O
Tribunal Supremo considerou como accidente in itinere o dun
traballador que chocou co seu vehículo a máis de cen quilómetros
do seu centro de traballo un domingo pola noite. Melchor viaxaba
dende o domicilio familiar en León a Soria onde residía entre
semana para acudir a traballar como condutor de maquinaria pesada. O
pleno da sala do social considera por unanimidade que "a
realidade social está a impoñer unhas esixencias de mobilidade que
obrigan"aos traballadores a axustes continuos".
Melchor
pasaba os fins de semana no seu domicilio familiar de León pero
residía entre semana en Soria onde traballaba como condutor de
maquinaria pesada. Cada domingo facíase 365 quilómetros en coche
para poder estar o luns ás oito da mañá no seu posto de traballo.
Un
domingo sufriu un accidente de tráfico que o mantivo apartado das
súas funcións durante máis dun ano. Melchor reclamou que fose
considerado accidente laboral pero a mutua negoullo porque a
finalidade da viaxe non era laboral e o accidente produciuse un
domingo a máis de cen quilómetros do centro de traballo.
O
xulgado do social de León si que lle deu a razón pero o Tribunal
Superior de Xustiza volveulla quitar.
O
pleno da sala do social do Tribunal Supremo é o que,
definitivamente, deu a razón ao traballador. Os maxistrados por
unanimidade amplían os supostos de accidentes acontecidos ao ir ou
volver do traballo, adaptándoos á realidade actual.
Di
a sentenza, da que foi relator Aurelio Desdentado, que "as novas
formas de organización do traballo están a impoñer no fogar
familiar unhas esixencias de mobilidade territorial que obrigan aos
traballadores a axustes continuos que non sempre poden traducirse nun
cambio de domicilio".
A
sala conclúe que no caso concreto se dan todos os requisitos para
considerar os feitos como accidente in
itinere porque
"a finalidade da viaxe estaba determinada polo traballo" e
viaxar a esa hora e ese día "era unha opción axeitada para,
despois do descanso, poder incorporarse ao día seguinte" ao
traballo nunhas condicións máis convenientes" "para a
seguridade e para o rendemento laboral".
Fonte:
cadenaser.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario