por se observasen algunha irregularidade e tivesen que facer a reclamación pertinente.
3. Comezar a negociación coa máxima celeridade posible dun novo regulamento de axudas sociais, cuxa proposta xa foi presentada polo Comité e que estas novas bases teñan como eixe fundamental o reparto con criterios sociais, é dicir, en función da renda de cada traballador/a.
4. Que a negociación destes novos criterios de reparto das axudas sociais se faga na Mesa Xeral de Negociación.
Dende a CIG agardamos que as boas palabras se traduzan en feitos nos vindeiros días e o Concello sexa quen de cumprir o que lle indicou á representación do Comité, posto que, como indicamos en varias ocasións, a CIG e a representación do Comité non terá ningún problema en chegar a acordos co goberno municipal mentres este respecte a legalidade e faga propostas que traten a todo o persoal en igualdade de condicións.
A pesar disto non está demais botar a vista atrás para ver as orixes dos conflitos e por iso preguntóuselle ao propio alcalde cal foi o motivo de que se o criterio de reparto estaba estipulado dende o principio do proceso só se lle pagasen as axudas ao funcionariado, a resposta foi que a intención era pagarllas a todo o persoal á vez mais as do persoal laboral foron paralizadas porque seica precisaban dun informe de determinado departamento para ser pagadas.
Casualidade ou non o persoal laboral cobra por segunda vez as axudas logo dos funcionarios, casualidade ou non, o persoal que realiza ese tipo de informes é funcionario. Para o caso tanto tería porque quen resolve é o goberno municipal e os informes non sempre son vinculantes mais, cando menos, parece que a partir de agora haberá vontade en non cometer máis este tipo de discrimacións, o tempo amosará se as palabras quedan niso ou se converten en feitos.
26/04/12
Revisións médicas
A mediados de marzo o Comité de Empresa, logo de que varios compañeiros e compañeiras do Concello preguntasen polas revisións médicas que o Concello debe realizar anualmente e que levan anos sen se realizar, rexistrou unha solicitude de información con respecto ás revisións médicas. Neste escrito solicitouse información sobre este asunto e sobre as previsións do Concello de
realizar revisións médicas correspondentes anuais.
Nos pasados días o delegado de Persoal respondeu a este tema indicándolle ao Comité que as revisións médicas deste ano 2012 está previsto que se realicen no segundo semestre do ano. Agardamos, pois, que logo de varios anos sen revisións o persoal poida volver realizalas neste ano 2012 e informarémosvos puntualmente das novas que teñamos con respecto a este tema.
25/04/12
22/04/12
Primeiro de maio de 2012. A CIG convoca manifestacións por todo o país coincidindo co Día internacional da clase traballadora
A CIG convoca mobilizacións por todo o país coincidindo co Día Internacional da Clase Traballadora
Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as
nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase
traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de
salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos,
etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o
PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de
institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu
modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da
banca, dos especuladores e da oligarquía financeira. Contra isto, a CIG
chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións
convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as
medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.
As
políticas,
iniciadas
polo
PSOE
e
continuadas
agora
polo
PP
con
máis
virulencia,
de
recorte
de
gasto
público,
de
deterioración
de
servizos
públicos
como
ensino,
saúde
e
servizos
de
asistencia
social,
de
facilitar
e
abaratar
o
despedimento,
de
incrementar
a
idade
de
xubilación
e
reducir
a
contía
das
pensións
futuras,
etc,
responden
á
defensa
do
mesmo
modelo
económico
de
capitalismo
neoliberal. Son
políticas
que
non
serven
para
saír
da
crise
económica
e
que
realmente
o
que
buscan
é
incrementar
os
beneficios
e
o
poder
económico
do
capital
financeiro
especulativo,
cargando
os
custos
da
crise
económica
ás
clases
traballadoras.
Temos que rebelarnos contra estas políticas e este sistema económico, esixindo dos gobernos que fagan políticas que realmente axuden a saír da crise e que o fagan desde unha perspectiva favorábel aos intereses da maioría social. Si existen alternativas, si é posíbel facer outro tipo de políticas diferentes como é combater realmente a fraude fiscal, facer unha política impositiva para que pague máis quen máis ten, incrementar os impostos ás rendas do capital, crear unha banca pública que garanta crédito a familias e pequenas empresas, incrementar o investimento público e os salarios como mecanismo de reactivación da economía e xerar emprego, rematar co especulación coa débeda pública pola vía de que o BCE compre directamente débeda ao estados, negarse os estados a pagar a débeda pública ilexítima....
Este sistema económico non garante dereitos básicos e universais á poboación. Este modelo económico e social obriga a clase traballadora a estar permanentemente en loita na defensa dun salario e dun posto de traballo digno; dun ensino e dunha sanidade públicos e de calidade; dunha vivenda para todos/as; dunha alimentación sa; dunha política industrial, agrícola e de infraestruturas respectuosa co medio ambiente... Este é un modelo económico ao servizo dunha minoría social e nestas situacións de crise é cando mellor se pon de manifesto.
Temos pois que loitar por un novo modelo de organización a nivel social e económico, realmente democrático, que sirva aos intereses da maioría social e no que as clases populares e os seus representantes, sociais e políticos, sexan os que fixen as políticas económicas e laborais e non institucións políticas e financeiras ao servizo do capital.
Polo que respecta á clase traballadora galega, hoxe máis que nunca, precisamos poder decidir por nós mesmos as nosas condicións laborais e sociais, por iso esiximos un Marco Galego de Relacións Laborais e Sociais, con competencias plenas, en correspondencia co exercicio do dereito á soberanía política plena da nación galega.
HORARIOS DAS DISTINTAS MANIFESTACIÓNS E CONCENTRACIÓNS:

Comarca: Hora: Saída
dende
Vigo ás
12,00 h. Cruce da Doblada
A
Coruña ás 12,00 h. Praza de Vigo
Pontevedra ás
11,30 h. Praza da Ferrería
Ferrol ás
12,00 h. Avda. de Esteiro (local da CIG)
Santiago ás
12,30 h Praza Roxa
Lugo ás
12,30 h. Ronda da Muralla (edificio sindical)
Ourense ás
12,30 h. Pavillón dos Remedios
Ribeira ás
12,00 h. Praza do Peixe
Mondoñedo
ás 12,30 h. Diante da ECAR
Vilagarcía ás
12,00 h. Casa do Mar
A
Estrada ás 12,00 h. Praza do Concello
Info de www.galizacig.com
Para deixar as cousas claras dunha vez por todas
Diante das noticias publicadas nos últimos días sobre o “enfrontamento” da CIG co Goberno Municipal e a UGT do concello de Betanzos, en exercicio do dereito de réplica, a CIG quere manifestar que, despois de todas as lexislaturas de goberno do PSOE no concello de Betanzos e a total hexemonía da UGT durante ese período no Comité de Empresa, cando a CIG accedeu a este órgano de representación acadando a maioría absoluta atopouse coa seguinte situación:
1. Unha falta total e absoluta de respecto por parte do Goberno Municipal á representación dos traballadores, feito que, segundo nos comentaron anteriores delegados, xa se producía en anteriores lexislaturas. Esta mala xestión é a que fai que de mais de cen traballadores laborais do concello de Betanzos ningún teña a praza fixa. Téñase en conta que algún leva mais de 20 anos traballando para o concello.
2. Un sistemático incumprimento das normas e regulamentos propias do concello de Betanzos, convenio colectivo, regulamento de axudas económicas, sistemas de provisión de postos, etc.
3. Discriminación manifesta entre distintos traballadores á hora de aplicar as normas e regulamentos mencionados no punto anterior e a lexislación vixente.
Se a este panorama lle engadimos que nin a UGT nin o Goberno Municipal asumen que a CIG ostenta a maioría absoluta da representación do persoal laboral do concello de Betanzos e que os acordos dos órganos adóptanse por maioría, podemos facernos unha idea clara do que esta a pasar neste concello.
A CIG no concello de Betanzos o único que pretende e que se respecte a legalidade vixente en materia de xestión de persoal e que todos os traballadores deste concello teñan igualdade de trato. Se tanto a UGT como o Goberno Municipal asumen como propio este obxectivo verán como a relación coa CIG non vai supoñer ningún problema. Se, polo contrario, pretender manter a situación actual nos atoparan sempre en fronte, posicionados ao lado do interese da maioría do colectivo.
20/04/12
Escolma de prensa
Nestes días publicouse en distintos medios que a CIG fixo unha reclamación con respecto ao trato discriminatorio en que incorreu o Concello ao pagarlle as axudas aos funcionarios e non aos laborais. Podedes consultalas aquí:
En Avantar
As/os delegadas/os da CIG denuncian a discriminación que practica o Concello de Betanzos co persoal laboral
En El Ideal Gallego
La CIG denuncia la “discriminación” del personal laboral municipal por parte del Ayuntamiento
En Xornal de Betanzos
A CIG denuncia a actitude “déspota” do goberno de García co persoal laboral do Concello
En La Opinión A Coruña
Personal laboral critica la actitud ´déspota´ del Concello de Betanzos
Logo de que esta información se publicase na prensa o propio alcalde sae ao paso para dicir que si que haberá axudas para os laborais e de que se van pagar, do que nos alegramos enormemente, mais isto en ningún caso exime ao Goberno de incidir nunha discriminación e de que para os laborais só queden os cartos que sobraron das axudas do funcionariado. Se había cartos e o alcalde admite que o Concello decide os criterios a escusa non existe para non pagalas á vez.
Por outra banda o que si que queremos deixar claro dende a CIG é que o Comité comunicoulle a súa proposta ao Concello en tempo e forma, que Comité só hai un e unha postura que se lle comunica a través da súa representación legal, e que a esta en ningún momento se lle comunicou nin cando se van pagar nin cal vai ser o procedemento para pagar as axudas, polo tanto o alcalde minte descaramente na prensa ou, quizais, fala sen o coñecemento necesario. Seica dous delegados da UGT chamaron a outros dous delegados do CSIF a unha reunión "non oficial" co concelleiro de Persoal sobre as axudas sociais, ao mellor alí foi onde o Concello facilitou esa información de que fala na prensa, á CIG nin ao Comité non o chamou dende logo, iso, por suposto, dá conta do respecto ás eleccións democráticas que o goberno actual ten
Tomando xa as cousas con humor, porque pouco máis lle pode quedar ao persoal laboral do Concello nestes tempos, calquera día veremos ao goberno dicíndolle aos traballadores e á prensa que é culpa da CIG que nunca houbese oferta de emprego público para laborais neste Concello, que unha grande parte do persoal teña un contrato en fraude de lei, que os funcionarios cobren bastante máis que os laborais, que hai laborais que non cobren a antigüidade ou mesmo que a varias compañeiras se lle denegue o cambio de horario por conciliación laboral e familiar, ah, e por suposto, xa o esqueciamos, que logo de anos e anos non se dese regularizado a situación dos compañeiros do GRUMIR, que se viron obrigados a acudir ao xulgado a pesar das promesas de mellora da situación laboral que arrastraban dende hai moitísimos anos atrás.
Prometer, polo que nos comentan os compañeiros e compañeiras, iso si que sempre se lle deu ben aos distintos representantes políticos que pasaron por esta Administración, agardemos que desta vez pague o goberno as axudas aos laborais e cese nos intentos de crispación que provoca deliberamente con este tipo de discriminacións entre laboriais e funcionarios.
19/04/12
Pensa o ladrón que todos son da súa condición
Un compañeiro da CIG de Administración local achegounos o seguinte comunicado, logo de intentar comentar as continuas mentiras no blog da UGT e ser censurado, ao igual que xa lle pasou a outros compañeiros que intentaron amosar o seu apoio así á Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos.
Por parte da propia Sección sindical hai xa ben tempo que vimos padecendo a actitude duns representantes dos traballadores que no canto de intentar solucionar os milleiros de problemas destes neste Concello, dedican o seu tempo a ocultalos como sempre se fixo e a falar mal dos que verdadeiramente dan a cara diante do goberno nas reunións e as súas canles de información parecen simples transmisoras do que di un Concello que historicamente discriminou ao persoal laboral e que polo que vemos nestes meses non ten trazas de cambiar.
16/04/12
Expediente X: a asignación do nivel do complemento de posto do persoal laboral
O complemento de posto, que forma parte das retribucións do persoal laboral, e que equivale ao complemento de destino do funcionariado, aparece no artigo 23.2 do Convenio colectivo, e con respecto a este indica o seguinte:
“O
complemento de posto retribue as condicions do posto de traballo en
función da peligrosidade,
penosidade, adicación, especialidade, etc., que require cada posto.
Sua contía reflexaráse anualmente na RPT, iniciándose para este
exercicio segun o anexo I, no que se establecen as 15 categorías que
pode ter este complemento e a sua atribución a cada posto. Tal
contía establécese en cómputo anual e será abonada en doce
mensualidades, poidendo modificarse anualmente en proporción
distinta a autorizada, en funcion da atribución individualizada o
posto de traballo de maiores ou outras funcions”.
Dende a CIG e logo de observar a Relación de Postos de Traballo e o propio cadro de persoal publicado no BOP do ano 2008, decatámonos de certas irregularidades na asignación dos distintos niveis nas diferentes categorías profesionais que implican o cobro dunha contía económica ou outra mais que en ningún caso están xustificadas na escasa documentación que o Concello nos achegou ata o momento. Por iso decidimos rexistrar a través do Comité de Empresa o pasado 26 de marzo unha solicitude da documentación correspondente que informe do motivo da adscrición dos postos de traballo do persoal laboral a cada unha das categorías recollidas no anexo I do convenio e que implica unhas diferenzas nas retribucións económicas non xustificadas nin especificadas na documentación de que o Comité dispón.
Este caso, ao igual que moitos outros "expediente X" deste Concello en materia de persoal afonda nas diferenzas salariais, que en moitos casos, ou cando menos á vista da documentación, non están xustificadas en base á especificidade dos distintos postos de traballos. Por iso dende a CIG decidimos trasladarlle ao Concello esta petición de aclaracións con respecto ao complemento de posto baseándonos en que:
1. Na Relación de Postos de Traballo vixente non se indica con
respecto a este complemento o motivo da adscrición a unha categoría
ou outra do complemento de posto, e isto supón unha diferenza nas
retribucións, tal e como indica o anexo I do convenio.
2. Unha
grande parte dos postos de traballo están adscritos a unha categoría
A, mais hai algúns outros, como os 422/52/53/54/55/56/57, os
422/60/61/62/63/64, os 451/111/112/113, o 451/117, o 521/128 e o
751/135 que están adscritos a categorías B e C nos distintos grupos
mais sen ningunha explicación relativa ás condicións do posto de
traballo sinaladas enriba no convenio nin na propia RPT.
3. Finalmente, nalgunha ocasión se solicitaron verbalmente as explicacións correspondentes no departamento que proceden mais as ofrecidas tanto á representación dos traballadores como aos propios afectados non cadran coas situacións específicas dos postos de traballo enriba sinalados.
Dende a Sección sindical continuamos a intentar afondar no coñecemento da situación laboral real do persoal deste Concello por iso agradecemos aos compañeiros e compañeiras que nos achegan os seus problemas e solicitámoslle ao Concello toda a información que consideramos necesaria. A pesar disto, e como fai habitualmente, o Concello oculta a información o máximo tempo posible e non se dá ningunha présa en responder, mais temas como o do complemento de posto terán que ser abordados na Mesa Xeral de Negociación e moito máis aínda se o Concello pretende presentar unha nova proposta de RPT que terá que aclarar esta e outras moitas eivas de difícil explicación á vista da documentación.
O Concello solicítalle a súa proposta á CIG
Logo da reunión de negociación da proposta de convenio, o concelleiro de Persoal solicitoulle á representación da CIG as porcentaxes de representatividade dos distintos sindicatos que levara á Mesa Xeral de Negociación. Dende a CIG envíamoslle a nosa proposta e agradecemos que o Concello non insista en xudicializar as relacións cos representantes do Persoal e lle dea a raón á CIG, que foi o único sindicato que na primeira reunión da Mesa Xeral de Negociación defendeu que era ilegal que o persoal laboral tivese a mesma representación que o funcionariado cando representa case o dobre de traballadores.
Naquela primeira reunión da Mesa Xeral, a UGT vendeu ao persoal laboral ao apoiar ao Concello e aos representantes de funcionarios, uns días depois o Concello deulle a razón á CIG e comprometeuse a recuar na vindeira reunión da Mesa Xeral de Negociación, a representantividade, pois, dos distintos sindicatos, segundo os resultados das pasadas eleccións sindicais sería a seguinte:
Funcionarios 49 3 delegados
Laborais 102 9 delegados
CCOO 1 DELEGADO DE FUNCIONARIOS 10.816%
CSIF 2
DELEGADOS DE FUNCIONARIOS 21.632%
UGT 4 DELEGADOS DE LABORAIS 30.020 %
CIG 5 DELEGADOS DE LABORAIS 37.525 %
Na Mesa Xeral de Negociación, a representación do persoal laboral ten algo máis do 67%, quizais ese é un dos motivos polo que non teñamos constancia de que nunca antes neste Concello se reunise en función da representatividade, ou moi vendidos foron os sindicatos que estaban representando aos laborais con anterioridade para aprobar melloras para os funcionarios e non para os laborais tendo eles maioría. O caso é que se a UGT continúa no camiño iniciado defenderá a postura do Concello propoña o que propoña e isto suporía que no caso de se tomaren acordos que non consideramos legais teríamos que recorrer a un conflito xudicial de novo, mais en todo caso dende a CIG non permaneceremos impasibles ante as irregularidades do Concello e continuaremos o camiño que os compañeiros e compañeiras deste Concello quixeron que iniciásemos hai dez meses.
15/04/12
As trapalladas do Concello
Nas últimas semanas, e con respecto ao tema das axudas sociais, do que xa temos falado en múltiples ocasións, o Concello teima en dicirlle a compañeiros e compañeiras que piden información sobre as axudas sociais que seica os sindicatos non se poñen de acordo con respecto ás axudas sociais, indicidindo, unha vez máis, na estratexia de botarlle a culpa aos representantes do persoal de conflitos o propio Concello e de discriminacións entre o persoal laboral e o persoal funcionario que promove o Concello. Con respecto a isto queremos deixar constancia do seguinte.
1. O Concello fala de sindicatos cando no caso do persoal laboral só hai un organismo legal que pode facer propostas con respecto a este tema, como indica o propio convenio e as bases das axudas sociais e ese é o Comité de Empresa. O Comité de Empresa rexistra continuamente escritos atendendo a todos os requerimentos que o propio Concello lle fai e moitos máis que non responde o Concello ocultándolle información que este organismo debería ter. O alcalde do Concello tamén decide nas cuestións que teén a ver coa localidade e ten competencias para facelo aínda que no pleno haxa distintos partidos, que chegue acordos ou non con eles para tomar as decisións é outra cousa, ao igual que o Comité pode chegar a acordos, como o ten feito en moitísimas ocasións, cos compañeiros da UGT mais en todo caso a representación do Comité, continuamente menosprezada por este Concello, correspóndelle á CIG gústelle ou non ao goberno municipal.
2. O Comité de Empresa non ten nin as solicitudes, nin os cartos, nin ningunha información con respecto ao pagamento das axudas sociais e na única ocasión que o Concello o convocou con este motivo a reunión da que aínda non ten a acta finalizou cando o concelleiro de Persoal indicou que o Concello xa faría o que lle petase con respecto ás axudas sociais. É, polo tanto, absolutamente imposible que os representantes do persoal teñan absolutamente ningunha responsabilidade neste tema só que como por primeira vez o Comité de Empresa denuncia as irregularidades existentes o Concello, o goberno municipal intenta menosprezalo e mesmo parece ser que transmite este tipo de trapalladas con respecto a este tema a través do Departamento de Persoal, como nos levan indicando distintos compañeiros nesta semanas.
3. O Concello discriminou ao persoal laboral no momento que lles pagou as axudas aos funcionarios e deixou só o cartos que restaron para os laborais, con respecto a este tema a CIG xa fixo unha reclamación que podedes consultar aquí. Ademais, en ningún caso, a representación da UGT se puxo en contacto coa representación do Comité con respecto a este tema, demostrando unha vez máis, a bos sintonía co Concello ao non reclamar que o persoal laboral está a ser discriminado continuamente e máis unha vez neste caso.
4. É indignante que o persoal laboral deste Concello estea continuamente discriminado en todo, que xa persoal laboral con máis anos de antingüidade que funcionarios e que sigan a ter contratos en fraude de lei, por obra ou servizo ou a saber como, porque o Concello nin sequera quere informar ao Comité de Empresa do tipo de contrato de todo o persoal laboral. É indignante que o persoal laboral cobre moito menos que o funcionariado e aínda por riba o Concello de Betanzos non teña a decencia de pagarlle as axudas sociais á vez que aos funcionarios e lles deixe o que sobra da partida e que probablemente non dea para pagar todas as axudas cando os funcionarios si que as cobraron.
Finalmente, e á vista da situación, podemos chegar a pensar que isto forma parte dunha estratexia para enfrontar ao persoal en función do tipo de contrato e só ter contento ao que ten sinatura con respecto aos temas que máis lle interesan ao goberno municipal, non entendemos pois, senón, a que se debería tal descaro na discriminación existente.

08/04/12
07/04/12
A CIG presentou unha reclamación con respecto ás axudas sociais do persoal laboral
O pasado martes, tal e como se fixo en varias ocasións xa con respecto ás axudas do ano 2010, a CIG presentou unha reclamación con respecto ao non pagamento das axudas do ano 2011 ao persoal laboral, onde se indice na discriminación e o prexuízo que isto supón, unha vez máis para o persoal laboral deste Concello que está sendo obxecto de discriminación reiteramente neste asunto coma noutros por parte do actual goberno.
88354645-Reclamacion-axudas
01/04/12
Negociación do convenio: I
Como xa vos comentamos, a semana pasada, e logo de seis meses de paralización, comezou a negociación do convenio. Negociouse o capítulo I e finalmente só unha parte do II e marcouse unha nova reunión de negociación para a volta da semana santa.
Desta negociación podemos destacar que trasncorriu con normalidade e as propostas de mudanza do capítulo I por parte do Concello foron mínimas, así mesmo a base da negociación será sobre a proposta presentada polo Comité de Empresa, o que consideramos tamén positivo.
O que si que observamos é que a vontade do Concello parece que é eliminar texto que recolle o propio Estatuto Básico do Empregado Público, mais por parte da CIG na Mesa negociadora defenderemos a proposta presentada integramente polo Comité de Empresa e lembrámoslle ao Concello que o persoal laboral sempre ten como marco lexislativo os convenios colectivos e que o feito de eliminar algúns puntos non traería máis que problemas na aplicación práctica do devandito convenio e mesmo podería supor desigualdades nos dereitos con respecto aos compañeiros funcionarios, como xa leva ano acontecendo por mor de ter un convenio moi por baixo do que marcan as leis para os empregados públicos.
Nas vindeiras reunións informarémosvos da vontade por parte do Concello de que sigamos a ter un convenio de mínimos, ou, por fin, o noso convenio recolla os dereitos que as leis superiores marcan, entendemos, que como moitas cuestións simplemente as marca a lei dos empregados públicos o feito de que acepten a inclusión ou non no novo convenio é unha cuestión exclusivamente de vontade política, tal e como lle transmitimos ao concelleiro de Persoal na propia Comisión negociadora do convenio.
Finalmente, non podemos pasar por alto unha conquista que consideramos moi importante debido á situación histórica de discriminación que neste Concello padeceu o persoal non permanente, que non está na RPT, e é que no ámbito de aplicación do convenio, por fin, só se fala de persoal laboral e non se fan distincións na aplicación en función da relación contractual e a vinculación a un posto na Relación de Postos de Traballo ou non.

Etiquetas:
comisión negociadora,
novo convenio
O Concello menospreza ao persoal laboral unha vez máis ao pagarlle as axudas sociais só aos funcionarios

Unha vez máis o Goberno municipal demostra un desprezo absoluto polo persoal laboral ao pagarlle as axudas sociais aos compañeiros funcionarios e non ao persoal laboral. Segundo nos informaron algúns compañeiros por parte do funcionariado o Concello pagoulle coa nómina do mes de marzo as axudas sociais aos funcionarios e ao persoal laboral non.
Esta discriminación afonda en todas as que leva anos padecendo o persoal laboral neste Concello, a ollos do goberno, e a pesar de que o persoal laboral é moito máis en número, e hai mesmo compañeiros que levan máis de vinte anos traballando para o Concello, non ten dereito a soldo semellante, os do persoal laboral son moito máis baixos, non ten os mesmos dereitos, en moitos casos denéganse dereitos que para o funcionariodo serían impensables e aínda por riba agora nin ten dereito a cobrar as axudas sociais ao tempo e queda cos cartos sobrantes de pagarlle as axudas aos funcionarios.
Estamos ante unha situación totalmente vergoñenta e denigrante para o persoal laboral que por segunda vez nesta lexislatura e por primeira vez con este goberno non cobra as axudas ao tempo dos compañeiros e é discriminado en función da súa relación contractual con este Administración, feito que o propia Lei do Estatuto dos Traballadores indica no artigo 15.6:
Dende a CIG rexistramos xa con respecto ás axudas sociais do ano 2010 diversos escritos denunciando as irregularidades de todo o proceso, e se, polo momento, non iniciamos ningún proceso xudicial con respecto a este tema sempre foi para que en ningún caso isto perxudicase aos compañeiros porque se podería paralizar o cobro das axudas, foi, pois, polo ben de todo o persoal laboral polo que aínda non elevamos as queixas a outro nivel. Iso si, animamos a que o persoal que observe algunha irregularidade ou non estea de acordo coa asignación no momento que esta se faga, acuda a nós se quere facer reclamación individual porque erros e inxustizas neste tema lévaas habendo anos mais polo que vemos cada día son máis graves e sempre as repercusións son en detrimento dos laborais.
Seguirémosvos informando dos pasos que deamos con respecto a esta discriminación como CIG e dentro do propio Comité mais ao goberno municipal deberíalle dar vergoña o tratamento discriminatorio que está a ter co persoal laboral fronte ao funcionariado, cando todos e todas son traballadores do Concello aínda que os laborais estean suxeitos a contratos temporais ou mesmo en moitos casos en fraude de lei, cobren bastante menos e aínda por riba o Concello os utiliza tanto para un roto como para un descosido, é dicir, traballadores e traballadoras "para todo" que a fin de contas actúa como se non lle importasen nada.

Os traballadores con contratos temporais e de duración determinada terán os mesmos dereitos que os traballadores con contratos de duración indefinida, sen prexuízo das particularidades específicas de cada unha das modalidades contractuais en materia de extinción do contrato e daquelas expresamente previstas na Lei en relación cos contratos formativos. Cando corresponda en atención á súa natureza, tales dereitos serán recoñecidos nas disposicións legais e regulamentarias e nos convenios colectivos de xeito proporcional, en función do tempo traballado.
Dende a CIG rexistramos xa con respecto ás axudas sociais do ano 2010 diversos escritos denunciando as irregularidades de todo o proceso, e se, polo momento, non iniciamos ningún proceso xudicial con respecto a este tema sempre foi para que en ningún caso isto perxudicase aos compañeiros porque se podería paralizar o cobro das axudas, foi, pois, polo ben de todo o persoal laboral polo que aínda non elevamos as queixas a outro nivel. Iso si, animamos a que o persoal que observe algunha irregularidade ou non estea de acordo coa asignación no momento que esta se faga, acuda a nós se quere facer reclamación individual porque erros e inxustizas neste tema lévaas habendo anos mais polo que vemos cada día son máis graves e sempre as repercusións son en detrimento dos laborais.
Seguirémosvos informando dos pasos que deamos con respecto a esta discriminación como CIG e dentro do propio Comité mais ao goberno municipal deberíalle dar vergoña o tratamento discriminatorio que está a ter co persoal laboral fronte ao funcionariado, cando todos e todas son traballadores do Concello aínda que os laborais estean suxeitos a contratos temporais ou mesmo en moitos casos en fraude de lei, cobren bastante menos e aínda por riba o Concello os utiliza tanto para un roto como para un descosido, é dicir, traballadores e traballadoras "para todo" que a fin de contas actúa como se non lle importasen nada.
Queremos denunciar publicamente un uso tendencioso dalgunhas canles de información

Dende a CIG do Concello de Betanzos hai meses que vimos observando demasiados indicios que nos indican que a voz do propio goberno e dos compañeiros que representan á UGT no Comité de Empresa, así como dos seus asesores, coincide nas versións ofrecidas aos compañeiros, nas posturas tomadas e nas votacións nas Comisións e mesas convocadas polo Concello. Isto supuxo prexuízos en moitas ocasións para o persoal laboral, tal e como vos contamos.
Efectivamente, os propios compañeiros da UGT teñen admitido en múltiples reunións que se asesoran no propio Concello sobre temas laborais, di moito iso do seu xeito de proceder porque nunca nunha empresa privada se lle acordaría a uns representantes sindicais ao xeito asesorarse co xefe para defender aos traballadores.
No Concello de Betanzos isto parece ser un contínuo e cada día temos novas mostras desa alianza que non fai máis que ir en detrimento da defensa dos intereses do persoal laboral, a última foi cando descubrimos que nas canles de información do propio Concello, neste caso no twiter da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Betanzos, onde mesmo aparece unha foto das propias dependencias do Concello no perfil, fan publicidade da UGT e mesmo dos asesores que traen ás negociacións ao Concello por parte dese sindicato. A OMIX é un organismo dependente do Concello, e como tal, non debe facer publicidade de sindicatos por moi achegados que sexan nin de partidos políticos, aínda que o twiter da do Concello de Betanzos si que o fai.
Non é a primeira vez, nin será a última que isto acontece, xa nin sequera pretenden disimular a concordancia do Concello co sindicato mencionado mais, cando menos, nós pretendemos informar sobre isto ao persoal deste Concello para que saiba, unha vez máis, que cando chega a hora de defender ao persoal fronte ao Concello un dos sindicatos que ten representación no Comité de Empresa parece que vén asesorado polo propio Concello, vota o mesmo que o goberno cando é necesario e mesmo critica aos compañeiros que demandaron ao Concello por despido improcedente, en vez de apoialos, demostrando unha vez máis que cando chega a hora da verdade defenden a postura dos xefes no canto da dos traballadores.
Dende a CIG do Concello de Betanzos consideramos que está totalmente fóra de lugar facer un uso tendencioso das canles de información, lembramos que non é a primeira vez que isto acontece, como podedes ver aquí, e estamos fart@s de que algúns representantes do persoal non saiban de que lado están e intenten tirar pedras na contra do tellado dos compañeiros no canto de defendelos onde e cando procede diante do Concello.

Comité de Empresa,
eivas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)