A Institution of
Occupational & Health (IOSH) lanzou a campaña “No time to
lose” ("Non hai tempo que perder") para concienciar sobre
o cancro ocupacional como un problema de saúde importante para os
traballadores no Reino Unido e internacionalmente e para suxerir
algunhas solucións para abordar o problema.
O equipo de investigación
dirixido pola Dra. Lesley Rushton, do Imperial College de Londres,
relacionou milleiros de mortes por cancro con diferentes ocupacións.
O cancro causado polo que a xente fai no traballo non é nada novo.
En toda a UE, 1 de cada 5 traballadores enfróntase a un risco de
cancro profesional. En todo o mundo, o número de persoas que morren
por un cancro causado polo traballo supera con fartura aos que morren
por accidentes de traballo.
Estímase que polo menos
666.000 persoas morren cada ano por este motivo. O asbesto é o
carcinógeno máis coñecido. Estímase que 10 millóns de persoas en
todo o mundo morrerán como resultado da exposición ao amianto antes
de que se controle completamente. Pero hai moitas outras exposicións
carcinógenas que causan cancro -máis de 50 sustancias
enuméranse como causas coñecidas ou probables de cancro no lugar de
traballo-.
La Institution of
Occupational & Health (IOSH) ha lanzado la campaña "No hay
tiempo que perder" para concienciar sobre el cáncer ocupacional
como un problema de salud importante para los trabajadores en el
Reino Unido e internacionalmente y para sugerir algunas soluciones
para abordar el problema.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario