15/02/17

Pola recuperación dos dereitos laborais e sociais roubados


A CIG chama á mobilización para recuperar dereitos laborais e sociais roubados coa escusa da crise. Convoca protestas nas sete cidades e Vilagarcía o mércores e manifestacións en Pontevedra, Vilagarcía e na Estrada o venres.

A CIG convoca para o día 15 mobilizacións, en todas as comarcas, pola recuperación dos dereitos perdidos en materia de contratación, xornada, despedimentos, negociación colectiva, prestacións por desemprego, de Seguridade Social e mesmo de liberdades públicas. Unha campaña que se iniciou coa manifestación nacional en defensa do sistema público de pensións e que ten como obxectivo presionar ao parlamento español para que todas as contrarreformas impostas, fundamentalmente polo PP, so pretexto da crise sexan derrogadas.

Mobilizacións do mércores 15 de febreiro:
  • A Coruña: concentración no Obelisco ás 20.00 horas.
  • Santiago: manifestación dende a Praza Roxa ás 20.00 horas.
  • Lugo: concentración na Subdelegación do Goberno ás 20.00 horas.
  • Ourense: asemblea de delegadas/os ás 10.00 horas e concentración na Subdelegación do Goberno ás 11.30 horas.
  • Pontevedra: asemblea de delegados/as ás 10.00 horas e concentración na Subdelegación do Goberno ás 12.00 horas.
  • Vilagarcía: asemblea de delegados/as ás 10.00 horas e concentración na oficina do Inem ás 12.00 horas.
  • Vigo: manifestación dende a Dobrada ás 20.00 horas.
  • Ferrol: cadea humana dende o INSS ás 11.30 horas.
Mobilizacións do venres 17 de febreiro:

  • Pontevedra: dende a Praza da Ferrería ás 20.00 horas.
  • Vilagarcía: dende a Casa do Mar ás 20.00 horas.
  • A Estrada: dende a Praza do Mercado ás 20.00 horas.
A central sindical nacionalista acordou pór en marcha esta campaña para aproveitar o cambio de circunstancias políticas, cun Partido Popular gobernando sen maioría absoluta, o que permite que se formulen proxectos de lei dirixidos a derrogar todas esas reformas que se fixeron. Entendemos que é o momento de presionar ao goberno para que se lexisle no camiño de recuperar estes dereitos perdidos. Sabemos que o goberno, por propia iniciativa, non o vai facer, porque o que fixo até o de agora en materia de política económica e sociolaboral responde ao modelo ideolóxico do PP.


Para a CIG é imprescindíbel a mobilización social para animar aos grupos da cámara da oposición a que se tomen en serio promover proxectos de lei que nos permitan restituír aqueles dereitos que nos recortaron e ir cara un modelo de relacións laborais que sirva realmente para mellorar as nosas condicións de traballo e de vida e non cara o modelo que se camiñou con estas reformas que pretende precisamente precarizar, recortar dereitos e minimizar o poder reivindicativo pola vía de flexibilizar moito máis as condicións laborais, individualizalas e  matar a capacidade de defensa colectiva dos intereses da clase traballadora.

Pobreza laboral

A CIG denuncia que as consecuencias destas reformas estanas vivindo hoxe a clase traballadora moi directamente porque perdeu poder adquisitivo, condicións laborais e mesmo estabilidade no emprego. Xerou moita máis división dentro da clase traballadora. Está creando unha masa de traballadores/as que se incorporaron ao mercado laboral con bastante peores condicións que as que tiña a xeración anterior.

Nese sentido alerta de que a figura do asalariado pobre hoxe é unha realidade. Normalmente a xente que tiña un emprego, tíñao nunhas condicións laborais que lle permitían ter unha vida minimamente digna, dependendo do sector no que traballara mellor ou peor. Pero desde logo iso de asalariado e pobreza, non estaba asociado como comeza a estar agora, sobre todo no caso dos mozos e mozas que se incorporan ao mercado laboral, cunha precariedade absoluta.

Unha realidade que hai que combater

Para a CIG o máis grave é que esta nova realidade laboral “vén para quedarse” e que todas as reformas que se fixeron “non tiñan un carácter conxuntural”, para superar a crise económica, se non “vocación de permanencia para que iso sexa o mercado laboral e as relación laborais de futuro”.

Por iso fai un chamamento a enfrontar esta situación e mobilizarnos para exixir precisamente que se lexisle, agora que o PP está en minoría, para recuperar eses dereitos e crear unas condicións laborais minimamente dignas para a clase traballadora.

Fuxir da pasividade

Nese chamamento á mobilización, a CIG incide tramén na necesidade de superar a pasividade pensando que os grupos parlamentares da oposición van traballar nese sentido. Iso é ser moi optimistas porque en teoría hai grupos que se teñen manifestado en contra destas reformas laborais e a favor da súa derrogación, pero de momento non están facendo un grande traballo que nos anime a pensar que iso se vai conseguir de inmediato. Por iso entende que a única maneira de chamar a atención e forzar a todos os grupos para que teñan esta cuestión como prioritaria é a da contestación social.

Do mesmo xeito agarda que as outras organizacións sindicais maioritarias se poñan a traballar no mesmo camiño porque unha cousa son as grandes declaracións dos seus líderes, mesmo por momentos moi radicalizadas, e outra a súa práctica, porque non están facendo nada. Están mantendo unha actitude pasiva.

Por iso nese chamamento incluíu a estas organizacións sindicais, entendendo que aquí hai que intentar acumular forzas e cantos máis saiamos á rúa exixindo a derrogación desas reformas, moito mellor.

Actualizado o Código de Prevención de Riscos Laborais. XUÑO 2016


A Axencia Estatal do Boletín Oficial do Estado publicou a data 24 de xuño de 2016 a última actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais. Este código, que recompila toda a lexislación vixente en materia de Prevención de Riscos Laborais aplicable no dereito español desde normas consolidadas -incluíndo todas as súas redaccións desde o texto orixinal até a versión vixente, é actualizado periodicamente.  

Rehabilitación e reincorporación ao traballo logo do cancro


Informe elaborado pola Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo que proporciona unha revisión de literatura científica relevante na materia, dirixido a recoller información sobre iniciativas existentes, políticas e prácticas en rehabilitation e regreso ao traballo logo de ter sufrido cancro e reunir exemplos de intervencións exitosas.


Cada ano en torno a 1,6 millóns de persoas en idade activa en Europa se lles diagnostica un cancro. O informe da EU-OSHA reflexiona sobre o impacto desta situación en traballadores e empresas, indicando a necesidade de facer máis para facilitar a sustentabilidade laboral dos traballadores que sobreviven ao cancro, tanto para promover o benestar deste grupo vulnerable como para reducir o impacto social e económico aparellado.  

Cancro ocupacional

A Institution of Occupational & Health (IOSH) lanzou a campaña “No time to lose” ("Non hai tempo que perder") para concienciar sobre o cancro ocupacional como un problema de saúde importante para os traballadores no Reino Unido e internacionalmente e para suxerir algunhas solucións para abordar o problema.

O equipo de investigación dirixido pola Dra. Lesley Rushton, do Imperial College de Londres, relacionou milleiros de mortes por cancro con diferentes ocupacións. O cancro causado polo que a xente fai no traballo non é nada novo. En toda a UE, 1 de cada 5 traballadores enfróntase a un risco de cancro profesional. En todo o mundo, o número de persoas que morren por un cancro causado polo traballo supera con fartura aos que morren por accidentes de traballo.

Estímase que polo menos 666.000 persoas morren cada ano por este motivo. O asbesto é o carcinógeno máis coñecido. Estímase que 10 millóns de persoas en todo o mundo morrerán como resultado da exposición ao amianto antes de que se controle completamente. Pero hai moitas outras exposicións carcinógenas que causan cancro  -máis de 50 sustancias enuméranse como causas coñecidas ou probables de cancro no lugar de traballo-.


La Institution of Occupational & Health (IOSH) ha lanzado la campaña "No hay tiempo que perder" para concienciar sobre el cáncer ocupacional como un problema de salud importante para los trabajadores en el Reino Unido e internacionalmente y para sugerir algunas soluciones para abordar el problema.

Máis info en www.cigsaudelaboral.org.

Abrindo camiños n.º 54. Febreiro 2017

Neste novo número do voceiro da Sección sindical da CIG, que distribuímos hai uns días entre o persoal laboral, atoparás información sobre o convenio colectivo, as comisións de persoal, o contrato da empresa para a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo, os problemas da falta de persoal na Escola Infantil Municipal e no Servizo de limpeza municipal, a solicitude das axudas sociais correspondentes ao ano 2016, e unha nova denuncia na Inspección de Traballo, entre outros.

Nova solicitude do Comité de Seguridade e Saúde, un organismo polo que o goberno municipal amosa nulo interese

A pesar de que están sendo moitos os esforzos dos delegados sindicais por lle dar un pulo ao tema da seguridade no traballo e da saúde laboral o goberno municipal teima en deixar estas cuestións de lado e segue dilatando as reunións correspondentes. Isto non é o peor, tal e como lle transmitiu a representación do Comité de Empresa ao concelleiro de Persoal, o peor é a ineficacia, falta de información e de avances na cuestión dificultada por unha mutua que entendemos que ten unha xestión deficiente cando menos con este Concello porque chega a compromisos de envío de informacións nas reunións correspondentes do Comité de Seguridade e Saúde que non é quen nin de cumprir en tres meses. Non obstante, o Concello de Betanzos é o que ten contratada a mutua, por tanto, a responsabilidade última é do goberno municipal por seguir permitíndolle á mutua contratada os continuos incumprimentos. Ademais, moitos compañeiros se teñen queixado da pésima xestión no caso das baixas, polo que este é un tema que vén de lonxe e que non ten a ver só co tratado nos Comités de Seguridade e Saúde Laboral.

Con respecto á praza de persoal técnico para a atención do Museo das Mariñas

A pasada semana a CIG achegou unha serie de consideracións con respecto á praza de persoal técnico para a atención do Museo das Mariñas de Betanzos que vos deixamos a continuación:

02/02/17

A CIG-Área Pública exixe a convocatoria da Mesa Xeral de Negociación das Administracións

A central vén de transmitirlle á Secretaría de Estado de Función Pública o seu malestar pola falta de información

A Área Pública da CIG vén de transmitir a súa protesta e malestar a Elena Collado, secretaria de Estado de Función Pública, dependente do Ministerio de Facenda, pola “falta de comunicación e información” que ten a CIG malia ter presenza na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas e nas distintas mesas de negociación sectoriais.

Na comunicación remitida sinala que tivo constancia, a través de diversos medios de comunicación, das xuntanzas que se están a realizar con organizacións sindicais que tamén están presentes na Mesa Xeral. “Noticias nas que se fala de que o goberno e os sindicatos están tratando temas como a suba salarial dos traballadores e traballadoras das administración públicas, emprego público…”

Diante disto a CIG lembra que tal e como se acordara na última xuntanza da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Publicas, celebrada o pasado día 29 de xuño de 2016, remitiu xa daquela propostas, suxerencias e consideracións en materia de Función Pública de cara á futura Lei de Orzamentos Xerais do Estado para este año 2017.  Porén, afirma, “a data de hoxe só nos consta que por  parte de Función Pública foron recibidas, sen ter ningunha outra comunicación nin resposta ás propostas que enviamos. 


Por iso exixe a convocatoria da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas na que se acometan e negocien as demandas laborais , as melloras oportunas para a correcta prestación dos servizos públicos así como a continuidade dos mesmos”. Servizos públicos que, subliña, se atopan nun grave deterioro como consecuencia das súas propias políticas. 

"Animo as traballadoras que sofren acoso a que denuncien e loiten polos seus dereitos e a dignidade" Entrevista a Isabel Coto, traballadora que gañou un xuízo contra El Corte Inglés por acoso laboral e sexual

O caso de Isabel Coto constitúe un exemplo para as mulleres que sofren unha situación de acoso laboral e sexual no seu traballo. Farta de sentir medo e de que pisaran os seus dereitos, decidiu loitar para recuperar a dignidade, aínda que iso supuxera enfrontarse a unha grande empresa como El Corte Inglés. Agora, unha sentenza do Social 3 da Coruña dálle a razón e marca o camiño fronte á impunidade na que adoitan quedar estes comportamentos no ámbito empresarial.

Os teus problemas na empresa comezaron co traslado ao centro de traballo de Altamira. Cando fuches consciente de que o trato do teu novo xefe excedía o estritamente cordial?

Cando comezou a facerme preguntas íntimas. Ao principio sorprendíame un pouco porque me parecía que era demasiado íntimo, pero pensei que era un trato cordial, non estaba desconfiada nin era consciente do que podía ser. Cando nos atopamos no despacho e me tocou o pelo e logo as costas xa me din conta de que iso era unha actitude sexual. A segunda vez ao saír do despacho, xa me tocou o cu. Aí xa lle puxen freo, deixando claro que baixo ningún concepto ía consentir ese comportamento, que se estaba equivocando e que mantivera as distancias. Iso debeu ser aos catro meses do traslado.

A EGAP publica a súa oferta formativa para o ano 2017

No DOG do 02/02/2017 publícase unha Resolución pola que se publica o Plan de formación e o programa de autoformación para o ano 2017 do persoal das administracións territoriais, institucionais e entes instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e da administración local e servizos (PAS) das tres universidades galegas.
A execución das accións especificadas no anexo a esta resolución levarase a cabo de conformidade co crédito orzamentario dispoñible e co estipulado en cada convocatoria. Para acceder ás accións formativas recollidas neste plan os empregados públicos deberán formalizar a súa matrícula unha vez publicadas as correspondentes convocatorias no Diario Oficial de Galicia.