26/12/14
19/12/14
Abrindo camiños n.º 38. Voceiro impreso da Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos
Etiquetas:
Abrindo camiños,
sección sindical da CIG,
Voceiro Impreso
15/12/14
Solicitude de información sobre as gratificacións e produtividades do persoal funcionario
A Sección sindical da CIG vén de solicitar a información correspondente ás gratificacións e produtividades do persoal funcionario logo de saber que a partida orzamentaria para laborais e funcionarios é única e común e conta con 40 000 euros segundo nos informou o concelleiro de Persoal. Na práctica isto supón que ao igual que as axudas sociais, as partidas que interesan compártense entre os dous tipos de persoal mais os salarios, como non interesa, son desiguais.
A maiores, como é sabido, entre o propio persoal laboral hai discriminacións no cobro ou non das horas extras que até o momento en ningunha ocasión foron xustificadas documentalmente o que nos fai sospeitar que poderían deberse a criterios arbitrarios e persoais. Se a isto lle sumamos que as últimas horas extras pagadas ao persoal laboral no ano 2014 correspóndense coas do mes de agosto que foron cobradas no mes de setembro, sobra dicir que é necesario dispoñer da información do reparto de toda a partida toda vez que cada ano se esgota antes e que unha partida para doce meses en 2014 só chegou para oito.
Con respecto a este tema hai un problema e grave, que o propio Comité de Empresa leva anos tentando explicar ao goberno municipal porque, cando menos ao persoal laboral, estánselle pagando como extraordinarios traballos que non o son e que deberían formar parte das retribucións mensuais da nómina, só que o Concello neste tema xoga a baza de que o persoal segue a realizar ese traballo a pesar de saber que non vai cobrar até dentro de varios meses e que cada ano tarda máis en cobrar o traballo realizado nos últimos meses do ano.
Como levamos tempo dicindo a solución para o persoal ao que o Concello non lle paga as horas ben porque non hai cartos ben porque non lle apetece é doada, que non se fagan as horas extras, cando haxa determinados traballos que se paralicen o Concello será quen de buscar unha solución e o amañará porque lle convén, agora, mentres o persoal siga a realizar o traballo coa promesa de cobrar a saber cando o problema vai ter máis difícil solución, basicamente porque o Concello o que quere é que se realicen os traballos e cando cobre a xente non debe ser algo que lle interese moito, do contrario teríalle buscado unha solución hai anos a este conflito.
A maiores, como é sabido, entre o propio persoal laboral hai discriminacións no cobro ou non das horas extras que até o momento en ningunha ocasión foron xustificadas documentalmente o que nos fai sospeitar que poderían deberse a criterios arbitrarios e persoais. Se a isto lle sumamos que as últimas horas extras pagadas ao persoal laboral no ano 2014 correspóndense coas do mes de agosto que foron cobradas no mes de setembro, sobra dicir que é necesario dispoñer da información do reparto de toda a partida toda vez que cada ano se esgota antes e que unha partida para doce meses en 2014 só chegou para oito.
Con respecto a este tema hai un problema e grave, que o propio Comité de Empresa leva anos tentando explicar ao goberno municipal porque, cando menos ao persoal laboral, estánselle pagando como extraordinarios traballos que non o son e que deberían formar parte das retribucións mensuais da nómina, só que o Concello neste tema xoga a baza de que o persoal segue a realizar ese traballo a pesar de saber que non vai cobrar até dentro de varios meses e que cada ano tarda máis en cobrar o traballo realizado nos últimos meses do ano.
Como levamos tempo dicindo a solución para o persoal ao que o Concello non lle paga as horas ben porque non hai cartos ben porque non lle apetece é doada, que non se fagan as horas extras, cando haxa determinados traballos que se paralicen o Concello será quen de buscar unha solución e o amañará porque lle convén, agora, mentres o persoal siga a realizar o traballo coa promesa de cobrar a saber cando o problema vai ter máis difícil solución, basicamente porque o Concello o que quere é que se realicen os traballos e cando cobre a xente non debe ser algo que lle interese moito, do contrario teríalle buscado unha solución hai anos a este conflito.
Canto á propia partida orzamentaria e á solicitude de información vén dada porque o cálculo do importe das horas extraordinarias do persoal laboral chega para pouco máis da metade desa partida orzamentaria cando o persoal laboral dobra o número do persoal funcionario, e o dereito á información neste caso é ineludible toda vez que desde as horas de agosto o persoal non cobra as extraordinarias e descoñecemos se o funcionariado si, para saber isto debemos agardar a información do Concello.
A maiores e tendo en conta que temos coñecemento que entre o persoal funcionario tamén se producen discriminacións á hora de cobrar as horas ou compensalas, na medida en que hai sectores a que o Concello se nega a pagar determinados traballos extraordinarios realizados fóra da xornada laboral, o goberno municipal debería aclarar cales son os criterios de cobro ou compensación á vista das gratificacións pagadas neste ano 2014 e que suporían unha suma considerable da partida orzamentaria total destinada a esta finalidade
Solicitude Información Gratificacións e Produtividades
As Mesas de Negociación nas que non se negocia nada
O goberno municipal do Concello de Betanzos escusa convocar máis Mesas Xerais de Negociación amparándose nunha lexislación que exixe negociación e que na práctica, mesa tras mesa, está supoñendo unha imposición das propostas do goberno e caso omiso ás propostas dos representantes dos traballadores.
Unha vez máis, como nos ten acostumados, o Concello convoca unha Mesa cun único punto da orde do día e non acepta nin unha soa das propostas presentadas pola CIG porque segundo Diego Fernández, o orzamento non permite aprobar máis que o que propón o Concello... entón, para que nos convocan?
Repasemos, o goberno municipal convocou unha Mesa Xeral de Negociación, da que aínda non temos a acta, no pasado verán, cun único punto na orde do día "dar conta da documentación relativa a persoal a incluír nos orzamentos 2014", por tanto, de negociar nada de nada, non acepta as propostas presentadas, nin sequera responde ás alegacións presentadas a posteriori, como o pleno tampouco lle aproba o que o goberno encabezado por Ramón García lle vai ben, decide aprobar todo en Xunta de Goberno botando man da lexislación aprobada polo PP que tantas veces tivo a cara de criticar publicamente, e agora volve a outra Mesa a dicirnos que como xa está o orzamento aprobado (=imposto) xa non se pode negociar a Oferta de Emprego Público para o ano 2014. En serio, que se vaian a rir doutros e se aínda queda alguén con sentido que lle quite de inmediato, como mínimo, "obreiro" do nome, porque isto xa está empezando a ser un insulto ao persoal e ao sentido do que é unha verdadeira negociación á vista dos feitos.
Deixámosvos unha selección de novas para lembrar como se aprobaron estes orzamentos cos que agora queren impoñer a OPE que lles vai ben:
O Concello convoca Mesa Xeral de Negociación para este luns sobre orzamentos 2014 e a RPT mais parece que sen intención de negociar
Pois ben, á vista deste panorama comezou unha Mesa Xeral de Negociación na que a CIG foi o único sindicato que propuxo ampliar a OPE (Oferta de Emprego Público) mesmo facendo referencia ás posibilidades legais de facelo, tendo en conta que nos parecía ben que a OPE contase con prazas para a policía mais obviamente insuficiente para as necesidades deste Concello. A precaria situación de persoal actual do Concello con respecto á Relación de Postos de Traballo vixente supón que haxa 22 prazas "vacantes" (entendendo por vacantes as que non están nin temporal nin definitivamente cubertas por ninguén), das cales 4 son de persoal funcionario e 18 de persoal laboral.
O feito de que o 100% do persoal laboral sexa temporal dificulta na actualidade a cobertura definitiva desas prazas mais non a cobertura temporal, tal e como se lle solicitou ao goberno municipal, tendo en conta que estamos a falar de falta de persoal en servizos como o cemiterio, a xardinaría, as obras, a limpeza viaria e de edificios ou a axuda a domicilio e que de a maiores destes 18 postos hai que falar que a día de hoxe hai 10 baixas das cales só unha está cuberta e de que case todas, agás as de maternidade, corresponden ao sector de servizos, o que demostra o grave desgaste do persoal de determinados departamentos do Concello.
A proposta inflexible do goberno é presentar unha OPE só para dúas prazas de Policía, unha de promoción interna e outra de oposición libre, por tanto, eis os datos, de 4 funcionarios menos, 2 prazas que se convocan, de 18 laborais menos, 0 prazas que o goberno municipal supostamente socialista se nega a cubrir mesmo temporalmente.
A maiores, entre o funcionariado, existe a posibilidade da promoción interna, que a lexislación actual permite, é máis, o propio goberno municipal pretende convocar unha praza de Policía por promoción interna, por tanto é legal, e baseándose nisto desde a CIG propuxemos que a promoción interna se aplicase e ampliase tamén a todos/as os/as auxiliares administrativos/as que na actualidade puidesen promocionar a administrativos/as (máis aínda cando a liña entre o traballo dun e doutro posto é moi difusa neste Concello) mais a resposta do goberno foi a irrisoria de que o orzamento que foi imposto non o contemplaba, mais tampouco se comprometeu a estudar esta proposta de cara ao futuro. Deducimos pois, da firmeza coa que o goberno municipal se opuxo a que nesta OPE promocionen os/as auxiliares administrativos/as que a idea é que nesta Administración, entre o funcionariado, só promocione a Policía, que ten o seu dereito, mais nin máis nin menos que o resto do persoal, e o resto de funcionarios/as que tamén poderían promocionar non deben existir para o goberno municipal, porque se algo está claro é que isto nin se lles pasou pola cabeza na primeira OPE que pretenden levar a cabo nesta lexislatura, e unha vez que o propuxo a CIG a resposta foi, igualmente negativa, como dixo o concelleiro de Persoal "aquí vimos a falar das prazas da Policía", para acabar co debate sobre a posibilidade de incluír na OPE outras prazas.
Por tanto, non sabemos se se aprobou a OPE presentada polo Concello ou non porque non se votou nada, o único que podemos dicir é que non se negociou nada, que a CIG propuxo, a maiores do presentado polo Concello, a cobertura das prazas necesarias de laborais e a cobertura dunha das prazas de persoal administrativo vacante por xubilación e mais a posibilidade de promoción interna para todo o funcionariado , non só para a Policía, propostas ás que o goberno municipal se negou en rotundo. Canto ás intervencións dos outros dous sindicatos presentes (UGT e CSIF) foron propostas para a convocatoria das prazas de Policía mais nada canto ao resto do persoal, é máis o CSIF aínda solicitou a cobertura dunha outra praza para a Policía, que non dubidamos da súa necesidade, mais nada falou da promoción interna do resto do funcionariado ao que representa ou das dúas prazas vacantes do cadro administrativo, coma sempre, moi na súa liña.
Agardaremos a que o Concello entregue a acta para aprobar e asinar para comprobarmos como se reflicte nesta a inexistencia de negociación nin de acordo ningún, a pesar de que aínda estea pendente a acta do 11 de xullo de 2014, da Mesa Xeral de Negociación na que se "deu conta" de todo o relativo aos orzamentos e que logo se levou a pleno mais que aínda non se lle entregou, cando menos, á CIG, como sindicato maioritario con representación na Mesa Xeran de "Negociación".
O goberno municipal leva tres anos negándolle ao Comité de Empresa a información sobre os salarios do persoal laboral
O Comité de Empresa do Concello de Betanzos leva tres anos solicitándolle ao Concello de Betanzos a información sobre as retribucións dos distintos postos do persoal laboral, a táboa dos salarios brutos e mais a información sobre as retribucións do persoal non permanente (contratado ao abeiro de subvención ou mesmo xa sen contrato nin subvención como o persoal do anterior GRUMIR que non despediron ao acabar a subvención).
A única táboa de retribucións que ten o Comité de Empresa é unha do ano 2010 que o anterior goberno lle entregou ao Comité de Empresa anterior e que se encontraba na documentación que o anterior secretario do Comité lle entregou ao actual. É dicir o goberno actual négalle información ao Comité de Empresa da que mesmo dispuñan Comités de Empresa anteriores, mais o peor son as escusas alegadas durante anos polo concelleiro de Persoal, Diego Fernández, que mesmo chegou a dicir que tal documentación non existía, o que resulta irrisorio, que o Concello non teña unha listaxe cos salarios dos/as traballadores/as, e a pesar de que en 2012 o Comité lle entregou unha copia da táboa que tiña de 2010 para demostrarlle que esa documentación tiña que existir en persoal non se volveu saber nada do tema, ou sexa, que non interesa entregar esa información á que os representantes dos traballadores temos dereito.
O peor é que tamén o Comité de Empresa entregoulle ao propio alcalde, Ramón García, en 2013, unha copia de todo o que o Comité levaba solicitado e sen resposta até ese momento e as boas palabras nunca se converteron en feitos e seguimos igual en decembro de 2014. Tanto a Relación de Postos de Traballo como a retribución de cada posto deberían ser públicas non entendemos a que se debe tanta opacidade durante anos con este tema cando logo o PSOE solicita transparencia noutras instancias e noutros organismos con respecto aos salarios, todo isto non fai máis que converter a política laboral deste goberno municipal en esperpéntica e pouco coherente entre o que se di e o que se fai.
Documentación salarios
Etiquetas:
CIG Concello de Betanzos,
Comite de Empresa,
información,
solicitudes
Condena por falta de formación e medidas de protección colectivas e individuais
Accidente
laboral
A
Audiencia de Málaga confirmou a condena imposta por un xulgado a
dous responsables dunha obra polo accidente laboral que sufriu un
traballador, o cal resultou lesionado ao caer desde unha altura de
seis metros. Así, desestímase o recurso de apelación da defensa
contra a sentenza e ratifícase a pena de 16 meses de prisión e
multa de 2.700 euros imposta a cada un.
Os
feitos sucederon en maio de 2005. O traballador atopábase realizando
o seu labor como peón albanel na planta segunda da obra de
rehabilitación dun edificio na capital malagueña e procedeu á
elevación mecánica do perfil metálico, que se trabou no forxado da
primeira planta, forzando o maquinillo elevador de columna que seguía
tirando, segundo a resolución do xulgado. Por isto, caeu o
traballador, que estaba desenganchando do perfil o cable, desde uns
seis metros de altura, sufrindo lesións que requiriron 490 días
para curar, dos que 37 estivo hospitalizado.
Ademais, o prexudicado
ten secuelas que lle afectan para desempeñar actividade laboral de
esforzo, "sendo a súa situación laboral equiparable a unha
incapacidade permanente total".Segundo consta na resolución da
Audiencia,o xulgado considerou probado que o accidente e as lesións
que sufriu o empregado, foron "por mor da omisión da formación
adecuada aos traballadores en relación co seu posto de traballo e os
riscos do mesmo".
Así mesmo, tamén se debeu á "omisión
de medidas colectivas de seguridade, tales como varandas, e medios de
protección individuais, como o arnés, infrinxíndose con iso as
normas de prevención de riscos laborais". Ademais, todo isto
determinou, dicía a sentenza inicial, que este empregado e outros
que estaban na obra chegasen a "pór en perigo a vida ou
integridade".
Neste sentido, lémbrase que o
inspector de traballo describiu a ausencia de varandas e medios de
protección persoal, como arneses; así como a "ncorrecta"
instalación do maquinillo elevador. "Non se aprecia que o xuíz
do Penal incorrese nunha valoración da proba ilóxica ou
incoherente", di a Audiencia, polo que desestima o recurso e
confirma integramente a sentenza.
Fonte:
Diario Sur
Accidente laboral ou enfermidade común?
ACCIDENTE
LABORAL
Estúdase
unha situación en que coinciden un accidente laboral e unha
enfermidade común. A mutua considerou as dúas continxencias como
unha soa, de carácter común. O Tribunal Superior de Xustiza do País
Vasco sentencia que ao haber unha soa continxencia debe considerarse
laboral.
O
traballador tiña artrose no ombro dereito da que o ían operar o 31
de maio. Unha semana antes (23 de maio) sofre un forte tirón no
mesmo ombro no seu traballo habitual, cuxa avaliación de riscos
considera os sobreesfuerzos na mesma situación en que se produciu o
accidente.
A
pesar diso, a mutua non considera o accidente de traballo. O INSS
tamén denegou o correspondente recurso.
O
traballador inicia proceso de IT por causa común o 23 de maio,
proceso que se prorroga ata o mes de setembro, ao concluír a
recuperación da operación.
O
Tribunal considera que o accidente é laboral e, ao existir unha
única situación de baixa laboral, que todo o período de IT debe
considerarse por continxencias profesionais.
Un
maxistrado presenta voto particular no sentido de que a IT do 23 ao
31 de maio é proceso laboral, pero a partir da operación debería
considerarse común. Non obstante "a maioría que deliberou este
asunto consideramos que estamos ante un único proceso de
incapacidade temporal, que por iso non pode ter dúas continxencias
distintas".
Aepsal.com
Proposta de cursos de formación intersectorial 2014-2015
Por
se é do teu interese persoal ou de alguén do teu entorno, aquí tes
a relación de cursos de formación do plan intersectorial 2014-2015.
É
unha proposta, pendente de aprobación por parte da Xunta de Galiza,
dirixida preferentemente a persoas traballadoras en activo, pero con
prazas que poden ser destinadas a persoas en situación de
desemprego, existindo un cupo de prazas que poden ser destinadas a
persoas traballadoras en activo ao servizo das Administracións
Públicas.
A
previsión de datas e lugares pode sufrir variacións. A formación é
100% subvencionada.
Máis
información en forGa: https://www.forga.gl
Etiquetas:
formación
12/12/14
Recoñecemento de servizos previos do persoal laboral
O Comité de Empresa, por inicitiva da CIG, vén de solicitar unha listaxe do persoal ao que o Concello lle ten recoñecidos os servizos previos, esta solicitude vén na liña de reclamar este dereito para todo o persoal laboral unha vez que temos constancia documental de que a través dunha resolución da Alcaldía o Concello recoñeceulle este dereito a un determinado número de traballadores e traballadoras mais non a todo o persoal na mesma situación.
O recoñecemento dos servizos previos prestados tanto na propia Administración como noutras é un dereito de funcionarios e que vai recollido nese suposto novo convenio colectivo que non sabemos se o Concello terá a ben seguir negociando. Non obstante, o goberno municipal, se de verdade procura a igualdade entre persoal laboral e funcionario debería recoñecer de inmediato non só os servizos prestados nesta Administración senón en calquera outra pública como antigüidade e a efectos do cobro dos trienios correspondentes e o que en todo caso consideramos inxustificable é que no momento de recoñecer os servizos previos prestados neste Concello o fixese a uns traballadores si e a outros non e haxa persoal que leva máis dun ano agardando resposta para que lle solucionen a situación e finalice esa discriminación.
Solicitude Información Persoal Recoñecemento Servizos Previos
Pagas extraordinarias e aplicación desigual do artigo 22 do convenio colectivo
A CIG vén de lle lembrar ao Concello que logo de levar dous anos tentando solucionar a problemática da non aplicación do artigo 22 do convenio colectivo relativo ao cobro das pagas extraordinarias nas nóminas de oito compañeiros e compañeiras este problema segue en sen solucionar e solicítalle que non se produza de novo na paga que se cobrará nas vindeiras semanas.
Solicitude Pagas Extraordinarias
O propio Comité de Empresa solicitou en varias ocasións información documental sobre o tema que o Concello non lle facilitou aínda que si que verbalmente admitiu a existencia desta discriminación e non cobro dunha parte da paga a oitos traballadores e traballadoras readmitidas logo de varias sentenzas xudiciais nos anos 2012, 2013 e 2014.
O certo é que este persoal arrastra outros problemas como o non recoñecemento de servizos previos prestados nesta Administración, tal e como o resto de persoal ao se lle recoñeceu no verán do ano 2013, o que supón unha discriminación a maiores e varias solicitudes que foron presentadas polos traballadores por rexistro hai máis dun ano sen resposta aínda por parte da Administración ao persoal afectado.
Este tema leva tempo sendo falado co concelleiro de Persoal que continuamente indica que se vai solucionar mais ese día non dá chegado, por ese motivo nas vindeiras semanas desde a CIG adoptaranse as medidas oportunas no caso de non se solucionar proximamente a problemática e informarase aos traballadores afectados de cara á posibilidade de presentar as reclamacións previas á vía xudicial en concepto de recoñecemento deste dereito recollido no convenio e de non discriminación canto ao recoñecemento dos servizos previos prestados neste Concello.
Solicitude Pagas Extraordinarias
Nova solicitude
Nestes últimos anos, desde o ano 2012 concretamente, diversas disposicións normativas veñen modificando algúns dereitos dos traballadores públicos, tanto laborais como funcionarios, e deixando sen efecto os convenios colectivos nos artigos correspondentes. O Comité de Empresa xa leva tamén varios anos solictándolle ao Concello que actualice o modelo de solicitude de permisos, non só polas eivas que presenta, cando por exemplo non serve para a solicitude de permiso para o médico do propio/a traballador/a, senón porque recolle uns permisos que xa están totalmente obsoletos e non se corresponden para nada cos que temos dereito a desfrutar na actualidade.
Unha vez máis volveuse facer, xa coleccionamos solicitudes dos anos 2012, 2013 e 2014, todas sen resposta nin que desde Persoal se actualice un mísero papel que dá lugar a moitas confusións e que crea continuas dúbidas entre o persoal á hora de solicitar permisos que se transmiten en continuas consultas sobre o mesmo tema aos delegados sindicais e supoñemos que tamén ao propio departamento de persoal. Xa sabemos que para este Concello canta menos información teñan os traballadores sobre os seus dereitos mellor, a política de persoal de desinformación, mala información e mesmo negación da información é a que reinou ás súas anchas durante anos e anos, mais agora que xa é evidente que o sistema de discriminacións entre o persoal deste Concello tiña como alicerce esa intencionada política de persoal vai sendo hora de que comecen a mudar as cousas e actualizarse os papeis, que tanto non debe custar e se de verdade hai unha vontade de cambio con respecto a anteriores gobernos, tal e como predicaba o concelleiro de Persoal, Diego Fernández, no xornal Betanzos e a súa comarca hai tres anos, cando ocupou a súa cadeira, que o comecen a facer dunha vez repondendo a solicitudes do Comité de Empresa tan básicas e lóxicas como esta que se leva anos presentando.
Actualización e Información Modelo Permisos
10/12/14
Unha agresión no posto de traballo si é accidente laboral.
O
Xulgado do Social n.º 2 de Pamplona resolve contra as resolucións
da Mutua e o INSS que consideraron que non era accidente laboral
Suceso acontecido a unha traballadora social que atendía a un
usuario que quería solicitar unha axuda e no curso da entrevista se
puxo violento, dando berros, ameazándoa e dando golpes na mesa.
A
sentenza resolve que as consecuencias dunha agresión sufrida no
traballo e durante a xornada laboral deben ser consideradas accidente
de traballo sempre que exista lesión, dano e nexo causal.
Afirma
o xuíz que: "... de postularse que as motivacións da agresión
son alleas ao traballo é cuestión fáctica que corresponde
acreditar aos demandados, o que no presente caso non foi sequera
intentado".
Isto
foi o que alegaron a Mutua e o INSS, baseándose na personalidade
violenta do usuario.
A
sentenza determina cando non debe considerarse accidente de traballo,
entendemos que por romperse o nexo causal: "A única
excepción... encóntrase nos supostos nos que a agresión é debida
ou motivada por resentimentos ou motivos persoais absolutamente
alleos ao traballo".
No
fundamento de dereito segundo o Xuíz cita dúas sentenzas de dous
Tribunais Superiores de Xustiza, ás que engade no fundamento de
dereito cinco sentenzas do Tribunal Supremo e outras cinco de
distintos Tribunais Superiores de Xustiza, sentenzas ditadas entre
1975 e 2006. En total son doce sentenzas no mesmo sentido.
Descoñecemos
se é un intento do Xuíz de ensinarlles ás partes demandadas as
regras do xogo, pero por esta recompilación realizada debemos
cualificar esta sentenza de exemplar.
Destacar
tamén que esta petición, sobre a que tanto a MUTUA como o INSS
resolveron en contra en fase administrativa, realízase polo importe
correspondente a un total de sete días naturais.
FONTE:
AEPSAL
A CIG reclama unha Renda de Inserción laboral para persoas desempregadas que non cobren ningunha prestación
Considera
"irrisoria" a axuda de 400€ durante 6 meses, para
desempregados/as de longa duración que leven máis dun ano sen
cobrar, proposta por goberno, patronal, CCOO e UGT
A
CIG considera absolutamente insuficiente a axuda para persoas
desempregadas de longa duración que prevé aprobar o Goberno, a
patronal, e os sindicatos CCOO e UGT. Entende que polo seu carácter
temporal -só durante 6 meses-, pola súa contía económica – 400
euros- e polos requisitos requiridos –que leven máis dun ano sen
cobrar- non atende ás necesidades reais deste colectivo.
Fronte a isto defende a creación dunha Renda de Inserción Social
para todas as persoas desempregadas que non cobran ningún tipo de
prestación.
Segundo as informacións publicadas en prensa, esta axuda só será
outorgada a quen cumpra uns estritos requisitos: ter traballado
algunha vez; ter extinguido a relación laboral por causas
involuntarias; non contar con ningunha prestación e ter esgotado xa
o programa PREPARA ou a Renda Activa de Reinserción hai máis de un
ano e non ter dereito a percibir un salario social, esa renda ou
axudas similares; carecer de rendas e ter responsabilidades
familiares e non estar cobrando ou non ter cobrado nos últimos 12
meses un dereito social. Todo isto xunto con permanecer inscritos
ininterrompidamente como demandantes de emprego.
Con
todos estes requisitos a previsión é que haxa unhas 309.760 persoas
beneficiarias en todo o Estado español. Unhas limitacións
coas que o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, considera que se está
é a deixar a miles de persoas sen ningún tipo de prestación e o
que é peor, sen solucionar o problema real de pobreza e exclusión
social existente.
Lembra
que segundo os últimos datos publicados polo INE, referidos ao mes
de outubro, só en Galiza hai un total de 117.031 persoas que non
cobran ningunha prestación e denuncia que atendendo a todos eses
requisitos, a maioría seguirán sen ter dereito a axuda de ningún
tipo.
Salienta
ademais que nin sequera para quen cumpra eses requisitos será unha
saída real, porque “nada indica que as circunstancias económicas
vaian cambiar en breve e é moi difícil que esas persoas, paradas de
longa duración, vaian conseguir un contrato laboral en 6 meses, polo
que transcorrido ese tempo volverán estar sen ingreso ningún”.
A
isto engade que tampouco será abondo a contía económica prevista,
400€ que asecende a 456€ se ten a máis de 3 persoas ao seu
cargo. “Exclúese a quen non teña cargas familiares, para quen xa
sería unha cantidade insuficiente, pero para quen as teña vai ser
imposíbel sobrevivir con eses 456€”.
Renda
de Inserción Laboral
Por
iso, fronte a isto, a CIG aposta pola creación dunha Renda de
Inserción Laboral. Unha proposta que xa figuraba entre as recollidas
na ILP impulsada pola central sindical, que foi debatida o pasado mes
de xuño no Parlamento de Galiza e rexeitada cos votos en contra do
Partido Popular.
O
secretario xeral da CIG sinala que esta Renda de Inserción Laboral
estaría dirixida a todas as persoas desempregadas que non cobraran
ningún tipo de prestación, cunha contía mínima igual ao Salario
Mínimo Interprofesional (SMI) e con carácter indefinido, mentres
non se atope emprego.
A
isto engade que a CIG entende que esta prestación tería que vir
acompañada por un proceso de atención personalizada no que se
elaborara un itinerario con todas aquelas medidas necesarias para
garantir a reincorporación ao mercado laboral das persoas
beneficiarias.
Mesa Xeral de Negociación o vindeiro venres 12 de decembro
O Concello acaba de convocar unha Mesa Xeral de Negociación para este venres coa intención de falar da Oferta de Emprego Público do ano 2014, (non está mal, tendo en conta que estamos en decembro de 2014) coma sempre dubidamos se pretende negociar algo, ou simplemente "dar conta" que é a que nos ten acostumados. Temos serias dúbidas tamén de que isto afecte a persoal laboral mais darémosvos conta unha vez que transcorra o encontro da postura do Concello con respecto a este tema.
Botamos máis en falta a reunión da Comisión Negociadora do convenio pendente desde hai meses, mais polo visto, esta non é unha das prioridades do goberno municipal.
Etiquetas:
convocatorias,
Mesa Xeral,
OPE
04/12/14
Un convenio ou un negocio?
A estas alturas do ano e con 21 000 euros gastados na empresa Galivalia xa dubidamos se o que ía ser o novo convenio para o persoal laboral é tal ou un negocio, porque o único "convenio" aprobado por este goberno municipal do PSOE e por José Ramón García Vázquez, logo de levar tres anos co seu denunciado o persoal laboral, foi o que beneficia a unha empresa privada que doce meses despois nin foi quen de elaborar unha Relación de Postos de Traballo nin de asesorar ao goberno para que acordase un convenio co persoal laboral, xa que o vixente cumpre o ano que vén 10 anos sen modificación nin mellora ningunha para os traballadores, tan só cos empeoramentos que as diversas reformas estatais impuxeron e que non se dubidaron en aplicar desde o primeiro momento.
A pesar de que nos últimos meses parecía que houbo de atisbo de vontade de continuar coas negociacións dun novo convenio segundo decorre o tempo sen novas sobre este tema parece que todo foi un espellismo, unha mágoa porque era a última oportunidade, un ano máis, deste goberno municipal de recuperar a credibilidade e deixar a un lado as trapalladas as que xa nos acostumou ao longo destes tres anos e de demostrar que efectivamente durante moitos anos as cousas fixéronse fatal en materia de persoal e mesmo este goberno municipal o fixo así mais que se decata de que non é normal nin xusto porque sempre se fixese así. E á vista do que fixo a empresa que contrataron para estes temas mellor sería ter aumentado a partida de persoal, de axudas sociais ou destinalo aos traballadores en vez que pagarlle mil oitocentos euros ao mes a quen non pasou polo Concello nin unha vez ao mes na maior parte dos casos.
Por todo isto, a CIG instou ao Comité a que lle amosase ao Concello, unha vez máis, e van tropecentas, a súa clara vontade de negociación e instalo a continuar coas negociacións do convenio colectivo con urxencia, indicándolle o que vos relatamos abaixo, agora, e coma sempre, a pelota está no tellado do Concello que é quen, a fin de contas, decide se quere negociar ou ignorar ao seu persoal.
"Logo de que a última Comisión Negociadora do convenio colectivo
tivese lugar o pasado 22 de setembro, hai máis de dous meses, e de
que despois doutra reunión este Comité entregase con data do 31 de
outubro unha proposta con respecto á documentación entregada polo
Concello con posterioridade e de que na actualidade, xa a comezos de
decembro, sigamos sen ter absolutamente ningunha resposta con
respecto á proposta presentada hai máis un mes nin información
ningunha sobre a negociación do convenio colectivo, o Comité de
Empresa do persoal laboral do Concello de Betanzos acordou na súa
reunión ordinaria do mes de novembro,
COMUNICARLLE
QUE:
- Solicitamos que se retome a negociación do convenio con urxencia e e cunha intención clara de negociar sen deixar transcorrer máis tempo.
- Solicitamos que o Concello cumpra os prazos e achegue os textos en tempo e forma de cara a poder estudalos polo miúdo e non demore máis a frecuencia das reunións da Comisión Negociadora do Convenio colectivo, se quere demostrar unha verdadeira intención negociadora cos representantes do persoal laboral desta Administración."
Negociacións Convenio Colectivo
O Regulamento esquecido... intencionadamente?
Na reunión do pasado mes do Comité de Empresa a CIG propuxo continuar instando ao goberno municipal a que negocie un novo Regulamento de Axudas Sociais, basicamente porque durante máis de dous anos o concelleiro de Persoal e mesmo nunha reunión o propio alcalde admitiron que non habería problema por aplicar uns criterios sociais que resultasen máis xustos no reparto das axudas, durante estes anos, a pesar de amosar esa actitude non foron quen de convocar por este tema nin unha soa vez a Mesa Xeral de Negociación, de aí que decidísemos volver a insistir para que o goberno municipal demostre dunha vez que de verdade lle interesa este tema ou que lle mentiu dun xeito descarado e unha vez máis aos representantes dos traballadores, de aí que o Comité lle comunicase por rexistro o seguinte:
Este Comité de Empresa amosou en múltiples ocasións a súa
vontade negociadora para iniciar o proceso de cara a poder dotar ao
persoal laboral deste Concello dunhas bases de axudas sociais cun
reparto máis xusto e que se baseen en criterios verdadeiramente
sociais, máis aínda tendo en conta os anos de recortes salariais
que levamos anos padecendo os empregados públicos, primeiro coa
baixada do 5% e logo coa supresión da paga extraordinaria do ano
2012 e máis aínda a situación salarial da maior parte do persoal
laboral deste Concello con retribucións inferiores ás do
funcionariado con similar categoría e posto mais, contrariamente,
cun reparto igualitario deste tipo de axudas, que fan máis
necesarias ca nunca este tipo de axudas. Por todo isto queremos
solicitarlle ao goberno municipal que inicie as negociacións dun
novo regulamento de axudas sociais de cara a poder aplicalo con
plenos efectos para o ano 2015.
Regulamento de Axudas Sociais
Temas pendentes
Son moitos os temas pendentes sobre os que nos preguntan os distintos compañeiros e compañeiras do Concello mais desde a CIG queremos que quede claro que levamos semanas agardando por unha reunión co concelleiro de Persoal para porlle enriba da mesa varias cuestións que non dá chegado. Hoxe, o Comité de Empresa rexistrou unha nova petición con respecto a este tema, a ver se se cumpre un dos nosos desexos para este Nadal, que o concelleiro de Persoal Diego Fernández, nos reciba e informe sobre os temas que lle preocupan ao persoal laboral.
Reunión Concelleiro de Persoal
Etiquetas:
Comité de Empresa,
goberno municipal,
información,
reunións
Información sobre as horas extraordinarias: tarde, mal e arrastro
Que ao Concello de Betanzos lle custa informar aos representantes do persoal e achegar a documentación á que ten dereito non é nada novo, que cada vez neste Concello se fan máis horas extras porque o goberno municipal se nega a cubrir nin un só dos máis de vinte postos libres da Relación de Postos de Traballo tampouco é novo mais o triste é que cada vez é menos novo que se acaba a partida de cartos das horas extraordinarias cando faltan varios meses para acabar o ano, iso si que denota un grave problema.
É un grave problema porque no momento que se solicita que se fagan horas extras o primeiro é informar de que non hai cartos para pagalas, e é un grave problema porque se pagan como extraordinarios traballos que non o son e cando haxa que facelos efectivamente os departamentos afectados non poderán cobrar por horas que teñen a obriga de facer se se debe a unha situación verdadeiramente extraordinaria, e extraordinarios non son traballos relacionados coa embarcación municipal, coa limpeza viaria, coas festas ou actividades, todo iso non é extraordinario porque é algo previamente programado, por tanto, se hai necesidade en determinados postos de realizar eses traballos iso debe constar en cada un dos postos, nas súas retribucións e características e non tirarse dunha partida orzamentaria para situacións extraordinarias, para que logo, cando estas cheguen non haxa cartos.
Van dous meses que o Concello non lle entrega ao Comité de Empresa a información correspondente ás horas extraordinarias, por iso hoxe, por iniciativa da CIG rexistrou, unha vez máis, unha solicitude con respecto a isto que vos deixamos abaixo e que na que se lle require ao Concello o seguinte:
Que o Concello lle entregue ao Comité de Empresa a relación de
horas extras correspondente ao mes de outubro e novembro de 2014,
tal e como é preceptivo e como o propio asesor xurídico do
Concello informou que se debe facer mensualmente.
Que o Concello lle entregue ao Comité de Empresa unha relación co
importe das horas extras de todo o persoal laboral do Concello de
Betanzos, debido a que as horas extras se cobran segundo o salario e
en ningún documento público está reflectida os euros/hora de cada
un dos postos de traballo.
Que o Concello especifique os criterios de compensación
económica ou en tempo das horas extraordinarias, á vista de que os
criterios utilizados poderían ser discriminatorios e hai persoal ao
que constantemente se lle denega o cobro a pesar de estar en
situación semellante á outro ao que constantemente se lle paga.
Que o Concello de Betanzos deixe de incumprir o acordado no convenio
colectivo canto ao cobro de horas extras e cese na discriminación
que supón o pagamento de gratificacións a unha parte do persoal e
o pagamento de horas extras propiamente a outra parte, o que impide,
ademais, vixiar o cumprimento da normativa vixente no relativo ao
número máximo de horas extras realizadas anualmente por
determinados traballadores.
Que o Concello de Betanzos lle entregue a este Comité de Empresa
toda a información mencionada e a necesaria para vixiar o
cumprimento da lexislación vixente no relativo á realización de
horas extraordinarias do persoal laboral.
Horas Extraordinarias Pendentes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)