23/02/21

Resumo da Mesa Xeral de Negociación (23/02/2021): capítulo I dos orzamentos 2021

 Na Mesa Xeral de Negociación de hoxe aprobouse o capítulo I dos orzamentos 2021 do Concello de Betanzos cos votos a favor da UGT e CSIF e a abstención da CIG.

A CIG explicou o sentido da súa abstención ao entender que realmente nesa Mesa non se negociaba nada, xa que os orzamentos só supoñen a execución dos acordos vixentes na Lei de orzamentos do Estado para o incremento retributivo do 0,9%, na Relación de Postos de Traballo e no Convenio colectivo en vigor e indicou, ademais, unha serie de erros e advertencias no documento sen a certeza de que se vaian corrixir antes da aprobación final do orzamento, tendo en conta que o pleno vai ter lugar este venres 26 de febreiro. 

O concelleiro de Persoal indicou que este orzamento supón un incremento de 273 917,54 euros con respecto ao do ano 2020 e que este incremento é o necesario para o incremento do 0,9% que recolle a LOE 2021 e a aplicación da Relación de Postos de Traballo en vigor. Por tanto, o incremento da partida de persoal irá destinado fundamentalmente ao incremento salarial do persoal funcionario con melloras tras a aprobación da RPT e queda moi moi lonxe daqueles pouco máis de 60 000 euros que custara a implantación do Convenio colectivo no 2017 e que só lle afectaba ao persoal laboral.

A maiores, neste orzamento, algo máis de 1 300 000 euros van destinados aos salarios do persoal laboral fronte aos algo máis de 1800 000 euros destinados aos salarios do funcionariado que son case a metade que o persoal laboral, e que demostran a discriminación salarial existente. Xunto a estes datos, o capítulo I inclúe 100 000 euros para gratificacións e horas extraordinarias, 25 000 euros para produtividade e 30 000 euros para axudas sociais.

O Concello xustificou que os anexos non recollesen as denominacións dos postos da RPT vixente porque seica o programa informático non o permite, non obstante a CIG apuntou algúns casos nos que si que se recollía a denominación actual fronte á antiga, e que, por tanto, esa explicación non era útil para a totalidade da documentación

Logo da previsible aprobación inicial do orzamento este venres no pleno e da súa publicación no BOP, abrirase un prazo de alegacións, que deberán ser resoltas antes da aprobación definitiva. No momento en que a aprobación definitiva se publique no Boletín Oficial da Provincia, e segundo informou o concelleiro de Persoal, poderanse aplicar os novos salarios recollidos, mais este procedemento é independente do proceso de adscrición provisional e definitiva das prazas que seica xa está en curso no momento actual.

Mesa Xeral de Negociación(23/02/2021): erros advertidos pola CIG e quenda de intervencións

A CIG advertiu na Mesa Xeral de Negociación da existencia dos seguintes erros na documentación entregada do capítulo 1 do orzamento 2021 do Concello de Betanzos:

1. No caso dos postos do persoal que ten praza na RPT e eran do GRUMIR, os nomes dos postos que aparecen neste anexo non se corresponden cos nomes dos postos da RPT, xa que na RPT non hai nin peóns do GRUMIR nin capataz GRUMIR.

2. Detectamos que falta o posto 03.02.02/04.02.02 da RPT correspondente a unha arquitecta laboral e o posto 07.01.01 condutor da RPT e o posto 05.01.01.01 de administrativo de Servizos Sociais.

3. Detectamos que falta o grupo profesional e o nivel nos seguintes postos: auxiliares da Policía local, condutor guindastre, obradoiros de emprego, profesores conservatorio, profesores baile e gaita. A totalidade dos postos do persoal laboral deben estar encadrados nun grupo profesional e un nivel, como indica o propio convenio colectivo e que na actualidade vén determinado pola titulación de acceso ao posto.

4. Existe un erro no grupo e no nivel do técnico informático e do encargado electricista, que está no grupo C1 e III respectivamente cando deberan estar no B e no II.A segundo o que indica a RPT en vigor. Tamén consideramos que debido a unha sentenza de reclasificación xa non hai un posto que se denomine locutor de radio mais si animador sociocultural. Tamén detectamos que o grupo do encargado de limpeza no anexo aparece como III e na RPT como V, o que supón unha variación orzamentaria.

5. Igualmente, neste anexo de funcionarios aparecen os seguintes nomes de postos que non existen na RPT, non hai unha coincidencia, por tanto, na denominación dos postos da RPT e dos anexos de persoal nos seguintes casos:

ANEXO I                                              RPT

Unidade de licenzas                              Administrativo/a

Auxiliar de planeamento e catastro      Administrativo/a

Arquiveiro                                              Director biblioteca/museo/arquivo

Unidade persoal e contratación             Administrativo/a

Unidade bens e servizos                      Administrativo/a

Secretaria Alcaldía                                Administrativo-secretario/a Alcaldía

Auxiliar bens e servizos                        Administrativo/a

Unidade de secretaría e actas              Administrativo/a

Unidade de estatística                          Administrativo/a

Condutor-alguacil                                 Administrativo/a

Auxiliar persoal e contratación              Administrativo/a

Contabilidade                                       Administrativo/a

Administrativo área económica          Administrativo/a

Adxunto tesouraría                              Administrativo/a

6. Canto ao persoal do Conservatorio observamos os erros que comentamos a continuación: só aparece o grupo profesional en dous postos, do persoal que está contratado de xeito anual e non cobra por horas, cando realmente son 4 os profesores que están contratados durante todo o ano cobran por convenio. Tamén detectamos que as retribucións no caso do persoal que cobra por horas está mal, xa que non se corresponde co número de horas que teñen no contrato actual e descoñecemos se se inclúen as retribucións do verán no caso do persoal indefinido. Por outro lado, descoñecemos o motivo polo que só se especifica a denominación do profe dunha especialidade "guitarra" cando o único posto que existe na RPT é o profesor de "percusión" cuxo posto non vén nomeado na RPT como no anexo.

7. Finalmente, e polo que respecta ao persoal da Escola de Folclore os nomes dos postos non son correctos, xa que na actualidade hai unha profesora de baile, un profesor de percusión e gaita e unha profesora de pandeireta e canto. Neste caso tamén queremos preguntar, e non que atinxe aos postos do persoal contratado por horas con sentenza de indefinición, se o Concello contempla os salarios no verán.

8. Non entendemos porque no caso do persoal funcionario se desagregan todos os complementos, e tampouco sabemos en cal se inclúe o CPT nin cal é a contía deste complemento que se creou derivado da RPT e, pola contra, no persoal laboral se inclúen todo en "outras remuneracións".

Na quenda de intervencións a CIG preguntou cando se incorporaría na nómina a suba do 0,9%, cando se efectuaría a convocatoria das axudas sociais do ano 2020, que vai moi atrasada, cal é a previsión de reincorporación ao traballo presencial logo que a Xunta anunciase as novas medidas e solicitou de novo que reunise a Comisión paritaria do Convenio colectivo do persoal laboral o Comité de Seguridade e Saúde e a Mesa Xeral de Negociación para a negociación do regulamento do rexistro da xornada, a produtividade e o teletraballo e información sobre o contrato adxudicado para o inicio do proceso de consolidación e a convocatoria das axudas sociais 2020.

Documentaciópn da Mesa Xeral de Negociación (23/02/2021): cadro do persoal 2021, bases de execución e orzamento


 



Documentación da Mesa Xeral de Negociación (23/02/2021): anexo de persoal laboral


Documentación da Mesa Xeral de Negociación (23/02/2021): anexo de persoal funcionario


19/02/21

Data na que deben fixarse os efectos económicos derivados do procedemento xudicial de determinación de continxencia, recoñecida en vía administrativa como enfermidade común e cualificada como derivada de accidente de traballo no proceso xudicial

 

A cuestión a resolver é a de establecer a data na que deben fixarse os efectos económicos derivados do procedemento xudicial de determinación de continxencia da prestación de incapacidade temporal, recoñecida en vía administrativa por enfermidade común e cualificada como derivada de accidente de traballo no proceso xudicial. Isto é, se ten que retrotraerse a data do feito causante e recoñecemento da incapacidade temporal, ou ten que ser a dos tres meses anteriores á presentación da solicitude de determinación de continxencia

Aínda que os efectos económicos das prestacións de seguridade social xéranse na data do feito causante se a solicitude presentouse nos tres meses seguintes, e con esa mesma retroacción máxima dende a solicitude que se cursou unha vez transcorrido tal prazo, tal previsión, contida no artigo 53.1 da LXSS, non se aplica ao subsidio de IT, xa que esta prestación áchase protexida polo principio de automaticidade e rexida polo principio de oficialidade, o que fai innecesaria a expresa presentación dunha solicitude para xerar o dereito á súa percepción.

Con todo, esta regra creba cando se discute a etiología das doenzas das que deriva a IT, e o traballador/a presenta unha solicitude de determinación de continxencia para discutir a cualificación de enfermidade común atribuída pola entidade xestora, achegando toda a proba necesaria para acreditar os elementos de xuízo controvertidos que acrediten a natureza profesional das doenzas.

Neste contexto, non pode aplicarse o principio de oficialidade, ao ter o traballador/a a obrigación de colaborar documentalmente na xestión da continxencia formulando a correspondente solicitude, o que obriga a limitar os efectos económicos derivados do recoñecemento desta pretensión aos tres meses anteriores á data en que aquela se presente.

Ligazón á Sentenza do TribunalSupremo


O Supremo ratifica a nulidade do acordo polo que o Goberno de Lugo pretendía suprimir o límite de horas extras do pesoal funcionario

 A CIG opúxose por afondar no abuso dos servizos extra e a falta de control sobre a súa prestación

A sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo vén de emitir sentencia desestimando o recurso de casación presentado polo Concello de Lugo. Deste xeito, a xustiza dá a razón novamente á CIG no longo proceso xudicial iniciado aló polo ano 2016, en relación á eliminación do límite para a realización de horas extraordinarias polas funcionarias e funcionarios desta administración municipal.

Na mesa xeral de negociación celebrada o 7 de marzo de 2016, aprobouse a modificación do Regulamento Interno do Persoal Funcionario do Concello de Lugo que, entre outras cousas, supoñía a eliminación do límite na realización de horas extras para o persoal funcionario do Concello de Lugo, co único voto en contra da CIG.

Dende a sección sindical da CIG subliñan que, tal e como ten expresado en numerosas ocasións, "un dos obxectivos e razón de ser fundamentais da Administración Pública é ofrecer servizos públicos de calidade á cidadanía", para o cal é requisito fundamental ter un corpo de traballadoras e traballadores públicos en número suficiente que permita desenvolvelos con eficacia e eficiencia. É misión das organizacións e entidades que actuamos en representación das traballadoras e traballadores públicos velar pola creación de emprego nas Administracións Públicas".

Afondar na distribución irregular dos servizos extras

A eliminación deste límite, ía agravar os problemas que foran denunciados de xeito reiterado pola CIG, co abuso e irregular distribución dos servizos extraordinarios nalgúns servizos municipais, ou a falta de control sobre a efectiva prestación destes. Porén, "o Goberno municipal decidiu naquel momento elevar o acordo acadado na mesa negociadora para a súa aprobación en Xunta de Goberno Local, furtando a posibilidade de debater este asunto co resto de formacións políticas no Pleno, no que lembremos non contaba cunha maioría suficiente que lle permitira levar o acordo cara adiante", sinala a sección sindical.

Esta aprobación foi recorrida pola CIG ao considerar que non se axustaba a dereito, tal e como recoñeceu o xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo en maio de 2018, declarando nulo o acordo da Xunta de Goberno Local por consideralo contrario ao ordenamento xurídico.

Logo desta primeira sentenza favorábel que foi recorrida polo Concello, e mentres o procedemento xudicial avanzaba, o Goberno municipal tentou sen éxito a aprobación deste mesmo acordo polo Pleno. Finalmente, deu marcha atrás nas súas pretensións, elevando ao Pleno en xaneiro de 2019 o proxecto de modificación do Regulamento Interno do Persoal Funcionario do Concello de Lugo, que foi e aprobado nos termos defendidos pola CIG dende un principio, conservando o límite aos servizos extraordinarios.

Nulidade do acordo por invadir competencias do Pleno Municipal

A sentenza do xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo, que xa fora confirmada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, foi agora ratificada polo Tribunal Supremo logo do recurso de casación presentado polo Concello. Na súa sentenza do pasado 25 de xaneiro, o Tribunal Supremo novamente da a razón a CIG na súa demanda, invalidando aquel acordo da Xunta de Goberno Local por invadir competencias que, segundo o alto tribunal, corresponden ao Pleno Municipal, que é quen exerce a potestade regulamentaria.

Este novo revés xudicial ao Concello, que confirma a sentenza en contra do Concello de Lugo, é firme e senta xurisprudencia.

A representación da CIG no Concello de Lugo reitera que "estamos a favor da creación de emprego, non da aprobación sen límite de servizos extraordinarios. Feito que, a día de hoxe, segue a producirse nalgúns servizos baixo a escusa das situacións de forza maior, cando este extremo debera limitarse aos sucesos extraordinarios e imprevistos".

Hai que retomar a negociación

Fronte a esta actuación, defenden a necesidade de retomar a negociación do regulamento de control horario, así como executar, á maior brevidade posíbel, as ofertas de emprego público pendentes de anos anteriores. "A inxusta e dramática diminución de efectivos que está afogando ao noso Concello, coa aplicación nos últimos anos das taxas de reposición, non pode verse agravada pola lentitude na execución dos procedementos selectivos, que fomentan a temporalidade e precarizan a función pública", conclúen.

A CIG esixe que se recoñeza a Covid-19 como enfermidade profesional polo risco de exposición e non pola categoría ou contrato

A central concentrouse na Delegación do Goberno contra o carácter discriminatorio da norma



A CIG concentrouse esta mañá na Delegación do Goberno para esixir que se considere como enfermidade profesional o contaxio de SARS-CoV-2 para todo persoal que traballa na sanidade e no sector sociosanitario que foi privatizado, así como para o persoal  do sector das ambulancias ou o que presta servizos públicos a través de empresas privadas, nomeadamente no sector dos coidados.

Hai que lembrar que o Real Decreto Lei 3/2021 que regula este recoñecemento, resulta discriminatorio ao  excluír da súa aplicación a todos estes colectivos laborais, malia que tamén traballan no sistema publico, só que a súa relación laboral é coas empresas privadas.

"Se as administracións públicas no queren ao persoal das empresas privadas, teñen a solución na súa man: eliminen as privatizacións e subroguen ao persoal dos servizos concesionados", aseverou  María Xosé Abuín, secretaria nacional da Federación de Saúde da CIG, quen promove esta campaña xunto ás federacións de Administración Pública, Servizos, FGAMT e Industria.

A este respecto, subliñou que o virus non distingue entre categorías profesionais nin vínculo laboral  e que a consideración como enfermidade profesional ten que vir determinada pola exposición ao risco de contaxio no posto de traballo. "Esta discriminación que fai o Goberno do Estado é impropio dun goberno que se denomina a si propio de 'progreso', xogando coa saúde dos traballadores e das traballadoras ao aplicar unha norma clasista, que ademais penaliza o persoal máis precarizado como o de axuda no fogar, ambulancias ou os servizos subcontratados dos hospitais".

A norma necesita dun desenvolvemento claro e conciso

Abuín trasladou a preocupación pola redacción do RDL e a súa aplicación e reclamou un desenvolvemento claro e conciso da norma, para evitar que a súa aplicación sexa restritiva ou discriminatoria. Neste senso explicou que se descoñece cales son as instrucións que a administración vai enviar ao servizos de prevención de riscos laborais que serán os encargados de realizar os informes correspondentes nos que se faga constar que, no exercicio da súa profesión, a traballadora ou o traballador estivo exposta/o ao virus SARS-CoV-2.

"Como esa instrución non teña un desenvolvemento profesional a súa aplicación vai ser restritiva e arbitraria, deixando a moitos e moitas profesionais que traballan nos sistemas públicos sen ese recoñecemento", advertiu.

Por iso, a CIG vai iniciar contactos institucionais para conseguir que no proceso de tramitación parlamentaria se modifique o RDL e o seu ámbito de aplicación, e continuará adiante coas mobilizacións para esixir este recoñecemento "porque a covid-19 non entende de categorías nin de contratos".


As traballadoras galegas tardarán un mínimo de 300 anos en conseguir a equiparación salarial cos homes

Corral chama á folga o 8M porque “os dereitos das mulleres non poden estar en corentena”

Desde o ano 2009 a fenda salarial reduciuse en 2,6 puntos porcentuais, o que en termos absolutos equivale a 150 euros menos de diferenza entre os salarios dos homes e das mulleres. De seguirmos a este ritmo, farían falta 300 anos para conseguir a equiparación salarial cos homes. Un tempo que será mesmo insuficiente se non muda a situación provocada pola covid, que expulsou do mercado laboral a miles de traballadoras galegas que se viron obrigadas a asumir novamente os coidados de dependentes e crianzas. Por iso a CIG chama á folga o 8M, porque “pese á pandemia, os dereitos das mulleres non poden, nin deben, estar en corentena”.

 Informe situacion sociolabor

Así o aseguraba esta mañá -na rolda de prensa de presentación do Informe da Situación Sociolaboral das Mulleres en Galiza, 2020, elaborado polo Gabinete de Economía da CIG-, a secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, quen afirmou que a pandemia puxo en evidencia a acertada análise do feminismo galego cando no 8M de 2020 denunciaba que “sen coidados non hai vida”, amosando que os traballos feminizados son esenciais para o desenvolvemento da sociedade.

Por iso denunciou que, porén “as mulleres non fomos obxecto de ningunha política específica destinada nin a protexer a nosa saúde, sobreexpoñéndonos ao virus, nin tampouco se recompensou o noso sobreesforzo cunha revalorización social e económica”.

Fronte a isto, asegurou que as únicas políticas adoptadas polos gobernos, tanto do Estado como na Xunta, “foron dirixidas a reducir os nosos salarios e a obrigarnos a asumir de balde os coidados que o sistema deixou de realizar”.

As mulleres, as grandes damnificadas da pandemia

Os datos da EPA relativos ao ano 2020 que recolle o Informe así o confirman e xa amosan como a muller vai ser a gran damnificada pola pandemia porque, segundo explicou a responsable do Gabinete de Economía da CIG, Natividade López Gromaz, “a muller viuse obrigada a abandonar o mercado de traballo para dedicarse aos coidados de menores e dependentes por mor do confinamento”. Tal é así que se estima que 2020 rematou con 10.200 mulleres máis dedicadas a ‘labores de  fogar’ que en 2019.

Ademais, o 77% do emprego destruído foi feminino, pero iso “non se reflectiu na poboación parada, senón que provocou un descenso na poboación activa” co que a taxa de actividade masculina volve superar á feminina en máis de 10 puntos.

A maior presenza de mulleres en actividades esenciais na pandemia non foi abondo para compensar a caída da ocupación feminina no resto de sectores. “A maior precariedade e temporalidade propiciou que foran as primeiras en ser despedidas ao inicio da pandemia”, apuntou López Gromaz quen sinalou que as maiores perdas de emprego déronse no sector Servizos, nomeadamente nas actividades máis feminizadas, como a hostalaría. Ademais, agás no sector público –onde todos os novos contratos asinados por mulleres foron temporais- perdeuse emprego en todas as categorías profesionais. Xunto a isto, “entre as mulleres o maior descenso produciuse entre as empregadas no sector privado; entre os homes entre autónomos ou traballadores independentes”.

Así as cousas, a taxa de temporalidade entre as mulleres sitúase no 26%, case 4 puntos por riba da masculina, cando en 2020 a diferenza era de 2,7 puntos. E isto ocorre cando, ademais o 77% dos empregos a xornada parcial foron subscritos por mulleres, mentres que en 2019 eran o 75,2%.

Con todo, a economista da CIG advertiu que as consecuencias desta situación veranse a longo prazo, sobre a xubilación e “van agravar a xa forte fenda salarial existente”. Lembrou que en 2020 o número de anos cotizados para acceder á máxima pensión correspondente era de 36 anos e 9 meses, que non acadou nin a poboación con máis de 65 anos. De media os homes tiñan 34, 4 anos cotizados e as mulleres apenas superaron os 23 (23,3). “Deste xeito, de media en 2019 as pensións das mulleres foron un 35% inferiores ás dos homes: 677,73€ as mulleres, fronte a 1.042,91€ os homes, o que equivale a 365 euros menos ao mes”.

Loitar por “cambios reais”

Diante desta situación, a secretaria das Mulleres asegurou que os datos, que cualificou de “demoledores” xustifican a necesidade, “posiblemente máis que nunca na historia recente, de saírmos á rúa para denunciar celebracións hipócritas por parte dos gobernos que teñen a responsabilidade de eliminar a desigualdade e de lexislar para que se garantan os nosos dereitos e, pola contra, fan pagar a crise sanitaria maioritariamente ás mulleres”.

Demandou “cambios reais xa” e augurou que “non queda outro camiño que a loita incómoda” para denunciar a situación “tanto laboral como asistencial, das residencias da terceira idade, dos centros de día, dos centros de atención á diversidade, dos servizos de axuda no fogar que o goberno do PP na Xunta de Galiza vén desmantelando e privatizando para facer deles un novo negocio a custo das persoas máis vulnerables”.

Demandou tamén a revalorización dos recursos e servizos de atención ás persoas, garantindo o recoñecemento e dignificación destes traballos como esenciais, a prestar pola administración pública en condicións de calidade asistencial para as persoas, e en condicións dignas para o persoal encargado dos coidados.

Denunciou a dobre explotación que sofren as mulleres tanto no traballo asalariado como nos fogares e que o goberno do Estado “foi incapaz de blindar os dereitos de conciliación” das persoas traballadoras e de poñer as vidas no centro das políticas públicas. “A única medida que puxo en marcha no confinamento foi a de permitir reducións de xornada de até o 100% para que as persoas traballadoras asumíramos de balde os coidados que o Estado deixou de garantir”.

Mobilizacións



Apesar de que son tempos difíciles para a mobilización asegurou que “non podemos ficar caladas e que o Día Internacional das Mulleres Traballadoras fique nunha data de conmemoración institucional". Por iso chamou a participar na folga de 24 horas e nas mobilizacións convocadas pola CIG o 8 de Marzo.

Neste sentido salientou o enorme esforzo realizado polas mulleres da CIG convocando 31 mobilizacións en cidades e vilas de toda Galiza, cifra que supera mesmo as convocadas en 2019, facilitando así a participación de todas as mulleres durante a xornada de folga.

Xunto a isto, a secretaria das Mulleres da CIG animou tamén a sumarse ás mobilizacións convocadas pola plataforma GALEGAS8M da que a central sindical fai parte.

O Concello aínda non aplicou os salarios dunha RPT que leva negociando desde o ano 2017

Hai xa case catro anos comezou a negociación dunha RPT que finalmente non conseguiu chegar a un consenso nin cos sindicatos, nin co propio persoal, que presentou múltiples alegacións ao documento finalmente aprobado. Desde a aprobación inicial do texto, en febreiro de 2020 o goberno municipal de María Barral tivo un ano para poder ter previsto como executaria a implantación da Relación de Postos de Traballo que tantos anos de negociación levou.

Na actualidade, en febreiro de 2021, e dous meses despois da súa aprobación definitiva, previsible xa desde hai moito antes pola maioría que ten o goberno municipal, non foi quen de implantar os cambios derivados da aprobación do documentos. Estas modificacións organizativas e salariais nin sequera teñen a día de hoxe unha data concreta de implantación e supoñen que haxa persoal que valore comezar as reclamacións salariais correspondentes que o Concello de Betanzos lles adebeda desde a aprobación definitiva da RPT no pasado mes de decembro.

Varios traballadores e traballadoras preguntan pola vixencia do documento publicado e na actualidade está vixente independentemente de que o Concello non realizase as adscricións ás prazas e non aplicase os salarios correspondente, esas son cuestións de procedemento que lle corresponden á Administración e que non interfiren nos dereitos individuais que pode reclamar cada traballador ou traballadora que se considere afectado pola demora na execución das resolucións administrativas municipais.

A modificación da Lei 2/2015 de emprego público de Galiza pola Lei 4/2021 de medidas fiscais e administrativas

 A Lei 4/2021 de medidas fiscais e administrativas modificou a Lei 2/20215 de emprego público de Galiza e introduciu, entre outras, novidades nos seguintes artigos:

«Artigo 9. Persoal laboral

O persoal laboral ao servizo das administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei réxese, ademais de por a lexislación laboral e polas normas convencionalmente aplicables, polos preceptos desta lei que así o dispoñan.

No entanto, en materia de permisos de nacemento, adopción, do proxenitor diferente da nai biolóxica e lactación, o persoal laboral ao servizo das administracións públicas rexerase polo previsto na presente lei, non sendo de aplicación a este persoal, por tanto, as previsións da lexislación laboral sobre as suspensións dos contratos de traballo que, no seu caso, corresponderían polos mesmos supostos de feito.».

«Artigo 112. Permiso por lactación

1. Por lactación dun fillo menor de doce meses, o persoal funcionario terá dereito a unha hora de ausencia do posto de traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá ser substituído por unha redución da xornada normal en media hora ao comezo e ao final da xornada, ou nunha hora ao comezo ou ao final da xornada, coa mesma finalidade.

O permiso recolleito neste precepto constitúe un dereito individual dos funcionarios, sen que poida transferirse o seu exercicio ao outro proxenitor, adoptante, guardador ou acolledor.

2. Nos supostos de adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, o dereito ao permiso por lactación pode exercerse durante o ano seguinte á efectividade da resolución xudicial ou administrativa de adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, sempre que no momento desa efectividade o menor non cumprise os doce meses.

3. Poderase solicitar a substitución do tempo de lactación por un permiso retribuido que acumule en xornadas completas o tempo correspondente. Esta modalidade poderase gozar unicamente a partir da finalización do permiso por nacemento, adopción, garda con fins de adopción, acollemento ou do proxenitor diferente da nai biolóxica respectivo, ou unha vez que, desde o nacemento do menor, transcorrese un tempo equivalente ao que comprenden os citados permisos.

4. Nos supostos de parto, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento múltiple, a duración do permiso por lactación incrementarase en proporción ao número de fillos.».

Modificación do artigo 121

«1. Nos casos de parto, a nai funcionaria ten dereito a un permiso retribuido de vinte e dúas semanas, das cales o seis semanas inmediatas posteriores ao parto serán en todo caso de descanso obrigatorio e ininterrompidas.».

«2. A duración do permiso previsto neste artigo ampliarase nos casos e polos períodos que a continuación se determinan:

a) Discapacidade do fillo ou filla, dúas semanas máis, unha para cada un dos proxenitores.

b) Partos múltiples, dúas semanas máis para cada fillo a partir do segundo, unha para cada un dos proxenitores.

c) Partos prematuros e aqueles en os cales, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, tantos días como o neonato atópese hospitalizado, até un máximo de trece semanas adicionais.

3. No caso de que ambos os proxenitores traballen e transcorridas o seis primeiras semanas de descanso obrigatorio, o período de goce deste permiso poderá levar a cabo, a vontade daqueles, de maneira interrompida e exercitarse desde a finalización do descanso obrigatorio posterior ao parto ata que o fillo ou a filla cumpra os doce meses. No caso do goce interrompido requirirase, para cada período de goce, un preaviso de polo menos 15 días e realizarase por semanas completas.»

«5. No suposto de falecemento do fillo ou filla, o período de duración do permiso non se verá reducido, salvo que, unha vez finalizadas o seis semanas de descanso obrigatorio, se solicite a reincorporación ao posto de traballo.

6. Do permiso previsto neste artigo pódese facer uso a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan e nos termos que regulamentariamente determínense.

7. Durante o goce deste permiso, unha vez finalizado o período de descanso obrigatorio, poderase participar en cursos de formación que convoque a Administración.»

Artigo 124

«Artigo 124. Permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, acollemento, garda con fins de adopción ou adopción dun fillo ou filla

1. Nos casos de nacemento, acollemento, garda con fins de adopción ou adopción dun fillo ou filla, o persoal funcionario que non estea a gozar do permiso por parto, acollemento, garda con fins de adopción ou adopción previsto nesta lei ten dereito a un permiso retribuido de dezaseis semanas, das cales o seis semanas inmediatas posteriores ao feito causante serán en todo caso de descanso obrigatorio.

Este permiso ampliarase en dúas semanas máis, unha para cada un dos proxenitores, no suposto de discapacidade do fillo ou filla, e por cada fillo ou filla a partir do segundo nos supostos de nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento múltiples, a gozar a partir da data do nacemento, ou da decisión administrativa de acollemento ou de garda con fins de adopción ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción.

Este permiso poderá ser distribuído polo proxenitor que vaia a gozar do mesmo, sempre que o seis primeiras semanas sexan ininterrompidas e inmediatamente posteriores á data do nacemento, ou da decisión administrativa de garda con fins de adopción ou acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción.

No caso de que ambos os proxenitores traballen e transcorridas o seis primeiras semanas, o período de goce deste permiso poderá levar a cabo de maneira interrompida e exercitarse desde a finalización do descanso obrigatorio posterior ao parto ata que o fillo ou filla cumpra os doce meses. No caso do goce interrompido requirirase, para cada período de goce, un preaviso de polo menos 15 días e realizarase por semanas completas.

No caso de que se optase polo gozar do presente permiso con posterioridade á semana dezaseis do permiso por nacemento, se o proxenitor que goza deste último permiso solicitase a acumulación do tempo de lactación dun fillo menor de doce meses en xornadas completas do permiso regulado no artigo 112, será á finalización dese período cando se dará inicio ao cómputo do dez semanas restantes do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica.

Nos casos de parto prematuro e naqueles en que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o neonato atópese hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais.

No suposto de falecemento do fillo ou filla, o período de duración do permiso non se verá reducido, salvo que, unha vez finalizadas o seis semanas de descanso obrigatorio, solicítese a reincorporación ao posto de traballo.

Durante o goce deste permiso, transcorridas o seis primeiras semanas ininterrompidas e inmediatamente posteriores á data do nacemento, poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración.

2. O permiso previsto neste artigo é independente do uso compartido do permiso por parto ou por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento.

3. O persoal funcionario que estea a gozar do permiso por parto ou por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento pode facer uso do permiso previsto neste artigo inmediatamente a continuación da finalización do período de duración daquel nos seguintes supostos:

a) Cando a persoa titular do dereito falecese antes da utilización íntegra do permiso.

b) Se a filiación do outro proxenitor non está determinada.

c) Cando en resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, recoñézalle á persoa que estea a gozar do mesmo a garda do fillo ou da filla.

4. Do permiso previsto neste artigo pode facerse uso a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo permítano e nos termos que reglamentariamente determínense.».


A modificación da Lei 2/215 de emprego público de Galicia no relativo á flexibilidade horaria

 A Lei 5/2021 de impulso demográfico de Galicia modificou a Lei 2/2015 do emprego público de Galiza que no artigo 106 fica como segue:

«1. O persoal ao servizo da Administración pública galega, nos termos que regulamentariamente se determinen, ten dereito á flexibilidade horaria da súa xornada de traballo por motivos de conciliación familiar cando se atope nalgunha das seguintes situacións:

a) Ter fillos ou fillas ou persoas acollidas menores de idade ou fillos ou fillas maiores de idade incapacitados xudicialmente ao seu cargo.

b) Convivir con familiares que, por enfermidade ou avanzada idade, necesiten de asistencia ou ter ao seu cargo a persoas con discapacidade até o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade.

c) Ser vítimas de violencia de xénero as empregadas públicas.

d) Atoparse en proceso de nulidade, separación ou divorcio, desde a interposición da demanda xudicial ou desde a solicitude de medidas provisionais previas até transcorridos tres meses desde a citada demanda ou solicitude.

2. Entenderase por flexibilidade horaria a realización da xornada de traballo nun horario diario de referencia fixado en cada caso pola Administración adaptado ás necesidades da persoa empregada pública. O horario diario de referencia fixarase salvagardando as necesidades do servizo e dentro do marco horario establecido pola Administración con carácter xeral».


A CIG solicítalle ao Concello que incremente o 0,9% que vén recollido na Lei de orzamentos do estado

 Logo de comprobar que na nómina do mes de xaneiro o Concello de Betanzos non aplicou a suba retributiva do 0,9% que recolle a Lei 11/2020 de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021 que se aprobou o pasado 31 de decembro, a CIG solicitoulle ao Concello de Betanzos que lle pague aos traballadores e traballadoras os atrasos correspondentes á nómina do mes de xaneiro da suba retributiva e actualice as retribucións con incremento correspondente de inmediato segundo o recollido na Lei de orzamentos xerais do estado para o 2021, tal e como corresponde.

Resulta curioso que o goberno municipal non bula aplicar a suba retributiva dos orzamentos que lle afecta á totalidade do persoal laboral e funcionario, estea incluído ou non na RPT e demore esta suba equitativa que debería realizarse de trámite, máis aínda cando era coñecedor dela desde o pasado 31 de decembro. Debido a este motivo a CIG decidiu solicitarlle por rexistro que cumpra o que vén determinado pola lexislación superior e incremente os salarios do persoal o 0,9% que vén recollido na LOE.

Convocatoria de Mesa Xeral de Negociación 23/02/2021


09/02/21

Resumo da Mesa Xeral de Negociación (09/02/2021)

 Resumo da Mesa Xeral de Negociación (09/02/2021)

Instrucións para o Persoal

A probouse esta instrución que recolle basicamente unha puntualización con respecto a diversos puntos do Convenio colectivo e do Acordo regulador. En concreto:

1. A obrigatoriedade de comunicar antes do 1 de abril as vacacións e, se for posible, os días de asuntos particulares para a posterior aprobación do plan anual de vacacións.

2. A posibilidade de solicitar a flexibilidade horaria de xeito individual que vén recollida no Convenio colectivo e no Acordo regulador.

3. A obrigatoriedade de utilizar os sistemas de fichaxe (presencial, remoto e web) e de que o Departamento de Recursos Humanos realice o control pertinente do cumprimento da xornada semanal.

A CIG indicou que xunto con este punto sería pertinente aprobar o Regulamento de funcionamento do control horario, máis cando hai máis dun mes que finalizou o prazo de achegas e cando nesta instrución se fai referencia expresa mais non se vai máis aló e descoñecemos por exemplo, cal é o sistema de fichaxe das persoas que teletraballan e lembrou que as instrucións son unha potestade do goberno municipal máis que máisque aprobar unha instrución que lembre cuestións que xa están aprobadas hai catro anos deberan reformularse, mellorarse e especificarse algunhas outras neses textos.

O Concello comprometeuse a convocar proximamente os organismos pertinentes para as negociacións correspondentes e indicou que a instrución entraría no momento en que se lle remitise por correo electrónico á totalidade do persoal.

Reorganización dos Recursos Humanos do Concello

O Concello informou de que proximamente convocará a Mesa Xeral de Negociación para a inclusión das sentenzas pendentes. Ata o momento incluíu 3 das últimas, ten 10 sentenzas firmes que se van incluír e outras 4 pendentes de data de xuízo. Proximamente os/as traballadores/as afectados recibirán unha ficha para que logo se realice a adscrición provisional procedemento que xa iniciou o Departamento de Persoal. Logo desta inclusión no organigrama comezará un proceso de consolidación e estabilización do persoal laboral do Concello.

O Concello fixo mención explícita neste proceso das prazas cuxo persoal conta cunha sentenza de indefinición mais a CIG preguntou que pasará nos casos en que hai un posto con diversas prazas, como é o caso dos conserxes, o persoal de limpeza, e o persoal da escola infantil nos que un proceso de consolidación que non atinxa á totalidade das prazas sería moi complicado porque todas as persoas que ocupan as prazas si que se poderían presentar ás que se convoquen. O Concello indicou que faría o que asesoría xurídica e a asesoría externa, no seu caso, informasen. A CIG tamén preguntou se neste proceso se seguiría unha orde cronolóxica posto que hai sentenzas desde o ano 2011 e o Concello indicou que efectivamente podería ser un criterio mais que mesmo se podería aprobar todo na mesma Oferta de Emprego Público e que podería haber un sistema paralelo para o persoal que continuase en fraude de lei.

Finalemente, cómpre ter en conta que esta previsión de modificación a RPT tamén se pode ver afectada polo resultado do xuízo no contencioso-administrativo que a CIG ten co Concello de Betanzos o vindeiro 15 de abril pola Relación de Postos de Traballo.

02/02/21

A CIG reitera a solicitude de reunión do Comité de Seguridade e Saúde logo de 9 meses paralizado

Desde a Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos consideramos máis necesario ca nunca, cunha situación de pandemia como a que estamos a vivir, que o Concello de Betanzos reúna  o Comité de Seguridade e Saúde trimestralmente, como indica a lexislación e procede e convoque de inmediato o organismo que leva sen reunirse desde o pasado mes de maio, momento no que se constituíu e que provoca a completa desactualización dos protocolos aprobados hai nove meses con toda a lexislación que as propias administracións públicas puxeron en vigor durante distintos períodos desta pandemia.

A CIG trasladoulle aos delegados de prevención da CSIF e UGT esta preocupación na reunión ordinaria do Comité de Empresa do mes de maio, que unha vez máis aludiron á situación de pandemia para xustificar o incumprimento da lexislación por parte do Concello e a deixadez nas obrigas relacionadas coa convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde.

Debido a isto, a CIG decidiu reiterar a solicitude realizada o pasado mes de xullo ante a gravidade da situación e agarda que o Concello reúna con carácter inmediato o Comité de Seguridade e Saúde, do contrario o Concello obrigaranos, como en anos anteriores, á acudir á Inspección de Traballo para denunciar o incumprimento da Lei de prevención de riscos laborais nos artigos que corresponde.

En concreto, a CIG solicitoulle ao Concello de Betanzos o seguinte:

PRIMEIRO. Que o Concello de Betanzos actualice o Plan de continxencia Covid-19 e actualice as avaliacións de riscos laborais de todos os centros de traballo da Administración local tendo en conta a situación de pandemia actual.

SEGUNDO. Que o Concello de Betanzos reúna o Comité de Seguridade e Saúde para tratar, entre outros, os seguintes temas, tal e como xa solicitamos na quenda de intervencións da última reunión do órgano.

  • Actualización do plan de continxencia da Covid-19 no Concello de Betanzos

  • Coordinación de actividade preventiva

  • Visitas aos centros de traballo e ver se se levaron a cabo as medidas preventivas.

  • Actualización das avaliacións de riscos laborais co protocolo Covid-19

  • Plan de emerxencia da Biblioteca e simulacro.

  • Catálogo de postos que teñen EPI e EPI que se lles facilitaron aos traballadores.

  • Informe sobre as baixas laborais

  • Aprobación do protocolo contra o acoso laboral.

  • Revisións médicas.

A CIG solicítalle ao Concello que realize as revisións médicas anuais

O tema das revisións médicas no Concello de Betanzos é o conto de nunca acabar. Sen remontármonos aos anos que o Concello aforrou os cartos das revisións médicas que por lei lle debe facer ao persoal, xa no 2018 houbo que acudir á Inspección porque o Concello non realizaba as revisións desde o ano 2016, nese momento realizou as revisións no 2018 e posteriormente no 2019. Non obstante, levaba desde o ano 2017, momento no que entrou en vigor o convenio e o acordo sen facer as revisións xinecolóxicas ás que tiñan dereito as traballadoras e que realizou por primeira vez no ano 2020.

Aínda que esta cuestión debera ser un procedemento ordinario nun Concello coma o de Betanzos, logo de que a CIG lle comunicase no Comité de Empresa aos delegados de prevención da CSIF e UGT que non se fixeran as revisións médicas había un ano (as correspondentes ao ano 2020) e que se lle debían reclamar ao Concello e que estes aludiran, coma sempre, á situación de pandemia para escusar ao goberno municipal de non vixiar a saúde do persoal coa periodicidade que corresponde, a CIG vén de solicitarlle ao Concello que realice canto antes as revisións médicas correspondentes.

Actualización do documento sobre o uso da máscara 02-02-2021 - SERGAS

 Actualización do documento publicado pola Consellería de Sanidade en relación co uso da máscara.

LEXISLACIÓN ESPECÍFICA AXENTES CANCERÍXENOS E MUTÁXENOS

 ESTATAL

Real Decreto 1154/2020, do 22 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo.

Real Decreto 598/2015, do 3 de xullo, polo que se modifican o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención; o Real Decreto 485/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo; o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo e o Real Decreto 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo.

Real Decreto 349/2003, do 21 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes  canceríxenos durante o traballo, e polo que se amplía o seu ámbito de aplicación aos axentes  mutáxenos. BOE 5/04/2003

Real Decreto 1124/2000, do 16 de xuño, polo que se modifica o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes  canceríxenos durante o traballo. BOE 17/06/2000.

REAL DECRETO 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes  canceríxenos durante o traballo.

EUROPEA

Directiva (UE) 2019/983 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xuño de 2019, pola que se modifica a Directiva 2004/37/CE, relativa á protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes  carcinóxenos ou  mutáxenos durante o traballo

Directiva (UE) 2019/130 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de xaneiro de 2019, pola que se modifica a Directiva 2004/37/CE relativa á protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes carcinóxenos ou  mutáxenos durante o traballo. Corrección de erros DOUE 8/3/2019.

Ditame do Comité Económico e Social Europeo sobre a proposta de Directiva do Parlamento Europeo e do Consello que modifica a Directiva 2004/37/CE, relativa á protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes  carcinóxenos ou  mutáxenos durante o traballo. DOUE 06/12/2018.

Directiva (UE) 2017/2398 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2017, pola que se modifica a Directiva 2004/37/CE relativa á protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes  carcinóxenos ou  mutáxenos durante o traballo. DOUE 27/12/2017.

Corrección de erros da Directiva 2004/37/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativa á protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes  carcinóxenos ou  mutáxenos durante o traballo (sexta Directiva específica con arranxo ao apartado 1 do artigo 16 da Directiva 89/391/CEE do Consello).

Directiva 2004/37/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativa á protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes  carcinóxenos ou  mutáxenos durante o traballo (Sexta Directiva específica con arranxo ao apartado 1 do artigo 16 da Directiva 89/391/CEE do Consello).

Directiva do Consello, do 28 de xuño de 1990, relativa á protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes  carcinóxenos durante o traballo (sexta Directiva específica con Arranxo ao apartado 1 do artigo 16 da Directiva 89/391/CEE). Derogada

CIG-Saúde da Coruña denuncia o colapso do CHUAC, que afecta en especial ás camas de críticos

 Advirten dunha ocupación nestas unidades que supera o 150%

A CIG-Saúde da Coruña alerta do colapso que está a padecer o CHUAC, especialmente nas unidades de críticos nas que a situación "é desbordante". Explican que as camas convencionais de UCI de adultos, antes da  pandemia, sumaban 38, pero neste momento a ocupación está moi superada, só tendo en conta os/as pacientes Covid-19.

Lucía Peón, responsábel comarcal da federación, aclara que en marzo do ano pasado se habilitaron 36 camas para pacientes críticos de Covid-19, que actualmente están ocupadas, tendo que pasar a ocupar as unidades de reanimación e incluso quirófanos e antesalas dos quirófanos. Isto, advirte, incide directamente na actividade cirúrxica, que practicamente está toda anulada, quedando relegada a actividade cirúrxica á de carácter urxente.

"A ocupación real do CHUAC de unidades de críticos supera o 150%, é indignante ver nos medios de comunicación que se fale, por parte da Xunta, dunha ocupación sobre o 50%, xa que nos sitúa nun plano do que estamos moi afastados", denuncia Peón Soutiño.

Sobreesforzo do persoal

Lembra que nas unidades de críticos non só hai pacientes Covid-19, xa que hai moitas máis patoloxías que precisan destes coidados especiais. "Se aos/ás case 90 pacientes críticos Covid-19 actuais sumamos o resto de pacientes ingresados/as nas unidades de críticos, dámonos conta da situación de colapso total que estamos a vivir no CHUAC".

Dende CIG-Saúde subliñan que os e as profesionais da área "están cansas e exhaustas", e que a tardanza na adopción de medidas "levou o sistema a unha situación de colapso máxima, tendo que dobrar quendas de traballo para poder atender as e os pacientes".

Neste senso, a central salienta que a formación dunha área de críticos esixe de tempo "e habilitar camas de críticos non é só colocar respiradores, esixe tamén de persoal formado, ben escaso na actualidade, e polo tanto estáselle a esixir un sobreesforzo dificilmente soportable e máis cando a Consellaría afirma que aínda hai capacidade de medrar… A onde pretenden medrar? Canto máis poden dar de si as compañeiras e compañeiros?".

Falta de previsión

A CIG-Saúde critica que -durante o período no que baixou a incidencia de ingresos deste tipo de pacientes nas unidades de críticos- non se fixo ningún esforzo de previsión por parte da Xerencia nin por parte da Dirección de Enfermería, non se formou persoal "e nin sequera se fixeron listados depurados de profesionais que dispoñen desta experiencia, actuando en todo caso de forma sobrevida e sen organización". 

"Levamos un ano de pandemia, pouco ou nada tivemos aprendido, para vernos agora nunha situación peor que no marzo do pasado ano", lamentan. Poñen o foco no feito de que o SERGAS fala de trasladar doentes entre hospitais, sen ter en conta que "un paciente crítico atópase nun estado de fraxilidade, polo que os traslados son complexos e requiren de persoal formado".

Diante disto, a CIG-Saúde da Coruña da Consellaría que "deixe de manipular os datos e que recoñeza que o CHUAC está en estado critico e colapsado, agradeza o sobreesforzo que está a realizar o persoal" e, sobre todo, que tome medidas inmediatas para afrontar esta situación.


A CIG convoca unha xornada de mobilizacións en 18 localidades por unha saída galega xusta da crise


As marchas e concentracións terán lugar o domingo 7 de febreiro

Dentro da campaña por unha saída galega xusta da crise que a CIG está a desenvolver dende o mes de outubro, a central nacionalista ten convocada unha xornada de mobilizacións para o domingo 7 de febreiro para esixir políticas que permitan encetar unha auténtica recuperación económica e social e camiñar cara a unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas na Galiza. Unha recuperación que non será posíbel sen a derrogación total das reformas laborais de 2010 e 2012 e das reformas das pensións de 2011 e 2013.

As mobilizacións terán carácter expansivo e desenvolveranse en 18 localidades garantíndose en todo momento as medidas de seguridade.

HORAS E LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS:

- A Coruña: ás 11:30h, marchas con saída dende a Casa do Mar, a Torre de Hércules, o Pazo da Ópera e a Praza de Portugal até a Praza de María Pita.

- Compostela: ás 11:30h, marchas dende o Hotel Peregrino, a rotonda de San Caetano e a rotonda do Restollal até a Praza da Quintana.

- Ferrol: ás 11:30h, marchas con saída dende a Praza Vella e dende a rotonda do Diapasón (Esteiro) até a Praza de Armas.

- Lugo: ás 11:30h, marchas dende o Parque Frigsa e o edificio do INSS (avda. de Madrid) até á Praza Maior.                

- Ourense: ás 11:30h, marchas con saída dende a estación de RENFE, a rotonda de Mariñamansa/Paco Paz e o estadio do Couto até a Praza Maior.          

- Pontevedra: ás 11:30h, con saídas desde o Hospital Provincial (rúa Loureiro Crespo) e desde a rotonda de San Roque -Alameda.

- Vigo: ás 11:30h, marchas dende a Dobrada e da praza do Concello até o farol de Urzáiz.

- A Guarda: ás 11:30h, concentración na Praza do Reloxo.

- As Pontes: ás 12:00h, concentración no edificio do INEM

- Boiro: ás 12:00h, na Praza do Concello.

- Cangas: ás 11:30h, concentración na Praza do Concello.

- Cee: ás 12:00h, concentración na Praza do Concello.

- Lalín: ás 11:30h, concentración na Praza da Torre.

- Porriño: ás 11:30h, concentración na Praza do Concello.

Redondela: ás 11:30h, concentración na Praza do Concello.

- Ribadeo: ás 12:00h, concentración na Oficina de Emprego.       

-Verín: ás 12:00h, concentración na Praza do Concello.                 

- Vilagarcía: ás 11:30h, con saídas desde rotonda Ramal e desde rotonda Piñeiriño.

Outras políticas para garantir a recuperación económica, a industrialización e creación de emprego digno

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, denuncia que as medidas que se están a adoptar polos Gobernos español e galego son insuficientes ou inexistentes para dar unha resposta xusta á crise derivada da pandemia (que en Galiza afrontamos cando aínda non saímos da anterior crise económica) e "lévannos a unha maior precariedade, máis desigualdade social e máis pobreza porque o capitalismo aposta por salvar a economía en vez de protexer as persoas".

Fronte a aplicación das mesmas receitas de sempre e para evitar que esta crise constitúa un novo saqueo ao pobo traballador, a CIG esixe un plan de recuperación económica, industrialización e creación de emprego digno e con este obxectivo elaborou amplísima batería de medidas que xa foron remitidas aos Gobernos español e galego, aos partidos políticos e ás asociacións patronais.

Derrogación das reformas laborais e das pensións

A este respecto, Carril salienta que para iniciar a recuperación dos dereitos laborais e sociais, hai que comezar pola derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións implantadas dende 2010, e pór en marcha unha nova lexislación laboral e social "que restitúa os dereitos roubados e recoñeza novos dereitos ante as novas formas de explotación laboral".

Neste camiño, Carril reclama a fixación por lei do SMI no 60% do salario medio, tal e como marca a Carta Social Europea, a supresión do IPREM e o establecemento dunha renda de inserción laboral e social, na contía do SMI; así como establecer por lei unha pensión mínima igual ao SMI e a súa revalorización anual co IPC real.

Xunto  isto, que se prohiba por lei a aplicación de ERE, ERTE, modificacións de condicións etc. sen previa autorización administrativa e acordo co persoal; e eliminar as ETT, as empresas multiservizos, a figura de “falsos/as autónomos/as” e a subcontratación en cadea. De igual xeito, a CIG insta a que se desenvolva dunha vez o Marco Galego de Relacións Laborais.

Papel fundamental das administracións na dinamización económica

Ante a conxuntura actual, o secretario xeral da CIG destaca que as administracións teñen que ter un papel fundamental na dinamización económica, polo que demanda a intervención pública no sistema financeiro, coa xestión directa dos fondos europeos, a formalización dun concerto económico co Estado, a creación dun Banco Público Galego, a participación da Xunta en proxectos empresariais chave ou a nacionalización de empresas como Alcoa ou Alú Ibérica.

Da mesma maneira, cómpre encetar unha transición enerxética galega e xusta, poñendo en marcha unha Estratexia de Transición Xusta e medidas como a Tarifa Eléctrica Galega. E aplicar unha fiscalidade progresiva e xusta e aumentar o investimento en I+d+I.

Para o secretario xeral da CIG hai que reforzar os sectores estratéxicos (como o agrario, pesqueiro e da industria conserveira, forestal, naval, comercio e turismo), e pór en marcha un plan de desenvolvemento industrial de apoio e protección a estes sectores, con medidas que permitan o seu avance e modernización dun xeito sustentábel e que favoreza a creación de emprego e o fin da precariedade e a emigración.

Reforzar os servizos públicos, plan de conciliación e un sistema de atención ás persoas

Canda estas medidas, a CIG demanda un reforzo dos servizos públicos, eliminando a taxa de reposición, e retornando ao público aqueles servizos privatizados, volvendo á xestión directa da sanidade, e fortalecer o ensino público, incrementando os cadros de persoal en ambos casos.

Tamén a posta en marcha dun Plan de Conciliación con dereitos para as necesidades de coidados xeradas pola pandemia e a creación dun Sistema Público Galego de Atención ás Persoas, que integre residencias, centros de día, centros de atención á diversidade... incorporando á rede pública os SAF e dignificando as condicións do persoal.