A
central vén de transmitirlle á Secretaría de Estado de Función
Pública o seu malestar pola falta de información
A
Área Pública da CIG vén de transmitir a súa protesta e malestar a
Elena Collado, secretaria de Estado de Función Pública, dependente
do Ministerio de Facenda, pola “falta de comunicación e
información” que ten a CIG malia ter presenza na Mesa Xeral de
Negociación das Administracións Públicas e nas distintas mesas de
negociación sectoriais.
Na
comunicación remitida sinala que tivo constancia, a través de
diversos medios de comunicación, das xuntanzas que se están a
realizar con organizacións sindicais que tamén están presentes na
Mesa Xeral. “Noticias nas que se fala de que o goberno e os
sindicatos están tratando temas como a suba salarial dos
traballadores e traballadoras das administración públicas, emprego
público…”
Diante
disto a CIG lembra que tal e como se acordara na última xuntanza da
Mesa Xeral de Negociación das Administracións Publicas, celebrada o
pasado día 29 de xuño de 2016, remitiu xa daquela propostas,
suxerencias e consideracións en materia de Función Pública de cara
á futura Lei de Orzamentos Xerais do Estado para este año 2017.
Porén, afirma, “a data de hoxe só nos consta que por parte
de Función Pública foron recibidas, sen ter ningunha outra
comunicación nin resposta ás propostas que enviamos.
Por
iso exixe a convocatoria da Mesa Xeral de Negociación das
Administracións Públicas na que se acometan e negocien as demandas
laborais , as melloras oportunas para a correcta prestación dos
servizos públicos así como a continuidade dos mesmos”. Servizos
públicos que, subliña, se atopan nun grave deterioro como
consecuencia das súas propias políticas.
Máis info en www.autonomica.cigadmon.gal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario